Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A elaboración do Plan Dixital do IES de Vilalonga xorde como resposta á necesidade de mellorar a competencia dixital da súa comunidade educativa nun tempo no que tanto diversas actividades e proxectos, como o propio enfoque educativo ou a mesma contorna socioeconómica se ve relacionada coas tecnoloxías da información e da comunicación.

É por iso que o Plan Dixital non pretende ser un documento illado, senón que se atopa directamente interrelacionado con outros proxectos e plans de innovación que se están a desenvolver no instituto. Entre eles, podemos destacar:

  • Os PLANS PROXECTA, entre os que diversos docentes e alumnado traballaron en distintas liñas:

Por 365 días de respecto e igualdade

Xente con Don

Lingua, patrimonio e coñecemento cultural

  • Os CONTRATOS PROGRAMA, con profesorado implicado en:

IGUALA-T

CONVIVE-T

INCLÚE-T

EMOCIONA-T

EDUEMPRENDE

EDUTECEMPRENDE

  • O programa RADIO NA BIBLIO, de Bibliotecas Escolares, que fomenta a colaboración da comunidade educativa dende o equipo de Biblioteca por medio das novas tecnoloxías.

A implementación do Plan Dixital márcase como un dos obxectivos da Programación Xeral Anual do curso 2022/23.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

 

  • SELFIE
  • Test CDD

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Bases de datos. Seguridade. Verificar calidade. Recoñecemento traballo. Comunicarse. Creación contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Acceso a internet. Repositorios en liña. Infraestruturas Non
Debilidade Avaliación progreso e dixital. Debate uso tecnoloxía. Colaboracións. Necesidades DPC. Intercambio experiencias Colaboracións. Proxectos interdisciplinares Comentarios a outros alumnos. Retroalimentación. Autorreflexión. Competencia dixital dispar. Persoal docente Non
Debilidade Intercambio experiencias Persoal non docente Non
Fortaleza Dispositivos dixitais. Responsabilidade. Habilidades dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Novas modalidades ensino Familias Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para o ensino e aprendizaxe. Protección de datos. Asistencia técnica. Infraestruturas Non
Fortaleza Estratexia dixital. Modalidaes ensino. Asistencia técnica. Abordar dificultades fenda dixital. Espazos físicos. Organización de centro Non
Fortaleza Modalidades ensino. Participación DPC. Recursos liña. Creación recursos. Entornos virtuáis. Comunicación comunidade Recursos abertos. Adaptación necesidades. Colaboración/implicación alumnado. Fomento creatividade. Avaliación capacidades. Persoal docente Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Acceso a internet. Infraestructura. Dispositivos dixitais para o ensino. Administración educativa Non
Ameaza Participación empresas. Colaboracións. Bases de datos. Outras Non
Oportunidade Asistencia técnica. Espazos físicos. Administración educativa Non
Oportunidade Normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade Infraestrutura Outras Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE e o Test CDD, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do mesmo no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD MELLORA DA COMPETENCIA DIXITAL DOCENTE BÁSICA (MANEXO DO EQUIPAMENTO)
O02PD MELLORA DA COMPETENCIA DIXITAL DOCENTE BÁSICA (CONEXIÓNS A DISTINTOS TIPOS DE REDES)
O03PD MELLORA DA COMPETENCIA DIXITAL DOCENTE BÁSICA (RECOÑECEMENTO DOS DEREITOS DE AUTORÍA)
O04PD MELLORA DA COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO (RECOÑECEMENTO DOS DEREITOS DE AUTORÍA)

Seguimento

Procedemento

O equipo TIC reúnense unha vez por trimestre

O asesor ADIX fai 2 visitas por trimestre

Os membros do equipo do Plan Dixital acceden a Educalidade para plasmar as actuacións realizadas

1º Trimestre

Cumpríronse os obxectivos no prazo fixado no Plan Dixital. Os procedementos empregados considérase que foron axeitados.

 

2º Trimestre

Cumpríronse os obxectivos no prazo fixado no Plan Dixital. Os procedementos empregados considérase que foron axeitados.

3º Trimestre

Cumpríronse os obxectivos no prazo fixado no Plan Dixital. Os procedementos empregados considérase que foron axeitados.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do plan farase atendendo a dous eixos:

- Con carácter trimestral someteranse a valoración as accións realizadas tendentes a consecución dos obxectivos e de ser o caso os valores acadados dos indicadores de cada un dos obxectivos. No caso de que o valor acadado sexa inferior o previsto, faranse as modificación oportunas das acción a realizar para a consecución do obxectivo.

- Con carácter anual valoraranse a consecución de todos os obxectivos previstos. Aqueles nos que no se acade o valor esperado do indicador deberan ser reformulados tanto dende o punto de vista das acción a realizar como dos indicadores utilizados.

- Finalmente farase unha nova redefinición de obxectivos e accións de mellora tendentes a arranxar outras carencias que foran detectadas no análise DAFO e sobre as que non se incidira no presente curso.

Valoración xeral

Consideramos adecuados os obxectivos iniciais propostos porque o grado de consecución foi satisfactorio.

O apoio do asesor ADIX foi  moi satsifactorio, resolvendo todas as dúbidas plantexadas e mostrando plena disposición para a colaboración.

 

Proposta de mellora

Promover dentro do plan de formación do centro accións destinadas a mellora da competencia do profesorado no uso didactico de MOODLE e EXE-LEARNING.

Actualización do inventario dixital de centro.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do plan farase a través da páxina web do IES de Vilalonga dentro do apartado “O Centro/Documentos” e a través da aplicación EduCalidade.

Ao comezo do curso 2022-23, este documento será remitido a todo o profesorado do centro coa finalidade de que tódolos responsables dalgunha das accións propostas para acadar os obxectivos do plan de acción, coñezan as súas funcións.

O presente plan dixital foi presentado ao claustro do IES de Vilalonga na reunión ordinaria final de curso celebrada o 28 de xuño de 2022. Oído este, foi aprobado polo Consello Escolar na reunión do 29 de xuño de 2022.