Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Avaliación procesual: realizarase con periodicidade trimestral. Cada unha das actuacións propostas neste plan conta con indicadores específicos que axudarán a determinar se se conseguiu o obxectivo proposto e se é necesario realizar algunha modificación.
Avaliación final: realizarase ao remate do curso académico. Elaborarase un informe de avaliación final no que constarán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores. Este documento será analizado nas sesións de final do claustro de profesorado e do consello escolar, respectivamente.
Realizouse o seguemento trimestral dacordo co planificado: comprobouse cada obxectivo, a execución das accións e os indicadores propostos.
- O O01PD está acadado (falta a folla de firmas que acredite a participación dos membros do equipo de mantemento)
- O O02PD está en proceso e prazo.
- O O03PD está en proceso e prazo (en esencia xa acadado).
- O O04PD está acadado.
- O O05PD está pendente e a expensas da activación por parte de AMTEGA da aplicación Inventario.
Realizouse o seguemento trimestral dacordo co planificado: comprobouse cada obxectivo, a execución das accións e os indicadores propostos.
- O O01PD está acadado (falta a folla de firmas que acredite a participación dos membros do equipo de mantemento).
- O O02PD está acadado (falta a folla de firmas que acredite a participación).
- O O03PD está acadado.
- O O04PD está acadado.
- O O05PD está pendente e a expensas da activación por parte de AMTEGA da aplicación Inventario.
Realizouse o seguemento trimestral dacordo co planificado: comprobouse cada obxectivo, a execución das accións e os indicadores propostos.
- O O01PD está acadado.
- O O02PD está acadado.
- O O03PD está acadado.
- O O04PD está acadado.
- O O05PD está pendente e a expensas da activación por parte de AMTEGA da aplicación Inventario.
Avaliación
O Plan Dixital (PD), documento que ordena o proceso de dixitalización do centro, é a todas luces necesario, incluso imprescindible. Desde esta perspectiva considero a súa implementación positiva. Porén, encontrámonos con certos aspectos matizables:
- Se ben o número de participantes no seminario foi ostensiblemente máis elevado, en comparación co acontecido no curso 22/23, todavía contamos cunha cantidade non despreciable de docentes reacios a mellorar a súa competencia dixital.
- A excesiva carga burocrática e complexidade; de xeito especial, coa chegada da plataforma Educalidade.
- A falta de comunicación e colaboración entre centros, e con outras organizacións externas. Sen esta compoñente, o PD pode non ter o necesario e desexable impacto na comunidade educativa.
- Deseñar un plan de formación para o profesorado que mellore a súa competencia dixital e permita acreditar algún dos niveis de CDD de modo presencial (prioritariamente B1 e/ou B2). Valorar a impartición de sesións formativas sobre Agueiro.
- Deseñar un plan de formación (actividades, charlas, participación en concursos, ...) para que o alumnado poida mellorar a súa competencia dixital de xeito integral.
- En relación cos indicadores dos obxectivos que se establezan, fixar valores máis ambiciosos.
- Co obxectivo de mellorar e acreditar a súa competencia dixital, tratarase de promover a participación dos docentes que aínda non se involucraron nas actividades formativas plantexadas nos últimos cursos.
Comunicación e difusión
Será necesario difundir o plan dixital e as súas actualizacións anuais a toda a comunidade educativa. Para poder facer iso, unha vez aprobado o plan e as sucesivas actualizacións, este será difundido por diversos medios. Primeiramente poñerase en coñecemento do claustro e enviarase por correo electrónico; así mesmo, colocarase o documento (en aberto, mediante a plataforma educalidade) inserto na web do centro, no lugar creado a tal efecto (Plan Dixital)