Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Dentro da INTRODUCIÓN do noso PLAN DIXITAL contemplamos catro apartados:

1.1. Datos básicos do centro:
CEIP A RÚA
Tele¿fono/Fax: +34 986 303 918
Enderezo: A Rúa – Coiro CP:36947 Cangas do Morrazo
Correo electrónico: ceip.arua@edu.xunta.gal
Páx. Web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceiparua/
Blog do centro: htttp://ceiparua.blogspot.com
No noso centro ofértanse as etapas educativas de Educación Infantil e Educación Primaria, somos un centro de liña 1 e contamos con 9 unidades. E¿ un centro de titularidade pu¿blica, adscrito ao IES de Rodeira, e desenvolve o seu labor en xornada continuada de 9:30h a 14:30 horas.
En total no centro son 174 alumnxs somos un grupo de 20 mestras e mestres, dos cales 16 formamos parte do Claustro docente.

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
En relacio¿n o¿ contorno socioecono¿mico destacamos o feito de que Cangas e¿ un concello de marcado cara¿cter marin¿eiro, situado na comarca do Morrazo. No desenvolvemento desta localidade influi¿ron diferentes factores, pero entre todos destaca a proximidade a un gran nu¿cleo de poboacio¿n e de grande importancia industrial e comercial como e¿ a cidade de Vigo.
A economi¿a da zona esta¿ centrada no sector servizos seguido do sector industrial (textil, conserveiras, metalurxia). Ai¿nda se mante¿n un forte peso do sector pesqueiro e da agricultura (ai¿nda que perdendo peso de xeito paulatino).
A renda per ca¿pita do concello é media. A taxa de paro situ¿ase no 14,57% con datos de abril de 2022.
Queremos sinalar que no noso centro educativo, a presenza de alumnado de procedencia estranxeira e moi baixa.
Os cambios sociais na estrutura familiar supo¿n a aparicio¿n de novas formas como as familias monoparentais, familias de pais separados que forman novas familias, presenza de familias de procedencia estranxeira, etc.
En xeral, debido a¿s novas condicio¿ns laborais, sociais e culturais, obse¿rvase no alumnado unha crecente falta de interese polo traballo escolar e unha perda da cultura do esforzo. Probablemente vai acompan¿ado dunha falta de atencio¿n afectiva no seo das familias, pois non poden compartir tanto tempo como antes na educacio¿n dos fillos. O abuso das novas tecnoloxi¿as (consolas,Tabletas...) vai en detrimento do desenvolvemento das relacio¿ns sociais.
As liñas do centro nas primeiras estapas de Infantil e 1º ciclo de primaria, van en detrimento da tecnoloxía, abogando por unha educación nas vivencias diarias, no natural e manipulable e vivencial, aínda así no 1º ciclo de primaria terán un rincón do ordenador debido o curriculum de nova LOMLOE, ata ir incrementando en maior medida e rematar en último ciclo con EDIXGAL onde a inmersión tecnolóxica é maís completa.
Na programación Xeral Anual indicarase en grado se iniciddirá en cada curso e o nivel de competencias se prevé acadar nos alumnos en cada ciclo.


1.3. Breve xustificación do mesmo

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021-2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

1.4. Proceso de elaboración
Comezouse coa realización do SELFIE, foi preciso para saber de onde partiamos, como estaban neses intres as infrastructuras coas que contabamos para dita labor.
Continuamos co test CDD para saber o nivel tecnolóxico do profesorado do centro.
Esto levounos a un debate de claustro xa que moito do que se preguntaba no test CDD non era relevante na etapa de Primaria nalgúns aspectos e por suposto moito
menos o era na etapa de Infantil.
Unha vez realizado o DAFO e vendo as nosas debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades, tivemos que ter moi en conta as liñas pedagóxicas do noso PE, polo que os obxectivos case só recaen en Primaria dado que en Infantil non consideramos as tecnoloxías nada prioritario, durante estes últimos anos eliminaron incluso as PDI, recolocándoas en primaria, porque o modo de traballo de esta etapa basease na vivenciación, manipulación e do traballo co máis próximo e natural. Case exactamentese extende esa idea o 1º ciclo, modificándose algo en 2º de primaria, na que xa se tiñan en conta a educación TIC nos alumnxs na aula. Na actualidade, 1º tamén terá que darlle relevancia xa que a nova lei así o estipula no ámbito curricular.
Aínda que nos debates participamos todos/as, o proceso de elaboración recae na coordinadora TIC e o Equipo Directivo.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para coñecer a nosa situación de partida, utilizamos os seguintes instrumentos de recollida de información previa:

  1. Selfie (Anexo I).
  2. Test CDD (Anexo II).
Interno
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H4- É importante mellorar todavía máis a verificación da calidade da información. Alumnado Si
Debilidade H1-H2.Debemos incidir máis no uso responsable e seguro de internet e das ferramentas dixitais que, aínda que non é demasiado malo, é importante a mellora nestes aspectos. Alumnado Si
Debilidade C1. Debería mellorar o mantenemento do cableado e do RAC do centro. Infraestruturas Si
Debilidade C7. Fraqueza na aplicación da protección de datos nos ordenadores. Infraestruturas Si
Debilidade A1-A2. A estratexia dixital e o desenvolvemento da mesma co profesorado é mellorable. Persoal docente Si
Debilidade G1-G3-G5-G6 Non se empregan o suficiente para a avaliación das capacidades,para autoavaliación, para reflexionar sobre a aprendizaxe nin para facer comentarios a outros alumnos sobre o seu traballo. Persoal docente Si
Fortaleza H6-H8. Empregan o ordenador como ferramenta de comunicación entre eles e co profesorado, mesmo para otorgar recoñecemento ao traballo dos demáis. Alumnado Si
Fortaleza H7. Empregan o ordenador para crear ferramentas, buscar información de xeito bastante autónomo. Precisan maiores coñecementos dos programas e aplicacións cos que conta o ordenador para poder sacarlles máis partido. Alumnado Si
Fortaleza D1-D2. Están dispostos a mellorar a súa formación. Persoal docente Si
Fortaleza B3. Uso da tecnoloxía para comunicacións internas. Persoal docente Si
Fortaleza E4. Boa comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Si
Fortaleza A3. Uso de novas modalidades de ensinanza. Persoal docente Si
Fortaleza B1-B2. Debates sobre o uso da tecnoloxía e avaliación do progreso. Persoal docente Si
Fortaleza E1-E2-E3. Empréganse recursos en liña, créanse novos recursos dixitais e empréganse distintas plataformas ou entornos en liña. Persoal docente Si
Fortaleza F1. As tecnoloxías permítenos adaptarnos ás necesidade do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza F3. As tecnoloxías non se empregan o suficiente para potenciar a creatividade. Persoal docente Si
Fortaleza F4-F5. O alumnado implícase na súa utilización e sérvenlle de ferramenta colaborativa. Persoal docente Si
Fortaleza F6. Deberían empregarse máis as tecnoloxías para os proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Fortaleza OA. Emprego das novas tecnoloxías por parte do profesorado no seu día a día. Persoal docente Si
Fortaleza D3. Existe intercambio de experiencias entre aulas. Persoal docente Si
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza OA. O equipo dixital insuficiente é un factor que limita o uso das tecnoloxías. Administración educativa Si
Ameaza OA. A falta de tempo entre o profesorado é un factor negativo para a aprendizaxe mixta. Administración educativa Si
Oportunidade C2-C8. Dotación de portátiles co Plan Abalar. Administración educativa Si
Oportunidade C3. Bo acceso a internet. Administración educativa Si
Oportunidade C5. Asistencia técnica rápida. Administración educativa Si
Oportunidade OA. Acceso do alumnado á tecnoloxía fóra do centro sen moitos problemas de conectividade. Contorna Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Ambos informes (SELFIE e TEST CDD), foron analisados nun primeiro momento pola Comisión TICs para dar a coñecer os resultados, e as súas implicacións, ao claustro. Despois tiveron lugar varios debates para encauzar a elaboración do DAFO e dos obxectivos do noso Plan Dixital, consensuando e acordando as prioridades do centro a ese respecto e a necesidade de acometer os obxectivos que aparecen a continuación.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar o mantenemento do RAC do centro.
O02PD Incrementar a aplicación da protección de datos nos ordenadores do centro.
O03PD Definir a estratexia dixital do centro
O04PD Desenvolver a estratexia dixital do centro co profesorado
O05PD Incrementar os procesos de autoavaliación empregando medios dixitais en quinto e en sexto.
O06PD Fomentar o uso responsable e seguro de internet e das ferramentas dixitais.
O07PD Desenvolver estratexias de verificación da calidade da información.
O08PD Incrementar o equipamento dixital do centro.

Seguimento

Procedemento

Para realizar o seguimento do desenvolvemento do Plan, temos previstas varias accións:

  1. Xuntanzas periódicas do equipo TICs (as establecidas no plan de xuntanzas que determina o centro para os distintos equipos e comisións).
  2. Traslado dos acordos e conclusións destas xuntanzas ao equipo directivo por parte da coordinadora do equipo TICs.
  3. Visitas do mentor ADIX recollidas en acta (subidas como Anexos).
  4. Reflexión da coordinadora TICs, xunto co equipo directivo, sobre a valoración do desenvolvemento do Plan realizada en cada trimestre durante as avaliacións para decidir e secuenciar os pasos seguintes.

.

1º Trimestre

Para expoñer este seguimento trimestral, faremos mención aos obxectivos e as súas correspondentes accións. Indicaremos para os primeiros se están acadados, aprazados total ou parcialmente, ou aínda en prazo, explicando, de ser o caso, os motivos que provocaron ese aprazamento.

Obxectivo 1 - O01PD: Mellorar o mantenemento do RAC do centro. Acadado

  1. AO1.1: Solicitar a intervención de persoal técnico a través da UAC: Esta acción está realizada en prazo. A data prevista era 30/09/2022. Solicitamos a intervención dun técnico informático e houbo tamén unha revisión da conexión WIFI por parte de AMTEGA.

Obxectivo 2 - O02PD: Incrementar a aplicación da protección de datos nos ordenadores do centro. Parcialmente aprazado

  1. AO2.1: Actualizar os sistemas operativos dos ordenadores do centro con software libre. Esta acción foi realizada en prazo, antes do 20/12/22 por parte do equipo TICs do centro.
  2. AO2.2: Incluír un apartado sobre a protección de datos na estratexia dixital do centro. Esta acción prevista para antes do 20/12/22 foi aprazada ata a aprobación por parte do claustro do documento de estratexia dixital do centro.
  3. AO2.3: Informar a todo o profesorado das medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade, a integridade e a confidencialidade dos datos persoais manexados. Esta acción prevista para antes do 20/12/22 foi tamén aprazada ata a aprobación por parte do claustro do documento de estratexia dixital do centro.

Obxectivo 3 - O03PD: Definir a estratexia dixital do centro. Parcialmente aprazado

  1. AO3.1: Xuntanza do claustro para determinar os puntos claves da estratexia dixital do centro. Esta acción foi realizada fóra do prazo previsto, que era o 30/09/22, convocándose xuntanza extraordinaria para tal fin o 8/11/22.
  2. AO3.2: Elaboración do documento de estratexia dixital en función dos criterios acordados polo claustro. Esta acción foi aprazada xa que o claustro considerou que precisamos máis tempo de debate para chegar acordos sobre cal debe de ser a estratexia dixital do centro.
  3. AO3.3: Presentación do documento ao claustro para a súa aprobación. Esta acción foi aprazada ata que estea rematado o devandito documento.

Obxectivo 4 - O04PD: Desenvolver a estratexia dixital do centro co profesorado. Parcialmente aprazado

  1. AO4.1: Difusión entre o profesorado do documento de estratexia dixital aprobado en claustro. Esta acción, prevista para o 20/12/22, está aprazada ata que se aprobe no claustro o devandito documento.
  2. AO4.2: Establecer mecanismos de colaboración e asesoramento ao profesorado para o desenvolvemento da estratexia dixital. Esta acción está prevista para o 30/03/23.

Obxectivo 5 - O05PD: Incrementar os procesos de autoavaliación empregando medios dixitais en 5º e en 6º. Parcialmente aprazado

  1. AO5.1: Solicitar, dentro do PFPP, formación sobre estratexias dixitis de avaliación e autoavaliación. Esta acción foi realizada dentro do prazo do 30/09/22 solicitando ao CFR formación dixital dentro do PFPP.
  2. AO5.2: Seleccionar as estratexias máis axeitadas para aplicar en 5º e en 6º. Acción prevista para o 30/09/22 e aprazada ata levar a cabo a formación.
  3. AO5.3. Implementación das estratexias seleccionadas en 5º e en 6º. Acción prevista para o 30/06/22

Obxectivo 6 - O06PD: Fomentar o uso responsable e seguro de internet e das ferramentas dixitais. Parcialmente acadado

  1. AO6.1: Solicitar unha charla externa sobre seguridade en internet, ben a través do Plan Director ou outras organizacións. Acción realizada na data prevista, antes do 30/09/22. Levouse a cabo unha charla sobre Ciberseguridade e acoso, dentro do Plan Director e ofrecida pola Garda Civil, o día 10 de outubro pola mañá para o alumnado de 5º e 6º e pola tarde para as familias.
  2. AO6.2: Elaborar propostas de actividades para fomentar o uso responsable de internet e as ferramentas dixitais. Acción prevista para o 20/06/23.

Obxectivo 7 - O07PD: Desenvolver estratexias de verificación da calidade da información. Aprazado

  1. AO7.1: Elaborar propostas de actividades para analizar a información. Acción, prevista para o 20/12/22 e aprazada por falta de tempo para levala a cabo.
  2. AO7.2: Elaborar unha rúbrica que se utilizará para analizar a información. Acción, prevista para o 20/12/22 e aprazada por falta de tempo para levala a cabo.
  3. AO7.3: Programar unha tarefa con información de diferentes sitios web para valorar a súa calidade e fiabilidade por parte do alumnado de acordo coa rúbrica. Acción prevista para o 30/06/23

Obxectivo 8 - O08PD: Incrementar o equipo dixital do centro. Obxectivo previsto para o 30/06/23

  1. Solicitar o aumento dos equipos dixitais do centro ante a administración (Xefatura Territorial, AMTEGA...) Acción prevista para o 30/06/23

 

2º Trimestre

Para expoñer este seguimento trimestral, faremos mención aos obxectivos e as súas correspondentes accións. Indicaremos para os primeiros se están acadados, aprazados total ou parcialmente, ou aínda en prazo, explicando, de ser o caso, os motivos que provocaron ese aprazamento.

2º trimestre:

Obxectivo 1 - O01PD: Mellorar o mantenemento do RAC do centro. Acadado

  1. AO1.1: Solicitar a intervención de persoal técnico a través da UAC: Esta acción está realizada en prazo. A data prevista era 30/09/2022. Solicitamos a intervención dun técnico informático e houbo tamén unha revisión da conexión WIFI por parte de AMTEGA.

Obxectivo 2 - O02PD: Incrementar a aplicación da protección de datos nos ordenadores do centro. Parcialmente aprazado

  1. AO2.1: Actualizar os sistemas operativos dos ordenadores do centro con software libre. Esta acción foi realizada en prazo, antes do 20/12/22 por parte do equipo TICs do centro.
  2. AO2.2: Incluír un apartado sobre a protección de datos na estratexia dixital do centro. Esta acción prevista para antes do 20/12/22 foi aprazada ata a aprobación por parte do claustro do documento de estratexia dixital do centro.
  3. AO2.3: Informar a todo o profesorado das medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade, a integridade e a confidencialidade dos datos persoais manexados. Esta acción prevista para antes do 20/12/22 foi tamén aprazada ata a aprobación por parte do claustro do documento de estratexia dixital do centro.

Obxectivo 3 - O03PD: Definir a estratexia dixital do centro. Parcialmente aprazado

  1. AO3.1: Xuntanza do claustro para determinar os puntos claves da estratexia dixital do centro. Esta acción foi realizada fóra do prazo previsto, que era o 30/09/22, convocándose xuntanza extraordinaria para tal fin o 8/11/22.
  2. AO3.2: Elaboración do documento de estratexia dixital en función dos criterios acordados polo claustro. Esta acción foi aprazada xa que o claustro considerou que precisamos máis tempo de debate para chegar acordos sobre cal debe de ser a estratexia dixital do centro.
  3. AO3.3: Presentación do documento ao claustro para a súa aprobación. Esta acción foi aprazada ata que estea rematado o devandito documento.

Obxectivo 4 - O04PD: Desenvolver a estratexia dixital do centro co profesorado. Parcialmente aprazado

  1. AO4.1: Difusión entre o profesorado do documento de estratexia dixital aprobado en claustro. Esta acción, prevista para o 20/12/22, está aprazada ata que se aprobe no claustro o devandito documento.
  2. AO4.2: Establecer mecanismos de colaboración e asesoramento ao profesorado para o desenvolvemento da estratexia dixital. Esta acción está prevista para o 30/03/23.

Obxectivo 5 - O05PD: Incrementar os procesos de autoavaliación empregando medios dixitais en 5º e en 6º. Parcialmente aprazado

  1. AO5.1: Solicitar, dentro do PFPP, formación sobre estratexias dixitis de avaliación e autoavaliación. Esta acción foi realizada dentro do prazo do 30/09/22 solicitando ao CFR formación dixital dentro do PFPP.
  2. AO5.2: Seleccionar as estratexias máis axeitadas para aplicar en 5º e en 6º. Acción prevista para o 30/09/22 e aprazada ata levar a cabo a formación. Neste segundo trimestre, acordamos utilizar a Corrúbrica como ferramenta principal de autoavaliación dixital, co cal damos por acadada esta acción.
  3. AO5.3. Implementación das estratexias seleccionadas en 5º e en 6º. Acción prevista para o 30/06/22

Obxectivo 6 - O06PD: Fomentar o uso responsable e seguro de internet e das ferramentas dixitais. Parcialmente acadado

  1. AO6.1: Solicitar unha charla externa sobre seguridade en internet, ben a través do Plan Director ou outras organizacións. Acción realizada na data prevista, antes do 30/09/22. Levouse a cabo unha charla sobre Ciberseguridade e acoso, dentro do Plan Director e ofrecida pola Garda Civil, o día 10 de outubro pola mañá para o alumnado de 5º e 6º e pola tarde para as familias. No mes de marzo, o 7, houbo outra charla para familias sobre "Fake News" por parte da Organización Ginko.
  2. AO6.2: Elaborar propostas de actividades para fomentar o uso responsable de internet e as ferramentas dixitais. Acción prevista para o 20/06/23.

Obxectivo 7 - O07PD: Desenvolver estratexias de verificación da calidade da información. Aprazado

  1. AO7.1: Elaborar propostas de actividades para analizar a información. Acción, prevista para o 20/12/22 e aprazada por falta de tempo para levala a cabo.
  2. AO7.2: Elaborar unha rúbrica que se utilizará para analizar a información. Acción, prevista para o 20/12/22 e aprazada por falta de tempo para levala a cabo.
  3. AO7.3: Programar unha tarefa con información de diferentes sitios web para valorar a súa calidade e fiabilidade por parte do alumnado de acordo coa rúbrica. Acción prevista para o 30/06/23

Obxectivo 8 - O08PD: Incrementar o equipo dixital do centro. Obxectivo previsto para o 30/06/23

  1. Solicitar o aumento dos equipos dixitais do centro ante a administración (Xefatura Territorial, AMTEGA...) Acción prevista para o 30/06/23
3º Trimestre

Para expoñer este seguimento trimestral, faremos mención aos obxectivos e as súas correspondentes accións. Indicaremos para os primeiros se están acadados, aprazados total ou parcialmente, ou aínda en prazo, explicando, de ser o caso, os motivos que provocaron ese aprazamento.

3º trimestre:

Obxectivo 1 - O01PD: Mellorar o mantenemento do RAC do centro. Acadado

  1. AO1.1: Solicitar a intervención de persoal técnico a través da UAC: Esta acción está realizada en prazo. A data prevista era 30/09/2022. Solicitamos a intervención dun técnico informático e houbo tamén unha revisión da conexión WIFI por parte de AMTEGA.

Obxectivo 2 - O02PD: Incrementar a aplicación da protección de datos nos ordenadores do centro. Acadado

  1. AO2.1: Actualizar os sistemas operativos dos ordenadores do centro con software libre. Esta acción foi realizada en prazo, antes do 20/12/22 por parte do equipo TICs do centro.
  2. AO2.2: Incluír un apartado sobre a protección de datos na estratexia dixital do centro. Esta acción foi realizada con data 26/6/23, ao aprobarse en xuntanza extraordinaria do claustro o documento "Protocolo de uso dos recursos dixitais" (Anexo VI)
  3. AO2.3: Informar a todo o profesorado das medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade, a integridade e a confidencialidade dos datos persoais manexados. Esta acción foi realizada con data 26/6/23, ao aprobarse en xuntanza extraordinaria do claustro o documento "Protocolo de uso dos recursos dixitais" (Anexo VI)

Obxectivo 3 - O03PD: Definir a estratexia dixital do centro. Acadado

  1. AO3.1: Xuntanza do claustro para determinar os puntos claves da estratexia dixital do centro. Esta acción foi realizada fóra do prazo previsto, que era o 30/09/22, convocándose xuntanza extraordinaria para tal fin o 8/11/22.
  2. AO3.2: Elaboración do documento de estratexia dixital en función dos criterios acordados polo claustro. Esta acción foi realizada con data 26/6/23, ao aprobarse en xuntanza extraordinaria do claustro o documento "Protocolo de uso dos recursos dixitais" (Anexo VI)
  3. AO3.3: Presentación do documento ao claustro para a súa aprobación. Esta acción foi realizada con data 26/6/23, ao aprobarse en xuntanza extraordinaria do claustro o documento "Protocolo de uso dos recursos dixitais". (Anexo VI)

Obxectivo 4 - O04PD: Desenvolver a estratexia dixital do centro co profesorado. Acadado

  1. AO4.1: Difusión entre o profesorado do documento de estratexia dixital aprobado en claustro. Esta acción foi realizada con data 26/6/23, ao aprobarse en xuntanza extraordinaria do claustro o documento "Protocolo de uso dos recursos dixitais". (Anexo VI)
  2. AO4.2: Establecer mecanismos de colaboración e asesoramento ao profesorado para o desenvolvemento da estratexia dixital. Esta acción foi realizada con data 26/6/23, ao aprobarse en xuntanza extraordinaria do claustro o documento "Protocolo de uso dos recursos dixitais". (Anexo VI)

Obxectivo 5 - O05PD: Incrementar os procesos de autoavaliación empregando medios dixitais en 5º e en 6º. Acadado

  1. AO5.1: Solicitar, dentro do PFPP, formación sobre estratexias dixitis de avaliación e autoavaliación. Esta acción foi realizada dentro do prazo do 30/09/22 solicitando ao CFR formación dixital dentro do PFPP.
  2. AO5.2: Seleccionar as estratexias máis axeitadas para aplicar en 5º e en 6º. Acción prevista para o 30/09/22 e aprazada ata levar a cabo a formación. Neste segundo trimestre, acordamos utilizar a Corrúbrica como ferramenta principal de autoavaliación dixital, co cal damos por acadada esta acción.
  3. AO5.3. Implementación das estratexias seleccionadas en 5º e en 6º. Acción realizada no último trimestre do curso. Inclúense exemplos no Anexo VI.

Obxectivo 6 - O06PD: Fomentar o uso responsable e seguro de internet e das ferramentas dixitais. Parcialmente acadado

  1. AO6.1: Solicitar unha charla externa sobre seguridade en internet, ben a través do Plan Director ou outras organizacións. Acción realizada na data prevista, antes do 30/09/22.
  2. AO6.2: Elaborar propostas de actividades para fomentar o uso responsable de internet e as ferramentas dixitais. Esta acción foi realizada con data 26/6/23, ao aprobarse en xuntanza extraordinaria do claustro o documento "Protocolo de uso dos recursos dixitais", no que se inclúen propostas neste sentido. (Anexo VI)

Obxectivo 7 - O07PD: Desenvolver estratexias de verificación da calidade da información. Parcialmente acadado

  1. AO7.1: Elaborar propostas de actividades para analizar a información. Incluídas no documento "Protocolo de uso de recursos dixitais" aprobado en claustro extraordinario o 26/6/23. (Anexo VI)
  2. AO7.2: Elaborar unha rúbrica que se utilizará para analizar a información. Acción pendente de reformulación para o vindeiro curso.
  3. AO7.3: Programar unha tarefa con información de diferentes sitios web para valorar a súa calidade e fiabilidade por parte do alumnado de acordo coa rúbrica. Acción pendente de reformulación para o vindeiro curso.

Obxectivo 8 - O08PD: Incrementar o equipo dixital do centro. Acadado

  1. Solicitar o aumento dos equipos dixitais do centro ante a administración (Xefatura Territorial, AMTEGA...) Houbo dotación de portátiles e paneis dixitais interactivos por parte de AMTEGA.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
  • Trimestralmente farase unha valoración de como se están realizando as actividades do Plan dixital para acadar os obxectivos, facéndose durante a avalición de cada titoría, analizando tamén os aspectos traballados dixitalmente na aula.
  • Anualmente recollerase a valriación final na memoria de final de curso, mediante unha enquisa a profesorado e alumnado, na que só participarán os final de etapa, sendo no 1º e 2ºciclo de xeito manual, recollendo as súas valoracións individuais a titora e pasándollas a coordinadora TICs e en 3º ciclo mediante googleforms.
  • Os resultados máis salientables serán transmitidos pola cooordinadora na memoria do centro realizada polo departamento TICs. Asímesmo, trasladaranse ao Claustro e ao Consello Escolar para a súa aprobación.
Valoración xeral

Como xa queda reflectido no seguimento trimestral, dos 8 obxectivos que nos formulabamos ao inicio deste curso 2023-2024 no Plan Dixital do centro, foron acadados 7 e parcialmente acadado 1 (por necesidade de reformulación das accións precisas para desenvolvelo). Polo tanto, a valoración xeral da implementación do Plan Dixital é moi positiva.

Queremos destacar como especialmente significativa a elaboración do documento “Protocolo de uso de recursos dixitais”, que se ben non responde exactamente a unha estratexia dixital de centro (que abarcaría máis aspectos dos que procede incluir nese documento, mesmo este propio Plan Dixital), si que forma unha parte moi importante da mesma. Contar neste momento cun documento que recolla puntos como a organización e a xestión dos recursos dixitais, orientacións para o alumnado, as familias e o profesorado, a protección de datos ou o tratamento da información, entre outros, supón un necesario punto de partida para seguir avanzando na estratexia dixital do centro. E máis cando ese documento xorde a partir dun debate consensuado no claustro sobre cales son as necesidades do centro e da comunidade educativa no que respecta aos medios dixitais.

Outro factor a sinalar é o acompañamento e asesoramento continuo do Mentor ADIX, na implementación do Plan Dixital. A través das súas visitas e a súa dispoñibilidade para calquera consulta fomos quen de ir superando cada etapa deste proceso. Aproveitamos para demandar este tipo de apoio e guía na elaboración e implementación dos outros plans que temos que levar a cabo no centro.

Proposta de mellora

De cara ao vindeiro curso, consideramos que debemos tomar o devandito documento “Protocolo de uso de recursos dixitais” como referente para elaborar os obxectivos que darán corpo ao Plan Dixital do 2023-2024. Así, haberá que deseñar propostas para implementar as recomendacións que aí se inclúen sobre todo no que respecta á protección de datos e ao tratamento da información.

Outro obxectivo que semella importante é seguir avanzando na formación do profesorado para mellorar a competencia dixital docente e, ao mesmo tempo, optimizar o emprego dos recursos do centro. Formación en robótica, realidade virtual, ferramentas dixitais… podería ser solicitada a través do Plan de Formación do Centro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

No centro promoveremos a difusión e a publicidade das actividades do proxecto dixital a través da realización de charlas ou talleres que se levarán a cabo co alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria e coas familias do centro, centradas no uso responsable e crítico de Internet.
Divulgaremos a información a través da aplicación Abalar e da Páxina do centro.