Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A educación dixital incide de xeito cada vez máis determinante na vida das persoas, e en consecuencia, no campo da educación. Neste último ámbito, o educativo, a inclusión da competencia clave (Competencia Dixital) que en xeral implica o uso seguro e crítico das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) para obter, analizar, producir e intercambiar información como elemento do currículo introdúcenos nun momento substancialmente distinto e crea novos escenarios educativos. 

Esta competencia consiste esencialmente en dispor de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, e para transformala en coñecemento, polo que o dominio das TIC faise tan esencial como o das técnicas instrumentais clásicas. É máis, as posibilidades didácticas e pedagóxicas que nos ofrece o acceso e xestión da información e do coñecemento, conceden a esta competencia un peso específico como eixe transversal dentro da actividade docente. Todo isto esixe transformacións que afectan á globalidade do proceso educativo nos seus aspectos metodolóxicos, organizativos, de xestión e curriculares. É precisamente este impacto ou transcendencia global das TIC o que xustifica a confección deste plan como documento de referencia que recolla e regule todos os aspectos que concirnen á integración das TIC no Centro.

O Plan Dixital do centro concíbese como un plan vivo, no que deberían colaborar todos os órganos que compoñen a comunidade educativa do centro, en particular na definición dos obxectivos xerais deste, na planificación de estratexias de dinamización, xestión de recursos tecnolóxicos e na incorporación das TIC nas diferentes materias do currículo e a súa concreción nas diferentes programacións curriculares.

O Plan Dixital pretende ser:

a) Un documento útil, real e contextualizado respecto ao Centro.

b) Un documento que reflicta o traballo que se ten realizado asi como o que se fai e o que se vai facer, cun Plan de Acción definido e concreto.

c) Un documento que posibilite tomar nota dos problemas que xurdan e da maneira de solucionalos.

d) Un documento asumido polo totalidade do Claustro.

e) Un documento que sirva par que todo o alumnado poida acceder a unha verdadeira educación dixital e para mellorar a Competencia Dixital dos demais membros da Comunidade Educativa.

Referencias lexislativas:

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

- RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2023/24

- Resolución do 6 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2023/24.

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Proceso de elaboración

O proceso de dinamización do Plan Dixital e que conduciron á elaboración do mesmo como documento de centro foron as seguintes:

a) Preparación da enquisa SELFIE: A primeira tarefa realizada foi apreparación da enquisa SELFIE no mes de novembro de 2021. Creouse a conta do centro na páxina de SELFIE, configuráronse as enquisas para as tres etapas educativas do centro, ESO, Bacharelato e Formación Profesional, e engadíronse as cuestións suxeridas pola Consellería de Educación.

b) Realización da enquisa SELFIE: O seguinte paso foi activar a enquisa e coordinar a súa realización. A enquisa SELFIE estivo dispoñible durante dúas semanas, dende finais de novembro ata mediados de decembro do 2021. Diversos docentes do centro colaboraron co equipo de dinamización do Plan Dixital, levando aos alumnos ás aulas de informática para realizaren a enquisa.

c) Estudo dos resultados: Unha vez finalizada, o equipo de dinamización do Plan Dixital encargouse de analizar os resultados obtidos, extraendo conclusións que quedaron recollidas na análise DAFO e a partires das cales formuláronse as actuacións do Plan de Acción.

d) Realización do test de Competencia Dixital Docente: De forma paralela, o profesorado do centro participou nun test que pretendeu darlles a coñecer o nivel de Competencia Dixital que cada un deles posúe. Desta maneira, mediante un test estandarizado, foi posible coñecer o nivel de Competencia Dixital medio de cada centro de Galicia, e obter datos para comparar e detectar necesidades de formación nesta materia.

e) Elaboración da análise DAFO: A partires dos datos obtidos da enquisa SELFIE, do test de Competencia Dixital Docente e da observación da situación do IES, realizouse unha análise DAFO coa que obter conclusións precisas sobre a situación do centro en canto ao emprego de tecnoloxías dixitais que permitiran establecer un protocolo de actuación para os vindeiros cursos co obxectivo de acadar unha educación dixital.

f) Elaboración do Plan de Acción: O penúltimo paso na elaboración do Plan Dixital consistiu en recoller nun documento as actuacións previstas para os dous próximos cursos académicos. Establecéronse obxectivos cos seus indicadores de logro, concretos e medibles. E unha serie de accións para cada un dos obxectivos, cun responsable e data de finalización.

g) Redacción do Plan Dixital do centro: Por último, xa no mes de xuño do 2022, elaborouse o presente documento, o Plan Dixital do IES de Valga.

Aplicación do Plan durante o curso 2022-2023

Trala elaboración do Plan Dixital do IES Plurilingüe de Valga durante o curso 2021-2022, este foi aplicado durante o curso 2022-2023 realizando actuacións recollidas nel coma a capacitación do profesorado no emprego da contorna virtual de aprendizace E-Dixgal, programa que comezaba no centro o citado curso académico. E a formación no emprego do material do Polo Creativo do centro, que tamén comezou o seu funcionamento ese curso.

Proceso de seguimento e avaliación

Trala elaboración do plan durante o curso 2021-2022, este foi seguido e avaliado ao longo do curso 2022-2023. Desta avaliación obtivéronse datos para a elaboración da nova versión do plan realizada o primeiro trimestre do curso 2023-2024, nun proceso iterativo que posibilita a adaptación do plan a realidade cambiante do centro educativo, e a evolución dos seus obxectivos e accións a implementar.

Elaboración do Plan actualizado no curso académico 2023-2024

Durante o primeiro trimestre do curso 2023-2024 foi elaborado a derradeira versión do Plan, froito dun proceso de iteración e mellora do traballo previo. Elimináronse do Plan aqueles Obxectivos acadados. E actualizáronse aqueles que siguen sendo relevantes e actuais.

Interno
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Competencias dixitais insuficientes por parte do alumnado. E non conciencia pola súa parte destas limitacións. Alumnado Si
Debilidade Poucas ocasións para reflexionar de maneira colectiva sobre as vantaxes/desvantaxes do ensino dixital Alumnado Si
Debilidade Insuficientes equipos actualizados Infraestruturas Non
Debilidade Falta de tempo para explorar métodos de ensino-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Comunicación coas familias a través de Abalar. Familias Non
Fortaleza Existencia dun programa de empréstito de equipos dixitais do centro para as familias que carezan deles. Familias Non
Fortaleza Familias con dispositivos dixitais no fogar. Familias Si
Fortaleza Dispoñibilidade de soporte técnico externo Infraestruturas Si
Fortaleza Existencia de conexión a internet sen fíos na maior parte do centro educativo (conexión edu.xunta) Infraestruturas Si
Fortaleza Centro equipado con dispositivos electrónicos de aula (pizarras dixitais). Infraestruturas Si
Fortaleza Centro con bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía STEMBach Oferta Non
Fortaleza Pleno apoio da directiva do centro á adopción de tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Fortaleza Uso xeralizado do caderno dixital do profesorado Organización de centro Si
Fortaleza Comunicacións do centro mediante tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Fortaleza Cóntase cunha estratexia dixital Organización de centro Si
Fortaleza Competencia dixital docente superior á media (B1 - 87,3 vs. 76,4 media) no test CDD do curso 20-21 Persoal docente Si
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Obligatoriedade de xerar e almacenar documentación en papel, coma expedientes de absentismo, expedientes de procedementos conciliados, etc. Administración educativa Si
Ameaza Formación ofertada ao profesorado non se adapta ás súas necesidades Administración educativa Si
Ameaza Falta de formación dispoñible para acadar os niveis superioes da CDD (B2, C1 e C2). Administración educativa Non
Ameaza Falta de certificados dixitais específicos para o profesorado. Administración educativa Si
Ameaza Baixa competencia dixital das familias. Contorna Si
Ameaza Inestabilidade lexislativa Lexislación Si
Ameaza Exceso de burocracia a cumprimentar Lexislación Si
Ameaza Limitacións do sistema operativo Abalar. Non permite instalar programas extra, o que impide o traballo con ferramentas dixitais de recente creación. Outras Si
Oportunidade Promoción do software libre (Abalar) Administración educativa Non
Oportunidade Programa E-Dixgal Administración educativa Si
Oportunidade Boa disposición da ANPA para colaborar ANPA Non
Oportunidade Boa disposición e colaboración do Concello e empresas da contorna Contorna Si
Oportunidade Mellora progresiva dos equipamentos por parte da administración Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Partindo do Informe SELFIE e o Test de Competencia Dixital Docente realizados durante o curso 2021-2022, o equipo de dinamización do Plan Dixital elaborou unha primeira análise DAFO co obxectivo de recoller a realidade do centro no eido dixital e facilitar a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver. Froito desta análise considerouse que as debilidades e ameazas son máis que as fortalezas e oportunidades, polo que inda queda moito que mellorar no eido dixital do noso centro.

Durante o curso 2022-2023 o equipo de dinamización do Plan Dixital realizou as accións previstas no plan elaborado o curso anterior, e froito da avaliación da adecuación do Plan obtivo información relevante para actualizalo cunha nova iteración no curso 2023-2024.

No curso 2023-2024 elabórase un novo plan partindo do plan previo e adaptandoo tendo en conta a experiencia obrida o curso previo. Elimináronse aqueles aspectos que foron logrados, engadíronse novos elementos á análise DAFO, actualizáronse obxectivos, etc.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Manter e mellorar o uso do caderno virtual do profesorado.
02PD Promover accións de mellora na estratexia dixital do centro.
03PD Mellorar a Competencia Dixital do profesorado
04.1PD Mellorar o emprego de contornas virtuais de aprendizaxe (EVA E-Dixgal)
04.2PD Mellorar o emprego de contornas virtuais de aprendizaxe (non E-Dixgal)
05PD Mellorar o emprego de tecnoloxías dixitais en proxectos interdisciplinarios
06PD Reducir a impresión de documentos de xestión de centro en formato físico

Seguimento

Procedemento

O procedemento seguido para a avaliación do desenvolvemento do Plan Dixital de a consecución dos obxectivos propostos é o seguinte:

- Haberá unha avaliación procesual realizada de forma trimestral, que analizará o estado da execución das accións de cada obxectivo do Plan de Acción do apartado 3 deste documento. Será realizada polo equipo dinamizador do Plan Dixital e incluirá a realización dunha enquisa ao profesorado.

- Realizarase unha análise final do desenvolvemento do plan, do seu impacto no centro, da consecución dos obxectivos propostos e da adecuación das accións propias de cada obxectivo. Esta análise farase de forma colexiada polo equipo de dinamización do plan ao final do curso de vixencia deste.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación consistirá na determinación do grao de consecución dos obxectivos do Plan Dixital do centro. Que será efectuado mediante seguimento periódico do desenvolvemento das accións programadas, por parte do equipo dinamizador do plan.

Valoración xeral

O Plan Dixital do IES Plurilingüe de Valga, elaborado durante o curso 2021-2022 desenrolouse durante este curso de maneira satisfactoria. Acadáronse certos obxectivos de forma plena, outros están pendentes de finalización, e algúns non foron acadados.

A adhesión do centro ao programa E-Dixgal que comezou o curso 22-23 contribuíu en grande medida á consecución dos obxectivos propostos na primeira versión do plan.
 

Durante o curso 23-24 avanzouse na integración das tecnoloxías dixitais no centro. Dunha banda, a necesidade de empregar a plataforma Proens para a elaboración das programacións didácticas e o seu seguimento fixo que moitos membro do claustro que most¿ábanse abertamente reticentes ao abandono do papel, tiveran que adaptarse a esta nova forma de proceder. Todos os informes do centro foron feitos de forma dixital e gardados no servidor, reducindo así o consumo de papel e a xeración de refugallos.

Proposta de mellora

Actualizar os obxectivos e accións relacionadas co EVA E-Dixgal ao novo curso, no que o programa continúa en segundo de ESO incorporándose a el os alumnos de primeiro.

Dar a coñecer o Plan ao profesorado novo no centro e formar o equipo dinamizador os primeiros días do novo curso.

Realizar o seguimento dos obxectivos de maneira periódica, non so ao final do curso.

Facer públicos de maneira periódica os resultados do seguimento para corrixir aqueles aspectos que non se están a cumprir.
 

Dado o abandono do programa E-Dixgal no curso 24-25 habería que revisar os obxectivos do plan, eliminando aqueles que fan referencia a este e incluíndo novos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do centro foi presentado ao conxunto do profesorado no derradeiro claustro ordinario do curso 2021-2022, e no primeiro do curso 2022-2023 co obxectivo de dalo a coñecer ao profesorado incorporado en setembro.

A nova versión vixente no curso 2023-2024 será presentada en claustro ordinario e ademais estará dispoñible publicamente na páxina web do centro para que toda a Comunidade Educativa poida acceder a ela.