Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
No procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora. Todo isto verase reflectido na memoria final de cada curso.
No primeiro trimestre danse por alcanzados os obxectivos e accións propostas, co compromiso de continuar na mesma liña de acción, vixiancia, innovación e formación.
No segundo trimestre danse por alcanzados os obxectivos e accións propostas, co compromiso de continuar na mesma liña de acción, vixiancia, innovación e formación.
No terceiro trimestre danse por alcanzados os obxectivos e accións propostas, co compromiso de continuar na mesma liña de acción, vixiancia, innovación e formación.
Avaliación
No procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora. Todo isto verase reflectido na memoria final de cada curso.
No tocante á avaliación final do Plan Dixital do CRA de Valga para este curso 2023/2024, podemos indicar que os obxectivos se acadaron practicamente na súa totalidade. Estes obxectivos, dende a súa concepción, tiveron en contas as necesidades do centro e da comunidade educativa e foron deseñados para ser aplicables e adsequibles. Para poder completalos, debemos ter en conta o traballo realizado por todo o mestrado, a coordinación do Plan Dixital e o equipo directivo. A atención que se nos prestou por parte da nosa asesora foi completamente satisfactoria, estando pendente sempre do noso centro e das consultas ou dúbidas que nos xurdiron durante o curso.
Avalicación dos obxectivos:
- Manter operativos e en bo estado os recursos TIC do centro e adquirir ou solicitar novos recursos cando sexa preciso: logo de facer un reconto do estado dos recursos TIC das escolas e atender ás demandas do mestrado, se configuraron todos os equipos das escolas para ser empregados dende o inicio do curso. Cando procedeu, se solicitou a asistencia técnica da UAC para resolver incidencias, con resultado case sempre positivo. Estamos pendentes de se nos adxudican a reposición dun monitor da biblioteca que se avariou fóra de garantía.
- Motivar ao mestrado a formarse para mellorar a súa competencia dixital coa fin de coñecer e empregar os recursos tecnolóxicos dispoñibles, incidindo nas novas pantallas multimedia interactivas: con motivo da incorporación das novas pantallas dixitais interactivas, se proporcionou formación ó inicio de curso para coñecer o seu funcionamento. Dentro do Plan de Formación Permanente de Profesorado, na liña de Polos Creativos, se profundizou sobre o funcionamento, aproveitamento na rutina diaria e creación de recursos para estas pantallas. A valoración do mestrado nesta formación foi positiva. Queda pendente para inicio de curso decidir sobre qué vías de formación se van a escoller para continuar desenvolvendo a nosa competencia dixital en relación a estes recursos e ós que poidan xurdir.
- Colaborar entre todo o mestrado en organizar un banco común de recursos dixitais propios e outros xa creados (respectando os dereitos de autor) para desenvolver o Proxecto de Centro: se leva a cabo un proceso de creación e almacenamiento en nube compartida para todo o mestrado de recursos relacionados coas actividades nas que se desenvolve o Proxecrto de Centro para este curso (Mastercrá).
- Crear e difundir a organización, documentación, programacións, actividades realizadas... de centro mediante as canles corporativas e/ou outras: ó inicio deste curso tomouse a decisión consensuada de manter o contacto diario coas familias a través do móbil de cada escola empregando o grupo de whatsapp creado para esta fin. Sempre que se publica, notifica, mostra ou anuncia agunha actividade ou noticia en relación ó centro e á comunidade educativa se traslada ás familias a información a través de cada escola polo grupo de whatsapp. A aceptación das familias deste método é moi positiva. As actividades diarias das escolas son publicadas en redes sociais de xeito que se poidan visualizar no entorno da comunidade educativa, mantendo a protección de datos ó día e reservando as imaxes do alumnado que non ten autorizada a difusión de imaxe.
Propostas de mellora
- Para o vindeiro curso precisamos continuar coa formación que nos permita desenvolver actividades cos recursos TIC dos que dispoñemos e de todos aqueles que nos que o mestrado mostre interese.
- Dende inicio de curso facer unha valoración dos recursos das escolas e atención ás peticións e propostas do mestrado.
- Existe proposta de mellora dos ordenadores portátiles da sala de mestras para que funcionen dun xeito máis óptimo (mercar e instalar discos duros de estado sólido), recomendación dun técnico da UAC nunha das visitas recibidas.
- Continuar aportando recursos ó banco común, incluído novos recursos para ferramentas dixitais diferentes.
- Temos interés real en dispoñer dun equipo de radio. Actuamos con un equipo sinxelo organizado por unha mestra da escola, pero agardamos recibir un novo dende Polos Creativos (según se anunciou na última sesión de formación de “Novos coordinadores de Polos Creativos”).