Análise dos obxectivos acadados polos correspondentes responsables segundo a secuenciación prevista. No caso de necesitarse algunha modificación, procederáse a reconsiderar os parámetros e/ou accións relacionadas. Cóntase ca axuda da asesora externa.
Avaliación
Cada unha das actuacións propostas neste plan conta con indicadores específicos que axudarán a determinar se se conseguiu o obxectivo proposto e se cómpre realizar cambios no enfoque destas actuacións durante o curso. Estes indicadores serán elaborados preferentemente polo coordinador TIC.
Coa análise destes indicadores elaborarase un informe de avaliación final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os aspectos positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores
Comunicación e difusión
• A comunicación da dirección ou claustro ao inicio do curso 2024-2025.