Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital.

 

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da L.O. 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
Lei Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, pola que se modifica la Lei Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (L.O.M.L.O.E.).

Obriga de inclusión do PD no Proxecto Educativo:

Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

 

O PD cobra grande importancia dentro do Proxecto educativo do centro, sobre todo tras o período da COVID, onde se viron as carencias na formación tanto do alumnado coma do profesorado en materia de dixitalización. Isto fixo que se reflexionase sobre a formación e os medios necesarios para unha mellor dixitalización do centro.

 

Dentro dos plans e proxectos do centro, destaca o Proxecto de innovación CP-Innova: Edu-sostible. As actividades do centro versan ao redor deste proxecto e así o fai tamén o PD, apoiando e reforzando as actividades que se levan a cabo.

 

 

Proceso de elaboración

 

Unha vez realizada a enquisa SELFIE e o test CDD fíxose unha análise dos resultados de cara á elaboración da matriz DAFO, datos que supuxeron o punto de partida para a elaboración dos distintos apartados do Plan Dixital por parte do Equipo de Dinamización.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  1. A primeira fonte empregada para o análise DAFO foi o exercicio de reflexión SELFIE que tivo un índice de participación dun 100% (3/3) en canto aos membros do equipo directivo,un 87% (13/15) no referente ao profesorado e un 90% (162/180)en canto a alumnado.

  2. A segunda fonte empregada foi o test CDD.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non pode utilizar os seus dispositivos no centro. Non se ensina a programar. Non atopan axuda en internet. Non obteñen suficiente formación. Alumnado Si
Debilidade Baixa competencia dixital. Familias Non
Debilidade O acceso á internet é mellorable, Quedan equipos informáticos por renovar e podería haber unha mellor dotación. O alumnado non emprega os seus dispositivos na aula. As aulas de informática son insuficientes. Emprego das novas tecnoloxías: falta de fondos, equipo dixitais insuficientes, conexión a internet lenta, limitacións no espazo. Infraestruturas Non
Debilidade O feedback tanto do profesorado ao alumnado como entre alumnado é mellorable. sobre a aprendizaxe Experiencia no emprego de entornas de aprendizaxe. Baixo grao de implementación na estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade Tempo insuficiente para afondar na ensinanza dixital Non se retroalimenta o suficiente ao alumnado nas correccións. Ten pouco tempo para a aprendizaxe de tecnoloxías dixitais e desenvolvemento de materiais dixitais. Baixa participación en redes profesionais e en programas de desenvolvemento profesional. Persoal docente Si
Fortaleza Dispoñen de dispositivos para a aprendizaxe Dispoñen de entornas virtuais de aprendizaxe A implementación na aula das tecnoloxías dixitais para a aprendizaxe adáptase ás necesidades do alumnado, traballando proxectos interdisciplinares. O alumnado ten un comportamento seguro e responsable, dando recoñecemento ao traballo dos demais e creando contidos dixitais; aprende a comunicarse e ten habilidades dixitais para diferentes materias. Saben utilizar o software/aplicacións sen axuda. Alumnado Non
Fortaleza Non hai maiores problemas coa conectividade nos fogares Utilizan as tecnoloxías no fogar para as tarefas, con fins de aprendizaxe Acceso a dispositivos fóra do centro. Familias Non
Fortaleza Boas infraestruturas no centro, suficientes dispositivos dixitais, alta atención á protección de datos, dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Toma de medidas para atender a fenda dixital. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro detecta a necesidade de DPC, participa no DPC, por exemplo, fomentando o intercambio de experiencias. Oferta Non
Fortaleza O equipo docente é organizado nas distintas estratexias existentes, como as novas modalidades de ensino, o tempo empregado para explorar a estratexia dixital. Están ao tanto das normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Existe boa colaboración e comunicación interna promovendo o debate sobre o emprego da tecnoloxía, fomentando a colaboración entre o profesorado. O centro favorece a búsqueda de recursos educativos en liña, o emprego de entornas dixitais de aprendizaxe, a comunicación coa comunidade educativa e o emprego de recursos educativos abertos. A implementación na aula das tecnoloxías dixitais para a aprendizaxe adáptase ás necesidades do alumnado, fomentando a creatividade e a implicación e colaboración do alumnado, traballando proxectos interdisciplinares. O centro fomenta o emprego da tecnoloxía na avaliación das capacidades, empregando os datos para mellorar a aprendizaxe. Organización de centro Non
Fortaleza Está ao tanto dos dereitos de autor e licenzas de uso, manexa as novas modalidades de ensinanza integrando as tecnoloxías dixitais. Promove o debate sobre o uso da tecnoloxía. É consciente das súas necesidades de DPC, participando nel e intercambiando experiencias. Ten acceso a recursos educativos en liña. Entre o persoal docente existe unha boa comunicación e dispoñibilidade de recursos educativos abertos. O profesorado adapta as novas tecnoloxías para o aprendizaxe, fomenta a creatividade e implica ao alumnado fomentando a colaboración entre eles e elas, deseñando proxectos interdisciplinares. Manexa con seguridade as tecnoloxías para preparar e impartir as clases, retroalimentación, apoio e comunicación. A porcentaxe de tempo da práctica docente na aula do profesorado usando as tecnoloxías dixitais é alta. Persoal docente Non
Fortaleza Manexan as novas tecnoloxías de forma eficiente e segura nas súas labores. Persoal non docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Limitación da dotación económica para equipos Ausencia de solucións para a limitación de espazos Falta de liberación horaria para atender á estratexia dixital. Administración educativa Non
Ameaza Mellorable disposición da administración local para colaborar co centro nas súas necesidades. Contorna Non
Ameaza Ausencia de marco legal que apoie ao profesorado nas súas necesidades educativas que require a sociedade. Lexislación Non
Ameaza Baixa colaboración con outros centros e organizacións. Outras Non
Oportunidade Colaboración na dotación económica para fortalecer a infraestrutura dixital e tecnolóxica Administración educativa Non
Oportunidade Alto grao de dispoñibilidade de colaboración co centro Contorna Non
Oportunidade Apoio lexislativo ao profesorado no DPC e novas tecnoloxías. Lexislación Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE e o TCDD, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do mesmo no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Integrar ao novo profesorado na titorización do alumnado a través da plataforma Abalar.
O02PD Poñer en funcionamento unha aula TIC interdisciplinar.
O03PD Implicar ao alumnado e ao profesorado no emprego das novas tecnoloxías en proxectos interdisciplinares

Seguimento

Procedemento

O Equipo de dinamización do PD realizará, a lo menos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións do plan.

As persoas mentoras Adix realizarán unha ou máis visitas  por trimestre para analizar coa persoa coordinadora do PD o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta EDUCALIDADE para rexistrar os avances deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

O seguimento do Plan Dixital está realizándose según os plans previstos.

2º Trimestre

O seguimento do Plan Dixital está realizándose según os plans previstos.

3º Trimestre

O seguimento do Plan Dixital está realizándose, en xeral,  según os plans previstos, agás algún aspecto non rematado como é o inventario da Aula de Polos Crativos e Tecnoloxía.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de avaliación do plan e da consecución de obxectivos, será o seguinte:

 

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será de unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será de unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

.En términos xeráis a valoración da implantación do Plan Dixital no noso centro é bastante positiva.

Proposta de mellora

O obxectivo en termos de proposta de mellora sería acadar unha implicación do profesorado todavía maior,  pero dadas al limitacións horarias e a elevada carga de traballo dos docentes, pensamos que o desenvolvemento do plan é satisfactorio. Tamén debemos acadar unha maior interacción co alumnado neste aspecto.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital aquí descrito debe ser aprobado polo Consello Escolar e posteriormente enviado a todo o profesorado para que

cada responsable dos obxectivos do Plan de acción coñezan as súas funcións.

Para a difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa procederase a publicar o documento na páxina web do centro así como e a través de EDUCALIDADE.