Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O seguimento das actuacións establecidas no plan farase trimestralmente en reunión do Equipo de Dinamización do Plan Dixital. Asemade a coordinadora do PDC reunirase tamén co responsable ADIX e o Equipo Directivo alomenos unha vez por trimestre e rexistrará os avances na aplicación Educalidade.
Reunión co coordinador ADIX. 10/10/23. Sesión inicial de toma de contacto. Revísase a documentación na aplicaicón Educalidade. Solicítase a incorporación dun estado "borrador" para o actual plan dixital que se está revisando. Netes momento os plans están en aberto e visibles para todo o mundo, sen figurar que é un documento suxeito a revisión.
Reunión co coordinador ADIX. 16/01/24. Revisamos accións feitas ata agora e grado de cumplimento do Plan así como o rexistro dese seguimento na aplicación Educalidade. Infórmase da publicidade entre a Anpa para abrir o uso de Polos creativos ás familias.
Reunión co coordinador ADIX. 07/05/24. Revisamos accións feitas ata agora e grado de cumplimento do Plan así como o rexistro dese seguimento na aplicación Educalidade. Detalles recollidos na acta correspondente.
Avaliación
A avaliación procesual do presente PD levarase a cabo trimestralmente, por parte do equipo do Plan Dixital, en colaboración cos coordinadores Abalar e E-Dixgal e a dirección do centro, tendo en conta o plan de seguimento marcado no punto 3.1 do presente documento, no que se valorarán as accións desempregadas, a valoración dos resultados obtidos e as propostas de mellora de cara a vindeiros cursos.
A avaliación final sumativa farase no final do curso académico 2023-24, para a que se terán en conta os indicadores de obxectivo e os valores previstos para cada un deles, sinalados no punto 3.1 do presente documento. Esta avaliación será realizada por parte do equipo do Plan Dixital, e colaboración coa dirección do centro, e será presentada tanto no claustro final de curso coma no consello final de curso.
OBXECTIVOS ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- INDICADORES
O01PD Mellorar o comportamento seguro en redes sociais e internet. - ----------------------------------------------------------------- Porcentaxe do alumnado que coñece os perigos de internet e mellora o seu uso responsable a través da realización de tarefas que buscan transmitir os valores dun uso seguro.
O02PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na aula.------------------------------------------------------------- Nº de recursos dixitais creados polo profesorado participante no PFPP.
O03PD Optimizar o Polo Creativo. --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- Nº obradoiros feitos en Polos Creativos.
O04PD Optimizar Aula Virtual: Doc Acollida a profesorado e familias/ Repositorio recursos/ Proxectos de centro. ----------- Nº de novos cursos na AV.
OBXECTIVOS ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- INDICADORES
O01PD Mellorar o comportamento seguro en redes sociais e internet. - Porcentaxe do alumnado que coñece os perigos de internet e mellora o seu uso responsable a través da realización de tarefas que buscan transmitir os valores dun uso seguro. 45% de alumnado do total da ESO.
O02PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na aula. Nº de recursos dixitais creados polo profesorado participante no PFPP. Proxectos sobre RV: 2; Videos:6, Radio: 2 cuñas publicitarias, Robótica: 3 obradoiros, Manexo do equipamento de Polos: 1 curso aberto na aula virtual
O03PD Optimizar o Polo Creativo. Nº obradoiros feitos en Polos Creativos: 12
O04PD Optimizar Aula Virtual: Doc Acollida a profesorado e familias/ Repositorio recursos/ Proxectos de centro. Nº de novos cursos na AV. : departamentos: 126, Eq directivo: 4, Ciclos: 16, Polos C: 1
Acadar a consecución dos obxectivos marcados no presente PDC. Establecer calendario de reunións do equipo de P.D. Revisar utilidades e necesidades de recursos dispoñibles en aberto na Aula Virtual.
Crear "grupos de expertos" en diferentes temáticas dixitais para unha aprendizaxe "entre iguais" entre o profesorado ( impresión 3D, video, radio, costura, corte láser, etc).
Difundir no comenzo de curso os traballos feitos e ver as novas posibilidades de cara ao seguinte ano académico.
Estudar as necesidades de formación e de recursos no ambito das TIC´s con especial atención ao novo profesorado.
Potenciar o emprego da utilidade Abalarbox por todo o claustro como espazo para compartir recursos.
Elaboración de modelos de formularios acordes coa lei de protección de datos.
Incorporar prácticas educativas de manexo seguro das ferramentas de IA de acorde a lexislación europea.
Comunicación e difusión
Unha vez elaborado o PDC pasará polos órganos colexiados do centro para a súa validación. Este documento presentarase a todo o Claustro e será aprobado polo Consello Escolar
-
O plan dixital será público na seguinte ligazón que proporciona a aplicación EduCalidade: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36019751.
-
Na páxina web do centro e na Aula Virtual faremos accesible esta ligazón.
-
Informarase ás familias a través da aplicación Abalar Móbil.