Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- Posta en marcha da Aula de audiovisuais do centro.
- Investigación e práctica dos recursos dos panéis dixitais interactivos.
- Comezamos coa elaboración de guías e manuais de uso dos recursos existentes nos panéis dixitais interactivos.
11/10/23 Reunión presencial
Reunión con Jacob Seijas adix do noso ámbito xeográfico.
Xa temos acceso á Aula Virtual ADIX_Tui que empregaremos como principal medio de comunicación, en todo caso mantemos abertas todas as posibles liñas (correo electrónico, comunicación telefónica co centro e móbil persoal, vídeo conferencia,...).
Temos tamén acceso á aplicación EduCalidade, na que xa estivo traballando nos distintos apartados actualizando os cadros de texto herdados do curso pasado e estudando a incorporación dos novos
Obxectivos.
Repasamos os distintos apartados da aplicación:
• Introdución
• Contexto DAFO
• Obxectivos
• Comunicación e Difusión
• Seguimento
• Avaliación
Temos de prazo ata o vindeiro 06 de novembro para pechar a elaboración do PDC 2023-24, previa información/aprobación en Claustro e a aprobación en Consello Escolar.
Tamén comprobamos como os nosos PDC xa son visibles e de ámbito público na aplicación EduCalidade.
- Rematamos a elaboración de guías e manuais de uso dos recursos existentes nos panéis dixitais interactivos.
- Comezamos coa creación e organización das pautas de uso dos ordenadores e de internet e da elaboración das guías .
07/02/24 Reunión presencial
Reunión con Jacob Seijas adix do noso ámbito xeográfico.
Nesta 2ª reunión, tras deixar o PDC correctamente trasladado á aplicación EduCalidade, o obxectivo principal é realizar o seguimento de cada un dos Obxectivos analizando as Accións particulares dos mesmos.
Na reunión seguimos a seguinte Orde do día:
1. Sinatura da acta anterior.
2. Corrección de posibles eivas do PDC na aplicación EduCalidade.
Revisado todo o trasladado na aplicación EduCalidade non se aprecia ningunha incidencia.
3. Recollida das RRSS utilizadas polo centro educativo. As RRSS utilizadas quedan recollidas nesta acta no apartado correspondente.
4. Recollida da planificación de formación específica sobre competencia dixital (través dun PFPP). A formación específica en competencia dixital solicitada no PFPP do
centro queda recollida nesta acta no apartado correspondente.
5. Revisión do estado dos Obxectivos O01PD, O02PD...
O01PD Posta en marcha da Aula de audiovisuais do centro.
Pendente Parcialmente Acadado
O02PD Creación de guías e compendio de instrucións para o uso dos recursos dos panéis dixitais interactivos.
Pendente Parcialmente Acadado
O03PD Elaboración dunha guía metodolóxica para iniciar ao alumnado de 4º (próximo curso Edixgal) no manexo dun ordenador e aplicalo na aula.
Pendente Parcialmente Acadado
6. Seguimento particular das Accións vencidas en cada obxectivo A01.1, A01.2...
Marcamos en grosa as accións levadas a cabo e que recollen no seu seguimento particular a súa execución e, no caso de telas, as evidencias documentais:
AO1.1: Organización e revisión dos materiais Tics inventariados no centro, dando de baixa os que estén estragados ou non funcionen; e posible modificación do inventario.
AO1.2: Organizar os ordenadores nun recuncho para o uso no mesmo polo alumnado e cunha infraestrutura de cableado para a súa carga.
AO1.3: Organización dos recursos itinerantes (tabletas) revisando os que funcionen e os que non. Tentando reparar os que dan erros. E idear un modo de carga tralo uso ou previo ao mesmo.
AO2.1: Investigación e práctica cos panéis dixitáis para coñecer o seu potencial
AO2.2: Elaboración das guías de uso e dunha clasificación por matérias ou temáticas que facilite o seu uso
AO2.3: Creación dun grupo de traballo para a elaboración das guías e manuais de uso dos recursos e apps dispoñibles nos panéis dixitais
AO3.1. Elaboración dunha guía básica para o manexo dos ordenadores
AO3.2: Elaboración dunhas pautas do uso seguro e responsable de internet
AO3.3: Aplicación na aula de 4º das guías cunha sesión semanal de informática no mes de maio.
7. Evidencias documentais para acreditar o cumprimento das nosas Accións (cando sexa posible) e que podemos achegar no seu Seguimento.
Se achegan as evidencias documentais existentes no seguimento particular de cada Acción na aplicación EduCalidade.
8. Actualización na lapela Seguimento --> 1º trimestre.
Actualizamos o apartado 1º trimestre dentro da lapela Seguimento na aplicación EduCalidade, recollendo toda a actividade relacionada coa coordinación do PDC.
Aplicación na aulda de 4º de Primaria do preparado para formalos no manexo dos ordenadores e uso seguro de internet.
22/05/24 Reunión presencial
Reunión con Jacob Seijas adix do noso ámbito xeográfico.
Tras comprobar que o PDC se atopa no estado de “Plan pechado-seguimento“ dentro da aplicación EduCalidade o obxectivo principal é realizar o seu seguimento, practicamente definitivo. Esta reunión mantense cando queda aproximadamente 1 mes para finalizar o curso e existe a posibilidade dalgunha edición, previa o estado “Finalizado” do PDC, na aplicación EduCalidade tras a sinatura desta Acta.
Seguimos a seguinte Orde do día:
1. Sinatura da acta anterior.
2. Revisión do estado dos Obxectivos O01PD, O02PD...
• O01PD Posta en marcha da Aula de audiovisuais do centro.
• O02PD Creación de guías e compendio de instrucións para o uso dos recursos dos panéis dixitais interactivos.
• O03PD Elaboración dunha guía metodolóxica para iniciar ao alumnado de 4º (próximo curso Edixgal) no manexo dun ordenador e aplicalo na aula.
Revisamos a situación actual (Pendente – Parcialmente - Acadado) de cada un dos Obxectivos do PDC e editamos o estado dos mesmos na aplicación EduCalidade.
3. Seguimento.
• Accións.
AO1.1: Organización e revisión dos materiais Tics inventariados no centro, dando de baixa os que estén estragados ou non funcionen; e posible modificación do inventario.
AO1.2: Organizar os ordenadores nun recuncho para o uso no mesmo polo alumnado e cunha infraestrutura de cableado para a súa carga.
AO1.3: Organización dos recursos itinerantes (tabletas) revisando os que funcionen e os que non. Tentando reparar os que dan erros. E idear un modo de carga tralo uso ou previo ao mesmo.
AO2.1: Investigación e práctica cos panéis dixitáis para coñecer o seu potencial
AO2.2: Elaboración das guías de uso e dunha clasificación por matérias ou temáticas que facilite o seu uso
AO2.3: Creación dun grupo de traballo para a elaboración das guías e manuais de uso dos recursos e apps dispoñibles nos panéis dixitais
AO3.1. Elaboración dunha guía básica para o manexo dos ordenadores
AO3.2: Elaboración dunhas pautas do uso seguro e responsable de internet
AO3.3: Aplicación na aula de 4º das guías cunha sesión semanal de informática no mes de maio.
Para cada unha das Accións particulares de cada Obxectivo realizamos o seu seguimento achegando cando é posible evidencias documentais, quedando recollidas na aplicación EduCalidade (Lapela Obxectivos). Pendente de realizar as executadas ao final de curso tales como as accións de Valoración.
• Trimestral.
Indicamos nos 3 trimestres todas as accións levadas a cabo polo Equipo de Dinamización do Plan Dixital e lideradas pola coordinación
do PDC. Quedando recollido na aplicación EduCalidade (Lapela Seguimento). Pendente de achegar aquelas accións executadas ata que finalice o curso.
4. Avaliación.
Na aplicación EduCalidade (Lapela Avaliación) quedará pendente realizar as achegas, antes de pasar ao estado “Finalizado”, nos seguintes apartados.
• Valoración xeral.
• Propostas de Mellora.
Esta edición realizarase tras a reflexión do EDPD reflectindo a evolución do PDC ao longo deste curso e focalizando xa nos Obxectivos que podemos planificar para o curso 2024-2025.
5. Revisión Anexos.
Achégase no seguimento particular de cada Acción as evidencias documentais das que se dispón (Lapela Obxectivos), no caso doutra documentación auxiliar que se xere ata finalizar o curso, queda á disposición na Lapela Anexos un espazo para ao seu arquivo.
Avaliación
4.Avaliación do plan
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
A valoración é positiva. Gracias a realización destas actividades lográronse os obxectivos propostos. Agora hai un mellor aproveitamento dos recursos do centro.
Seguir mellorando nos recursos, sobre todo informáticos do centro, para lograr unha boa dixitalicación do alumnado.
Así mesmo, proponse seguir adquirindo e perfeccionando os coñecementos tecnolóxicos do profesorado e motivalo para un desenvolvemento óptimo.
Comunicación e difusión
Difusión do plan
O protocolo para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa será na páxina web e en todos os órganos de goberno do centro educativo: aprobación do plan en Claustro e aprobación en Consello Escolar.