Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
- Reunión periódicas cos responsables das diferentes accións postas en marcha para actualizar indicadores, especialmente a través das reunións de claustro e consello escolar.
- Facer seguimento no plan dixital cos cambios detectados.
- Tomar medidas correctoras para aquelas incidencias que xurdan.
Trataremos os dous primeiros apartados como cuadrimestres, tal e como establece a organización do noso centro.
Avaliación
Avaliación procesual: realizarase a finais do primeiro cuadrimestre. Valorarase o estado da execución das accións, os resultados e, se fora necesario, as posibles modificacións das accións e propostas de mellora. Concretarase nunha enquisa global de necesidades para toda a comunidade educativa, é dicir, profesorado, alumnado e PAS.
Avaliación final: realizarase ao remate do curso escolar. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora, así como a planificación do Plan Dixital para o curso 2025-2026 no eido da formación do profesorado (en colaboración coa coordinación FPROFE).
Comunicación e difusión
A información principal relativa ó plan dixital estará dispoñible na páxina web do centro. As informacións máis detalladas, como os protocolos de uso e xestión dos equipamentos, empregarán a aula virtual moodle para a súa consulta, así como para a comunicación das aportacións e suxerencias que poidan xurdir por parte da comunidade educativa. En certos casos poderán empregarse as redes sociais da ESCRBCG para a difusión dos principais resultados e experiencias de éxito.
Haberá reunións específicas coa comunidade educativa para a comunicación e difusión do plan. Para o caso do profesorado, estas reunións serán principalmente canalizadas a través das reunións de claustro, aínda que tamén poderán realizarse reunións con departamentos específicos no caso de ser necesario, especialmente no referido ó uso da base de datos e certos equipamentos específicos. Para alumnado e PAS, a difusión do plan será obrigatoriamente a través dos consellos escolares pero, dependendo do desenvolvemento das enquisas, poderán programarse reunións opcionais específicas con estes grupos.