Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1) Xustificación do mesmo
Nun proxecto do noso centro no ano 2007 xa falabamos da dixitalización das aulas, e percorremos un longo camiño no uso das TIC. Isto demostra que desde sempre fomos plenamente conscientes de que contamos con alumnos do século XXI, que naceron nunha sociedade xa dixitalizada. A tecnoloxía evolucionou desde entón, e nós queremos seguir evolucionando con ela. Polo tanto, a nosa comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) esperan, e celebran que a aprendizaxe pase por unha nova etapa que leve a unha escola TAC (Tecnoloxías da aprendizaxe e do coñecemento). É dicir, non usar as TIC para buscar o coñecemento senón aprender a través das TICs. Considerámonos unha escola “ STEAM “ (Science, Technology, Engineering, Art and Math), na que os educadores compartimos experiencias e plans para conseguir unha mellor aprendizaxe do alumnado. Incluímos Art porque pensamos que temos que fomentar a creatividade como parte fundamental na adquisición das competencias clave.
A aprendizaxe nunha escola TAC que achegue ao alumnado os recursos necesarios para alfabetizarse dixitalmente, aprender en base á creación interactiva, afianzar o pensamento crítico e relacionar procesos grazas ao traballo colaborativo con outros, é o principal obxectivo dos educadores do IES Terra de Turonio.

A nosa inquietude pola aprendizaxe baseada nas plataformas de e-aprendizaxe empurrounos a unirnos nun primeiro momento á plataforma de aprendizaxe Agueiro, precisamente polos motivos que comentabamos na introdución: como un modo de garantir a igualdade do alumnado procedente de distintos status sociais con respecto á súa competencia no uso da tecnoloxía dixital nun mundo tan “virtual” como o que vivimos.

Posteriormente, quixemos dar un paso máis nesa equiparación de aprendizaxe dixital mediante a incorporación do centro ao proxecto E-dixgal, que proporcionará un portátil a cada estudante e afianzará o seu manexo no emprego das TICs como unha ferramenta do seu día a día.

Actualmente estámonos a preparar cara a metodoloxía TEP (Tecnoloxías para o empoderamento e participación), donde o alumnado ten un papel proactivo e autónomo, guiados pola curiosidade innata do ser humano, na que o profesorado xurde no rol de dinamizador e non un mero proveedor de experiencias. A tecnoloxía dixital e en particular internet e as plataformas e-learning son mediadores nunha experiencia de aprendizaxe particular (cada quen utiliza os seus propios recursos) e colectiva (cada quen está habilitado para compartir e enriquecer o seu aprendizaxe co dos demáis). As plataformas dixitias en xeral, e edixgal en particular, ofrécennos un espazo colaborativo e diverso onde o alumnado pode estimular o seu pensamento crítico, computacional, razoado, visual e proactivo.

2) Proceso de elaboración
Para a organización así como a elaboración deste plan dixital, o centro conta cun equipo de coordinación dixital do cal forman parte un representante de cada unha das seccións do centro. Por tanto, dito equipo está formado pola directora, a secretaria, a dinamizadora edixgal, unha profesora representante do ámbito de humanidades, unha profesora representante do ámbito de ciencias, un profesor representante do ciclo formativo e a orientadora. O centro creou un grupo de traballo que forma parte do Plan de formación do centro (PFPP) para o deseño, regulación e organización do plan dixital. Dito plan será logo analizado pola Comisión Pedagóxica e sometido a votación no Claustro de profesorado e Consello Escolar. 
Dito equipo será o encargado de liderar e gobernar os distintos aspectos educativos e organizativos que xere o PLAN DIXITAL DO CENTRO.
Estando así representados os distintos departamentos educativos do centro, empezamos a elaboración deste plan dixital baseandonos no proxecto TIC de cursos anteriores, nas enquisas feitas a alumnado e profesorado ao final de cada curso e nos plan dixital do curso anterior.
Coordinamos asemesmo a  participación do máximo número posible de profesorado e alumnado no test SELFIE e no test de competencia dixital docente (CDD)

3)Contextualización do Plan Dixital no centro.

A dixitalización hai xa uns anos que chegou e prospera nas nosas aulas. O profesorado, alumnado e comunidade educativa en xeral xa non observa a dixitalización dende un segundo plano senón que son arte e parte da súa utilización nos centros de ensino.

No IES Terra de Turonio sempre fomos conscientes da importancia de levar as TIC á aula. Por iso, xa polo ano 2007, elaboramos un proxecto sobre a implementación das TIC que foi seleccionado pola Consellería de Educación para poñelo en marcha. Iso levounos ao ano seguinte a solicitar a incorporación do noso centro á rede de escolas Abalar, que unha vez conseguida achegámonos á utilización do computador como unha ferramenta máis da aula.
Finalmente no ano 2010 realizouse un obradoiro para a aplicación, incorporación e creación de contidos dixitais na aula Abalar. Pero non soamente utilizamos o espírito abalar en 1º e 2º ESO, senón que dada a creación dunha nova aula TIC e a incorporación de computadores e PDI en case todas as aulas do instituto permitiu traballar con material dixital, plataformas e-learning, software, multimedia, dentro da aula.
Así pois poderiamos dicir que a nosa aposta deu os seus froitos e que temos un instituto “dixitalizado”. Con todo, desde hai tempo estamos a observar unha fenda dixital entre alumnado de distintos status sociais.
Sendo conscientes disto, o profesorado do IES Terra de Turonio trata de desfacer, cos medios que contamos, dita desvantaxe, pero temos un aspecto dixital que é imposible liquidar cos medios actuais cos que podemos dispoñer e é a utilización dos medios dixitais nun ambiente familiar non dixitalizado onde a maioría das familias son de clase media-baixa cunha alta porcentaxe de paro e dun entorno rural onde non chega Internet en moitas parroquias.

A resolución do 7 de Maio de 2018 , da dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar non proxecto E- dixgal , deunos a solución ao noso problema. Dito proxecto está ofertado para limar as diferenzas de aprendizaxe dixital ofrecendo un computador particular a cada alumno e a posibilidade de estudar nunha contorna dixital interactiva.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Informe SELFIE 

Informe CDD

Enquisa anual doas necesidades do profesorado/alumnado

Estos documentos poden visualizarse na pestana de anexos

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Área G. Prácticas de avaliación: Facilitar co alumnado faga comentarios constructivistas sobre o traballo dos compañeiros Alumnado Si
Debilidade Área B. Colaboración e redes: Colaboracións con outras organizacións Familias Si
Debilidade Área C. Infraestruturas e equipos: Repositorios Infraestruturas Non
Debilidade Área E. Pedagoxía: Apoios e recursos: Recursos educativos Oferta Non
Debilidade Área A. Liderado: Estratéxia dixital Organización de centro Non
Debilidade Área D. Desenvolvemento profesional continuo: Intercambio de experiencias Persoal docente Si
Debilidade Área F. Pedagoxía. Implementación na aula: Colaboración entre alumnado e familias Persoal non docente Si
Fortaleza Área F. Pedagoxía: Implementación na aula: Implicación do alumnado Alumnado Si
Fortaleza Área E. Pedagoxia. Apoios e recursos: Uso da tecnoloxía dixital para a comunicación Familias Non
Fortaleza Área C. Infraestructuras e equipos: Dispositivos dixitais Infraestruturas Si
Fortaleza Área A. Liderado.: Apoio a co profesorado explore novas tecnoloxías e metodoloxías Oferta Si
Fortaleza Área B. Colaboración e redes: Evaluación sobre o proceso Organización de centro Non
Fortaleza Área D . Desenvolvemento profesional continuo. Acceso a posibilidades de formación Persoal docente Si
Fortaleza Área H. Competencia dixital do alumnado. Aprender a comunicarse usando tecnoloxías dixitais Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Área A. Liderado: Desarrollo da extratexía dixital co profesorado Administración educativa Si
Ameaza Área C: Infraestruturas e equipos: Tecoloxías asistenciais ANPA Si
Ameaza Área F. Pedagoxía . Implementación na aula: Proxectos interdisciplinares dificultades de posta en marcha Contorna Non
Ameaza Área E. Pedagoxía. Apoios e recursos: Empleo de diversas plataformas Lexislación Non
Ameaza Outras entidades. ÁreaB. Colaboración e redes: Debate sobre ventaxas e desventaxas do mundo dixital Outras Si
Ameaza Organización. Área D: Desenvolvemento profesional continuo: Tempo Outras Si
Ameaza Retroalimentación. Área G. Prácticas de avaliación: Dificultades para o uso de datos do alumnado para mellorar o seu aprendizaxe Outras Si
Ameaza Variedade de pensamento. Área H. Competencias dixitais do alumnado. Alumnado con dificultades para o mundo dixital Outras Non
Oportunidade Área D. Desenvolvemento profesional continuo. Creación de intercambios e-learning Administración educativa Si
Oportunidade Área C. Infraestructuras e equipos. Creación biblioteca/repositorio ANPA Non
Oportunidade Área G: Prácticas de avaliación: Avaliación de habilidades do alumnado via dixital Contorna Si
Oportunidade Área A. Liderado: Normas sobre dereitos Lexislación Si
Oportunidade Outras entidades. Área B: Colaboración e redes . Proxectos interdisciplinares Outras Si
Oportunidade Plataformas. Área E. Pedagoxía . Implementación na aula: Normalizar uso das plataformas Outras Non
Oportunidade Proacción. Área F. Pedagoxía: Fomento da creatividade Outras Non
Oportunidade Variedade de pensamento. Área H. Competencias dixitais do alumnado: Ampliar pensamento computacional do alumnado Outras Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A ferramenta de autodiagnóstico SELFIE (autorreflexión sobre unha aprendizaxe efectiva mediante o fomento da innovación a través de tecnoloxías educativas innovadoras), permite evaluar a situación dun centro educativo en relación ao uso das TIC nos distintos elementos clave que recolle o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes do JRC Sevilla da Comisión Europea, para poder, a continuación, deseñar e emprender un proceso de transformación no centro.
En Outubro do 2021 empregouse por primeira vez esta ferramenta de autoavaliación dixital do centro educativo . Participaron o 100% de membros do equipo directivo, o 57% do profesorado do centro e o 81% do alumnado. O SELFIE xera una instantánea da situación dixital do centro educativo e pode usarse como primeiro peldaño para orientarnos na ruta do plan dixital do centro. Esta ferramenta está fomentada polo Marco de Referencia para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes, coñecido polo acrónimo  DigCompOrg , que ten como finalidade prestar apoio ás organizacións educativas para promover a súa dixitalización dunha forma sistemática e estratéxica.
A autoavaliación SELFIE se presenta con 3 cuestionarios independentes (dirección, alumnado, profesorado) . A maior parte das preguntas respóndense utilizando unha escala de cinco puntos, na que 1 é a puntuación máis baixa e 5 a máis alta. En SELFIE utilízanse varias escalas distintas, dependendo da formulación da pregunta. Tamén hai un pequeno número de preguntas ás que os usuarios deben responder coas súas propias palabras.

Os tres cuestionarios contan cunha serie de preguntas básicas (e obrigatorias ou fixas), organizadas en oito áreas de práctica comúns. 
Área A: Liderado
Área B: Colaboración e redes 
Área C: Infraestrutura e equipos
Área D: Desenvolvemento profesional continuo
Área E: Pedagoxía: Apoios e recursos 
Área F: Pedagoxía: Implementación na aula 
Área G: Prácticas de avaliación
Área H: Competencias dixitais do alumnado 
En dita enquisa participou un 100% dos membros da dirección, 56 % do profesorado e 81 % do alumnado.

En tódas as áreas do test SELFIE, nos distintos grupos (Dirección, profesorado, alumnado) puntuado sobre un mínimo de 1 e un máximo de 5 , obtivemos unha media de 3 . Co cal estamos nun nivel intermedio respecto ao proceso de dixitalización do noso centro. Cabe destacar que nalguhnas áreas como infraestrutura e equipos e pedagoxía apoios e recursos obtivemos unha nota de 4 dado o uso de e-dixgal. 

Co respecto ao test CDD (Competencia dixital docente) expoñemos os porcentaxes obtidos polo profesorado:

Principiante (A1) 3,8%, Explorador (A2) 38,5%, Integrador (B1) 34,6%, Experto(B2) 11,5%, Lider(C1) 11,5%

Polo tanto a maioria do profesorado atópase entre o A2 e o B1 do nivel.

Todos estes datos poden analizarse no anexo onde se procuran os dous informes

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Ofertar tempo e cursos para explorar as novas metodoloxías dixitais
O02PD Difusión do plan dixital/proxectos de polos creativos a outros centros/institucións/familias
O03PD Implementar plan para subsanar a fenda dixital
O04PD Fomentar a innovación educativa na aula grazas ao programa de Polos Creativos
O05PD Favorecer o emprego de contornas virtuais oficiais coa creación e uso de material de creación propia
O06PD Fomento da colaboración co alumnado na súa aprendizaxe dixital
O07PD Avaliación das habilidades do noso alumnado online con medidores comúns nas distintas materias
O08PD Promover as boas prácticas en internet e fomentar a protección persoal frente ao ciberbullying

Seguimento

Procedemento

Revisión do traballo establecido e posta en marcha das indicacións suxeridas nas reunións co mentor ADIX

Reuniones con mentor ADIX mensuales (10/10/23, 16/01/24)

1º Trimestre

Reuniones con mentor ADIX 10/10/23

Reuniones co equipo plan dixital 

2º Trimestre

Reuniones con mentor ADIX 16/01/24

Reuniones co equipo plan dixital 

3º Trimestre

Reuniones con mentor ADIX 14/05/24

Reuniones co equipo plan dixital 

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

O curso 23/24 púsose de manifiesto a madurez do plan dixital que levávamos  organizando e materializando nos cursos pasados. A totalidade do profesorado fixo do Terra de Turonio emprega diversas metodoloxía nas suas clases e é competente en metodoloxía dixital. Tamén isto nótase no noso alumnado o cal a medida que avanza os cursos da ESO , nótase como melloran no seu aprendizaxe dixital. Quédanos todavia moito que facer no tema de coordinación con medidores de avaliación comúns e traballos por proxectos interdisciplinares. O curso do PFPP sobre Polos creativos vimos a necesidade de traballar nesa dirección para o mellor aproveitamento dos recursos por parte do alumnado. Tamén quedanos o conseguimento de horas adicadas á elaboración de proxectos, Isto é iunha ardua labor xa que cada ano dinos que non temos profesorado suficiente para poder repartir horas á xente que queira traballar colaborativamente en proxectos. 

Como procedemento de avaliación pasaremos enquisa final  de curso ao profesorado para ter un feedback sobre as expectativos e adecuacións do plan cara o curso que ven

 

Proposta de mellora

Pretendemos manter os 8 obxectivos propostos este curso xa que ainda que algúns deles estean acadados , son obxectivos dinámicos cunha longa traiectoria a conseguir cada curso. Co respecto as accións , manteriamos asemesmo as accións do obxectivo 1 , 2 ,3, 4 ( AO4.2 Creación PFPP sobre Polos Creativos ), 6,7,8.

Respecto as accións do obxectivo 5 , imos deixar soamente  a AO5.1 insistindo no uso de plataformas oficiais e extender o uso de abalarbox e non o google drive 

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez analizado, estudado e aprobado  o plan dixital polos membros do claustro e consello escolar, expoñerase en aberto na páxina web do centro co resto de documentación oficial do mesmo. A principio do curso darase a coñecer ao alumnado nas clases para que saiba da situación da que parte e o que o plan dixital do centro pretende que consigan.