Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente.

IES A Sangriña. Paseo de Portugal 21 A Guarda Pontevedra.

Niveles educativos: ESO, Bacharelato, FP Dúal, Básica, Ciclo Medio e Ciclo Superior.

 

 


Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente.

  • O IES A Sangriña é o centro de ensino principal da comarca do Baixo Miño e exerce influencia nos Concellos de Tomiño, O Rosal e Oia sendo centro de referencia dos centros públicos de Primaria do Concello e de dous centros de secundaria obrigatoria privados de A Guarda. A situación periférica do Concello de A Guarda leva a que o Proxecto Educativo do IES A Sangriña sempre busque o xeito de ampliar o rango de oportunidades, académicas e laborais, do alumnado matriculado no centro o cal cursa estudos de ESO e Bacharelato, de Ciclo Medio de tres especialidades de FP ( Xestión Administrativa, SMRE e Electromecánica de vehículos), de Ciclo Superior de Administración de Empresas, de Formación Profesional Dual de Carrozaría e de Formación Profesional Básica de Mantemento de vehículos. A realidade socioeconómica do entorno hai anos que está mudando dunha acusada preponderancia do sector pesqueiro como motor económico de emprego a un cada vez maior peso das actividades terciarias entre as que destaca a actividade de servizos orientados ao ocio e turismo. Isto sen menoscabo do emprego no sector secundario que é absorbido por pequenos asteleiros no Concello e pola oferta que o clúster de automoción que a área metropolitana de Vigo exerce sobre o seu entorno xeográfico no cal A Guarda está situada ainda que dun xeito un tanto periférico.

Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo.

A elaboración do Plan Dixital do IES A Sangriña no ano 2022- 2023 descansou normativamente nas seguintes referencias :

 

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

 

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

 

  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

  • Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

  • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Proceso de elaboración

  • Para a realización do actual PLAN DIXITAL do IES A Sangriña tomamos de base o plan feito o curso pasado que consta das seguintes tres fases:

      • Fase I (primeiro trimestre). Organización de enquisa SELFIE de autoavaliación entre alumnado e profesorado do centro levado a termo polo Coordinador TIC do IES A Sangriña.

      • Fase II (segundo trimestre). Divulgación das finalidades do Test de Competencia Dixital Docente e análise DAFO das situación das TIC e das competencias dixitais no IES A Sangriña levados a termo polo Coordinador TIC do centro.

      • Fase III (terceiro trimestre). Redacción do Plan Dixital do IES A Sangriña. Redacción coordinada pola Coordinación TIC do centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais
O centro dispón de :
    • Conexión de internet, teléfono e fax.
    • Temos 293 equipos, separados en : 22 aulas dixitalizadas, 8 equipos de administración, 8 para uso na biblioteca, 10 para equipos de profesorado e departamentos e 70 para aulas de informática. Non temos proxecto E-Dixgal.
    • Servizos dixitais educativos: O centro disón de páxina web, así como de aula virtual Moodle, espazoAbalar e Abalarmóbil.
    • A xestión do centro faise principalmente a través dunha empresa externa especializada en reparación e mantemento de equipos así como co coordinador TIC do centro.
    • A xestión das copias de seguirade faise de xeito persoal por parte do profesorado agas os cursos de Moodle que se fai de xeito centralizado
Fontes empregadas para a análise DAFO

Ver adjunto do plan dixital para visualizar as táboas, resultado do plan dixital do ano pasado 2022 - 2023:

  • Participación segundo perfil do profesorado
  • Puntuación e nivel de competencia do centro
  • Puntuación e nivel de competencia por etapas
  • Distribución do profesorado por niveis

 

 

Interno
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Infraestructuras ESO Alumnado Si
Debilidade Traer o seu propio dispositivo BAC Alumnado Non
Debilidade Avaliación do progreso ESO Alumnado Non
Debilidade Proxectos interdisciplinares ESO Alumnado Non
Debilidade Non temos suficiente equipamento dixital nas aulas ESO BAC. Infraestruturas Non
Debilidade Falta de aulas TIC ESO BAC. Infraestruturas Non
Debilidade Participación no DPC (equipo directivo, profesorado) Organización de centro Non
Debilidade Ensinanza dixital, tempo para explorala ESO BAC. Persoal docente Si
Debilidade Autoreflexión aprendizaxe ESO BAC FP Persoal docente Non
Debilidade Comunicación coa comunidade educativa ESO. Persoal docente Si
Debilidade Aprender programar e resolver problemas técnicos FP Persoal docente Non
Debilidade Avaliación de progreso ESO BAC. Persoal docente Si
Debilidade Emprego entorno virtual aprendizaxe FP. Persoal docente Si
Debilidade Infraestructura dixital para comunición interna. Persoal non docente Non
Debilidade Posibilidade facer uso dos recursos de consexeria (impresora) dende a aula PROFESORADO Persoal non docente Si
Fortaleza Adaptación das necesidades do alumnado ESO Alumnado Non
Fortaleza Emprego de entornos virtuais FP Alumnado Si
Fortaleza Comunicacións por Abalar ESO BAC FP Familias Si
Fortaleza Comunicacións internas uso do Webex (cláustros, etc) Organización de centro Si
Fortaleza Novas modalidades ensinanza ESO. Persoal docente Si
Fortaleza Proxectos interdisciplinares ESO. Persoal docente Non
Fortaleza Emprego de entornos virtuais (equipo directivo e profesorado) FP. Persoal docente Si
Fortaleza Implicación do alumnado, así como colaboración e retroalimentación do mesmo FP. Persoal docente Si
Fortaleza Competencias dixitais FP. Persoal docente Si
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo Un elemento atopado.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Posición xeográfica dificultade para FCT FP. Contorna Non
Un elemento atopado.
Análise

Tendo en conta a experiencia do plan dixital do ano pasado e que tomamos como partida para facer as melloras de este ano.
Os items non cubertos é debido a que non teñen un valor destacable dentro do DAFO.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O02PD Establecer ABALAR como ferramenta dixital comunicativa co alumnado e os seus pais/titores.
O03PD Establecer CISCO WebEx como ferramenta dixital comunicativa entre Equipo directivo, Xefatura e profesorado.
O04PD Ampliar a formación do profesorado en materia de licenzas e dereitos de autor no entorno da plataforma Moodle
O05PD Emprego da aula Moodle por parte do profesorado (Espazo profesorado) para xestións administrativas relacionadas cas distintas areas do centro (xefatura, vicedireción, secretaria,etc) Automatización
O06PD Automatización e dixitalización do sistema de empréstitos da Biblioteca mediante o emprego da aula Moodle
001PD Dotar a todas as etapas educativas dun Aula Virtual.

Seguimento

Procedemento

Periodicamente facemos reunións co noso asesor ADIX do noso ámbito xeográfico, onde tratamos as novas continxencias que xurden a raíz de  aplicar o novo PD do centro, por ser o primeiro ano está vixente (en funcionamento).

 

1º Trimestre

Tras a reunión celebrada o 12/01/24 entre o Coordinador Tic do centro e o asesor Adix do mesmo (David Andrade e Jacob Seijas), analizáronse o grao de consecución distintos obxectivos acadando a o seguinte informe (en negriña  os obxectivos acadados a estas alturas do curso):

 

AO1.1: Creación das credenciais para o profesorado.

AO1.2: Xestión da creación dos grupos do alumnado matriculado.

AO1.3: Comprobación funcionamento do aula ao longo do curso.

 

AO2.1: Verificación do alta dos pais/titores.

AO2.2: Avisos das tarefas a realizar.

AO2.3: Comunicación das notas e recibín das avaliacións trimestrais e finais.

AO2.4: Notificación de faltas de conduta.

AO2.5: Avisos de falta de asistencia.

AO2.6: Notificación de apercibimentos e perdas de dereito de avaliación.

 

AO3.1: Creación das contas para o profesorado.

AO3.2: Verificación das contas para o profesorado.

AO3.3: Desarrollo de claustros, reunións docentes...

AO3.4: Creación das memorias, actas dos cláustros...

 

AO4.1: Solicitar a formación ao centro de formación de recursos polo Plan de Formación do Profesorado.

 

 

 

AO5.1: Creación da aula Moodle Espazo profesorado (con unha presentación específica) e matriculación de todo o claustro na mesma

AO5.2: Difusión da ferramenta de referencia que supón Espazo Profesorado e actualización periódica do seu contido (con notificación dos cambios por correo electrónico)

 

 

AO6.1: Creación do novo sistema de empréstitos con solicitude vía aula Moodle da Biblioteca e notificacións automáticas por correo electrónico

AO6.2: Matriculación de todo o alumnado na aula Moodle do novo sistema de empréstitos e notificación persoal das credenciais vía enderezo electrónico e mediante carné físico

 

Como resumo  indicar que os  obxectivos engadidos neste curso están a cumprirse nun alto grao  acadando niveis mais ambiciosos dos que se plantexaron inicialmente (gracias a colaboración desinteresada  fora do horario lectivo das coordinacións involucradas nos mesmos)

 

2º Trimestre

Tras a reunión celebrada o 12/01/24 entre o Coordinador Tic do centro e o asesor Adix do mesmo (David Andrade e Jacob Seijas), analizáronse o grao de consecución distintos obxectivos. Dende a coordinación sinalase o seguinte:

 

Con respecto o emprego do aula virtual por parte do profesorado, comezase a traballar na  versión do Espazo Profesorado do vindeiro curso (favorecéndose a continuidade da ferramenta actual para facilitar o emprego o claustro actualmente existente). Ademais actualizase no Espazo Profesorado do Moodle o apartado ("Profesorado novo no centro"), incluíndo un apartado con 7 puntos e as súas correspondentes ligazóns os aspectos básicos que actualmente están dixitalizados no IES. Por outra banda mudase o sistema de reservas de aulas TIC (o módulo MRBS  nativo do propio Moodle) e dase formación a todo o novo profesorado do IES no emrpego do Espazo profesorado.

 

Con respecto os empréstitos da Biblioteca superanse os 700 empréstitos o cal permite intuir que se acadarán os 1500 libros emprestados a final de curso se se compara cas métricas existentes do curso 22-23. Observanse que os cambios no método de realizar empréstitos funcionan e que a prohibición do emprego do movil no IES claramente frenou  o emprego do sistema por parto do alumnado.

Con respecto o PFPP, informase o profesorado incluído no PFPP de licenzas e dereitos de autor en Moodle e comezanse a realizar as primeiras reunións do mesmo .

 

Con respecto os obxectivos do curso anterior, comezase a deseñar como se comezará o vindeiro curso de cara a maximizar o emprego do aula virtual por parte do novo profesorado/alumnado

 

 

3º Trimestre

Tras a reunión celebrada o 3/05/24 entre o Coordinador Tic do centro e o asesor Adix do mesmo (David Andrade e Jacob Seijas), analizáronse o grao de consecución distintos obxectivos. Dende a coordinación sinalase o seguinte:

 

  • Con respecto o emprego do aula virtual por parte do profesorado, continuouse afondando na simplificación de diversos aspectos que fan desta ferramenta unha opción moito menos atractiva que outras non coorporativas para a maioría do profesorado. Co obxecto de revertir esta situación levanse a cabo as seguintes accións:
    • Modificar o acceso o Moodle simplifcando as súas pantallas de benvida
    • Modificanse roles e permisos para reducir o mínimo posible a información dispoñible para persoal non autorizado (usuarios conectados, listas de participantes, rexistros de actividade,etc).
    • Creanse novas ferramentas para tarefas burocraticas no espazo profesorado para dotala da máxima utilidade mellorando a súa empregabilidade de cara o vindeiro curso (creanse ferramentas no Espazo profesorado do Moodle para xustificar gastos en actividades complementarias do profesorado, organizar actividades complementarias,etc
    • Observase a necesidade da creación dun protocolo de inicio de curso en mataeria de Dixitalización xa que actualmente existen demasiados aspectos a ter en conta de cara  a comezar o novo curso sen unha planificación axeitada (actualización das bases de datos dos emprestitos da biblioteca, dos usuarios/as do Moodle, etc). Entendese como desexabler reducir o  mínimo as labores de "autoadministración" do Moodle por parte do  profesorado como pode ser a creación de novos usuarios/as, cursos, matriculación de alumnado nas clases, etc. Comezase a creación dodebandito protocolo.

 

  • A Biblioteca acadou os 1500 emprestitos a pesar da  forte reducción de actividade que supuxo a prohibición do emprego do movil no IES. Habilitaronse equipos na bilbioteca para realizar estas peticións pero realmente non se recuperou o ritmo anterior o citado cambio. Continuarase a traballar para mellorar e ampliar este  servizo (ca promoción do mesmo en ciclos e entre o profesorado e a ampliación de funcionalidades do mesmo creadas integramente no IES)

 

  • Realizouse de forma de forma satisfactoria o PFPP do IES tendo as evidencias entregadas un caracter interdisciplinar  xa que o equipo estivo composto por profesorado de distintos departamentos (Bioloxía, Galego, Xeografía e historia, Plástica, entre outros). Acadouse o compromiso de habilitar o curso Moodle creado a tal efecto  de forma que sexa accesible para o claustro do vindeiro curso 24-25.

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

  • No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Valoración xeral
Proposta de mellora

 

 

 

 

 

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Ao principio de curso o director comunicará a través dun claustro e por correo electrónico a difusión do plan dixital.

Accederase a mesma mediante  a plataforma EDUCALIDE ou mediante a seguinte ligazón:

PLAN DIXITAL