Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Reunións mensuais do Equipo do Plan Dixital
Obxectivo 1
O01PD Fomentar a formación continua do profesorado na competencia dixital | En proceso
Accións
AO01.1PD Detección de necesidades de formación do profesorado | En proceso
AO01.2PD Difusión de actividades TIC | En proceso
AO01.3PD Formación sobre medios, ferramentas TIC | Iniciado
Obxectivo 2
O02PD Fomentar o desenvolvemento da competencia dixital no alumnado/familias | Programado
Accións
AO02.1PD Formación sobre a xestión de medios e uso de ferramentas TIC. Redes sociais. | Programado para o segundo/terceiro trimestres
Obxectivo 3
O03PD Realizar un inventario do equipamento, mantemento e actualización de infraestruturas TIC | Programado
Accións
AO3.1PD Realización dun inventario dos equipos TIC do conservatorio | Programado para o segundo trimestre
Obxectivo 1
O01PD Fomentar a formación continua do profesorado na competencia dixital | En proceso
Accións
AO01.1PD Detección de necesidades de formación do profesorado | En proceso
AO01.2PD Difusión de actividades TIC | En proceso
AO01.3PD Formación sobre medios, ferramentas TIC | En proceso
Obxectivo 2
O02PD Fomentar o desenvolvemento da competencia dixital no alumnado/familias | Programado
Accións
AO02.1PD Formación sobre a xestión de medios e uso de ferramentas TIC. Redes sociais. | Programado para o terceiro trimestre
Obxectivo 3
O03PD Realizar un inventario do equipamento, mantemento e actualización de infraestruturas TIC | Programado
Accións
AO3.1PD Realización dun inventario dos equipos TIC do conservatorio | Programado para o terceiro trimestre
Obxectivo 1
O01PD Fomentar a formación continua do profesorado na competencia dixital | Acadado
Accións
AO01.1PD Detección de necesidades de formación do profesorado | Realizada
AO01.2PD Difusión de actividades TIC | Realizada
AO01.3PD Formación sobre medios, ferramentas TIC | Realizada
Obxectivo 2
O02PD Fomentar o desenvolvemento da competencia dixital no alumnado/familias | Acadado
Accións
AO02.1PD Formación sobre a xestión de medios e uso de ferramentas TIC. Redes sociais. | Realizada parcialmente
Obxectivo 3
O03PD Realizar un inventario do equipamento, mantemento e actualización de infraestruturas TIC | Acadado parcialmente
Accións
AO3.1PD Realización dun inventario dos equipos TIC do conservatorio | Realizada parcialmente
Avaliación
Seguimento continuo, ao longo de curso, do grao de cumprimento dos obxectivos do Plan Dixital para avaliar o plan e introducir posibles modificacións ou propostas de mellora (avaliación procesual). A través de cuestionarios ao profesorado, índice de participación nas actividades de formación e análise a través dos diferentes órganos de goberno do centro. Avaliación do grao de execución das accións, análise e valoración de resultados.
Cada departamento poderá recoller na Memoria do curso as súas reflexións e/ou propostas de mellora.
A formación en Competencia Dixital Docente (CDD) foi un dos obxectivos clave do Plan Dixital no curso 2023/24. As accións dirixidas ao profesorado valóranse como satisfactorias segundo o feedback recibido, así como o interese e a participación do mesmo na actividade de formación en paneis dixitais interactivos organizada dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado do centro en colaboración co CFR de Pontevedra.
Conclúese que a tecnoloxía educativa tivo un impacto positivo na aula xa que especialmente nas materias grupais teórico-prácticas, pero tamén nas individuais, empregáronse medios, aplicacións e recursos educativos dixitais no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Polo tanto, valórase como satisfactoria a incidencia da tecnoloxía na aula, o que contribúe ao desenvolvemento da competencia dixital do alumnado.
O obxectivo relacionado co Inventario foi acadado parcialmente. Actualmente, o centro conta cun inventario por aulas que se actualiza cada ano. Prevese que para o curso que vén se poida facer un seguimento do mesmo unha vez estea activa a aplicación Inventario en Educalidade.
Para o curso 2024/25 proponse unha continuidade das accións desenvoltas este ano:
- accións orientadas á mellora da competencia dixital do profesorado e do alumnado, incidindo no ámbito dos recursos educativos dixitais
- desenvolvemento de melloras nos espazos dixitais do centro, co obxectivo de seguir dinamizando a información e ampliar as prestacións
Comunicación e difusión
A comunicación e difusión do Plan Dixital realízase a través da páxina web do centro.