Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Datos básicos do centro Nome: IES Auga da Laxe Enderezo postal: Campo da Feira s/n. 36380, Gondomar. Enderezo electrónico: ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.gal

Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesaugadalaxe/ Etapas educativas: ESO e Bacharelato.

Número de alumnado: 335 Número de profesorado: 38 O IES Auga da Laxe é un centro público dependente da Consellería de Educación, situado no concello de Gondomar, na zona sur da provincia de Pontevedra. Comezou a súa andaina como Instituto de Educación Secundaria e Profesional de Gondomar en 1989 e, posteriormente, por acordo do Consello Escolar do 18 de febreiro de 1999, pasou a denominarse IES Auga da Laxe, nome que se debe a un xacemento rupestre de petróglifos localizado na parroquia de Vincios, dentro do propio municipio. No presente curso académico conta con 335 alumnos e alumnas, con dúas liñas na ESO (incluído un grupo de PMAR en 3º) e tres en Bacharelato, nas modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais. Contamos este curso cunha Unidade de Acompañamento e Orientación (UACO), a cargo dunha profesora do centro, pertencente á Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia (RAOGAL) constituída por 32 centros. A UACO actúa co alumnado e familias con dificultades pertencentes a centros educativos situados dentro dun ámbito xeográfico determinado. O persoal docente no presente curso está formado por trinta e oito profesores e profesoras, dos cales trinta e un teñen destino definitivo e o resto varía cada ano, en función das necesidades do centro. O persoal non docente inclúe seis persoas: un administrativo, dúas conserxes e tres limpadoras, unha delas a media xornada, (este ano, como reforzo pola pandemia, puidemos dispoñer dun cuarto limpador, tamén a media xornada, por dous trimestres). Ademais, traballa tamén no centro unha persoa que atende o servizo de cafetería.

2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O Instituto de Educación Secundaria Auga da Laxe recibe maioritariamente o alumnado dos seus centros adscritos, o CEIP Chano Piñeiro e o IES Terra de Turonio de Gondomar, así como, en menor medida, alumnado doutros centros da contorna. Este alumnado procede ou ben de familias da zona, vinculadas aínda, nalgúns casos, con traballos do sector primario e con certa deprivación cultural ou ben de familias de nova instalación no concello que viven en zonas residenciais e cun nivel cultural máis alto. Dende o Concello recibimos o apoio dos servizos sociais, xa que temos algunha familia usuaria destes servizos. O Centro atópase situado no Concello de Gondomar, moi próximo a Vigo, a cidade industrial máis importante de Galicia. O Concello de Gondomar amosou nestes últimos anos un importante dinamismo económico. Neste sentido destacan as empresas de servizos, seguidas das da construción e a industria, grazas sobre todo á presenza, na parroquia de Vincios, do Polígono Industrial da Pasaxe que reúne unhas 70 firmas de diferentes sectores. Tamén quedan, sobre todo nas parroquias, actividades produtivas vinculadas ao sector primario; o sector agrícola, a gandeiría e a industria madeireira teñen unha certa importancia na zona. Gondomar dispón dunha ampla e variada oferta de actividades culturais, deportivas e de lecer, organizadas polo propio Concello, polos distintos centros culturais e recreativos das diferentes parroquias ou por asociacións e entidades privadas como o IEM (exposicións, conferencias, xeiras, roteiros, tertulias, etc.) ou Espazo Lectura (contacontos, clubs de lectura, sesións de dinamización lectora, actividades de achegamento á lectura para bebés, etc.). Así, tanto a través das escolas deportivas municipais como da oferta directa dos diversos clubs e agrupacións que existen en Gondomar, pódense practicar actividades como tenis de mesa, atletismo, balonmán, patinaxe, fútbol, fútbol sala, judo, tenis, ximnasia, taekwondo, tiro con arco, ciclismo, etc. Tamén é posible realizar estudos de música a través do Conservatorio Municipal, da Escola de Música de Vincios ou dos diferentes cursos de música, clásica ou tradicional, que ofrecen os centros culturais dalgunhas parroquias. Por último, a esta oferta cultural e deportiva, hai que engadir a posibilidade de realizar multitude de cursos e actividades de lecer (danza, cerámica, teatro, pintura, etc.). Próximos ao Instituto existen ademais dous centros de secundaria que imparten Bacharelato e Ciclos Formativos de Formación Profesional, ademais de varios centros de Educación Infantil e Primaria. Procurarase que o Plan Dixital contribúa a integrar os diferentes aspectos que conforman o Proxecto Educativo e a mellorar a coordinación entre os distintos proxectos e plans de innovación nos que participa o instituto: Proxecto de Biblioteca, CPInclúe, Plan Recupera (CPRecupéra-T e RAOGAL), Proxecto de Dinamización da Lingua Galega, etc. Agardamos tamén que a participación no proxecto Polos Creativos contribúa a mellorar o equipamento tecnolóxico do centro e a crear espazos de traballo colaborativo, que fomenten a investigación e a experimentación desde unha perspectiva integradora que comunique e relacione todos os ámbitos do coñecemento. Ademais, tentarase que a través do Plan Dixital poida mellorarse tamén a comunicación e colaboración entre os diferentes órganos de participación e de coordinación. Por outra banda, a elaboración e implementación do Plan Dixital, integrada como un elemento fundamental na Programación Xeral Anual do centro, debería contribuír tamén a mellorar a competencia dixital dos distintos sectores da comunidade educativa e a reducir a fenda dixital das familias con menos recursos e formación no ámbito da tecnoloxía, respondendo así á necesaria función que o sistema educativo debe ter como axente de compensación social.

3. Xustificación do Plan Dixital Marco legal en relación co Plan Dixital do IES Auga da Laxe:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

4. Proceso de elaboración.

Para a elaboración do presente Plan Dixital formouse un equipo de traballo co obxectivo de recoller e, posteriormente avaliar, a numerosa información recollida. Información analizada en reunións de gabinete e procedente de enquisas, inventarios e recursos propios.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
Interno
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado non ten oportunidades para traer ao IES o seu propio dispositivo dixital para apender Alumnado Non
Debilidade Non se traballa suficientemente en aspectos como aprender a programar ou solucionar problemas técnicos. Alumnado Non
Debilidade Ás veces o alumnado fai un uso dos dispositivos dixitais contrario ás normas do centro Alumnado Non
Debilidade Non se está empregando suficientemente a ferramenta dixital para o traballo en grupo do alumnado. Alumnado Si
Debilidade Non se traballa suficientemente en aspectos como aprender a programar ou solucionar problemas técnicos Alumnado Non
Debilidade No IES sería necesario contar con máis dispositivos dixitais para mellorar/implementar o ensino Infraestruturas Si
Debilidade Os espazos físicos non favorecen o ensino-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais, falta adaptación Infraestruturas Non
Debilidade O alumnado non ten moitas posibilidades de traer o seu propio dispositivo dixital para aprender Infraestruturas Non
Debilidade No IES falta por desenvolver unha estratexia dixital concreta e ofertar a profesorado e alumnado novas posibilidades de mellora nas súas capacidades e habilidades Oferta Si
Debilidade Falta cooperación con outros centros ou entidades para implementar o emprego de tecnoloxías dixitais Oferta Non
Debilidade Falta por desenvolver un plan dixital para reducir a fenda dixital do alumnado/contorna ou con dificultades de aprendizaxe Organización de centro Si
Debilidade No IES non existe un plan ou estratexía didactica para que o alumnado poda aprender ou seguir as clases con seu propio dispositivo dixital (traído da casa Organización de centro Non
Debilidade Parte do persoal non docente ten dificultades á hora da comunicación co centro a través do correo corporativo Persoal non docente Non
Fortaleza O alumnado pode facer un seguemento axeitado das súas tarefas e cualificacións a través da AV do IES Alumnado Non
Fortaleza O alumnado atopa a información necesaria na páxina web do IES Alumnado Non
Fortaleza O alumnado ten material dixital suficiente para aprender á súa disposición no IES Alumnado Si
Fortaleza O alumnado recibe con actitude positiva o aprendizaxe cando se emprega a tecnoloxía Alumnado Non
Fortaleza O alumnado nos fogares non precisa de software "de pago" para realizar as tarefas e actividades académicas demandadas polo IES Alumnado Non
Fortaleza O IES facilita ás familias información do alumnado a través de tecnoloxías e dispositivos dixitais Familias Non
Fortaleza As familias poden optar a un dispositivo dixital en préstamo se cumpren os requisitos ad hoc Familias Non
Fortaleza As familias non precisan pagar programas dixitais para que o alumnado poda traballar/estudar Familias Non
Fortaleza As familias fan seguemento das actividades do IES a través das redes sociais Familias Non
Fortaleza O acceso a internet é correcto Infraestruturas Non
Fortaleza No IES existe infraestrutura para ensinar e aprender con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza No IES hai suficiente material dixital a disposición do profesorado para ensinar Infraestruturas Non
Fortaleza A asistencia técnica/ mantemento son suficientemente eficientes Infraestruturas Non
Fortaleza Existe no IES un sistema de protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza Existen facilidades dentro do IES para implementar novas estratexias de ensino con tecnoloxías dixitais Oferta Non
Fortaleza Cando hai oferta de ferramentas dixitais, existe colaboración positiva entre equipo directivo e profesorado Oferta Non
Fortaleza Existe posibilidade de solución de problemas técnicos Oferta Non
Fortaleza En diferentes materias o alumnado ten a posibilidade de aprender empregando ferramentas dixitais Organización de centro Non
Fortaleza O IES dispón de tecnoloxías asistenciais para alumnado con necesidades Organización de centro Non
Fortaleza O IES facilita o suficiente material didactico en formato dixital ou mediante acceso dixital xa que o profesorado o fai accesible a través da Aula Virtual do centro Organización de centro Non
Fortaleza O IES facilita o desenvolvemento de habilidades dixitais por parte do alumnado a través da apredizaxe práctica en diferentes materias e varios departamentos e asignaturas Organización de centro Si
Fortaleza O centro difunde a información de interese e facilita o seguimento daactividade académica do alumnado a través de servizos dixitais educativos corporativos (web, aula virtual, videoconferencia, abalarMobil, correo electrónico...) Organización de centro Non
Fortaleza O centro conta cun auxiliar administrativo con boa competencia dixital Persoal non docente Non
Fortaleza A formación de parte do personal non docente é boa en canto a competencia dixital Persoal non docente Non
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A oferta formativa non se axusta ás necesidades/demandas do profesorado. Administración educativa Non
Ameaza Falta investimento en dotación/renovación de equipos dixitais (PC, etc.) Administración educativa Non
Ameaza Falta de implicación -en xeral- das familias nas actividades propostas ANPA Non
Ameaza Pouca difusión na vila das múltiplas actividades que se organizan no centro Contorna Non
Ameaza Inda non suficiente comunicación con outros centros educativos da contorna Contorna Non
Ameaza Baixa conectividade nalgúns lugares do Concello Contorna Non
Ameaza Os frecuentes cambios e a demora na aprobación dificultan a planificación e a correcta comunicación coas familias e demais partes implicadas Lexislación Non
Ameaza O IES ten que mellorar a comunicación con certas concellerías de interese para a colaboración co centro educativo Outras Non
Oportunidade Hai oferta de formación educativa para profesorado e dito profesorado participa Administración educativa Si
Oportunidade Existe oferta de ferramentas e plataformas dixitais Administración educativa Non
Oportunidade Boa comunicación co IES: información importante para as familias. ANPA Non
Oportunidade ANPA organizada e con boa disposición a colaborar ANPA Non
Oportunidade Tecido social e cultural moi potente co se poden levar adiante liñas de colaboración Contorna Non
Oportunidade Imaxe positiva do centro na comarca Contorna Non
Oportunidade Crecente difusión das actividades do IES a través das redes sociais Contorna Non
Oportunidade Participación en varios "contratos programa" Outras Non
Oportunidade Colaboración de Servicios Sociais; intercambio de información e axuda Outras Non
Oportunidade Apoio ás demandas da plataforma"Fibra xa!" Outras Non
Oportunidade Colaboración do Concello co Dpto. de Orientación Outras Non
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Os obxectivos a acadar no presente Plan Dixital do I.E.S. Auga da Laxe foron redactados tras analizar os resultados obtidos no test CDD e os factores recollidos na análise DAFO. Ditos resultados, foron postos en común en sendas reunións de traballo no seo do equipo que materializa o Plan Dixital (PD)

Aparte da referencia indispensable que supuxeron os citados resultados, a experiencia, colaboración a eportacións do grupo de traballo do PD e resto do profesorado do IES, tamén foron de gran axuda e orientación no deseño dos obxectivos do PD.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD ACTUALIZAR OS EQUIPOS DIXITAIS DAS AULAS (C: INFRAESTRUTURA E EQUIPAMENTO)
002PD INTRODUCIR E EXTENDER PAULATINAMENTE O EMPREGO DE SOFTWARE LIBRE NO IES PARA ALUMNADO E PROFESORADO.
003PD REFORZAR A COLABORACIÓN CON OUTROS CENTROS E/OU ENTIDADES DA CONTORNA PARA DESENVOLVER A COMPETENCIA DIXITAL CON PROXECTOS (B: COLABORACIÓN E REDES)
004PD FOMENTAR O EMPREGO DE FERRAMENTAS DIXITAIS PARA O TRABALLO EN GRUPO DO ALUMNADO (H: COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO)
005PD RENOVAR EQUIPOS OBSOLETOS DA AULA DE INFORMÁTICA INF1 (C: INFRAESTRUTURA E EQUIPAMENTO)
006PD DESENVOLVER AS COMPETENCIAS DIXITAIS DO PROFESORADO DO IES. FORMACIÓN PFPP EN RELACIÓN A POLOS CREATIVOS (D: DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL CONTINUO)
007PD CREAR UN REPOSITORIO DIXITAL PARA A COMUNICACIÓN E TRANSFERENCIA DE ARQUIVOS ENTRE O ALUMNADO E CONSERXERÍA
008PD ELABORACIÓN DE PROXECTOS RELACIONADOS COA DOTACIÓN MATERIAL DA INICIATIVA POLOS CREATIVOS. TRABALLO EN GRUPO DO ALUMNADO CO PROFESORADO COMO GUÍA

Seguimento

Procedemento

Ao longo do curso foron establecidas unhas serie de datas periódicas para realizar o seguimento do desenvolvemento do Plan Dixital (PD) así como da consecución dos obxectivos. Nas devanditas datas, o coordinador do PD mantivo reunións co coordinador ADIX e, logo, reunións regulares co equipo de traballo do PD do I.E.S. Auga da Laxe.

Nas indicadas reunións, foron empregados unha serie de indicadores e/ou descriptores coa fin de avaliar a marcha e grao de consecución dos obxectivos marcados no PD. Nesta avaliación procesual os aspectos a valorar incluiron -por exemplo- o nivel de execución das accións, as posibles modificacións das accións, a valoración dos resultados ou as propostas de mellora.

As reunións, en todos os casos, foron varias por trimestre como se relaciona no seguinte apartado.

1º Trimestre

Foron mantidas reunións co coordinador ADIX nas seguintes datas: 09/10/23; realizado o seguimento do PD: verificar a marcha das accións plantexadas.

Houbo tamén comunicación telefónica e por correo co coordinador ADIX para consultas.

Planificación formación Polos Creativos. Recibida información acerca das novas.

Foron  mantidas reunións entre coordinador do PD e o equipo de traballo do PD do IES Auga da Laxe para comunicación puntual da información recibida e informar acerca da marcha do PD.

Reflexión e avaliación do seguimento do PD, dos logros e das dificultades atopadas.

O equipo de traballo do PD do IES Auga da Laxe recibe información do coordinador a través do correo corporativo con información relevante e novas.

2º Trimestre

Reunións co coordinador ADIX mantidas nas seguintes datas: 22/01/24; Realizado o seguimento do PD: verificar a marcha das accións plantexadas.

Houbo tamén comunicación telefónica e por correo co coordinador ADIX para consultas.

Recibida información acerca das novas (dotación "polos creativos", material dispoñible, chagada de novo equipamento informático/audiovisual...)

Foron  mantidas reunións entre coordinador do PD e o equipo de traballo do PD do IES Auga da Laxe para comunicación puntual da información recibida e informar acerca da marcha do PD.

Reunións mantidas co equipo do PD para:

  • Inicio e coordinación da formación na liña Polos Creativos
  • Reflexión e avaliación do seguimento do PD, dos logros e das dificultades atopadas

O equipo de traballo do PD do IES Auga da Laxe recibe información do coordinador a través do correo corporativo con información relevante e novas.

 

3º Trimestre

Foron mantidas reunións entre o coordinador do PD e o equipo de traballo do PD do IES Auga da Laxe para a comunicación puntual da información recibida e informar acerca da marcha do PD.

Temas tratados co equipo do PD (segundo data):

  • Seguimento e coordinación da formación na liña Polos Creativos
  • Reflexión e avaliación do seguimento do PD, dos logros e das dificultades atopadas
  • Valoración xeral do PD en xuño atendendo ao balance entre obxectivios plantexados/acadados
  • Discusión sobre propostas de mellora
  • Valoración e plantexamento de novos obxectivos para o vindeiro curso

Ademais, realizáronse xuntanzas coa secretaría do IES para avaliar necesidades e costes das accións.

Leváronse a cabo reunións co coordinador ADIX no 3º trimestre para avaliar e analizar a marcha do PD; solución de dúbidas e información de novas.

Houbo tamén comunicación telefónica e por correo co coordinador ADIX para consultas puntuais.

O equipo de traballo do PD do IES Auga da Laxe recibe información periódica do coordinador do PD a través do correo corporativo con información relevante e novas.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

A valoración do Plan Dixital 2024 é positiva á hora de facer balance entre obxectivos plantexados/acadados: cinco dos obxectivos consideránse acadados (5/8); un obxectivo está "parcialmente acadado" xa que implica unha continuidade nas accións, e outros dous obxectivos quedan indicados como "pendentes".

Pódese sinalar como "non satisfactoria" a falta de interese do alumnado nun dos obxectivos propostos. Debe terse en conta á hora de plantexar obxectivos como se recolle no apartado "propostas de mellora".

Hai que sinalar como "moi satisfactoria" a participación de parte do alumnado desenvolvendo proxectos dixitais.

Igualmente, a participación do alumnado nas probas de acreditación dixital no MGCD considérase moi satisfactoria.

Proposta de mellora
  • Non plantexar obxectivos dependentes da recepción de material, como por exemplo todo o relacionado coa dotación Polos Creativos.
  • Novo obxectivo para o futuro PD: manter na AV o espazo creado este curso para a orientación/formación do alumnado de 4º ESO e 2º BACH que pretende acadar a acreditación dixital no MGCD.
  • Desenvolver accións relacionadas coa formación do alumnado para facilitarlles o acceso á acreditación dixital no MGCD.
  • Potenciar e mellorar a formación do alumnado en relación á seguridade na rede.
  • Seguir/aumentar as actuacións de revisión e mellora dos equipos dixitais.
  • Plantexar obxectivos "atractivos" si se pretende a implicación do alumnado no desenvolmemento dos mesmos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O equipo de traballo para o desenvolvemento do Plan Dixital será, en coordinación co equipo Directivo, o encargado da súa difusión no IES Auga da Laxe. 

  • Unha vez aprobado polo Equipo Directivo, o Plan Dixital darase a coñecer a todo o claustro.
  • En reunión do Consello Escolar do terceiro trimestre darase tamén a coñecer a todos os representantes da comunidade educativa.
  • O PD, unha vez aprobado, publicarase na páxina web do centro