Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro
      Centro de Educación Primaria Xosé Neira Vilas.
      Dirección: Peroleira 34, 36389 Peitieiros-Gondomar (Pontevedra). Teléfono: 886 110220 

E-mail: cep.neira.vilas@edu.xunta.gal  Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cepneiravilas/
Número de unidades en funcionamento: 11
N.º de profesores/as: en total 21: 19 mestres/as, 1 mestre itinerante, 1 mestras en comisión de servizos.
N.º de alumnos/as: 49 no 1º e 2º niveis de Primaria, 69 no 3º e 4º niveis de Primaria e 47 no 5º e 6º niveis de Primaria (Total 165 alumnos e alumnas).

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

• Sociocultural

Colexio situado no rural, que acolle nenos e nenas de varias parroquias de Gondomar: Chaín, Peitieiros, Couso e Morgadáns, tendo esta última os barrios de Vilas e Prado, que son as máis distantes do Centro con 6 e 8 km, respectivamente. Na nosa zonificación tamén está comprendida unha zona pequena do casco urbano.
Gondomar é un concello rural de 14.000 habitantes. Entre os servizos cos que conta están: unha Biblioteca, unha Casa da Cultura, Centro de Saúde, Pavillón Polideportivo, e Conservatorio de Música. Tamén existen varias escolas deportivas e artísticas en funcionamento.
A comunicación das parroquias co centro urbano non é moi fluída a pesar da existencia dunha liña de autobuses varias veces no día.
O nivel de servizos sociais nas parroquias é bastante deficiente. Nalgúns aspectos, a súa escasa demanda é case sempre consecuencia do interese que os demais demostran por eles. É o caso, en concreto, dos Centros Culturais que existen en cada unha das parroquias, onde desenvolven un importante labor en actividades folclóricas e musicais, así como a utilización destes locais como centro de reunión e de localización das Comisións de Festas e de Montes.
A maior parte dos servizos con que conta o Concello están no centro urbano, sen que iso supoña necesariamente un gran nivel de "centralismo".
    • Económico

O tipo de vivenda é unifamiliar, e a maioría das familias teñen terreos que traballan regularmente -cada vez menos- e que axudan á economía familiar. Outra parte das familias adícanse a sectores industriais e servizos. Esta simbiose entre o traballo nas empresas e o agrícola da casa, así como a súa localización xeográfica rural condicionan bastante o modo de vida, aínda que  observando nestes últimos anos un fluxo de familias que chegan á nosa zona procedentes da cidade buscando un contorno máis tranquilo.
    • Lingüístico

O idioma predominante nas familias é o galego, aínda que, moitos pais e nais relaciónanse cos seus fillos e fillas en castelán. A importancia disto é grande, xa que supón andar a cabalo entre dous idiomas distintos coa conseguinte dificultade para a súa aprendizaxe. Non existen máis linguas en uso.


    • O Plan Dixital recolle a realidade actual do centro, pretendendo unha achega e un desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa mantendo as liñas prioritarias establecidas no PE: Potenciar a convivencia de toda a comunidade, dar resposta á diversidade do alumnado a través do desenvolvemento curricular e establecer mecanismos de participación das familias.
Proponse un plan de acción relacionado coas diferentes actuacións e o desenvolvemento dos plans de centro concretados anualmente na PXA. Neste senso, a intención parte promover accións vinculadas ao mesmo tempo a diferentes habilidades e destrezas contribuíndo unha aprendizaxe real e significativa. A competencia dixital constitúe un eixe relevante para o desenvolvemento da actividade educativa.


O curso 2011-12 o centro adscríbese ao Proxecto Abalar. No curso 2014-15 entra a formar parte da rede E-Dixgal manténdose ata a actualidade. Por outra banda, no curso 2013-14, o centro comeza a formar parte do PLAMBE solicitando anualmente diferentes iniciativas derivadas deste plan. Nos últimos tres cursos escolares, o centro solicita anualmente a participación en programas educativos que permiten a renovación e adquisición de recursos actuais para a aprendizaxe. A través das iniciativas englobadas nos Contratos Programa o centro traballou en prol da dixitalización desde un enfoque curricular. Tendo en conta o calendario de implementación do presente Plan, determinadas accións estarán recollidas na propia Programación Xeral Anual do curso 2022-23, tal e como se especifica nos obxectivos e accións do Plan. Realizaranse diferentes accións que terán presencia nas programacións didácticas e contribuirán ao desenvolvemento do resto de plans e proxectos.



LEXISLACIÓN
A publicación da LOMLOE en xaneiro de 2021 establece que todos os centros educativos deberán contar cunha estratexia dixital de centro. A Resolución do 17 de xuño de 2021, indica que ao longo do curso 2021-22 os centros docentes galegos deberán elaborar o seu Plan Dixital segundo as indicacións da Consellería. A Resolución do 3 de setembro do 2021, recolle o procedemento completo para a elaboración e implementación do presente Plan. Estas accións deberán revisarse e adaptarse segundo o desenvolvemento xeral dos plans de centro.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Ferramenta SELFIE

Para recoller a información sobre a situación real do centro, utilizamos esta ferramenta deseñada para axudar aos centros educativos a integrar as tecnoloxías dixitais na docencia, a aprendizaxe e a avaliación. A través dos resultados obtidos, puidemos coñecer os puntos débiles, que aspectos son mellorables e que priorizar no proceso de transformación do noso centro, co fin de mellorar o uso das tecnoloxías dixitais para apoiar o ensino e a aprendizaxe.

As áreas analizadas refírense a aspectos sobre liderado, colaboración e redes, infraestrutura e equipos, desenvolvemento profesional continuo, pedagoxía: apoios, recursos e implementación na aula, prácticas de avaliación e competencias dixitais do alumnado.

Test CDD

Outra das ferramentas que utilizamos foi o Test de Competencia Dixital Docente (CDD) do Marco Europeo, que proporcionounos datos relativos ao nivel de competencia dixital do profesorado.

Proceso de elaboración
Segundo as instrucións marcadas na elaboración do plan dixital, o equipo de dinamización do plan constituíuse coa persoa coordinadora TIC no centro, a persoa directora e a persoa coordinadora de formación do centro. Durante o primeiro trimestre, realizáronse reunións para analizar o proceso de elaboración, tomar decisións sobre os cuestionarios docentes e realizar e revisar a información recollida no SELFIE.
Ao longo do 2º trimestre continuouse coa realización do Test CDD e a análise de toda a información para a elaboración dunha DAFO contextualizada na realidade do centro e segundo a información recollida.
No 3º trimestre procedeuse á redacción dos obxectivos e accións prioritarias do Plan Dixital, recollendo as achegas de todo o profesorado do centro.
Finalmente, redactouse o Plan dixital do centro tendo en conta as consideracións achegadas desde a Administración.
Ao longo do proceso, contamos en todo momento co asesoramento e coas achegas da persoa mentora adxudicada ao noso centro, a formación recibida e os exemplos documentais facilitados.

 

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Grande diversidade na competencia dixital dentro dos mesmos rangos de idade. Emprego xeneralizado dos recursos dixitais como xogo. Alumnado Si
Debilidade Limitacións para o acompañamento do alumnado no desenvolvemento dixital. Familias Si
Debilidade Deficiente conexión inalámbrica para os dispositivos móviles. Deficiente alcance da rede inalámbrica segundo a localización no centro. Infraestruturas Non
Debilidade Pluralidade de accións no centro educativo. Organización de centro Si
Debilidade Falta de tempo para desenvolver a estratexia dixital. Baixa sistematización na avaliación e na creación de contidos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Dificultade para o manexo competencial dos recursos dixitais. Persoal non docente Si
Fortaleza Capacitado e implicado no desenvolvemento dixital. Alumnado Non
Fortaleza Espazos diversos para o desenvolvemento da acción educativa. Adquisición de recursos dixitais para a mellora constante da competencia dixital. Infraestruturas Si
Fortaleza Recursos de Polos Creativos Infraestruturas Si
Fortaleza Posibilidade de centrar os procesos pola presenza de alumnado dunha soa etapa. Oferta Non
Fortaleza Sistematización do traballo a través de reunións periódicas establecidas. Predisposición do equipo directivo para a progresiva dixitalización do centro. Procura de actividades e iniciativas para o desenvolvemento dixital de toda a comunidade. Organización de centro Si
Fortaleza Profesorado con capacidade para desenvolver a estratexia dixital de centro. Persoal docente Si
Fortaleza Implicación en todos os procesos de centro. Persoal non docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Criterios arbitrarios e inespecíficos na provisión de recursos. Falta de resposta ás demandas reais educativas. Administración educativa Non
Ameaza Baixa implicación e participación das familias en xeral, tanto as que pertencen á ANPA como as que non. ANPA Non
Ameaza Deficiencias na conectividade xeral da zona. Contorna Non
Ameaza Afastada da realidade efectiva do traballo educativo práctico e de impacto directo no alumnado. Lexislación Si
Ameaza Oferta educativa plural e diversa na contorna. Outras Non
Oportunidade Posibilidade de provisión de recursos a través de programas e iniciativas educativas. Administración educativa Si
Oportunidade Comunicación eficiente co centro educativo. ANPA Non
Oportunidade Establecemento de canles e procesos regrados para o desenvolvemento da Estratexia Dixital. Lexislación Non
Oportunidade Posibilidade de contar con entidades públicas ou privadas que colaboran no desenvolvemento e boas prácticas da competencia dixital. Outras Non
Oportunidade Implementación de actividades lúdicas para o desenvolvemento de destrezas dixitais do alumnado. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do informe Selfie, o Test CDD e a observación da propia realidade, elaborouse a análise DAFO para coñecer a realidade do centro e identificar o punto de partida sobre o que elaborar os obxectivos e as liñas de actuación a desenvolver.

Unha vez obtidos os informes das ferramentas utilizadas e analizados os resultados, xunto coa reflexión conxunta do Equipo de dinamización do Plan Dixital de Centro e o conxunto do Claustro, observamos unha serie de FORTALEZAS e DEBILIDADES a nivel interno, e unhas OPORTUNIDADES E AMEAZAS a nivel externo, que aparecen recollidas nesta análise DAFO e que tras valorar cualitativa e cuantitativamente, deron lugar a establecer as prioridades e marcar a temporalización para levalas a cabo.

A análise DAFO arroxa os seguintes aspectos a mellorar:

·        Dotar ao centro de rede WIFI efectiva.

·        Dedicar tempo a desenvolver a estratexia dixital.

·        Sistematizar a avaliación e a creación de contidos dixitais.

·        Mellorar a competencia dixital de alumnado e profesorado respecto dos recursos dixitais.

·        Empregar os recursos dixitais como xogo de xeito xeneralizado.

·        Dotar de recursos ás familias para o acompañamento do alumnado no desenvolvemento dixital.

·        Pluralidade de accións no centro educativo.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Necesidade de desdobrar responsabilidades entre o equipo Tic: Coordinador/a Tic + Coordinador/a E-dixgal + Coordinador/a Polos creativos.
O02PD Crear un espazo seguro para o profesorado na Aula Virtual.
O03PD Establecer criterios comúns para o uso da Aula Virtual por parte do profesorado e do alumnado.
O04PD Anticipar as necesidades de uso dos recursos dixitais de polos creativos (consumibles, material de almacenamento-fundas, tarxetas SD, periféricos-).
O05PD Continuar coa formación tecnolóxico-dixital do profesorado.

Seguimento

Procedemento

O seguimento do plan realizarase a través de dous procesos independentes e complementarios.
Por unha banda, unha vez ao trimestre o Equipo de Dinamización do Plan Dixital deberá recoller en sesión plenaria a valoración do grao de consecución das accións e obxectivos, así como o seu impacto e as medidas que deben adoptarse para acadalos.
Por outra banda, na Programación Xeral Anual incluiranse as acción e obxectivos prioritarios e recollerase na Memoria Final do curso a valoración das propostas incluídas e a consecución das mesmas. O Equipo de Dinamización do Plan Dixital recollerá a valoración de todo o profesorado implicado, así como a incidencia no resto da comunidade educativa.

1º Trimestre

En relación co obxectivo "001PD: Necesidade de desdobrar responsabilidades entre o equipo Tic: Coordinador/a Tic + Coordinador/a E-dixgal + Coordinador/a Polos creativos", na 1ª sesión de coordinación do equipo realizouse formalmente un reparto de competencias para cada integrante, o que supón o logro deste obxectivo. Para constatalo, achégase coma anexo a acta correspondente.

No que respecta ao obxectivo: "002PD: Crear un espazo seguro para o profesorado na Aula Virtual": dadas as actuais indicacións da Consellería de Educación en referencia á Protección de Datos, seguindo a lexislación vixente a este respecto, entendeuse prioritario dende o equipo o emprego de recursos corporativos para o almacenamento, intercambio e xestión dos diversos datos manexados dende o centro. Para facilitar esta xestión, así coma para poder compartilos e coordinalos, e en relación co obxectivo estipulado na memoria do pasado curso, decídese a creación desta aula virtual.Para facilitar a comprensión e manexo por parte de todo o profesorado, decídese:

a.     Respectar as “carpetas” empregadas no anterior curso.

b.     Facilitar o acceso a todo o profesorado a estas diversas carpetas.

c.      Informar do recurso unha vez rematado o proceso de creación da aula virtual.

d.     Data límite da posta en funcionamento da aula virtual: o 1º trimestre.

Tamén deste obxectivo achégase un anexo coas capturas da existencia da mesma. Por tanto, consideramos tamén acadado este obxectivo.

En canto ao obxectivo "004PD: Anticipar as necesidades de uso dos recursos dixitais de polos creativos (consumibles, material de almacenamento-fundas, tarxetas SD, periféricos-)", achégase o inventario feito durante este trimestre para poder facer unha demanda de recursos pendentes, o que nos permitirá facer unha demanda de recursos. Por isto, consideramos parcialemnte acadado este obxectivo, dado que faltaría a constatación deses recursos pendentes.

2º Trimestre

No que respecta ao obxectivo "004PD: Anticipar as necesidades de uso dos recursos dixitais de polos creativos (consumibles, material de almacenamento-fundas, tarxetas SD, periféricos-)", e tras realizar o inventario  no primeiro trimestre, no actual trimestre realizamos unha compra dos mesmos para ter unha cantidade suficiente destes. Así e todo, continuamos considerando parcialmente acadado este obxectivo, dado que cremos necesario facer algún instrumento que permita facer un seguimento do uso ou unha recollida das necesidades en canto se detecten. Con respecto a este obxectivo anexase a factura.

En canto ao obxectivo "O05PD: Continuar coa formación tecnolóxico-dixital do profesorado", durante o presente trimestre recibíronse dúas sesións de emprego da Radio. Ademáis, creáronse carpetas na Aula Virtual á que nos referimos no  trimestre pasado en referencia ao obxectivo "O02PD", con titoriais, material xa preparados para o emprego e diversos recursos. Coma evidencia enviamos as capturas das diversas carpetas e as actas das sesións de formación. Neste caso, consiedramos o obxectivo parcialmente acadado, dado que, aínda que se realizou a primeira acción, na segunda aínda non se ten clara a incidencia nas situación de aprendizaxe.

3º Trimestre

O01PDNecesidade de desdobrar responsabilidades entre o equipo Tic: Coordinador/a Tic + Coordinador/a E-dixgal + Coordinador/a Polos creativos.   Realizado.

O02PDCrear un espazo seguro para o profesorado na Aula Virtual.   Realizado.

O03PDEstablecer criterios comúns para o uso da Aula Virtual por parte do profesorado e do alumnado.   Realizado parcialmente, agás a última acción, que será unha proposta de cara ao próximo curso.

O04PDAnticipar as necesidades de uso dos recursos dixitais de polos creativos (consumibles, material de almacenamento-fundas, tarxetas SD, periféricos-).   Realizado.

O05PDContinuar coa formación tecnolóxico-dixital do profesorado. Realizado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

De cara á consecución dos obxectivos, estiveron adaptados á realidade do contexto e ás necesidades do centro. Tal vez este ano estaban máis enmarcados na posta en funcionamento e na organización da Aula de Polos Creativos, e na adquisición de coñecementos e competencias por parte do profesorado. 

Houbo unha participación activa do profesorado, comprometéndose tanto no coñecemento propio das ferramentas e recursos, coma no intento de infusionarlos na súa práctica diaria.

Proposta de mellora

Mellorar a organización dos medios e dos tempos para fomentar a participación e implicación do alumnado e das familias.

Maior formación do profesorado na aplicación pedagóxica dos recursos  e das ferramentas das que se dispón, non limitarse ao ámbito técnico.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do CEP Neira Vilas estará visible públicamente, sen ter que loguearse, na plataforma Educalidade. No menú da esquerda picar en Plans de Centro e escribir o código do Colegio: 36018631.