Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Caldas de Reis está situada na provincia de Pontevedra, na ribeira do río Umia. Forma parte da comarca do Umia xunto cos concellos de Cuntis, Moraña, Catoira, Valga e Portas. Caldas de Reis é a súa capital e tamén o concello con máis poboación, o cal está conformado por 9 parroquias. A estrada N-525 atravesa a vila e únea coa capital da provincia, Pontevedra, e con Santiago de Compostela. A vila de Caldas de Reis é unha importante estación termal. Os edificios destes balnearios forman parte da mellor arquitectura da zona, ademais da Igrexa de Santa María. Actualmente no concello existen 4 escolas de Educación Infantil: EEI de Carracedo, EEI de Godos, EEI de Saiar e EEI de Santo André de Cesar. Estas escolas, situadas en zonas rurais pero con características de ámbitos urbanos, conforman un núcleo de traballo de amplo espectro, que aumentan as vantaxes de ambos medios, reflexándose nun coñecemento dos distintos elementos que conflúen nesta situación: relación directa coa natureza e maior autonomía, así como acceso a todo tipo de fontes de información e cultura (cines, museos, bibliotecas...) pola proximidade a varios núcleos poboacionais de referencia (o propio centro de Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela,..). Con relación á actividade económica, esta foise diversificando nos últimos anos, pasando do inicial predominio agrícola a un meirande peso do sector servizos, preto dun 40%, e industrial, 30%. Caldas de Reis posúe un importante turismo termal, e ademais, o Camiño Portugués a Santiago de Compostela atravesa a zona vella da vila e pasa pola EEI de Carracedo. Cabe mencionar que é a 3ª vila na lista de municipios máis industriais do entorno de Pontevedra, detrás de Poio e Marín. Isto débese principalmente a súa privilexiada posición xeográfica, no eixe de comunicacións entre Vigo e A Coruña, con ferrocarril e portos pretos. A agricultura está versada principalmente sobre cereais, millo e patacas, mentres que a gandería radica no sector vacún e porcino. O nivel socioeconómico dos nenos que acoden ás diferentes escolas unitarias do concello, é semellante, cun nivel medio. Evidentemente, a crise na que estamos inmersos causou o seu efecto, con familias con algún dos seus membros no paro, vivindo dalgún subsidio e incluso dependendo da axuda doutros parentes. Pax 4 de 14 A unidade familiar está formada principalmente polos proxenitores e fillos, existindo xeralmente algún ascendente (avó/avoa) convivindo con eles, ou ben a proximidade entre vivendas das diferentes unidades promove unha relación moi estreita entre ambos. Esta relación cos avós vexe reflectida tamén na vida escolar do alumnado, enriquecendo as relacións interpersoais. O concello de Caldas promove a cultura desde diferentes ámbitos que fan da súa poboación un viveiro de semente intelectual e cultural. Desde a biblioteca municipal lévanse a cabo visitas e obradoiros para potenciar o uso da mesma, así como sesións de contacontos, dirixidos a todas as idades. Existen diferentes centros sociais dispersos polas diferentes parroquias que organizan cursos diversos, desde baile, deporte, manualidades e cociña. A música ten o seu referente no festival Cultura Quente levado a cabo pola propia Consellería de Cultura. Toda esta actividade repercute na vida da poboación caldense que ten acceso, desde idades temperás, a todas as variantes culturais. Tendo en conta todo iso, elaboramos unha Programación Xeral Anual que se adapta as necesidades do centro e de toda a comunidade educativa e por tanto, un Plan Dixital que se implementará tendo en conta as características do CRA e que nos permitirá mellorar en todo o relacionado coa competencia dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Test CDD.

Interno
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Diversidad de alumnado. Alumnado Non
Debilidade Falta de coñecementos e ferramentas por parte do alumnado. Alumnado Si
Debilidade 1. Infraestructura: conexión de rede Infraestruturas Si
Debilidade Asistencia técnica Infraestruturas Non
Debilidade Equipamento: obsoleto Infraestruturas Si
Debilidade Sistema de protección de datos. Organización de centro Non
Debilidade Estratexia dixital de centro. Organización de centro Non
Debilidade Falta de tempo para a exploración. Persoal docente Non
Debilidade Continuidade do mesmo persoal docente no centro. Persoal docente Non
Debilidade Colaboración con outro profesorado para apoiar o uso de estratexias dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Motivación ante actividades que impliquen o uso da tecnoloxía. Alumnado Si
Fortaleza Realízanse actividades con tecnoloxía que implican ao alumnado. Alumnado Si
Fortaleza Tipo de agrupamentos. Alumnado Non
Fortaleza Empregan a tecnoloxía para comunicarse coa escola. Familias Non
Fortaleza Os espazos físicos facilitan a aprendizaxe con tecnoloxía. Infraestruturas Si
Fortaleza Os espazos físicos facilitan a aprendizaxe con tecnoloxía. Infraestruturas Non
Fortaleza Uso da tecnoloxía para comunicarse entre o profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza Uso da tecnoloxía para colaborar con outras organizacións. Organización de centro Non
Fortaleza Uso da tecnoloxía para comunicarse coas familias. Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado busca e emprega recursos en liña. Persoal docente Si
Fortaleza Explóranse novas modalidades de ensino. Persoal docente Si
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Burocracia Administración educativa Non
Ameaza Apoio á escola rural. Administración educativa Non
Ameaza Dispersión xeográfica das escolas unitarias. Contorna Non
Ameaza Cambios constantes na lexislación educativa. Lexislación Non
Oportunidade Apoio á dixitalización. Administración educativa Si
Oportunidade Contacto coa natureza e personalización. Contorna Non
Oportunidade Lei de protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade Concello. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Coñecer e aproveitar todos os recursos materiais e tecnolóxicos do CRA.
O02PD Favorecer a formación do profesorado para o aproveitamento dos recursos tecnolóxicos dos Polos Creativos

Seguimento

Procedemento

Para o proceso de seguimento de desenvolvemento e avaliación do Plan Dixital teranse en conta a consecución dos obxectivos previamente establecidos. Deste xeito, levarase a cabo, por un lado, unha avaliación procesual onde se valorará a frecuencia da realización dos obxectivos segundo a temporalización de cada un deles. Terase en conta e valorarase o estado da execución das acción, a análise e valoración dos resultados e de ser o caso, as posibles modificacións das acción e as propostas de mellora. Por outro lado, tamén se fará unha avaliación final ao rematar o curso escolar onde consideraremos o logro de ditos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre

O obxectivo 01 do Plan Dixital contempla tres accións e unha delas, a que estaba prevista para este trimestre, foi realizada con éxito. 

O obxectivo 02 do Plan Dixital ten tres accións a desenvolver pero non se puideron levar a cabo debido a retraso de materiais e formación por parte da consellería. 

 

2º Trimestre

O obxectivo 01 xa tiña unha acción consolidada. No tocante as outras dúas, dicir que se comerazon a realizar aínda que non na súa totalidade. 

O obxectivo 02 comezouse a levar a cabo pero non se puxeron en práctica. Valorarase no terceiro trimestre a posibilidade de facelo. 

3º Trimestre

O obxectivo 01 concluiu levando a cabo as tres accións propostas.

O obxectivo 02 tiña duas accións para desenvolver neste último trimestre pero non se levaron a cabo por falta de formación, tempo e organización do programa de Polos Creativos. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para o proceso de seguimento de desenvolvemento e avaliación do Plan Dixital teranse en conta a consecución dos obxectivos previamente establecidos. Deste xeito, levarase a cabo, por un lado, unha avaliación procesual onde se valorará a frecuencia da realización dos obxectivos segundo a temporalización de cada un deles. Terase en conta e valorarase o estado da execución das acción, a análise e valoración dos resultados e de ser o caso, as posibles modificacións das acción e as propostas de mellora.

Por outro lado, tamén se fará unha avaliación final ao rematar o curso escolar onde consideraremos o logro de ditos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

En xeral, a valoración é positiva. 

A maior parte dos obxectivos foron alcanzados con éxito aínda que algunha acción concreta non se levou a cabo da maneira prevista, en concreto a acción de intercambio de material, que soamente se fixo de xeito puntual.

O profesorado implicouse de maneira satisfactoria, aportando e buscando solucións e alternativas. Ademais, dito traballo tamén nos axudou a darnos conta das necesidades compentenciais dixitais existentes e a tentar traballar para melloralas, así como a levar a cabo e poñer en práctica competencias e estratexias dixitais. 

Gustaríamos salientar o obxectivo e accións relaciondas con Polos creativos. Neste caso, a Consellería non aportou material específico para a nosa estapa educativa polo que a implantación na aula non se puido facer. 

Proposta de mellora

Consideramos necesario modificar e valorar os obxectivos para o vindeiro curso escolar dado que está previsto moitos cambios de profesorado.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para levar a cabo a difusión do dito PLAN DIXITAL botaremos man da páxina web do centro para que toda a comunidade educativa teña acceso a el.

Ligazón ao Plan Dixital en Educalidade:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36024938