Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

O IES Audiovisual de Vigo, está situado no barrio de Bouzas, na cidade de Vigo e conta coa particularidade que só se imparten ciclos formativos da familia profesional de Comunicación, Imaxe e Son.

A sua oferta formativa é a seguinte:

  • CS Son para Audiovisuais e Espectáculos
  • CS Realización de Proxectos Audiovisuais e Espectáculos
  • CS Produción de Audiovisuais e Espectáculos
  • CS Iluminación, Captación e Tratamento de Imaxe
  • CM Video, DJ e Son
  • Curso de especialización de Audiodescrición e Subtitulación.

Actualmente conta con máis de 400 alumnos e 32 profesores nas diferentes modalidades que imparte o centro e que van dende ordinario, modular, dual e distancia.

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

- O IES Audiovisual de Vigo é un centro de carácter urbano e público situado nuha zoa marítima con proxección de crecemento demográfico. A zona, anteriormente pobo aledaño ao Concello de Vigo, sitúase na actualidade coma un barrio da cidade en auxe económico e residencial, dotado de centros de interés coma o Museo do Mar, O Centro de Investigacións Mariñas, CSIC ou o seu porto naval e central de astaleiros.Con todo iso, segue mantendo a estrutura socioeconómica Pax 4 de 20 dunha parroquia ou barrio galego (pequenas tendas, mercado, festas patronais, feiras...)

- O Plan Dixital do centro é un instrumento que debe favorecer e promover o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensino-aprendizaxe como no resto de procesos de xestión do centro, sempre co fin último de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado, por iso se debe incluir no Proxecto Ecuativo. É fundamental dotar ao Plan Dixital dun foco central no uso dos recursos pedagóxicos dixitais dispoñibles para aproveitar ao máximo as súas posibilidades, para que se converta nun proxecto compartido por todos os membros da comunidade educativa, que aporte coherencia e orientación ó uso das tecnoloxías.

- A contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23 é poder dotar dun ordenador por alumno en cada aula do centro e a incorporación dunha pantalla interactiva 4K de 75” ou máis a cada aula do centro.

1.3. Breve xustificación do mesmo

O Plan Dixital do noso centro contextualízase na seguinte normativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

1.4. Proceso de elaboración

O grupo de traballo para a elaboración do plan dixital está formado por Miguel Anxo Fernández Riveiro (director do IES Audiovisual de Vigo), José Manuel Díez Rivera (xefe do departamento de imaxe e son), Ignacio Lomba Martínez (docente) e José Ángel Alén
Amil (docente). O coordinador do Plan Dixital é José Manuel Díez Rivera.
Como equipo de apoio dixital (ADIX) e coa función de asesoramento do deseño e elaboración do plan dixital foron asignadas por parte da rede DixitalGal como persoas mentoras José Benito Cividanes Alonso, Jorge Cobelas Sobrino e José Emilio Gómez
Fernández. Sendo finalmente José Benito Cividanes Alonso quen contactou co grupo de traballo e realizou a función de mentor a través de varias reunións presenciais e videoconferencias mantidas co grupo de traballo.
Para o desenvolvemento do plan dixital o grupo de traballo mantivo diversas reunións nas que se decidiron e trataron os seguintes aspectos:

  • Reunión do 21 de novembro de 2021: envío das ligazóns das enquisas Selfie ao persoal do centro (docentes e alumnado).
  • Reunión do 17 de decembro de 2021: recollida do informe de resultados Selfie e preanálisis dos datos recollidos.
  • Reunión do 23 de febreiro de 2022: realización do test CDD e chamamento á participación do profesorado.
  • Reunión do 9 de marzo de 2022: reunión con José Benito Cividanes para a formación destinada á creación do DAFO.
  • Reunión do 5 de abril de 2022: análise do informa Selfie, análise do test CDD e elaboración do DAFO.
  • Reunión do 19 de abril de 2022: redacción do plan de acción a partir dos obxectivos propostos para o centro
  • Reunión do 13 de maio de 2022: concreción dos obxectivos e elaboración das táboas destos.
  • Reunión do 20 de maio de 2022: desenvolvemento e maquetación dos contidos do plan.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe de autoavaliación SELFIE, do Test CDD e outras fontes, como debates do grupo de traballo e conversas informais con profesorado do centro, xenerouse unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de recursos tecnolóxicos actualizados Alumnado Si
Debilidade Baixo nivel adquisitivo das familias. Familias Non
Debilidade Non contan cun ordenador para cada alumno. · Non contan con pantalla de proxección de alta definición nin interactiva. · Falta de seguridade nas comunicacións e nos datos dixitais. · Esforzo económico e humano na actualización e mantemento de equipamento tecnolóxico. Infraestruturas Si
Debilidade Oferta formativa incompleta dentro da Familia de Imaxe e Son (falta o ciclo de Animación 3D). Oferta Non
Debilidade Non cualificado en tecnoloxía audiovisual Persoal non docente Non
Fortaleza Motivado para o uso das novas tecnoloxías. Alumnado Non
Fortaleza Predisposición do centro para o manexo das últimas tecnoloxías. Organización de centro Non
Fortaleza Implicación de entidades privadas da cidade na organización de actividades no noso centro. Outras Non
Fortaleza O profesorado está moi a favor do uso das novas tecnoloxías Persoal docente Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesiva Carga horaria. Administración educativa Non
Ameaza A crise económica global. Contorna Non
Ameaza Exceso de carga burocrática Lexislación Non
Ameaza Existencia de centros de educación privados na mesma cidade máis punteiros Outras Non
Oportunidade · Novos métodos de aprendizaxe. · Favorece a implementación da lexislación con formación e asesoría. Administración educativa Si
Oportunidade O Centro ten boa imaxe na cidade. Contorna Non
Oportunidade Favorece a creación do Plan Dixital do Centro Lexislación Non
Oportunidade ERASMUS: Facilita a movilidade de profesorado e alumnado Outras Non
Oportunidade Colaboración con outros centros públicos na realización de prácticas conxuntas. Outras Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Dotar dun ordenador por alumno cada aula do centro coas características técnicas que require cada curso co fin de que todos os estudantes poidan realizar de xeito individual as tarefas técnicas que require o seu proceso de aprendizaxe e ademáis que poidan acceder todos ao mesmo tempo á aula virtual do Centro.
O2PD Dotar dunha pantalla interactiva 4K (con WIFI e soporte de pared) de 75 pulgadas ou máis a cada aula do centro para que se poidan amosar en perfectas condicións materiais audiovisuais didácticos permitindo ademáis a interacción do docente con ditos materiais a través da pantalla.

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

O equipo do Plan Dixital do Centro está formado por:

  • Miguel Anxo
  • José Manuel
  • José Ángel Alén
  • Guil Alfaro

Continuamos co asesoramento por parte da Xunta de Galicia do noso ADIX José Benito Cividanes Alonso.

2º Trimestre

Visita dúas veces no trimestre do ADIX para o traballo no Plan Dixital de Centro.

Preguntar pola formación Dixital a Guil (No mes de ... comezou na escola a formación de avaliación na aula virtual)

3º Trimestre

Visita dúas veces no trimestre do ADIX para o traballo no Plan Dixital de Centro.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos estructúrase en dúas fases: 1. Fase de Avaliación procesual: esta realizarase como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. 2. Avaliación final: unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Ao longo deste curso 2022-23 a valoración do noso PDC é:

O 1-A01 ao A10: Con data 15/05/23 estas accións non se levaron a cabo por non recibir dotación. ESTADO: PENDENTE

O 2-A01 ao A10: Con data 15/05/23 estas accións non se levaron a cabo porque ainda estamos pendentes da instalación destas pantallas táctiles interactivas. ESTADO: PENDENTE

Proposta de mellora

Con data 12 de xuño de 2023 e non tendo recibido o material solicitado á Consellería, precisamos mellorar en:

  • Dotación de Pantallas táctiles interactivas para cubrir as necesidades da docencia diaria
  • Dotación de ordenadores para o alumnado coas características especiais específicas das materias impartidas no centro para que cada alumno poida crear contido dixital de calidade e de xeito independente.
  • Seguir formándonos en ferramentas de deseño 3D e creación de videoxogos, así como exe-learning.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital será levado aos órganos colexiados do centro para a súa exposición e aprobación, Claustro e Consello Escolar. Unha vez aprobado por ambos órganos colexiados o Plan Dixital será difundido á comunidade educativa a través da páxina web do centro e a aula virtual, permitindo estas a lectura directa e a descarga do documento.