Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución
  • Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente.

Este Plan dixital pretende ser unha concreción do espírito da ley orgánica 2/2006, de 3 de maio, no seu artigo 111 bis.

Desde o IES A Basella velaremos polo acceso de todos os estudantes aos recursos dixitais necesarios, para garantir o exercicio do dereito á educación de todos os nenos e nenas en igualdade de condicións. En todo caso, as tecnoloxías da información e a comunicación e os recursos didácticos axustaranse á normativa reguladora dos servizos e sociedade da información e dos dereitos de propiedade intelectual, concienciando no respecto dos dereitos de terceiros.

  • Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo.

Características socioeconómicas.

A economía de Vilanova de Arousa baséase no aproveitamento da riqueza do litoral, por un lado, e mais na agricultura, por outro. A única industria relevante que existe está relacionada coa actividade pesqueira.

Destaca tamén como fonte de riqueza o turismo, relacionado coas praias e os espazos naturais protexidos.

Personaxes relenates de Vilanova forono escritor Ramón Ma del Valle Inclán e os irmáns Francisco e Julio Camba, destacados xornalistas do século pasado.

Incardinación e contribución do Plan Dixital ao Proxecto Educativo.

O Plan Dixital persegue fundamentalmente o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensino-aprendizaxe nos distintos plans e programas do centro: Proxecto eDixgal, KA220-SCH-386DAB29 “Designing inclusive spaces at school”, Proxecto Polos Creativos.

Contribución do Plan Dixital á Programación Xeral Anual do curso 23/24.

O plan dixital contribuirá de tres formas principais á PXA:

-Todas as materias teñen cursos tanto no EVA edixgal (ESO) como na aula virtual (bacharelato) proporcionando un entorno robusto que posibilita  practicar unha metodoloxía mixta .

-Potenciarase e farase  un seguimento da coavaliación e autoavaliación entre o alumnado e da avaliación dixital por parte do profesorado.

-As diferentes materias elaborarán traballos e actividades  que  inclúan  dinámicas  e mecanismos para a  produción e utilización de contidos en rede a creación de  espazos  para visualizar  eses  contidos, accións para promover ou seu uso e a acción de  compartilos dentro e fóra do centro.

  • Proceso de elaboración.

Tivéronse en conta as ferramentas SELFIE, CDD e DAFO. Unha vez recollida toda a información dispoñible pasáronse a detallar os obxectivos e accións xunto á súa secuenciación, tal e como se encontran na táboa da páxina 8 do documento Anexo (Plan Dixital)

Tras a avaliación do plan de acción 22/23 mantivéronse as accións non acadadas ou parcialmente acadadas

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

As fontes empregadas para a elaboración do  DAFO e a posterior obtención dos obxectivos do Plan de acción para o curso 22-23 foron: O informe Selfie e o Test de Competencia Dixital Docente (TCDD)

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Pouca dotación en computadoras en Bacharelato. 2. Falta de coordinación en traballo de competencias dixitais. Alumnado Si
Debilidade 1. Non existe un protocolo de atención dixital para o alumnado NEE en caso de necesidade. 2. Non hai un protocolo de actuación (préstamo) de dispositivos dixiais para o alumnado de Bacharelato cando sexa necesario. Infraestruturas Si
Debilidade 1. Falta de tempo efectivo para a exploración do ensino dixital. Oferta Si
Debilidade 1. Falta de definición dun protocolo claro de metodoloxía dixital común. 2. Falta de formación e sensibilización en licenzas e protección de datos para o uso axeitado en clase. 3. Falta de protocolos claros de avaliación dixital, detección de fenda dixital e BYOD (trae o teu propio dispositivo) en bacharelato. 3. A colaboración con outras institucións. Organización de centro Si
Debilidade 1. Falta de tempo efectivo para a exploración de metodoloxías no ensino dixital. 2. Avaliación e coavaliación do alumnado con tecnoloxías dixitais levando un rexistro axeitado do progreso do ensino por parte do alumnado. 3. Fomento da participación do alumnado de Bacharelato en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza 1. Boa dotación en computadoras, infraestruturas dixitais e acceso a internet. 2. Edixgal incrementou a competencia dixital do alumnado. Alumnado Si
Fortaleza 1. Boa dotación en computadoras na ESO. 2. Bo acceso a internet na ESO. 3. Boa infraestrutura e dispositivos xerais para o ensino. 4. Resolución de problemas de forma áxil. Infraestruturas Si
Fortaleza 1. Hai interese por parte do claustro pola renovación metodolóxica e o ensino dixital. Oferta Si
Fortaleza 1. Boa dotación. 2. Uso de recursos dixitais. 3. Oferta formativa axeitada e ¿exible aos intereses do profesorado. 4. Bo clima de convivencia no claustro Organización de centro Si
Fortaleza 1. Hai oferta suficiente para a formación do profesorado co apoio do equipo directivo. 2. Uso de recursos dixitais propios ou libres. Persoal docente Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Exceso de carga horaria. 2. Exceso de burocracia. 3. A formación do profesorado é fora do horario lectivo. Administración educativa Si
Ameaza 1. Fenda dixital das familias. 2. Falta de control parental no uso da rede por parte do alumnado. ANPA Si
Ameaza 1. Limitacións da contorna e horarios do transporte público. 2. Falta de sensibilización a excesos de uso da rede por parte do alumnado. 3. Pouca predisposición das familias a participar nas actividades do centro. Contorna Non
Ameaza 1. Cambios lexislativos recorrentes. 2. Necesidade de formación e sensibilización nas licenzas dixitais. Lexislación Si
Ameaza 1.Sinerxias para o ensino e a aprendizaxe a distancia na ESO. Outras Si
Oportunidade 1. Plan LÍA da Biblioteca Escolar. 2. Participación no programa de innovación educativa polos creativos. Administración educativa Si
Oportunidade 1. Programa E-Elbe para que pais e nais poidan ler fondos da biblioteca de xeito dixital. ANPA Non
Oportunidade 1. Escola de pais/nais para reducir a fenda dixital da contorna. Contorna Non
Oportunidade 1. Erasmus+ Outras Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1 PD Mellorar a atención do alumnado en Bacharelato para reducir a fenda dixital das familias
O2 PD Implementar prácticas de autorreflexión de xeito dixital sobre o proceso de ensino-aprendizaxe.
O3 PD Desenvolver prácticas de autoavaliación e coavaliación de xeito dixital sobre o proceso de ensino-aprendizaxe.
O4 PD Coordinación do traballo departamental no ensino das competencias básicas dixitais .

Seguimento

Procedemento

O Plan Dixital vixente do centro redactouse no curso 2021 - 2022, Tras a realización do cuestionario SELFIE do que se obtivo un gráfico DAFO e elixíronse os obxectivos do Plan de Acción do curso pasado (2022 - 23) no que aparecían reflectidos catro obxectivos principais:

Obx1 - Mellorar a atención do alumnado en Bacharelato para reducir a fenda dixital das familias. Propónse seguir con este obxectivo un ano máis para incorporalo como un protocolo máis de centro.

ACTIVIDAD: Realizar a enquisa na segunda quincena de setembro todos os cursos académicos. NOTA: Pode incluirse na carpeta de titores de principio de curso. 

Obx2 - Implementar prácticas de autoreflexión de xeito dixital sobre o proceso de ensino-aprendizaxe.

Obx3 - Desenvolver prácticas de autoevaluación e coavalición de xeito dixital sobre o proceso de ensino-aprendizaxe.

Estes obxectivos non se levarona cabo até o final do curso pasado, neste faremos fincapé na necesidade de incidir neste tipo de práctica e dinamizar as prácticas de autoreflexión ligadas ao PAT (Plan de Acción Titorial) e á práctica docente. Estás prácticas están ligadas ao obxectivo 4, do que faremos unha revisión generailizada da concreción curricular do centro e como se traballan as competencias dixitais que conducen ao perfil dixital de saída do alumnado. Unha vez feito isto poderemos expor as técnicas de avaliación e coavaliación.


Obx4 - Coordinación de traballo departamental no ensino das competencias básicas dixitais.

Cos resultados da enquisa feita o curso pasado que amosan, en xeral, que moitos departamentos traballan nas competencias dixitais básicas ao longo de toda a etapa da ESO propónse seguir con este obxectivo un ano máis, afondando nel, traballando criterios comúns á hora de entregar os traballos en formato dixital. Faremos un seguimento nas CCPs do curso.

 

 

 

 

1º Trimestre

Obxectivo 1. Acadado. Baseandonos na Táboa do Plan de Acción do Plan Dixital de Centro para obxectivo 1 da páxina 20 podemos dicir que está desenvolvido, tras as enquisas de principio de curso, os computadores para atender ao alumnado con necesidades de Bacharelato están preparados e as posibles necesidades cubertas. Nota. Engadimos Anexo Obxectivo 1 no apartado de Anexos.

Obxectivo 2 e 3. Pendente. Baseandonos na Táboa do Plan de Acción do Plan Dixital de Centro para obxectivos 2 e 3 da páxina 21 e 22 os obxectivos están pendentes, á espera do desenvolvemento do obxectivo 4.

Obxectivo 4. Parcialmente realizado. Estamos en proceso de elaboración dun mapa de procedementos dixitais que traballen os descriptores do perfil dixital de saída dun alumno na ESO. Nas dúas primeiras CCP do curso expúxose a necesidade de traballalo, cun exemplo do departamento de Tecnoloxía e no momento actual se está a traballar nos departamentos. 
 

  

2º Trimestre

Obxectivo 1. Acadado desde o primeiro trimestre.

Obxectivo 2 e 3. Pendente. Baseandonos na Táboa do Plan de Acción do Plan Dixital de Centro para obxectivos 2 e 3 da páxina 21 e 22 os obxectivos están pendentes, á espera do desenvolvemento do obxectivo 4.

Obxectivo 4. Parcialmente realizado. Tras o traballo na CCP, onde se puido facer un resumo das distintas achegas dos departamentos, elaborarase un recurso de consulta tanto para o alumnado como para o profesorado no que se vexan exemplos concretos que se usan para desenvolver a competencia dixital dos alumnos no noso centro. O documento base para o traballo é o seguinte: Achegas ao perfil de saída dos departamentos.

3º Trimestre

Obxectivo 1. Acadado desde o primeiro trimestre.

Obxectivo 2 e 3. Para avaliar estes obxectivos, despois de presentar o recurso "Perfil de saída do alumnado na ESO" (ver obxectivo 4), pasouse aos departamentos a seguinte enquisa: "Enquisa de asvaliación dixital".

A avaliación e comparación dos resultados cos obtidos hai dous anos na enquisa SELFIE farase a final de curso no apartado de "avaliación".

Obxectivo 4. Parcialmente acadado. 

Desenvolveuse e presentou na CCP o seguinte recurso que relaciona o PLE (Contorna persoal de aprendizaxe) do alumnado da ESO, coa competencia dixital de saída.

Este recurso ten a vocación de converterse en referencia, tanto para profesorado como para alumnado, da relación que existe entre as aplicacións da maqueta dos portátiles do alumnado, as actividades que se poden facer para desenvolver a competencia dixital e as normas comúns que se lle piden ao alumnado para a elaboración das devanditas actividades para a consecución dos obxectivos. 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao finalizar o curso farase unha avaliación do plan e o conseguinte axuste do Plan de Acción
coas propostas de mellora para o curso seguinte.

Valoración xeral

En conclusión:

Obxectivo 1. Acadado desde o primeiro trimestre.

Obxectivo 2 e 3. Acadado no ano en curso.


Para avaliar estes obxectivos, despois de presentar o recurso "Perfil de saída do alumnado na ESO" (ver obxectivo 4), pasouse aos departamentos a seguinte enquisa: "Enquisa de avaliación dixital".

Despois de ver os resultados, podemos indicar que  polo menos catro departamentos utilizan, a lo menos algunhas veces, técnicas de avaliación dixital no alumnado, polo que podemos concluír que estes obxectivos están conseguidos.

Obxectivo 4. Parcialmente acadado. 

Desenvolveuse e presentou na CCP o recurso que relaciona o PLE (Contorna persoal de aprendizaxe) do alumnado da ESO, coa competencia dixital de saída.

Este recurso ten a vocación de converterse en referencia, tanto para profesorado como para alumnado, da relación que existe entre as aplicacións da maqueta dos portátiles do alumnado, as actividades que se poden facer para desenvolver a competencia dixital e as normas comúns que se lle piden ao alumnado para a elaboración das devanditas actividades para a consecución dos obxectivos. 

Valoración

Os obxectivos 1, 2 e 3 vanse incorporando á práctica docente curso a curso, co que o ano próximo debemos seguir aplicando estes procedementos e tentando conseguir os obxectivos.

 

Proposta de mellora

En canto ao obxectivo catro, débese traballar dunha forma máis dinámica cun grupo de traballo e cunha representación variada de departamentos.
 

Temos o seguinte escenario a partir do próximo curso:

  • PISA 2025 vai avaliar a competencia dixital. (Fonte INEE.  Ademais, en cada ciclo explórase unha competencia innovadora, como a resolución colaborativa de problemas, en 2015, a competencia global, en 2018, o pensamento creativo, en 2022, ou a de aprender nun mundo dixital en PISA 2025.) 
  • Desde a Xunta están a potenciar as probas de certificación de competencia dixital
  • Chega novas dotacións para as clases (posible formación en centro)
  • Hai novo contratos de libros edixgal e recursos libres cREAgal (posible formación en centro)

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital estará dispoñible na web do centro para a súa consulta pública, nesta ligazón. Aínda así, difundirse nos distintos colectivos que compoñen a comunidade educativa da seguinte forma:

Alumnado

Dar a coñecer nas primeiras sesións do curso:

  • Normas de funcionamento e recursos técnicos que se atopan á súa disposición.
  • Obxectivos e contidos que se traballarán para o desenvolvemento da competencia dixital: Integración do uso das TICs nas programacións das materias.
  • Formación inicial para o uso das plataformas educativas nos cursos-niveis iniciais da ESO:

O  meu  caderno  TIC.

Profesorado

Dar a coñecer nas primeiras sesións do claustro:

  • Normas de funcionamento e recursos técnicos que se atopan á súa disposición.
  • Normas de uso de instalacións e recursos.
  • Información de actualizacións nas plataformas dixitais.
  • Información de modificacións do Plan dixital respecto ao curso anterior.

Benvida  TIC

Familias

Das a coñecer nas primeiras reunións xerais de pais e nais:

  • Normas  de  funcionamento  e  recursos  técnicos  que  se  atopan  á  disposición do alumnado.
  • Obxectivos e contidos que se traballarán para o desenvolvemento da competencia dixital no proceso de ensino do alumnado.
  • Ferramentas de comunicación co profesorado.
  • Riscos e condutas de risco na internet.