Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Desde o ano 2011 o centro participou no Programa Abalar para dixitalizar as aulas e dotar de equipamento informático en empréstamo para o alumnado. No ano 2017 o Programa Abalar evoluciona cara o Proxecto Edixgal e, de novo, o centro comprométese na dixitalización do ensino e no uso dos libros dixitais para 1º e 2º de ESO.

O Plan Dixital debe ser o gran impulsor do proxecto Proxecto Edixgal. Unha proba do compromiso é a vontade demostrada polo profesorado, sobre todo a partir da situación derivada pola pandemia, son os diversos contidos e dinámicas de traballo vinculadas ás plataformas como o Entorno Virtual de Aprendizaxe en 1º, 2º e 3º da ESO e da Aula virtual especialmente en 4º ESO.

Un dos obxectivos recollidos na Programación Xeral Anual é o de “promover o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula” como medio didáctico para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe. Para isto é preciso que o profesorado teña unha formación continua e acade un grado de competencia dixital satisfactorio. No Plan Dixital de centro establecéronse e temporalizáronse unha serie de obxectivos (accións) para mellorar progresivamente o grado de competencia dixital do profesorado do centro.

Breve xustificación do mesmo

Dentro da estratexia para impulsar o desenvolvemento das competencias dixitais da comunidade educativa dentro do horizonte educación dixital 2030 establécense con dous obxectivos nos que se enmarcan a necesidade de elaborar o presente Plan Dixital de Centro: 

  1. Impulsar as competencias do alumnado en materia de novas tecnoloxías 

  2. Desenvolvemento dun ecosistema educativo dixital de alto rendemento 

Estes proposta e a execución do PDC contextualízanse no seguinte marco normativo: 

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022 

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 

Proceso de elaboración

Coordinación e membros do grupo de traballo do Plan Dixital de Centro 

  • Camaño Portela, Mónica 
  • Castro Márquez, Ana Belén > Directora 
  • García San León, Olalla 
  • Martínez Rodil, Yolanda > Xefa de estudos 
  • Rodríguez García, Óscar > Coordinación 

Pasos no plan de actuación do PDC:

1. Proceso de autoavaliación SELFIE.

2. Realización do test CDD.

3. Análise DAFO.

4. Establecemento de obxectivos do Plan de Acción.

5. Redacción final do Plan Dixital de Centro.

O actual plan dixital de centro, curso escolar 23/24, quedou aprobadao polo Claustro e Consello Escolar o día 30 de outubro de 2023. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Instrumentos de recollida de información

1. Proceso de autoavaliación SELFIE. Documento en anexos

2. Realización do test CDD. Documento en amexos

3. Elaboración e realización cuestionario ás familias 

Interno
39 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Baixa competencia dixital Alumnado Si
Debilidade Baixo uso da tecnoloxía fóra do centro cunha finalidade educativa Alumnado Si
Debilidade Participación do alumnado na autoavaliación e coavaliación empregando ferramentas dixitais Alumnado Si
Debilidade Baixa percepción da pegada dixital Alumnado Si
Debilidade Diversa competencia dixital das familias Familias Non
Debilidade Na categoría infraestruturas a puntuación máis baixa incide na resolución de incidencias técnicas como debilidade na categoría. Infraestruturas Si
Debilidade Dispositivos propios para a aprendizaxe pero falta de renovación e asistencia técnica Infraestruturas Si
Debilidade Falta de concreción do plan TIC e dunha estratexia dixital de centro Organización de centro Non
Debilidade Existencia de estratexias de comunicación con outros centros educativos Organización de centro Non
Debilidade Extensión e promoción entre o profesorado de innovacións educativas Organización de centro Non
Debilidade Incorporación por parte do profesorado de tecnoloxías dixitais para a avaliación Persoal docente Si
Debilidade Participación do profesorado en redes colaborativas profesionais Persoal docente Si
Debilidade Participación en proxectos interdisciplinares Persoal docente Si
Debilidade Dinámicas para reflexionar sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Si
Debilidade Dinámicas para reflexionar sobre o uso de recursos dixitais (tratamento da imaxe, protección de dereitos, licenzas, software libre, plaxio, etc) Persoal docente Si
Debilidade Dinamización e uso creativo de aulas virtuais. Persoal docente Si
Debilidade Impulso de plataforma EDIXGAL Persoal docente Si
Debilidade Iniciativas para afrontar necesidades de formación profesional continua do profesorado Persoal docente Si
Fortaleza Habilidades dixitais adquiridas polo alumnado en diferentes materias Alumnado Si
Fortaleza Uso activo por parte do alumnado da aula virtual do centro e do proxecto EDIXGAL Alumnado Si
Fortaleza Creación de materiais dixitais en diversas materias Alumnado Si
Fortaleza Alumnado moderamente participativo en dinámicas dixitais Alumnado Si
Fortaleza Comunicación fluida das familias co centro a través de diversos medios dixitais Familias Si
Fortaleza Existencia de repositorio en liña na páxina web do centro Infraestruturas Non
Fortaleza Infraestrutura adecuada, fiable e segura, con puntuación elevada en oito dos dez ítems propostos. Infraestruturas Si
Fortaleza Utilización no centro de equipos dixitais propios Infraestruturas Si
Fortaleza Os espazos físicos para compartir recursos educativos dixitais é adecuado: aula de informática, espazo de creación audiovisual na biblioteca e unha aula de usos múltiples. Infraestruturas Si
Fortaleza Acceso adecuado a internet no centro Infraestruturas Non
Fortaleza Software libre instalado nos equipos. Infraestruturas Si
Fortaleza Utilización de recursos dixitais para observar e documentar os progresos académicos e de conduta do alumnado. Organización de centro Si
Fortaleza Emprego de diversas plataformas dixitais para a comunicación na comunidade educativa Organización de centro Si
Fortaleza Participación do centro nos últimos anos en diversos plans de formación dixital docente. Organización de centro Si
Fortaleza Utilización de plataformas dixitais promovidas pola administración educativa. Organización de centro Si
Fortaleza Experiecia do profesorado en contornas dixitais educativas de colaboración e comunicación en liña. Persoal docente Si
Fortaleza Reducido número do claustro favorece a posible coordinación e traballo dixital e interdisciplinar no centro Persoal docente Si
Fortaleza Uso activo de aulas virtuais Persoal docente Si
Fortaleza Boa predisposición para a adopción de innovacións educativas por parte do profesorado Persoal non docente Si
Fortaleza Alta competencia dixital. Competencia para a resolución de problemas técnicos dos dispositivos dixitais. Persoal non docente Si
Fortaleza Colaboración no mantenemento e catalogación do equipamento dixital do centro Persoal non docente Si
39 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Liñas de formación dixital do profesorado percibidas como pouco adaptadas as necesidades formativas docentes Administración educativa Si
Ameaza Autonomía na compra de material dixital polo centro con partida económica para tal finalidade Administración educativa Non
Ameaza Competencia dixital do profesorado insuficiente Administración educativa Si
Ameaza Existencia de múltiples liñas de actuación que dispersan a atención sobre a formación dixital Administración educativa Si
Ameaza Falta de tempo para formación dixital do profesorado Administración educativa Si
Ameaza Tempo do que dispón o profesorado para explorar novas modalidades de ensino. Administración educativa Si
Ameaza Falta de tempo para a creación de material dixital para a aprendizaxe Administración educativa Si
Ameaza Desigualdade socioeconómica da contorna Contorna Non
Ameaza Desigual cobertura da rede nas distintas parroquias de Bueu Contorna Si
Ameaza Burocratización do día a día docente resta tempo a implementación de metodoloxías activas dixitais Lexislación Si
Ameaza Inestabilidade lexislativa Lexislación Non
Ameaza Carencia de fibra no centro educativo cando xa está consolidada na vila de Bueu Outras Non
Oportunidade Impulso formación dixital docente Administración educativa Si
Oportunidade Apoio á elaboración do Proxecto Dixital Docente Administración educativa Si
Oportunidade Impulso competencia profesional docente Administración educativa Si
Oportunidade Claustro estable con alto número de profesorado definitivo Administración educativa Si
Oportunidade Existe ANPA no centro sendo colaborativa co mesmo ANPA Si
Oportunidade Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo Contorna Si
Oportunidade Boa relación e colaboración co Concello de Bueu Contorna Non
Oportunidade Conciencia da necesidade de alfabetización dixital da contorna educativa Contorna Si
Oportunidade Impulso da Unión Europea á formación dixital do profesorado Lexislación Non
Oportunidade Marco de competencia dixital do Consello Europeo Lexislación Non
Oportunidade Existencia de proxectos externos para abordar a alfabetización dixital do alumnado Outras Non
Oportunidade Impulso de material dixital por parte das editoriais Outras Non
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Fases de análese DAFO

  • DIAGNOSE DA SITUACIÓN DIXITAL. Avaliar a competencia dixital do centro atendendo ás dimensións pedagóxica, tecnolóxica e organizativa para poder emprender un proceso de transformación.
  • VALORAR E SENSIBILIZAR SOBRE A SITUACIÓN DIXITAL. Formar e sensibilizar na importancia da elaboración do plan dixital de centro para aproveitar os recursos dispoñibles.
  • ELABORACIÓN PLAN DIXITAL DE CENTRO. Deseñar accións específicas encamiñadas á mellora da competencia dixital do centro e da comunidade educativa.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a competencia do profesorado na resolución de incidencias técnicas, informáticas e audiovisuais.
O02PD Mellorar a competencia do persoal docente no uso das plataformas corporativas: aula virtual e EDIXGAL
O03PD Potenciar a competencia dixital das familias.
O04PD Localizar, xestionar, transformar e comunicar contidos da internet para a comunidade educativa.
O05PD Alfabetización básica do alumnado

Seguimento

Procedemento

Reunións do grupo de traballo da implementación do Plan dixital. 

Reunión de seguemento e asesoramento co ADIX

1º Trimestre

Consecución dos obxectivos do Plan Dixital de Centro 23/24 durante a 1ª avaliación. 

 

  • O01PD_Mellorar a competencia do profesorado na resolución de incidencias técnicas, informáticas e audiovisuais > Acadado parcialmente 
    • Formación o profesorado sobre a pantalla interactiva do centro 
  • O02PD_Mellorar a competencia do persoal docente no uso das plataformas corporativas: aula virtual e EDIXGAL > Non acadado
  • O03PD_Potenciar a competencia dixital das familias.  > Acadado parcialmente 
    • O administrativo do centro no proceso de matrícula informa e axuda de xeito informal ás familias no aplicativo Abalar como ferramenta comunicativa da comunidade

    • Na sesión informativa ás familia os titores informan sobre a petición de tutoría a través do aplicativo Abalar 

  • O04PD_Localizar, xestionar, transformar e comunicar contidos da internet para a comunidade educativa. > Non acadado
  • O05PD_Alfabetización básica do alumnado > Non acadado
2º Trimestre

 

  • O01. Mellorar a competencia do profesorado na resolución de incidencias técnicas, informáticas e audiovisuais.  1º Trimestre

 

  • O02. Mellorar a competencia do persoal docente no uso das plataformas corporativas. 2º Trimestre_PARCIALMENTE REALIZADO    
    • AO2.1: Formar o persoal docente no uso da Aula Virtual. 2º Trimestre_APRAZADO
    • AO2.2: Formar o persoal docente no uso de Edixgal. 2º Trimestre_APRAZADO
    • A02.3: Fomentar a participación dos departamentos en proxectos interdisciplinares. 3º Trimestre_ REALIZADO

 

  • O03. Potenciar a competencia dixital das familias. 1º Trimestre_REALIZADO    
    • AO3.1: Reunións coas familias por niveis para o uso da ferramenta Abalar. 1º Trimestre_REALIZADO
    • AO3.2: Ofrecer un curso de formación en ciberseguridade e control parental. 1º Trimestre_REALIZADO

 

  • O04. Localizar, xestionar, transformar e comunicar contidos da internet para a comunidade educativa. 3º Trimestre   

 

  • O05. Alfabetización básica do alumnado. 3º Trimestre
3º Trimestre

 

  • O01. Mellorar a competencia do profesorado na resolución de incidencias técnicas, informáticas e audiovisuais.  1º Trimestre

 

  • O02. Mellorar a competencia do persoal docente no uso das plataformas corporativas. 2º Trimestre_PARCIALMENTE REALIZADO    

 

  • O03. Potenciar a competencia dixital das familias. 1º Trimestre_REALIZADO    

 

  • O04. Localizar, xestionar, transformar e comunicar contidos da internet para a comunidade educativa. 3º Trimestre   
    • AO4.1: Creación de grupos de traballo estruturados en ámbitos. 3º Trimestre_REALIZADO
    • AO4.2: Elaborar un banco de recursos dixitais. 3º Trimestre_REALIZADO
    • AO4.2: Promover a plataforma de préstamo de lectura dixital (E-LBE.2). 3º Trimestre_REALIZADO

 

  • O05. Alfabetización básica do alumnado. 3º Trimestre
    • AO5.1: Impulsar a localización e selección de diversas fontes dixitais para a obtención de información, avaliando a súa validez ou adecuación respecto aos intereses da temática, traballo, tarefa, etc. de cada materia. 3º Trimestre_REALIZADO
    • AO5.2: Coñecer e utilizar medios e contornas dixitais para comunicarse e/ou traballar de forma colaborativa, para apoiar a aprendizaxe individual ou colectiva. 3º Trimestre_REALIZADO
    • A05.3: Propiciar a comprensión dos códigos comunicativos formais propios dos contextos dixitais. 3º Trimestre_REALIZADO
    • AO5.4: Aplicación da rúbrica de competencia dixital ao alumnado 3º Trimestre_REALIZADO

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

A valoración sobre a consecución xeral do Plan Dixital de Centro do curso académico 23/24 é poisitiva o acadarse o total das accións a desenvolver de dous dos cinco obxectivos propostos, noutros dous acadáronse o 90% das accións de desenvolvemento proposto, e só un dos cinco proposto non se pode realizar pospoñendo a súa consecución para o vindeiro curso. 

Proposta de mellora

Tras a valoración polo grupo de traballo dos obxectivos propostos no PDC 23/24, considérase oportuno aprazar a consecución do obxectivo O02. Mellorar a competencia do persoal docente no uso das plataformas corporativas para o curso 24/25, ampliado as accións de desenvolvemento e adiantando a data de realización o primeiro trimestre do curso 24/25. Considérase necesario reforzar os obxectivos 1 e 2, O01. Mellorar a competencia do profesorado na resolución de incidencias técnicas, informáticas e audiovisuais / O02. Mellorar a competencia do persoal docente no uso das plataformas corporativas, reforzando e ampliando as accións de desenvolvemento na formación das plataformas EDIXGAL e Aula Virtual do centro.  

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O actual plan dixital de centro, curso escolar 23/24, quedou aprobadao polo Claustro e Consello Escolar o día 30 de outubro de 2023. 

A publicidade e difusión do Plan Dixital de Centro do IES Illa de Ons entre toda a comunidade educativa realizarase na páxina EduCalidade, no seguinte enlace: