Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O equipo de dinamización do PD realizará polo menos unha reunion co mentor ADIX asignado para valorar e asesorar a evolucion deste plan dixital.
A persoa mentora ADIX visitará as veces que sexa preciso para unha boa consecución do PD.
A persoa coordinadora do PD terá acceso ao aplicativo Educalidade para rexistrar os avances e avaliación deste plan baixo a supervision da persoa directora do centro.
Ó longo do primeiro trimestre púdose acadar o 50% do obxectivo O03PD ó crearse o aula móbil dixital que atópase situada no aula creativa do centro e que porase a disposición do alumnado e profesorado a partir do segundo trimestre.
Tamén fixemos un primero achegamento por parte do profesorado do centro ó coñecemento da impresora 3D concorde ó obxectivo O05PD e realizouse a primera sesión do curso de formación do profesorado "Os polos creativos no CEIP de Mallón (impresora 3D)" no mes de Decembro.
Ó longo do segundo trimestre acadouse o obxectivo O03PD .
Neste segundo trimestre levamos a cabo a segunda sesión de do curso de formación do profesorado "Os polos creativos no CEIP de Mallón" (impresora 3D) no mes de Marzo e xa están programadas as sesiones de formación en impresora 3D no CFR de Vigo.
Valoración dos obxectivos :
O01PD. Coñecer os dereitos de autor e as licenzas de uso e os dereitos de cita.Non acadado
O02PD. Establecer un tempo mensual para explorar novos métodos de ensinanza dixital e facilitar o desenvolvemento profesional continuo do profesorado no tocante ás novas tecnoloxías Parcialmente acadado e en relación co obxtectivo O05PD
O03PD. Crear e dinamizar no centro un aula móbil dixital . Acadado
O04PD. Crear un banco de recursos educativos dixitais e as súas instruccións para facilitar o traballo docente no aula creativa . Acadado parcialmente
O05PD Coñecer e usar a impresora 3D. Acadado. Levouse a cabo a formación e xa os primeiros deseños usando a impresora 3D.
Avaliación
(Bloque pegado do apartado anterior: Procedemento de avaliación.) O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital realizarase en relación co grao de consecución de obxectivos nos seguintes contextos:
- No contexto da avaliación procesual, segundo a data de fin prevista en cada acción de cada obxectivo e en relación ao seguimento da acción. CAda obxectivo ten un instrumento para valorar o seu logro.
- No contexto da avaliación final ao rematar o curso verase o estado dos obxectivos para valorar o Plan Dixital.
Os obxectivos deseñados para o colexio neste curso escolar foron acadados total ou parcialmente agás o obxectivo número uno que non puido chegar a desenvolverse por falta de tempo.
As propostas foron ben recibidas por parte do profesorado e os obxectivos que figuran coma "pendentes" poderán rematar de desenvolverse o próximo curso .
O enfoque dos obxectivos foi positivo e necesarios para o centro.
Reunido o equipo do plan dixitail a finais do terceiro trimestre, propóñense os seguintes obxectivos de cara ao vindeiro curso:
-Continuar coa consecución dos obxectivos parcialmente acadados neste curso escolar .
- Facilitar o desenvolvemento profesional continuo do profesorado no tocante ás novas tecnoloxías .
Comunicación e difusión
O Plan Dixital do CEIP Mallón estará visible públicamente, sen ter que loguearse, na plataforma Educalidade. No menú da esquerda picar en Plans de Centro e escribir o código do Colegio de Mallón 36018434 ou picar directmente neste enlace: Enlace directo ao PD de Mallón