Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Ao longo do curso integráronse as tics como recurso de traballo en cada unha das aulas da nosa escola, as mestras contaron co apoio da súa mentora adix en todo momento, para resolver aquelas dúbidas que ían xurdindo para levar a cabo a creación de material e recursos para a súa tarefa docente. E as familias dispuxeron de información continua a través de plataformas dixitais empregadas na escola.
1ºNon hai accións dos obxectivos do Plan Dixital correspondentes ao 1º trimestre para valorar, todas exténdense ao longo do curso, polo tanto o seguimento farase no 3ºT.
1ºNon hai accións dos obxectivos do Plan Dixital correspondentes ao 1º trimestre para valorar, todas exténdense ao longo do curso, polo tanto o seguimento farase no 3ºT.
Integráronse as TICs na programación de todas as áreas do currículo coa utilización das tablets, pizarra dixital e rato do ordenador. Ademáis os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EI introduciron o uso de varias aplicacións do ordenador no 2º e 3º trimestre do curso no recuncho dixital de cada aula.
Desenvolvéronse actividades na escola de pais e nais, para concienciar do uso responsable das tics en alumnado de 3 a 6 anos. Realizouse una charla sobre " O bo uso das pantallas en idades temperás". Leváronse a cabo intercambios de información coas familias a través do correo electrónico e o instagram da escola.
Dotouse ao profesorado de coñecementos e habilidades para atopar e crear recursos dixitais que podan utilizar habitualmente na súa tarefa docente a través de reunións do profesorado, con resolución de dúbidas e propostas para un mellor uso dos recursos.
Programáronse e organanizáronse unha serie de recursos didácticos a través da aplicación Genially na aula virtual, para ter acceso a elas no caso períodos de vacacións longos, e orientacións educativas para as familias. Ademáis subíronse videos resumo semanáis ao instagran do centro para xustificar ás familias o uso dos recursos dixitáis.
Avaliación
A valoración xeral despois de reunirme coas miñas compañeiras, continúa tendo o mesmo tema debate que os anos anteiores, a idade do noso alumnado dificulta moito a implementación dos recursos dixitais na escola.
Os tempos de adicación son reducidos e os resultados escasos. Si que é verdade que oa lumnado de 6º de EI tivo un bo achegamento ao uso dos recursos, ademáis do seu interese e disposición, pero sempre coa supervisión e axuda das mestras, xa que a súa autonomía non é a suficiente.
É imporatnte indicar que a organizción do profesorado foi boa e positiva, tendo en conta que este ano contamos cun maior número de persoas no equipo e así poder adicarlle maior tempo a esta tarefa.
Procedemento para a avaliación
O plan dixital foi avaliado a través de diferentes reunións que se levaron a cabo ao longo do curso, para valorar o seu desemvolvemento e nivel no que imos traballando.
- Uso da plataforma dixital "abalar movil" para unha mellor e rápida comunicación coas familias.
- Uso das tablets de aula como ferrameta de búsqueda de información e conexión cos obradoiros que se leven a cabo ao longo do curso.
- Ofrecer unha maior autonomía coas ferramentas tics ao alumnado de 4ºde EI.