Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Breve xustificación:

A contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O Ceip Plurilingüe Nantes é un centro de ensino público situado na parroquia de Nantes dentro do concello de Sanxenxo. O nivel socioeconómico da zona é medio-baixo, adicándose as familias ao desempeño de traballos de tipo manual e agrario.

A contribución do Plan dixital no Proxecto educativo enmárcase na tendencia de incrementar o uso das TIC aplicadas ao proceso de ensino e aprendizaxe polo que para o vindeiro curso 2022-23 o Plan dixital será un referente á hora de establecer a programación xeral anual de dito curso.

 

As persoas que participaron na realización do Plan Dixital foron: o Xefe de Estudos, a directora, a Secretaria, a coordinadora TIC e 3 membros máis do claustro, mantendo reunión frecuentes e necesarias para a elaboración das diversas tarefas no proceso de elaboración do PD.

Estas reunións leváronse a cabo seguindo os seguintes pasos:

  1. O proceso de autoavaliación do SELFIE

  2. A realización do TCDD

  3. O desenvolvemento do Análise DAFO

  4. O establecemento dos Obxectivos do Plan de acción.

  5. A redacción do Plan dixital do centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos empregados de recollida de información para realizar a análise DAFO foron:

- O informe SELFIE 

- Test CDD

A partir destes informes e doutras fontes o centro xerou un análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

 

Interno
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Verificar a calidade da información Alumnado Non
Debilidade Resolver problemas técnicos polo alumnado Alumnado Non
Debilidade Creación de contidos dixitais Alumnado Non
Debilidade Dispositivos portátiles para o traballo cooperativo do alumnado Infraestruturas Non
Debilidade Acceso a tecnoloxías asistenciais dos ACNEE Infraestruturas Non
Debilidade Repositorios ou bibliotecas en liña. Organización de centro Non
Debilidade Contar cunha estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade Existencia de canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro Organización de centro Si
Debilidade Avaliación do progreso Persoal docente Non
Debilidade Proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Debilidade Tempo para explorar a ensinanza dixital Persoal docente Non
Debilidade Empleo de entornos virtuais de aprendizaxe Persoal docente Si
Debilidade Adaptación ás necesidades do alumnado Persoal docente Non
Debilidade Avaliación dixital Persoal docente Non
Fortaleza Traballo de habilidades dixitais para diferentes materias Alumnado Non
Fortaleza Acceso a internet Infraestruturas Si
Fortaleza Infraestrutura dixital e dispositivos. Infraestruturas Non
Fortaleza Espazos físicos con tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Fortaleza Protección de datos Organización de centro Si
Fortaleza Debate sobre uso da tecnoloxía Persoal docente Si
Fortaleza Participación no desenvolvemento profesional continuo Persoal docente Si
Fortaleza Recursos educativos en liña. Persoal docente Si
Fortaleza Fomento da creatividade. Persoal docente Non
Fortaleza Avaliación das capacidades Persoal docente Non
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Protección de datos Administración educativa Si
Ameaza Tempo para explorar o ensino dixital Administración educativa Non
Ameaza Normas sobre dereitos de autor Lexislación Si
Ameaza Protección de datos Lexislación Si
Oportunidade Novas modalidades de ensino Administración educativa Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez feita a análise e analizando os factores internos e externos tomouse a decisión de comezar polos seguintes obxectivos para o presente curso 2022-23.

- Fomentar o emprego dos recursos dixitais do centro

- Mellorar a seguridade na rede e o uso de licenzas.

- Utilizar as diferentes aplicacións establecidas no plan de comunicación interno e externo de cara a optimizar a xestión e organización do centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Fomentar o emprego dos recursos dixitais do centro
O2PD Mellorar a seguridade na rede e o uso de licenzas.
O3PD Utilizar as diferentes aplicacións establecidas no plan de comunicación interno e externo de cara a optimizar a xestión e organización do centro.

Seguimento

Procedemento

O equipo de Plan Dixital realizará alo menos unha xuntanza trimestral para seguimento e avaliación das liñas de acción e avaliación das liñas de traballo.

O mentor Adix do centro supervisará dúas veces ao trimestre a evolución do Plan Dixital para o seu seguimento e adaptación.

A persoa coordinadora do Plan Dixital realizará o seguimento do Plan Dixital empregando a ferramenta Educalidade para a súa avaliación e seguimento baixo a supervisión da persoa Directora do centro.

1º Trimestre

Obxectivo número 1:

Crear un grupo de traballo. Realizado

Obxectivo número 2:

Crear un grupo de traballo. Realizado

Obxectivo número 3:

Crear un grupo de traballo. Realizado

2º Trimestre

Obxectivo número 1:

Introducir o uso da aula maker e a de informática no horartio semanal dos cursos. Realizado

Iniciarse na utilización da radio de xeito integrado. Realizado.

Obxectivo número 2:

Elaboación por parte da dirección dos criterios para a utilización dos recursos dixitais. Realizado

Obxectivo número 3:

Realización da sondaxe para a elaboración do plan de comunicación do centro. Realizado

3º Trimestre

Obxectivo número 1:

Realizar a formación adecuada para a implementación dos recursos dixitais do centro, potenciando as fortalezas individuais, dunha maneira realista. Realizado

Obxectivo número 2:

Porvocar o espíritu crítico no alumnado sobre o uso das redes a través de diferentes dinámicas. Realizado

Obxectivo número 3:

Capacitar a toda a comunidade educativa no uso das diferentes aplicacións de comunicación, AbalarMóbil, AbalarPro, Abalar Box. Realizado

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da realización da avaliación será unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

O estado da avaliación quedará reflectido en cada táboa do plan de acción recollidas cada unha delas no punto 3.

Valoración xeral

Salientar que o plantexameno do curso pasado era orientar o Plan dixital cara o uso dos recursos que xa existían no centro e dar continuidade ao que se iniciou o ano pasado. Nese sentido os obxectivos si que se cumpliron en liñas xerais. A implicación do claustro foi completa e moi ben acollida. e rematamos o curso utilizando todos os recursos dixitais do centro e integrándoos no horario semanal en diferentes materias.

Existen inconvintes futuros, como é o caso de que non exista unha continuidade do persoal do centro que poida facer práctica esta formación. 

Proposta de mellora

Como propostas de mellora, no claustro opinan de seguir afondando no uso intergrado destes recursos e ir ampliando pouco a pouco unha cousa máis cada ano. Mellor pouco e ben que moito e non dar chegado.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Oído o Claustro e aprobado no Consello Escolar, o Plan Dixital publicarase na páxina web do centro e mediante os medios que se recollan no plan de comunicación do centro para o vindeiro curso 2022-23, co fin de darlle unha difusión entre toda a comunidade educativa.

CEIP PLURILINGÜE NANTES | NANTES (xunta.gal)