Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O Equipo de Dinamización do Plan Dixital (PD) realizará, polo menos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións do Plan. A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas por trimestre para analizar coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do proxecto. A persoa coordinadora do PD terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances deste plan baixo a supervisión da persoa directora.
O plan dixital desenvolveuse segundo a temporalización establecida e sen incidencias relevantes.
O plan dixital desenvolveuse segundo a temporalización establecida e sen incidencias relevantes.
O plan dixital desenvolveuse segundo a temporalización establecida e sen incidencias relevantes.
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, está desglosado nas táboas anteriores pero en todo caso realizarase unha avaliación procesual cada trimestre a través dunha reunión da comisión encargada de elaborar este Plan Dixital. Ademais de que nalgunha CCP se realizará unha posta en común co resto do profesorado, para realizar unha análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións ao plan dixital.
Por outra banda realizarase unha avaliación final para a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora. Esta avaliación dará lugar a unha memoria do PD que será presentada ao resto do profesorado no claustro de final de curso
O desenvolvemento do Plan Dixital foi moi boó e productivo.
Temos que traballar máis no eido de retroalimentación na avaliación e na implementación das rúbricas por parte do profesorado. Por outra bande podemos mellorar as tarefas de alfabetización deseñadas para o alumnado e os docuemntos de alfabetización.
Comunicación e difusión
O Plan Dixital unha vez sexa oído polo claustro e aprobado polo consello escolar do centro; será publicado na páxina web do centro e informarase á comunidade educativa, a través de correo electrónico e abalar (para os responsables do alumnado) da súa publicación.