Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A situación xeográfica de Chapela na ría de Vigo e o seu relevo accidentado, caracterizado por unha acusada pendente que baixa ata o mar, condicionaron o desenvolvemento da localidade e a infraestrutura viaria.Trátase dunha zona cunha densa ocupación demográfica (cun censo de máis de 7300 habitantes).É unha vila mariñeira con empresas familiares e un pequeno porto pesqueiro, sen embargo gran parte da veciñanza acode a traballar á cidade de Vigo (situada moi preto).

En xeral, o nivel sociocultural e económico das familias é maioritariamente de tipo medio-baixo.A localidade dispón de diferentes recursos comunitarios, centro de saúde, auditorio. multiusos con biblioteca, un pavillón polideportivo, unha escola municipal de música, unha oficina de servizos sociais comunitarios, un centro de deportes acuáticos con piscina e un porto deportivo.Conta cunha forte rede de asociacións veciñais, culturais e deportivas que ofrecen un amplo catálogo de actividades entre as que sobresaen o balonmán, o remo, o fútbol e a música tradicional.

O IES de Chapela comezou o seu funcionamento no 1991, Ao redor de 1100 persoas estudan aquí. Un terzo nas ensinanzas de ESO e Bacharelato, e dous terzos na Formación Profesional das familias profesionais de sanidade e de servizos á comunidade, en réxime ordinario, modular e distancia.

  • CM Farmacia e Parafarmacia (ordinario e modular)
  • CS Dietética (ordinario e distancia)

  • CS Documentación Sanitaria (só en réxime ordinario)

  • CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia (ordinario e modular)

  • CS Educación Infantil (ordinario e distancia)

  • CS Integración Social (só en réxime de distancia).

O financiamento do centro nútrese das achegas da Administración autonómica e do Fondo Social Europeo.

Ten un ANPA que se implica e colabora co centro.

O centro desenvolve nestes momentos un Plan Proxecta: Meteoescolas.

Participamos ademais en dous contratos programa: Inclúe, Innova.

O PFPP deste curso ten tres liñas diferenciadas, unha de creación de contidos dixitais, outra de participación nun programa llamado Polos Creativos e otra para mellorar a convivencia do centro: Prácticas Restaurativas.

O IES de Chapela está incluído dende o 2021 no PLAMBE e desenvolve ademais un Club de lectura. Na Programación Xeral Anual do curso 23/24 o Plan Dixital contribuirá a mellorar a competencia dixital docente do profesorado e do alumnado, mellorará e organizará a infraestrutura dixital do centro e proporá a creación de novos espazos onde toda a comunidade educativa poida desenvolver traballos prácticos relacionados coas competencias STEM.

Polo cambio dixital que está sufrindo a sociedade e pola normativa vixente xorde a necesidade de elaborar o Plan Dixital do noso centro. Nel quedarán reflectidos os recursos tanto materiais como humanos, a organización deses recursos, e tamén establecerá as necesidades futuras para optimizar o seu uso.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os resultados do SELFIE, os do test de CDD e a nosa experiencia desempeñando diferentes cargos dentro do centro, como docentes, como coordinadoras TIC e como membros do equipo directivo.

Interno
43 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado con NAE ten escaso acceso a tecnoloxías asistenciais Alumnado Non
Debilidade O alumnado de Bacharelato non emprega tecnoloxías dixitais na aula. Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia dixital. Alumnado Non
Debilidade Falta de confianza ante o uso da tecnoloxía para o aprendizaxe. Familias Non
Debilidade O alumnado de BACH non adoita traer o seu propio dispositivo á clase. Familias Non
Debilidade Baixa competencia dixital. Familias Non
Debilidade Incidencias técnicas repetidas coa conexión wifi Infraestruturas Non
Debilidade Resolución de incidencias técnicas Infraestruturas Non
Debilidade Non existen Ciclos Formativos relacionados coa rama da tecnoloxía dixital. Oferta Non
Debilidade O baixo número de alumnos na etapa de BACH dificulta a configuración de grupos nas materias optativas relacionadas coa tecnoloxía. Oferta Non
Debilidade Non existe uniformidade nas características do software instalado nos equipos. Organización de centro Non
Debilidade Non existe asistencia técnica inmediata no centro. Organización de centro Non
Debilidade Pouco debate sobre o emprego das tecnoloxías do proceso de ensino-aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade Pouca implicación en proxectos interdisciplinares que empregan tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Non existe un proceso de avaliación dos progresos do persoal docente no emprego das tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Pouca retroalimentación no proceso de avaliación empregando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Pouca valoración das habilidades dixitais do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado non dispón de tempo para explorar como mellorar o seu método de ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Inseguridade ante novos retos relacionados coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade A metodoloxía de ensino en Bacharelato non fomenta o emprego de tecnoloxías dixitais na aula. Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado pode atopar a información que precisa na web do centro. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado de ESO dispón de ordenador portátil para o seu uso na casa e no centro. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado de FP ten a posibilidade de empregar o seu propio equipo na aula. Alumnado Non
Fortaleza Disposición favorable da aprendizaxe empregando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado non precisa empregar software privativo para o proceso de ensino aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza Existen canles de comunicación entre as familias e o centro. Familias Non
Fortaleza Emprego de plataformas en liña que permiten ás familias facer un seguimento do proceso de ensino-aprendizaxe. Familias Non
Fortaleza Aulas dixitais en todas as etapas (proxector, ordenador e pantalla). Infraestruturas Non
Fortaleza Sala de profesores con ordenadores para uso docente. Infraestruturas Non
Fortaleza Conexión wifi en todo o centro, con acceso para o alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza Implantación de EDIXGAL en toda a ESO. Infraestruturas Non
Fortaleza Departamentos con ordenadores para uso docente. Infraestruturas Non
Fortaleza Ofértanse materias optativas relacionadas coas tecnoloxías dende 2 ESO ata 2 BACH Oferta Non
Fortaleza Existe un Ciclo Formativo na modalidade a distancia, que emprega tecnoloxías de ensino dixital. Oferta Non
Fortaleza O centro emprega como canle de comunicación coa comunidade educativa a aplicación Abalar. Organización de centro Non
Fortaleza O centro difunde información de interese a través da páxina web. Organización de centro Non
Fortaleza O centro emprega tecnoloxías dixitais para difundir información entre o profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza O equipo directivo incentiva e apoia a implantación do ensino dixital. Persoal docente Non
Fortaleza O claustro conta co apoio do equipo directivo para a formación continua do profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado busca e crea recursos dixitais para reforzar a súa labor docente. Persoal docente Non
Fortaleza Existen plans de formación dixital no propio centro, dentro do PFPP. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado emprega tecnoloxías dixitais para a comunicación. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado emprega contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Non
43 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Carga horaria do profesorado. Administración educativa Non
Ameaza Excesiva burocracia. Administración educativa Non
Ameaza Alta taxa de profesorado non definitivo en Ciclos Formativos. Administración educativa Non
Ameaza Demasiadas tarefas administrativas que restan tempo ás pedagóxicas. Administración educativa Non
Ameaza Inseguridade ante a efectividade do método por parte das familias ANPA Non
Ameaza Escaso coñecemento das ferramentas dixitais por parte das familias. ANPA Non
Ameaza Currículos demasiado extensos. Lexislación Non
Ameaza Desfase entre a aplicación e a introdución no currículo das materias específicas de novas tecnoloxías. Lexislación Non
Ameaza Cambios normativos continuos. Lexislación Non
Ameaza Falta de difusión ao profesorado de pautas claras da aplicación da lexislación de protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade Existencia de tecnoloxías dixitais que apoian o ensino e a aprendizaxe. Administración educativa Non
Oportunidade Existencia da plataforma de préstamo de contidos E-LBE.2. Administración educativa Non
Oportunidade Oferta de actividades formativas. Administración educativa Non
Oportunidade A administración educativa aposta pola incorporación do ensino dixital Administración educativa Non
Oportunidade Existen achegas económicas na etapa de ESO. Administración educativa Non
Oportunidade Boa relación entre o centro e a ANPA. ANPA Non
Oportunidade Emprego da páxina web do centro e da aplicación Abalar para a difusión e comunicación entre as familias. ANPA Non
Oportunidade O alumnado dispón de dispositivos dixitais fóra do centro. ANPA Non
Oportunidade Proximidade a centros de estudo superiores relacionados coas tecnoloxías. Contorna Non
Oportunidade Existencia de biblioteca municipal con infraestrutura dixital e conexión a internet gratuíta. Contorna Non
Oportunidade Proximidade a zonas empresariais con alto desenvolvemento tecnolóxico. Contorna Non
Oportunidade Oferta de materias específicas relacionadas coas TIC. Lexislación Non
Oportunidade Adaptación do enfoque dos currículos ás novas tecnoloxías. Lexislación Non
Oportunidade Oferta por parte da UVIGO de actividades relacionadas coas TIC. Outras Non
Oportunidade Oferta por parte de múltiples empresas e entidades de actividades en liña relacionadas coas TIC. Outras Non
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O Plan de Acción establécese tendo en conta os recursos materiais e humanos dos que dispomos no centro no momento da elaboración do Plan Dixital, xuño de 2022.

Fíxanse os obxectivos en función das debilidades e fortalezas reflectidas no análise DAFO.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Enriquecer os cursos da Aula Virtual/EDIXGAL con actividades interactivas
O02PD Empregar os libros de cualificación na AV/EDIXGAL
O03PD Participar no programa educativo Polos creativos
O04PD Intercambiar experiencias dixitais con centros da contorna.

Seguimento

Procedemento

Farase un seguimento trimestral analizando que obxectivos se acadaron e que accións foron realizadas ou en que porcentaxe de execución están adiantadas. Se xa existen resultados estes estudaranse por se hai que rectificar e mellorar algo no proceso antes de finalizar o curso.

Todos os membros do equipo dixital disporán dunha reunión mensual para organizar o seguemento e a avaliación, e convocarase mínimo unha reunión trimestral para concretar os pasos a seguir.

Os resultados da avaliación procesual serán presentados na CCP, establecendo esta apartado na convocatoria da reunión, que como mínimo, será unha por trimestre.

1º Trimestre

Explico de forma resumida,  o que fomos traballando nas distintas liñas de traballo do noso plan:

Enriquecer os cursos da Aula Virtual/EDIXGAL con actividades interactivas : Nesta liña estase traballando. Ao comezo do curso nótase que a xente preguntaba dúbidas para comezar a facer a súa aula virtual pero a medida que avanzamos no curso a xente xa non pregunta e o que sabe facer o utiliza e as cousas novas só o grupo de profesorado que está formándose.

Empregar os libros de cualificación na AV/EDIXGAL: fixemos unha formación e agora montaron os trimestres restantes.

Participar no programa educativo Polos creativos: Fixemos dúas reunións para perfilar posibles proxectos nos que estamos traballando e ver cómo aproveitar o material que chegará de polos.

Intercambiar experiencias dixitais con centros da contorna.Fixemo o día da Ciencia en Galego e convidamos a todolos centros de primaria para presentar os traballos so noso alumnado, traballos que fixeron desde as distintas materias científicas. Convidamos tamén ao medios de comunicación e sacáronnos no Faro de Vigo.

2º Trimestre

Na liña de creación de Contidos o pequeno grupo de profesoras de FP seguen formándose e creando material para a súa aula virtual.

En Polos a xente comeza a estar un pouco cansa porque o material non chega.

Abren o préstamos de préstamos de material e decidimos pedir a radio escolar.

Preguntan polo noso interese en formarnos en algunha das liñas de Polos e os participantes do Plan dubidan entre son e vídeo. Finalmente gana Edición de Vídeo.

 

3º Trimestre

Na Creación de Contidos non teñen previsto seguir xa que a maioría non son definitivas do centro. Xurde a idea de deixalo material na Aula Virtual do Centro para aquelas persoas interesadas.

En Polos recibimos a formación na liña de Edición de Vídeo e creo un curso co material facilitado e co material que me prpporcionan na formación de coordinadores de Polos para que todo o mundo poida acceder a él.

Este ano dende Igualdade faise unha semaniña enteira falando galego e aquel alumnado participante que entregou as tarefas que pediron vai co resto dos IES de Redondela a un concerto na Alameda.

No terceiro trimestre temos o noso famoso Maratón das Letras Galegas cos centros de primaria de Chapela na que participan todos.

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

En xeral os obxectivos cumpríronse notablemente na parte de creación de contidos e avaliación en aulas virtuais.

Na parte referente a Polos non se acadaron os obxectivos por falta de material.

Na parte de experiencias da contorna, trabállase nalgunha cousas de forma conxunta pero non temos un espazo lóxico onde intercambiar experiencias.

 

 

Proposta de mellora

En xeral teríamos que intentar que participara máis profesorado en proxectos de centro xa que eu creo que moito profesorado animaríase se estiveran máis traballados .

Este ano o profesorado implicouse moito coa radio escolar e comprobou que se poden facer moitas cousas así que o vindeiro curso esperemos poder contar con unha e metela na programación de certas materias e ter a máis profesorado na liña de Polos para intentar traballar máis en equipo.

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez presentado o Plan Dixital ante o claustro e aprobado polo Consello Escolar, éste publicarase no menú da secretaría da páxina Web do centro https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36019566. Trátase dun documento que será revisado e actualizado periodicamente para adaptarse ás necesidades da comunidade educativa, polo que calquera actualización do mesmo será tamén publicada na web do centro. Así mesmo comunicarase ás familias calquera modificación mediante a mensaxería de Abalar.

As persoas integrantes do equipo do Plan Dixital xunto co Equipo Directivo serán as encargadas de facer as publicacións dos documentos e da súa difusión a toda a comunidade educativa.