Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

DATOS BÁSICOS

Nome: 36019876 - CPR Santa María

Dirección: R/ Irmáns Maristas s/n - 36700 - Tui, Pontevedra

Teléfono: 986607025

Correo electrónico: cpr.santamaria.tui@edu.xunta.gal

Páxina web: https://maristastui.org/

Oferta educativa:

  • Educación infantil
  • Educación primaria
  • Educación secundaria

XUSTIFICACIÓN

Decretos autonómicos nos que se recolle a obriga de inclusión do PD no Proxecto Educativo:

  • DECRETO 156/2022, do 15 de setembro:

    • Artigo 37.1. Establece a ordenación e o currículo da ESO na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • DECRETO 157/2022, do 15 de setembro:

    • Artigo 35.1. Establece a ordenación e o currículo do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte: 

“Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o Plan Dixital de Centro (PDC a partir de agora), no seguinte articulado:

  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da ESO na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e FP, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Atendendo ás necesidades e demandas da sociedade en materia de competencia dixital e entendendo que a principal misión da escola é formar ó alumnado para a vida presente e futura, consideramos fundamental desenvolver unha estratexia dixital reflexionada e consensuada que aparece recollida neste documento. Un PDC que nos sirva de folla de ruta a curto e medio prazo para converter o CPR Santa María de Tui nunha institución educativa dixitalmente competente e que isto dedunde en beneficio do noso alumnado en particular e da sociedade en xeral.

 

CONTEXTUALIZACIÓN E CONTRIBUCIÓN Ó PEC

O Colexio Marista “Santa María” de Tui está ubicado nunha das zonas de máis recente construción deste concello. Trátase dunha área de extensa poboación cun nivel socioeconómico medio. É un centro aberto ao entorno: ao Concello, aos pais (AMPA)... onde teñen cabida actividades nas que pode participar toda a comunidade educativa tales como: actos culturais, celebracións, Día das Letras Galegas, festas, grupo MarCha, etc.

As familias do noso alumnado usan de maneira habitual as ferramentas de comunicación baseadas nas TIC, acceden á web colexial e utilizan o portal de comunicación.

Consideramos que existen razóns de peso para que o noso Centro siga dotándose de recursos técnicos, que permitan aumentar a presenza das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) nos procesos de ensinanza-aprendizaxe e na nosa xestión administrativa.

Aínda que o noso centro evolucionou considerablemente no uso das TIC, xa que están integradas na nosa práctica docente de forma bastante xeneralizada, recoñecemos que queda percorrido por facer.

Temos que facer, sen dúbida, referencia ao Marco de Referencia da Competencia Dixital Docente, no que se definen áreas, competencias, etapas, niveis e indicadores de logro. De esta forma é imprescindible:

  • Integrar nas programacións didácticas o uso das tecnoloxías dixitais, de forma creativa, segura e crítica para mellorar a eficacia da práctica docente.

  • Xestionar e coordinar adecuadamente as intervencións didácticas dixitais, asegurando o funcionamento dos dispositivos, recursos e servizos durante a implementación da programación didáctica.

  • Utilizar as medidas e servicios dixitais, cumprindo coas medidas de seguridade e protección de datos, para mellorar a interacción individual e colectiva co alumnado, dentro e fora das sesións de aprendizaxe.

  • Seleccionar a utilizar tecnoloxías dixitais seguras para mellorar a aprendizaxe do alumnado a través da colaboración.

  • Proporcionar estratexias ao alumnado para utilizar as tecnoloxías dixitais de comunicación e cooperación co fin de enriquecer os procesos de aprendizaxe e desenvolver a súa capacidade de aprender a aprender entre iguais.

  • Utilizar as tecnoloxías dixitais para favorecer no alumnado a metacognicións, a través da reflexión sobre a propia aprendizaxe e o desenvolvemento de accións para mellorar a aprendizaxe.

  • Utilizar as tecnoloxías dixitais para atender as diferenzas entre o alumnado, garantindo os seus dereitos dixitais, de forma que todos poidan alcanzar os obxectivos de aprendizaxe.

 

PROCESO ELABORACIÓN

Para a realización do Plan Dixital, o equipo TIC colexial formado por José Antonio Soutelo Muñoz (Coordinador TIC) ,Ana Isabel Álvarez Alonso (Coordinadora Comunicación) , Ana Collazo Martínez, Lidia Barciela Martínez e Rosa María Rey Coto foi o designado polo Centro para esta tarefa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

1. Descrición xeral acerca da infraestrutura dixital do centro: conectividade, infraestruturas de voz e de datos (conexións cableadas e sen fíos).

  • Conectividade Wi-Fi en todo o Centro. Acceso a Internet con conextión alámbrica e inalámbrica de calidade.

2. Equipamento dispoñible e identificación dos usos segundo as seguintes categorías: aulas dixitalizadas, proxecto E-Dixgal, equipos de xestión e administración, uso na biblioteca, equipos para uso nas salas de profesorado e departamentos, equipos ultraportátiles para aula móbil, aulas de informática e dotacións para proxectos específicos.

  • Lousas Dixitais en todas as aulas dende EI ata a ESO
  • Chromebooks para traballar en cooperativo, con acceso a Internet.
  • Dúas aula de informática de 25 postos cada unha.
  • Ordenadores Abalar (obsoletos) nun curso de EP.

3. Servizos dixitais educativos: servizos corporativos ou non corporativos que facilitan a xestión docente (páxina web do centro, aula virtual, Agueiro, E-Dixgal, espazoAbalar, Abalarmóbil,…).

  • Páxina web de Centro www.maristastui.org
  • Aula Virtual Moodle: http://aula.tui.maristascompostela.org/
  • Comunicación e Xestión: Plataforma Globaleduca.
  • Presentica en RRSS: Twitter e Facebook.
  • Intranet Sharepoint: dependente da plataforma de comunicación.
  • Edelvives Dixital: recursos dixitais para o ensino.
  • Microsoft 365 e ferramentas asociadas.
  • Google Workspace Plus e ferramentas asociadas.

4. Xestión do mantemento do equipamento do centro.

  • Sistemas de Incidencias Tenolóxicas
  • No Drive colexial, con acceso a todo o persoal, hai un espazo para notificar as incidencias tecnolóxicas, chegando un aviso á Administración e a Equipo de Mantemento do Centro.

5. Enlaces a protocolos do centro relacionados coas TIC (Plan de continxencia, por exemplo).

  • Plan de Protección de Datos e Ciberseguridade:
  • Todos os aspectos relacionados coa seguridade na rede e contrasinais seguras, e protocolos correspondentes:
  • Plan de Incidencias.
  • Plan Estratéxico Colexial.
  • Base de datos Provincial de Formación.
  • Plan Ecosocial: economía circular, aforro enerxético e sostenibilidade dos consumibles.

En anexos dispoñemos de toda a información recollida no informe SELFIE e no test CDD

Interno
29 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Mellorar o xeito de compartir as experiencias de aprendizaxe colaborativo online. Alumnado Si
Debilidade Non uso de Software Libre. Alumnado Non
Debilidade Mellorar a participación e colaboración do alumnado na práctica da ensinanza-aprendizaxe. Alumnado Si
Debilidade Uso pouco responsable, por parte do alumnado, das TIC, sobre todo das RRSS. Alumnado Si
Debilidade Non uso de Software Libre. Familias Non
Debilidade Baixo nivel de competencia dixital no manexo da plataforma de comunicación. Familias Non
Debilidade Complexidade da realidade educativa. Persoal docente Non
Debilidade Falta de tempo para preparar actividades innovadoras en horario escolar. Persoal docente Si
Debilidade Deixar de utilizar Moodle en favor de Classroom. Persoal docente Non
Debilidade O sistema de avaliación debe mellorar para que o alumnado sinta que a avaliación é persoal e auténtica. Persoal docente Non
Debilidade Baixo nivel de competencia dixital no manexo de ferramentas dixitais nunha parte do persoal de administración y servicios, sobre todo limpieza. Persoal non docente Non
Fortaleza Uso responsable, por parte do profesorado, das novas tecnoloxías. Alumnado Non
Fortaleza Correos electrónicos institucionais con aulas virtuales para todo alumnado do centro. Alumnado Non
Fortaleza Resolución de dúbidas ás familias sobre o manexo da plataforma de comunicación, as aulas virtuais¿ e colaboración con trámites electrónicos de becas. Familias Non
Fortaleza Infraestructura adecuada, fiable e segura que permite e facilita o empleo de prácticas innovadoras de ensinanza-aprendizaxe e avaliación. Infraestruturas Non
Fortaleza Chromebooks para traballar en cooperativo, con acceso a Internet. Infraestruturas Non
Fortaleza Lousas Dixitais en todas as aulas dende EI ata a ESO. Infraestruturas Non
Fortaleza Servicio interno e externo para atender as diferentes situación que poidan acontecer Infraestruturas Non
Fortaleza Dúas aula de informática de 25 postos cada unha. Infraestruturas Non
Fortaleza Acceso a Internet con conextión alámbrica e inalámbrica de calidade. Infraestruturas Non
Fortaleza Ordenadores a disposición do profesorado. Infraestruturas Non
Fortaleza Xestión de servicios complementarios de centro a través da plataforma de comunicación. Oferta Non
Fortaleza Estructura de unidades compartidas en Drive vinculadas aos correos institucionales que favorecen a comunicación e traballo en rede. Organización de centro Non
Fortaleza Plataforma de Comunicación Dixital entre familia e colexio. Persoal docente Non
Fortaleza Trato familiar e cercano tanto coas familias como co alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado está en constante formación para adaptarse ás necesidades do alumnado e á evolución da tecnoloxía. Persoal docente Si
Fortaleza Claustro moi estable. Persoal docente Non
Fortaleza Plataforma de Comunicación Dixital entre familia e colexio. Persoal non docente Non
Fortaleza Correos electrónicos institucionais para a comunicación interna. Persoal non docente Non
29 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Moita burocracia. Administración educativa Non
Ameaza Que o cambio metodolóxico pase de ser unha boa práctica educativa a ser unha moda. Lexislación Non
Ameaza Cambio de lei educativa ou modificacións ao longo do mesmo curso. Cambios normativos importantes sen tempo para a reflexión. Lexislación Non
Oportunidade Incentivo para a mellora da calidade educativa. Administración educativa Si
Oportunidade Boa relación e actitude de colaboración na mellora de recursos do centro. ANPA Non
Oportunidade Administración educativa interesada no seu desenvolvemento. Lexislación Non
Oportunidade Posibles subvencións para a dixitalización no marco das axudas europeas. Outras Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pescudas pertinentes a través do SELFIE e do TCDD e analizados os resultados que presentan os informes de ambas as dúas probas, xunto coa reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do PDC e o conxunto do Claustro, obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES (Nivel Interno) e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS (Nivel Externo) que aparecen recollidas no presente Análise DAFO. Esta observación é froito dunha revisión inicial de tipo CUANTITATIVO establecendo unhas prioridades que pasan a continuación por un filtro CUALITATIVO que identifica as PRIORIDADES que atenderemos en distintas TEMPORALIZACIÓNS. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN de ACCIÓN, convertendo os items en OBXECTIVOS que trataremos de acadar ó longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes ACCIÓNS. Todo isto recollerase na pestana seguinte (Obxectivos).

A nosa análise DAFO indícanos que debemos mellorar en:

  • Formación do profesorado en:
    • Falta de tempo para preparar actividades innovadoras en horario escolar.
    • Deixar de utilizar Moodle en favor de Classroom.
    • Complexidade da realidade educativa.
    • O sistema de avaliación debe mellorar para que o alumnado sinta que a avaliación é persoal e auténtica.

 

  • Formación do noso alumnado:
    • No uso de Software Libre.
    • Mellorar a participación e colaboración do alumnado na práctica da ensinanza-aprendizaxe.
    • Mellorar o xeito de compartir as experiencias de aprendizaxe colaborativo online.
    • Uso pouco responsable, por parte do alumnado, das TIC, sobre todo das RRSS.


 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Dotar do equipamento estipulado polo catálogo TIC para o noso centro.
O02PD Fomentar o comportamento responsable, seguro e crítico coa información obtida en Internet.
O03PD Secuenciar os procesos de aprendizaxe e dixitalización do alumnado
O04PD Promover o uso das TAC
O05PD Mellorar a Competencia Dixital Docente do profesorado (Software útil / Preparación de actividades)

Seguimento

Procedemento

A avaliación do Plan corre a cargo do Equipo TIC e do Equipo Directivo.

Para a avaliación do mesmo, contarase coa información que lle sea facilitada polo Equipo Directivo, os titores e a CCP.

Os aspectos a valorar na avaliación procesual, que se realizará como mínimo tres veces ao ano, incluirán:

  • estado da execución das accións
  • a análise e valoración dos resultados, e, de ser o caso,
  • modificacións das accións, e
  • propostas de mellora

 

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao remate do curso, na avaliación final, que se realizará unha vez a o ano, incluiranse os seguintes aspectos:

  • valoración do logro dos obxectivos.
  • propostas de mellora.

Esta avaliación final servirá, para informar ao Claustro de Profesores e ao Consello Escolar, da evolución dos obxectivos programados para o curso, para a redacción da Memoria Anual do Equipo TIC e tamén para o desenrolo de novas propostas para o novo Plan Anual TIC, que se realiza cada curso.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

No contexto do Plan de Comunicación Colexial, o Equipo de Comunicación velará para que as accións acometidas no Plan Dixital sexan coñecidas por medio das RRSS do Centro.

Ademáis temos que ter ne conta:

  • A presentación ao Consello Escolar na última reunión do curso actual.
  • A CCP e ao ED como corresponsables da dinamización do plan entre o profesorado, a través das reunións de claustros e de etapas, así como de Equipos de Traballo.
  • O Plan Dixital será público na seguinte ligazón que proporciona a aplicación Educalidade https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36019876