Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Para a elaboración deste Plan Dixital creouse un grupo de traballo dentro dunha liña específica de formación do PFPP 21-22 deseñado no centro. Dito grupo estivo formado por varios membros do claustro que representan todos os sectores organizativos do centro: dirección, persoal docente e distintos equipos de dinamización do centro.

A metodoloxía empregada para acadar os obxectivos consistiu na realización dunha secuencia didáctica en cinco pasos: Análise individual, reflexión conxunta, deseño, revisión e mellora.

Partindo dunha análise individual e unha posta en común, planificáronse e elaboráronse as diferentes fases do Plan dixital seguindo as pautas de traballo establecidas polo equipo Adix de referencia. Este deseño levouse ao claustro para a súa avaliación incorporando as propostas ao deseño final.

De seguido se indica o articulado concreto dos Decretos autonómicos no que se recolle a obriga de inclusión do PD no Proxecto Educativo (para cada unha das ensinanzas):

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte: 

“Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a realización do informe DAFO empregamos distintas ferramentas de análise. En primeiro lugar, empregamos a información das diferentes áreas do informe SELFIE que recollemos na seguinte táboa.

Interno
47 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C8 Dispositivos dixitais para o aprendizaxe . Alumnado Si
Debilidade H4. Verificar a calidade da información. Alumnado Si
Debilidade H3. Comportamento responsable. Alumnado Si
Debilidade H1. Comportamento seguro. Alumnado Si
Debilidade H11. Aprender a codificar o programa. Alumnado Non
Debilidade H13. Resolver problemas técnicos. Alumnado Non
Debilidade H6. Outorgar recoñecemento ó traballo dos demais. Alumnado Si
Debilidade H7. Creación de contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade H8. Aprender a comunicarse. Alumnado Si
Debilidade C3 Acceso a internet Familias Si
Debilidade C1 Infraestruturas. Infraestruturas Si
Debilidade C5 Asistencia técnica. Infraestruturas Si
Debilidade C7 Protección de datos. Infraestruturas Si
Debilidade C8 Dispositivos dixitais para o aprendizaxe. Infraestruturas Si
Debilidade C2 Dispositivos dixitais para o ensino. Infraestruturas Si
Debilidade C5 Asistencia técnica. Organización de centro Si
Debilidade C14. Espazos físicos. Organización de centro Si
Debilidade C12. Brecha dixital: apoio para abordar retos. Organización de centro Si
Debilidade C15. Tecnoloxías asistenciais. Organización de centro Non
Debilidade B1. Avaliación do progreso. Persoal docente Si
Debilidade B3. Colaboracións. Persoal docente Si
Debilidade E2. Creación de recursos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade E5. Recursos educativos abertos. Persoal docente Si
Debilidade F3, Fomento da creatividade . Persoal docente Si
Debilidade F5. Colaboración do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade F6. Proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Debilidade F1. Adaptación ás necesidades do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade F4. Implicación do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade G1. Avaliación das necesidades. Persoal docente Si
Debilidade G5. Autoreflexión sobre a aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade E2. Creación de recursos dixitais. Persoal non docente Non
Debilidade F4. Implicación do alumnado. Persoal non docente Non
Debilidade F5. Colaboración do alumnado. Persoal non docente Non
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino Familias Non
Fortaleza C3 Acceso a internet Infraestruturas Si
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino Oferta Si
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino. Persoal docente Si
Fortaleza E3. Emprego de contornas virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza E1. Recursos educativos en liña. Persoal docente Si
Fortaleza E4. Comunicación coa comunidade educativa . Persoal docente Si
Fortaleza B2. Debate sobre o uso da tecnoloxía. Persoal docente Si
Fortaleza D2. Participación no DPC. Persoal docente Si
Fortaleza D3. Intercambios de experiencias. Persoal docente Si
Fortaleza D1. Necesidades de DPC. Persoal docente Si
Fortaleza G3. Retroalimentación adecuada. Persoal docente Si
Fortaleza D3. Intercambios de experiencias. Persoal non docente Non
Fortaleza E1. Recursos educativos en liña. Persoal non docente Non
47 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C2 Dispositivos dixitais para o ensino Administración educativa Non
Ameaza C5 Asistencia técnica. Administración educativa Non
Ameaza C12. Brecha dixital: apoio para abordar retos Administración educativa Non
Ameaza Falta de dispoñibilidade horaria por demasiada carga lectiva Administración educativa Non
Ameaza C1 Infraestruturas Administración educativa Non
Ameaza Non existe ANPA ANPA Non
Ameaza C8 Dispositivos dixitais para o aprendizaxe Contorna Non
Ameaza Alumnado con familias con nivel socioeconómico medio baixo Contorna Non
Ameaza C3 Acceso a internet Contorna Non
Oportunidade Realización de diversos PFPP, cunha aceptable participación do profesorado destinado no Centro Administración educativa Non
Oportunidade E1. Recursos educativos en liña Administración educativa Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
1. Lograr que o profesorado empregue dispositivos dixitais para o ensino (Dispositivos dixitais de aula, ordenadores Edixgal, dispositivos Polos Creativos, Tablets, etc)
2. Crear un aula de audiovisuais a través da participación no programa de Polos Creativos
3. Crear grupos de traballo para mellorar as competencias dixitais
4. Lograr que o alumnado sexa capaz de ter un comportamento seguro e responsable empregando as TIC
5. Mellorar os dispositivos dixitais das aulas de referencia.
6. Lograr que o profesorado, que participa en Polos creativos e no PFPP do centro, cree recursos educativos abertos e adaptados ao grupo, especialmente para o alumnado NEAE.
7. Elaborar rúbricas que permitan a avaliación de necesidades e a auto reflexión sobre a aprendizaxe
8. Lograr que as familias empreguen dispositivos dixitais para comunicarse e que teñan formación sobre un uso responsable das TIC e de resolución de problemas técnicos sinxelos.
9. Actualizar o inventario de dispositivos dixitais do Centro de acordo á nova plataforma de inventariado proporcionada pola Xunta.

Seguimento

Procedemento

No Plan Dixital do IES Chano Piñeiro recóllense os indicadores que permitan a avaliación anual do Plan Dixital de Centro e das actuacións para levalo a cabo. O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será o seguinte:

-    No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

-    No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos, a efectividade das accións deseñadas e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Revisión pormenorizada do Plan Dixital atendendo ás liñas de acción que teñen prazo de execución neste trimestre.

OBX1. Á espera da implantación de Edixgal, se pospón o prazo para o 2º trimestre

OBX2. Creada a aula de audiovisuais ao aveiro da dotación de POLOS CREATIVOS. Á espera da realización do PFPP sobre Polos Creativos, se pospón para o 2º trimestre, para coñercer necesidades de equipamento.

OBX3. Se están a realizar as convocatorias de participación nos PFPP deste curso, se pospón o prazo para o 2º trimestre.

OBX4. Se está en contacto co profesorado que imparte os contidos relacionados coas TIC.

OBX5. O coordinador TIC está a actualizar o software tanto dos equipos existentes como dos novos portátiles Edixgal. Estamos á espera da recepción de portátiles para o profesorado Edixgal, da instalación de Pantallas táctiles nas clases e da recepción de novos portátiles de aula.

OBX6. Aténdese este obxectivo dende o planeamento xeral do PFPP.

OBX7. Se pospón para o 2º Trimestre.

OBX8. Acadado. As familias están a utilizar a canle de comunicación de Abalar Móbil.

OBX9. Se pospón para o 2º Trimestre, pois a finais do mes de outubro aínda no se habilitou o acceso á plataforma de inventariado.

2º Trimestre

Revisión pormenorizada do Plan Dixital atendendo ás liñas de acción que teñen prazo de execución neste trimestre.

OBX1. Xa se realizou a cesión dos portátiles aos profesores que o solicitaron (entre os que imparten en 1º ESO). Estamos á espera da chegada das pantallas dixitais.

OBX2. Á espera da realización do PFPP sobre Polos Creativos, se pospón para o 3º trimestre, para coñercer necesidades de equipamento.

OBX3. Se segue a realizar o PFPP deste curso, esperar ao 3º trimestre para observar os resultados acadados.

OBX4. Se segue en contacto co profesorado que imparte os contidos relacionados coas TIC.

OBX5. O coordinador TIC está a actualizar o software tanto dos equipos existentes, como dos novos portátiles Edixgal e dos recibidos nas aulas de referencia para conectar coas pantallas dixitais (cando cheguen).

OBX6. Aténdese este obxectivo dende o planeamento xeral do PFPP.

OBX7. Se pospón para o 3º Trimestre.

OBX8. Acadado. As familias están a utilizar a canle de comunicación de Abalar Móbil.

OBX9. Se pospón para o 3º Trimestre, pois a finais do mes de marzo aínda non se habilitou o acceso á plataforma de inventariado.

3º Trimestre

Revisión pormenorizada do Plan Dixital atendendo ás liñas de acción que teñen prazo de execución neste trimestre.

OBX1. Chegaron ordenadores novos para a aula de Informática e seguimos á espera da chegada das pantallas dixitais.

OBX2. Para a aula de Polos Creativos, ademais do material de audio e vídeo, se levaron tamén o Escáner 3D e as Gafas de realidade virtual.

OBX3. Rematada a PFPP, se realizou a enquisa final para coñecer os resultados acadados.

OBX4. Traballouse en relación co profesorado que impartiu os contidos relacionados coas TIC.

OBX5. Se segue a manter a actulización do Software por parte do Coordinador TIC e, de ser necesario, solicitando axuda á UAC (que realizou a actualización e instalación en rede da aula de informática).

OBX6. Aténdese este obxectivo dende o planeamento xeral do PFPP.

OBX7. Cada departamento se ocupou de crear as rúbricas necesarias.

OBX8. As familias están a utilizar a canle de comunicación de Abalar Móbil.

OBX9. Aínda non se habilitou o acceso á plataforma de inventariado, seguimos a utilizar o inventariado propio do Centro.

 
 
 
 
 
 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Valoración xeral

Se acadaron os obxectivos esperados, salvo nas seguintes indicacións:

OBX1. Seguimos á espera da chegada das pantallas dixitais (a data prevista de instalación é o mes de agosto). A recepción de novos ordenadores para a aula de informática nos introduce na problemática de adaptar

o espazo ao incremento do número de ordenadores (postos de traballo).

OBX8. Non houberon accións concretas de actualización TIC para as familias.

OBX9. Aínda non se habilitou o acceso á plataforma de inventariado, seguimos a utilizar o inventariado propio do Centro.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Proposta de mellora

Se propoñen as seguintes melloras de cara ao vindeiro curso:

OBX1. Que se realice a instalación das pantallas dixitais (a data prevista de instalación é o mes de agosto). Que se adapte a aula de informática á recepción de novos ordenadores e á necesidade de incrementar o espazo (postos de traballo).

OBX2. Sacarlle o máximo partido á aula de Polos Creativos, realizando tarefas específicas da materia e multidisciplinares.

OBX8. Realización de accións concretas de actualización TIC para as familias (a pesar da desvantaxe de non existir ANPA no noso Centro).

OBX9. Que a Xunta habilite o acceso á plataforma de inventariado.

 
 
 
 
 
 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

PLAN DIXITAL IES CHANO PIÑEIRO

O Plan Dixital do IES Chano Piñeiro estará a disposición de toda a comunidade educativa no propio Centro. Unha vez aprobado, publicitarase por diferentes vías como:

·    Páxina web do IES. Chano Piñeiro

·    Abalar Mobil