Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O centro de adultos presenta unha serie de características específicas que o diferencian doutros centros de ensino de carácter ordinario. O alumnado é moi heteroxéneo debido a multitude de factores, como a idade, situación laboral, dispoñibilidade de tempo, inquietudes, obrigas persoais, nacionalidade, cultura, etc.

O plan dixital persegue fundamentalmente o desenvolvemento do tratamento da información e a competencia dixital e a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensino-aprendizaxe polo que é un instrumento para a mellora das capacidades dixitais do centro e do profesorado que terá consecuencias na mellora da competencia dixital do alumnado e polo tanto unha verdadeira oportunidade de mellorar o nivel socioeconómico.

O marco legal no que se inscribe é o seguinte:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da 

  • educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para elaborar a análise DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades do centro educativo) utilizamos as ferramentas SELFIE e o test CDD.

Interno
29 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O 8% do alumnado non ten acceso a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. Alumnado Non
Debilidade H7-Creación de contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Alumnado con competencias dixitais insuficientes Alumnado Si
Debilidade B2-Debate sobre o uso da TD Organización de centro Non
Debilidade A1-Estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade F6-Proxectos interdisciplinares para o alumnado utilizando tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade B1-Avaliación do progreso do profesorado en TD. Organización de centro Non
Debilidade Acceso limitado do alumnado aos dispositivos dixitais Organización de centro Si
Debilidade E3-Entornos virtuais. Persoal docente Non
Debilidade G1-Avaliación das capacidades Persoal docente Non
Debilidade G1-Uso das TD para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade F6-Proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Debilidade G5-Autoreflexión sobre el aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade Profesorado con CD insuficientes Persoal docente Non
Fortaleza C8-Dispositivos dixitais para o alumnado Infraestruturas Non
Fortaleza C2-Dispositivos dixitais para uso común do profesorado. Infraestruturas Non
Fortaleza C3-Conexión a Internet Infraestruturas Non
Fortaleza C5-Asistencia técnica Infraestruturas Non
Fortaleza O centro educativo ten experiencias no uso de entornos de aprendizaxe Oferta Non
Fortaleza C7-Sistemas de protección de datos. Organización de centro Non
Fortaleza A3-Apoio ao profesorado na utilización das novas modalidades de ensinanza ca TD. Organización de centro Non
Fortaleza C5-Asistencia técnica. Organización de centro Non
Fortaleza D2-Participación en el DPC. Organización de centro Non
Fortaleza D3-Intercambio de experiencias Organización de centro Non
Fortaleza E1-Recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza F4-Inclusión do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza F1-Uso das TD para a adaptación as necesidades do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza E4-Comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza G3-Retroalimentación do alumnado Persoal docente Non
29 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C1-Infraestrutura dixital-Falta de fondosEquipos insuficientes-Internet lentoLimitacións de espazo- Acceso a recursos dixitais en liña ben organizados Administración educativa Si
Ameaza Falta de tempo nos horarios para que o profesorado poda desenvolver material dixital Lexislación Non
2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Una vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e do Test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital do Centro e o conxunto de Claustro obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS a nivel externo que aparecen recollidas na presente análise DAFO, sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base a cal de xeito cuantitativo establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado una serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN convertIndo os intems en obxetivos que trataremos de acadar ó longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións. Todo isto recollerase na pestana "Obxectivos".

A análise DAFO indícanos

Factores Internos que debemos mellorar:

    Tempo para explorar o ensino dixital
    Debate sobre o uso da tecnoloxía
    Colaboracións
    Competencias dixitais do alumnado
    O desenvolvemento da estratexia co profesorado
    Novas modalidades de ensino
    Sinerxias para o ensino e o aprendizaxe a distancia
    Emprego da Aula Virtua
    Operatividade da Páxina web; información non concreta, visualmente pouco atractiva, contidos pouco estructurados.
    O centro non conta cunha estratexia dixital definida

Factores externos que deberían mellorar:

    Carencia de tempo para a creación de contidos dixitais pola carga lectiva.
    A administración non dota dos medios precisos para minorar a fenda dixital.
    As ferramentas corporativas son pouco eficientes e restan eficiencia no proceso de ensinanza aprendizaxe

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Incrementar o número de dispositivos dixitais portátiles para préstamo e mellorar a xestión de éste.
O02PD Creación de materiais e optimización do uso das pantallas dixitáis na práctica docente
O03PD Ofrecer coñecementos básicos prácticos de uso das TIC para adultos

Seguimento

Procedemento

Análise dos obxectivos acadados polos correspondentes responsables segundo a secuenciación prevista. No caso de necesitarse algunha modificación, procederáse a reconsiderar os parámetros e/ou accións relacionadas. Cóntase ca axuda da asesora externa.

1º Trimestre

AO1.1Preparación dos equipos para o préstamo :  Acadado

AO1.2Preparación da documentación para o préstamo -- Acadado

AO1.3Elaboración de listas iniciais de alumnado--Acadado

AO2.1Constitución don seminario de traballo con 17 docentes para formación no uso da pantalla dixital e creación de materiais -- Acadado

2º Trimestre

AO1.4Préstamo de equipos. Acadado

AO1.5 Recepción de equipos. En proceso

AO2.2 Formación no uso da pantalla. Xornadas de traballo en grupo e individuais. Creación de materiais. En proceso

AO3.1 Formación básica do uso do ordenador, navegación, uso de webs institucionais e seguridade. En proceso

3º Trimestre

AO1.4Préstamo de equipos. Acadado

AO1.5 Recepción de equipos. Acadado

AO1.6 Memoria do préstamo. Acadado

AO2.2 Formación no uso da pantalla. Xornadas de traballo en grupo e individuais. Creación de materiais. Acadado

AO3.1 Formación básica do uso do ordenador, navegación, uso de webs institucionais e seguridade. Acadado

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cada unha das actuacións propostas neste plan conta con indicadores específicos que axudarán a determinar se se conseguiu o obxectivo proposto e se cómpre realizar cambios no enfoque destas actuacións durante o curso. Estes indicadores serán elaborados preferentemente polo coordinador TIC.

 

Coa análise destes indicadores elaborarase un informe de avaliación final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os aspectos positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores

Valoración xeral

A valoración e positiva xa que a posta en marcha do préstamo de portátiles tivo moi boa acollida. O grupo de traballo relacionado co aula virtual tivo un rendimento aceptable.

Proposta de mellora

Continuidade coa mellora en coñecementos de ferramentas dixitais disponíbeis para o profesorado

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A comunicación da dirección ou claustro ao inicio do curso 2023-2024.

• Publicación na web do centro da ligazón pública do plan.