Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

A economía de Bueu mira fundamentalmente ao mar, que intenta compaxinar cunha discreta actividade agropecuaria, turismo de temporada e outras actividades de administración e servizos en xeral. A pesca artesanal, o marisqueo a flote e os cultivos mariños en batea integran as principais actividades.

As actividades relacionadas co mar coexisten coa actividade agrícola (policultivo e minifundismo), coa gandería e a explotación forestal. As actividades pesqueiras solápanse, á vez, coa industria e os servizos. No concello, aséntanse diversas empresas ligadas ao sector do automóbil, ao sector madeireiro, da construción, algunha granxa gandeira, instalacións vitivinícolas e outros, que dan ocupación a unha parte da poboación activa.

A vila de Bueu acolle tres centros de Primaria, un centro da ESO, un concertado con primaria e secundaria e un de ESO, Postobrigatoria e adultos.

A finalidade do centro educativo é que o alumnado aprenda, se forme e se desenvolva como individuo da sociedade na que vive. En consecuencia, a propia organización  do centro vai mellorando a través da súa práctica e da reflexión sobre ela, así como das relacións que establece coa súa contorna.

O Proxecto Educativo de Centro é o documento institucional que establece o marco e obxectivos xerais nos que se vai a desenvolver a acción educativa. É precisamente neste documento no que o Plan Dixital de Centro encaixa no seu nivel máis amplo, de tal xeito que ambos documentos están en total consonancia e o segundo completa ó primeiro. Entre os obxectivos que se atopan recollidos explicitamente no Proxecto Educativo de Centro, ós que contribúe directamente o Plan Dixital, atópanse:

  • Fomentar o uso nas distintas áreas dos medios audiovisuais e informáticos, potenciando o uso das novas tecnoloxías.
  • Obter e seleccionar información utilizando as diferentes fontes nas que esta se atopa, tratala de forma autónoma e crítica, e transmitila de maneira organizada e intelixible.
  • Utilizar estratexias de identificación e resolución de problemas nos diversos campos de coñecemento e de experiencia, mediante procedementos intuitivos e de razoamento lóxico, contrastándoas e reflexionando sobre o proceso seguido.
  • Coñecer e valorar o desenvolvemento científico e tecnolóxico, as súas aplicacións e a incidencia no medio físico e social.
  • Utilizar con solvencia e responsabilidade as TICs.
  • O uso responsable e funcional dos medios informáticos.

Breve xustuficación.

Tal e como se recolle na Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, o uso xeneralizado das tecnoloxías de información e comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá acelerou cambios profundos na comprensión da realidade e na maneira de comprometerse e participar nela, nas capacidades para construír a propia personalidade e aprender ao longo da vida, na cultura e na convivencia democráticas, entre outros. Este cambio de enfoque require dunha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía, de como este impacto é diferente nas mulleres e os homes e unha reflexión ética acerca da relación entre tecnoloxías, persoas, economía e  medioambiente, que se desenvolva tanto na competencia dixital do alumnado como na competencia dixital docente. En consecuencia, faise necesario que o sistema educativo dea resposta a esta realidade social e inclúa un enfoque da competencia dixital máis moderno e amplo, acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente.

A Lei tamén insiste na necesidade de ter en conta o cambio dixital que se está producindo nas nosas sociedades e que forzosamente afecta á actividade educativa. Polo tanto, o desenvolvemento da Competencia Dixital é clave para que, tanto o profesorado como o alumnado, poidan desenvolverse nos novos escenarios, de maneira que o alumnado poida desenvolver as habilidades e competencias do século  XXI, e o profesorado poida mellorar e modernizar os procesos de ensino-aprendizaxe. É por iso, que todas as accións educativas que leven a cabo nos centros necesitan que se garantan tres piares básicos que conforman un  trinomio indivisible: pedagoxía, tecnoloxía e espazos inspiradores, onde cada elemento só ten sentido pola súa conxunción co resto.

O uso das tecnoloxías dixitais por parte do alumnado require unha adecuada formación en cidadanía dixital para conseguir un bo uso e goce das mesmas, garantindo, por unha banda, un  desenvolvemento pleno, seguro, saudable e responsable e por outro, a protección de datos persoais e os dereitos dixitais propios e alleos. Estes aspectos craves para o desenvolvemento integral do alumnado deben ser tamén obxectivos do plan dixital de centro.

Proceso de elaboración.

Para a elaboración do presente plan dixital seguíronse as directrices dos equipos ADIX e empregáronse as ferramentas postas a disposición dos centros: SELFIE e TCDD. A partires do informe SELFIE e dos resultados do TCDD elabórase un análise DAFO que permite reflexionar sobre a situación da comunidade educativa e elaborar o Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións.

Os obxectivos formúlanse partindo da situación do centro, coa vontade de avanzar. Os obxectivos establécense para un período determinado (preferiblemente o curso, no marco dun plan plurianual) e en colaboración cos órganos de coordinación pedagóxica do centro. Os obxectivos son específicos, realistas e avaliables e un obxectivo fundamental do plan é sempre abordar a fenda dixital existente.

Na concreción das actuacións tense en conta os axentes implicados, os procedementos previstos, os recursos necesarios e os indicadores de logro. As actuacións agrúpanse ó redor dos elementos do Marco Europeo de Organizacións Dixitalmente Competentes.

A planificación temporal marca os fitos necesarios para alcanzar progresivamente os obxectivos de dixitalización do centro.

O plan contempla indicadores de logro para realizar anualmente unha avaliación do progreso do Plan Dixital.

Infraestructura, equipamento e servizos dixitais.

Anexo I

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos empregados para recoller os datos cos que se elaborou o DAFO foron o SELFIE e o test de Competencia Dixital Docente.

No Anexo II recóllense os resultatos obtidos pola comunidade educativa no SELFIE e no test CDD.

Interno
47 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C.13 Traer o propio dispositivo: Falta de equipos de alumnado, carecen de portátiles Alumnado Si
Debilidade H.1 Comportamento seguro: Ausencia de conciencia ó navegar por internet. Alumnado Non
Debilidade H.4 Verificar a calidade da información. Falta de métodos de contraste de la información. Alumnado Non
Debilidade H. 3 Comportamento responsable. Ausencia de coñecemento ante irresponsabilidades. Alumnado Non
Debilidade H.13 Resolver problemas técnicos: Incapacidade de resolución. ESO/BACHARELATO. Alumnado Non
Debilidade H.6 Outorgar recoñecemento ao traballo dos demais: Non saben valorar o traballo grupal. Alumnado Non
Debilidade H.7 Creación de contidos dixitais. Ausencia de coñecementos para impartir esta creación. Alumnado Non
Debilidade H.8 Aprender a comunicarse: Só en canto a redes sociais. Alumnado Non
Debilidade H.11 Aprender a codificar/programar. Ausencia de coñecementos Alumnado Non
Debilidade H.11 Aprender a codificar/programar. Alumnado Non
Debilidade H.10 Habilidades dixitais para diferentes materias: Ausencia de coñecementos e interese. Alumnado Non
Debilidade C.7 Protección de datos: falta de coñecemento para usar métodos que faciliten o acceso a esta privacidade. Infraestruturas Non
Debilidade A.1 Estratexia dixital. Inexistencia dun plan no centro e falta de interese. Organización de centro Non
Debilidade A.3 Novas modalidades de ensino. Falta de formación dixital como parte fundamental na organización do centro e de apoio ao profesorado. Organización de centro Non
Debilidade B.4 Sinerxías para o ensino e o aprendizaxe a distancia. Organización de centro Non
Debilidade A.2 Desenvolvemento da estratexia co profesorado. Inexistencia dunha colaboración co profesorado na implantación desta estratexia. Organización de centro Non
Debilidade C.11 Fenda dixital. Organización de centro Non
Debilidade C.16 Bibliotecas en liña. Insuficiencia de estes mecanismos no centro. ESO/BACHARELATO. Organización de centro Non
Debilidade A.4 Tempo para explorar o ensino dixital. Falta de coordinación e colaboración para organizar tempo de dedicación á tecnoloxía. Organización de centro Si
Debilidade C.12 Fenda dixital: Apoio para abordar dificultades. Falta de mecanismos de solución ante problemas dixitais. Organización de centro Non
Debilidade D.2 Participación no DPC: Pouca participación nos cursos de formación en novas tecnoloxías. Persoal docente Non
Debilidade E.4 Comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Si
Debilidade F.1 Adaptación ás necesidades do alumnado: Polo excesivo número de alumnos non se lles presta atención ás súas necesidades individuais. Persoal docente Si
Debilidade F.3 Fomento da creatividade: Nivel baixo dentro do uso das tecnoloxías na meirande parte por falta de tempo nas programacións. Persoal docente Si
Debilidade B.1 Avaliación do progreso: O profesorado non avalía o progreso no uso tecnolóxico. Persoal docente Non
Debilidade D.1 Necesidades de DPC. Persoal docente Non
Debilidade E.2 Creación de recursos dixitais: O profesorado non accede a esta creación de recursos por falta de tempo no seu horario e falta de coñecementos. Persoal docente Si
Debilidade F.4 Implicación do alumnado: Falta de materiais dixitais que motiven ós alumnos. Persoal docente Non
Debilidade G.3 Retroalimentación axeitada. Persoal docente Non
Debilidade B.2 Debate sobre o uso da tecnoloxía: Non se xera este debate entre profesorado nin entre departamentos na CCP. Persoal docente Non
Debilidade D.3 Intercambio de experiencia: Non se fan no centro, falta de coordinación entre departamentos e con axentes externos á comunidade educativa. Persoal docente Non
Debilidade F.5 Colaboración do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade F.6 Proxectos interdisciplinares: Falta de uso de proxectos entre departamentos. Persoal docente Si
Debilidade G.5 Autorreflexión sobre o aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade G.6 Comentarios a outros alumnos sobre o seu traballo. Persoal docente Non
Debilidade G.7 Avaliación dixital. Non se usa nun porcentaxe elevado. Persoal docente Non
Debilidade G.10 Avaliación das capacidades desenroladas fora do centro. FORMACIÓN PROFESIONAL. Persoal docente Non
Debilidade E.5 Recursos educativos abertos: Úsanse en porcentaxe moi baixo polos docentes. Persoal docente Si
Debilidade G.1 Avaliación das capacidades: Se seguen usando métodos tradicionais e non dixitais pola falta de formación adecuada dos mesmos. Persoal docente Non
Debilidade G.8 Documentación do aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade F.8 Orientación profesional. Persoal docente Non
Debilidade G.9 Emprego de datos para a mellora do aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza H.8 Aprender a comunicarse. Alumnado Non
Fortaleza H.10 Habilidades dixitais para diferentes materias. Alumnado Non
Fortaleza H.15 Habilidades para a cualificación profesional. Alumnado Non
Fortaleza E.1 Recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza E.3 Emprego de contornas virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Non
47 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C.2 Dispositivos dixitais para o ensino: Insuficiente o número de dispositivos no centro. Administración educativa Non
Ameaza C.8 Dispositivos dixitais para a aprendizaxe: Insuficientes aulas de informática e equipos informáticos. Administración educativa Non
Ameaza C.1 Infraestrutura. Insuficiente rede tecnolóxica no centro. Administración educativa Non
Ameaza C.5 Asistencia Técnica. Falta de recursos para acceder a esta asistencia de modo profesional externa. Administración educativa Non
Ameaza A.6 Participación das empresas na estratexia. Falta de una relación recíproca coas empresas da zona para colaboración permanente. Administración educativa Non
Ameaza C.10 Dispositivos dixitais para o alumnado. Insuficiencia de equipamentos informáticos. Administración educativa Non
Ameaza A.5 Normas sobre os dereitos de autor e licenzas de uso. Dificultade de acceso as licenzas, por falta de recursos económicos. Administración educativa Non
Ameaza C.3 Acceso a Internet: Dificultades de conexión. Administración educativa Non
Ameaza C.15 Tecnoloxías asistenciais. Escasos recursos asistencias para o alumnado con N.E.E. Dificultade de acceso a internet. Apoio técnico inexistente. ESO/BACHARELATO. Administración educativa Non
Ameaza C.10 Dispositivos para o alumnado. Escaseza de equipos informáticos nas aulas, só o do profesor e só dúas aulas de informática. FORMACIÓN PROFESIONAL. Administración educativa Non
Ameaza C.17 Base de datos de provedores de formación. Inexistencia de base de datos pola dificultade desde o ámbito privado empresarial e pouca colaboración da administración educativa nesta colaboración. Administración educativa Non
Ameaza D.4 Oportunidades de DPC. Falta de formación e dificultade para acceder ás sesións durante o curso. Falta de tempo. Falta de utilidade na DPC. Administración educativa Non
Ameaza C.14 Espazos físicos. Limitación de espazos para novas aulas de informática e espazos dixitais. Lexislación Non
Oportunidade B.3 Colaboracións: Capacidade para colaborar con outras entidades a través de medios dixitais aínda que poderán mellorarse. Outras Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Os resultados anteriores do DAFO determinados polos aspectos interno e externo, e dentro de cada un destes, polo tipo de elementos, fortalezas e debilidades (internos) e ameazas e oportunidadades (externos) chaman á relexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir deles deséñase o Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear e usar recursos dixitais polo profesorado (Desenvolvemento profesional).
O02PD Desenvolvemento e creación de contidos no EVA E-Dixgal (Prácticas de ensino e aprendizaxe).
O03PD Incrementar o número de proxectos interdisciplinares no centro (Prácticas de ensino e aprendizaxe).

Seguimento

Procedemento

O seguimento do Plan Dixital conta cos seguintes procedementos:

  • Unha avaliación procesual que se realizará como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • Unha avaliación final ao finalizar o curso académico. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
  • O estado da avaliación quedará reflectido no seguimento das acción que se pode facer na pestana Obxectivos.
  • Nos seguintes despregables farase a avaliación de seguimento trimestral do Plan Dixital e incluiranse as actas das reunións co ADIX como anexos e por períodos trimestrais.

 Os contidos do Plan Dixital son accesibles ao público mediante Educalidade. Ademais, os equipos directivos poden compartir a ligazón do Plan Dixital, unha vez presentado no Claustro e aprobado polo Consello Escolar, na páxina web do centro.

1º Trimestre

En canto ao Obxectivo 1 (Crear e usar recursos dixitais polo profesorado), están en desenvolvemento as accións 1.1 e 1.2 mediante o establecemento de grupos de traballo para a actualización das ferramentas dixitais. Tamén estase a cumprir a acción 1.3 mediante a creación de recursos no curso habilitado na aula virtual. A listaxe do profesorado inscrito nesta liña do plan de formación figura no Anexo III, así como as produccións individuais do profesorado participante (Anexo V).

En canto ao Obxectivo 2 (Desenvolvemento e creación de contidos no EVA-EDIXGAL), está en desenvolvemento a acción 2.1 mediante a participación do profesorado nun seminario para a elaboración de recursos educativos en E-Dixgal. A listaxe do profesorado inscrito nesta liña do plan de formación figura no Anexo III. Ademais está en funcionamento a acción 2.2 coa creación de contido e recursos en E-Dixgal por parte do profesorado de 1º ESO. (Anexo VI).

En canto ao Obxectivo 3 (Incrementar o número de proxectos interdisciplinares no centro), o acondicionamento da aula destinada ao proxecto de Polos Creativos, así como a montaxe dos equipamentos, levada a cabo durante o inicio do curso (setembro-outubro) permitirá o desenvolvemento das accións incluídas neste obxectivo. Para facilitar a consecución das accións, en particular da 3.1, está dispoñible na aula virtual do centro un curso para que o profesorado publique as programación didácticas dos departamentos e facilitar a súa consulta á hora de poñer en funcionamento os proxectos interdisciplinares. (Anexo VII).

No Anexo IV figura a acta de reunión do primeiro trimestre, con data do 29 de setembro de 2023.

2º Trimestre

En canto ao Obxectivo 1 (Crear e usar recursos dixitais polo profesorado), completouse a acción 1.1 cun curso de formación de 20 h para a creación de recursos dixitais na aula virtual e a acción 1.2 mediante o establecemento de grupos de traballo para a actualización das ferramentas dixitais a partir das actividades propostas no curso creado na aula virtual. A acción 1.3 ten continuidade ao longo do curso mediante a creación e publicación de contidos na aula virtual.

En canto ao Obxectivo 2 (Desenvolvemento e creación no EVA-EDIXGAL), continúan as accións 2.1 e 2.2 mediante a formación do profesorado e a creación e publicación de contidos no EVA-EDIXGAL.

En canto ao Obxectivo 3 (Incrementar o número de proxectos interdisciplinares no centro), as accións 3.1 e 3.2 quedan completadas coa creación na aula virtual dun curso para favorecer a elaboración de proxectos e un curso para a publicación e consulta das programacións didácticas dos departamentos. A acción 3.3 estase a levar a cabo mediante o desenvolvemento dos proxectos relacionados coa convocatoria de Art for Change. 

No Anexo VIII figura a acta de reunión do segundo trimestre, con data do 15 de xaneiro de 2024.

3º Trimestre

En canto ao Obxectivo 1 (Crear e usar recursos dixitais polo profesorado), completáronse as tres acción e acadouse o indicador establecido coa creación de máis dun recurso por cada un dos compoñentes inscritos na liña PFFP.

En canto ao Obxectivo 2 (Desenvolvemento e creación no EVA-EDIXGAL), non se acadou o valor establecido para a creación de recursos no EVA-EDIXGAL. O cumprimento da acción 2.1 foi satisfactorio, pero a acción 2.2 non foi completada coa creación de contidos e recursos.

En canto ao Obxectivo 3 (Incrementar o número de proxectos interdisciplinares no centro), completáronse as tres accións e o indicador establecido. O número de proxectos interdisciplinares acadados superou o valor obxectivo establecido.

No Anexo IX figura a acta de reunión do terceiro trimestre, con data do 17 de abril de 2024.

No Anexo X figura a acta de reunión final, con data do 29 de maio de 2024.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de avaliación consistirá na valoración dos seguintes apartados do seguimento do Plan Dixital:

  • Unha avaliación procesual que se realizará como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • Unha avaliación final ao finalizar o curso académico. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
  • O estado da avaliación quedará reflectido no seguimento das acción que se pode facer na pestana Obxectivos.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Valoración xeral

Os obxectivos fundamentais do Plan Dixital son o uso de tecnoloxías dixitais na aprendizaxe a través do desenvolvemento da competencia dixital do profesorado e a mellora do desenvolvemento da competencia dixital do alumnado.

Para o curso 2023/2024 propuxéronse tres obxectivos:

- Crear e usar recursos dixitais polo profesorado (Obxectivo 1).

- Desenvolvemento e creación de contidos no EVA E-Dixgal (Obxectivo 2).

- Incrementar o número de proxectos interdisciplinares no centro (Obxectivo 3).

Os obxectivo 1 trata de desenvolver a competencia dixital do profesorado e, mediante o uso das tecnoloxías dixitais empregadas, mellorar a competencia dixital do alumnado. Cos obxectivos 2 e 3 preténdese mellorar a competencia dixital do alumnado e do profesorado a través da participación nos distintos proxectos que se aborden ao longo do curso.

O obxectivo 1 (Crear e usar recursos dixitais polo profesorado), considérase acadado ao cumprirse as tres accións que definen este obxectivo, tal e como figura no seguimento das accións no apartado Obxectivos. É recomendable manter este obxectivo para o seguinte curso co fin de potenciar o uso destes recursos polo profesorado que encontra dificultades no manexo dos recursos dixitais e polo profesorado de nova incorporación. Ademais, o uso destes recursos favorece o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado.

O obxectivo 2 (Desenvolvemento e creación de contidos no EVA E-Dixgal), non acadou o valor establecido, xa que non se cumpriu a acción AO2.2, tal e como figura no seguimento das accións no apartado Obxectivos, impedindo a consecución do valor establecido como indicador do obxectivo. Tendo en conta que no curso 2023/2024 foi implantado este plan, faise precisa a continuidade deste obxectivo ao longo do vindeiro curso coa finalidade de permitir un afondamento nas accións establecidas, xa que o número de profesorado implicado será maior ao incluír os grupos de 1º ESO e 2º ESO.

O obxectivo 3 (Incrementar o número de proxectos interdisciplinares no centro), valórase como acadado e realizadas as tres accións deste obxectivo, co cumprimento das accións establecidas no apartado Obxectivos. Os proxectos realizados para a convocatoria anual Art for Change e o uso do espazo Polos Creativos favoreceron o desenvolvemento deste obxectivo cunha participación activa do profesorado e do alumnado implicado.

 

Este obxectivo xa fora conseguido o curso anterior e propúxose un aumento no número de proxectos para a consecución do obxectivo.

O desenvolvemento satisfactorio deste obxectivo e a implicación tanto do profesorado como do alumnado neste tipo de proxectos fai recomendable a súa continuidade no Plan Dixital.

 
 
 
 
 
 
Proposta de mellora

Na valoración final considérase o mantemento dos tres obxectivos traballados ao longo do curso 2023/2024. As accións correspondentes a estes obxectivos poderían incluír modificacións. En particular, as accións correspondentes ao Obxectivo 2, coa implicación do profesorado no uso dos contidos facilitados polo EVA E-Dixgal e na creación de recursos propios, co fin de acadar o valor establecido no Plan Dixital.

O traballo de obxectivos xa tratados permitiría a inclusión de novos obxectivos para o vindeiro curso.

Como propostas de novos obxectivos pódense ter en conta as seguintes posibilidades:

  • Valoración da formación dixital: os contornos virtuais da aula virtual e E-Dixgal favorecen as posibilidades de aprendizaxe de tipo dixital, polo que é recomendable o fomento dunha valoración formativa neste eido. Deste modo, o alumnado e o profesorado poden utilizar os resultados do aprendizaxe para adaptar as súas posibilidades formativas aos coñecementos e destrezas adquiridos.

  • Fomento no uso do servizo de comunicación espazoAbalar para profesorado e centros: o uso dos servizos dixitais para a comunidade educativa permite o emprego de canles de comunicación entre o profesorado e as familias, facilitando a xestión dos tempos na transmisión das informacións. As funcionalidades de mensaxería que ofrece este espazo favorecen o mantemento da privacidade das informacións intercambiadas, así como a prontitude das noticias transmitidas.

Xunto coas propostas de mellora nas accións do Obxectivo 2 e as propostas de inclusión de dous novos obxectivos, o centro contará para o vindeiro curso con paneis dixitais interactivos nas aula da ESO. Ademais, a páxina web do centro vai ser actualizada á versión Drupal 9.0.

 
 
 
 
 
 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia ou protocolo para a publicidade e difusión do Plan Dixital entre toda a comunidade educativa farase:

  • A través da páxina Web do centro, no que se irán indicando as convocatorias para os diferentes plans de actuación.

  • Nas CCP que se reúnan por trimestre, comentando os niveis de alcance de cada un dos plans de accións.

  • Nos claustros , ídem CCP.