O Proxecto Dixital como parte do Proxecto Educativo artéllase nun proxecto unificado no que a relación co Proxecto Lingüístico- Plurinfantil, o Plan de Convivencia, o de Igualdade e o Plan Xeral de Atención á Diversidade son fundamentais. Hoxe en día vivimos na sociedade da comunicación e da información. O sistema educativo non pode quedar á marxe dos novos cambios sociais, económicos e tecnolóxicos. Debe atender á formación dos novos cidadáns, e a incorporación das novas tecnoloxías ha de facerse coa perspectiva de favorecer as aprendizaxes e facilitar os medios que sustenten o desenvolvemento dos coñecementos e das competencias necesarias para a inserción social e profesional. Debe tamén evitar que xurda unha fenda dixital dada polo resultado da falta de alfabetización dixital. A LOE (Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio de Educación modificada parcialmente pola LOMLOE)e o Real Decreto 95/2022, de 1 de febreiro, polo que se establece a ordenación e as ensinanzas mínimas da Educación Infantil, pretenden dar resposta aos novos retos aos que se enfronta a escola. Neles e no futuro currículo da Educación Infantil na CCAA de Galicia recóllense as competencias como un elemento enriquecedor do currículo. Dúas destas competencias son a “Competencia dixital” e a “Competencia Matemática e básica en ciencia e tecnoloxía”, ambas ligadas intimamente ao Plan Dixital.
No curso 2012-13 o CRA entrou a formar parte do proxecto “Rede de escuelas na Nube” xunto con outros centros rurais das provincias de Ourense, A Coruña e Pontevedra. O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a empresa galega Balidea Consulting and Programming colaboraron no deseño, desenvolvemento e implementación dunha "Rede de Escolas na Nube" baseada nas tecnoloxías e formas de traballo na nube (computación cloud) ao longo dos cursos 2012-13 e 2013-14. O proxecto de innovación educativa conta co apoio da Xunta de Galicia, que desde o curso escolar 2015-2016 alberga a través de AMTEGA nos seus servidores a NUBE, e na actualidade estase a implementar unha mellora na mesma.
A partir do proxecto xurdiron novas inquietudes ás que se lle deu resposta a través de Proxectos de Formación sobre tecnoloxías da aprendizaje e STEAM -emprego de tablets, creación e edición de vídeo, creación de recursos interactivos, robótica.
COMPETENCIA DIXITAL: Na etapa infantil iníciase o proceso de alfabetización dixital, que implica, entre outras cousas, o acceso á información, a comunicación e a creación de contidos a través dos medios dixitais, así como o uso saudable e responsable das ferramentas dixitais. Ademais, o uso e a integración destas ferramentas nas actividades, experiencias e materiais da aula pode contribuír a aumentar a motivación, a comprensión e o progreso na adquisición da aprendizaxe dos nenos e nenas.
COMPETENCIA MATEMÁTICA E COMPETENCIA EN CIENCIA,TECNOLOXÍA E ENXEÑARÍA: Os nenos e nenas aprenden habilidades lóxico-matemáticas e dan os primeiros pasos cara ao pensamento científico a través do xogo, a manipulación e a realización de experimentos sinxelos. O proceso de ensino-aprendizaxe en Educación Infantil preséntase nun contexto suxestivo e divertido no que, desde un enfoque coeducativo, se estimula a curiosidade dos nenos e das nenas por comprender o que conforma a súa realidade, especialmente o que está ao seu alcance. a súa percepción e experiencia, respectando os seus ritmos de aprendizaxe. Para iso, convídase a observar, clasificar, cuantificar, construír, facerse preguntas, probar e verificar, comprender e explicar algúns fenómenos do medio natural próximo, comezar a apreciar o medio e adquirir hábitos saudables. Para o desenvolvemento desta competencia clave préstase especial atención á iniciación temperá das habilidades numéricas básicas, á manipulación de obxectos e á verificación de fenómenos.
O centro leva anos introducindo experiencias tecnolóxicas nas aulas como os obradoiros ROBOTICRA desde o curso 2017-18. A separación física dos colexios supón un gran reto en relación á coa organización e uso dos espazos dedicados ás experiencias STEAM, dado que teñen que xestionar seis espazos diferentes, cinco escolas e unha biblioteca central que conta con espazos creativos e diversas tecnoloxías (Incorporación ao programa POLOS CREATIVOS no curso 2022-2023).
Normativa:
- Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación artigos 121 e 132. (Consolidada pola Lei 3/2020)
- Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño)
- Resolución do 3 de setembro de 2021 establece as medidas de actuación relativas ao deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital para o curso 2021-2022