Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O  CEIP Plurilingüe Quintela está situado a 2,5 Km da vila de Redondela. A maioría do seu alumnado  procede das parroquias de Quintela e Saxamonde, e tamén hai unha parte dos alumnos/as que proceden do casco urbano de Redondela e doutras parroquias de Redondela.

Do alumnado é importante destacar a súa procedencia, que é case todos/as proceden das diferentes  zonas de escolarización. O seu nível socio económico é medio.

A maioría do noso alumnado vive cos seus proxenitores e tamén moitos conviven cós seus avós na mesma unidade familiar.

O alumnado non é conflictivo e o seu rendemento académico é satisfactorio. Non existe absentismo escolar. As relacións entre o alumnado son boas tanto entre eles coma co profesorado. O alumnado, de forma xeral, responde ben a motivación académica participando nas actividades complementarias e extraescolares organizadas polo centro educativo.

Para traballar certos ámbitos nos que se desenvolve o contexto educativo, no CEIP Plurilingüe Quintela xurdiron unha serie de Programas de innovación educativa como son: o PLAMBE (Plan de Mellora da Biblioteca Escolar), o Programde Auxiliares de Conversa (como programa complementario de apoio e colaboración de profesorado nativo para posibilitar a práctica da conversa oral, proporcionar un modelo de corrección lingüística e achegar o alumnado e profesorado á cultura do seu país) e os programas PDC (xogade), Vexo Veo Xacobeo todos eles dentro do Plans Proxecta, Recupérate (Arco), formando parte o centro da  rede de centros Plurilingües dende o curso 18/19.

Neste curso escolar o centro educativo participa na formación de profesorado en centros (PFPP) a través de 2 grupos de traballo, un relacionado co Plan Dixital e outro cós patios inclusivos.

Para o curso 2022/23 o centro incorpórase a proxecto EDIXGAL.

 A misión do CEIP Plurilingüe Quintela centrase na formación integral dos nenos e nenas para que sexan capaces de desenvolver a súa autonomía e  creatividade para un pleno desenvolvemento humano baseado  dende o respecto ás súas crenzas, poñendo o máximo empeño no cultivo de valores humanos e na creación de hábitos de estudo, traballo e convivencia para unha excelente formación académica e persoal, acorde ás demandas da nosa sociedade actual.

En consecuencia, a propia organización vai mellorando a través da súa práctica e da reflexión sobre ela, así como das relacións que establece coa súa contorna.

O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que vén recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos os documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios.

A contribución do Plan Dixital ao PE e á PXA debemos velo desde a perspectiva de como pode reforzar este plan o uso adecuado das novas tecnoloxías en toda a comunidade educativa.

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (BOE 04.05.06) no seu texto consolidado tras a aprobación da Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (BOE 30.12.20), no artigo sesenta e dous. Modifícanse os apartados 1 e 2, engádense dous novos apartados 2 bis e 2 ter e suprímense os apartados 7 e 8 do artigo 121, quedando redactados nos seguintes termos: «1. O proxecto educativo do centro recollerá os valores, os fins e as prioridades de actuación, incorporará a concreción dos currículos establecidos pola Administración educativa, que corresponde fixar e aprobar ao Claustro, e impulsará e desenvolverá os principios, obxectivos e metodoloxía propios dunha aprendizaxe competencial orientada ao exercicio dunha cidadanía activa. Así mesmo incluirá un tratamento transversal da educación en valores, do desenvolvemento sostible, da igualdade entre mulleres e homes, da igualdade de trato e non discriminación e da prevención da violencia contra as nenas e as mulleres, do acoso e do ciberacoso escolar, así como a cultura de paz e os dereitos humanos. O proxecto educativo do centro recollerá así mesmo a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis.5.»

A nivel normativo, na nosa Comunidade Autónoma establécese o seguinte marco:

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte: 

“Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativas de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

No proceso de elaboración no curso 23/24 continuamos desenvolvendo a mesma liña de traballo (ver instrumentos DAFO actualizados)

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

ACTUALIZACIÓN PARA O CURSO 2023 2024

O curso pasado partimos da seguinte casuística:

Informe SELFIE. Para a diagnose da situación en relación a competencia dixital, o centro usará a ferramenta de autoavaliación SELFIE, coa finalidade de obter en liña un informe de autoavaliación do centro (informe SELFIE). Esta ferramenta, desenvolta pola Comisión Europea ao abeiro do Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg), está dispoñible de forma gratuíta para todos os centros educativos no sitio web indicado no punto.

Test de Competencia Dixital Docente (Test CDD). De xeito complementario, o profesorado poderá realizar o test CDD baseado no marco DigCompEdu desde o seu perfil persoal. Este test permite obter un Informe Individual coa valoración global do seu nivel competencial (A1- C2), polas áreas deste Marco e devolve un detallado feedback. Así mesmo, xera un Informe de Centro, sempre que máis do 20% do profesorado do centro o teña completado, a fin de mostrar resultados que sexan representativos. 

Con esta situación, comezamos unha experiencia de desenvolvemento do entorno Agueiro, onde comunicabamos, de xeito voluntario para o profesorado non adscrito ao PFPP do Plan Dixital, e obligatorio para o que estaba inscrito, de experiencias dixitais empregando diferentes ferramentas que buscaba mellorar os resultados acadados nos diferentes TEST e informes previos.

 

En base a esta situación, plantexamos unha actualización onde todo o profesorado do centro participa activamente, a través dunha formación dirixida polo coordinador do plan. Nesta estamos a integrar as experiencias recollidas no curso pasado, facendo unha revisión e actualización do aprendido e do executado. A información recollida ata o momento, facilítanos a proposta de continuar desenvolvendo as ferramentas corporativas (aula virtual, agueiro e edixgal) integrandoas con experiencias metodolóxicas que inclúan a competencia dixital dun xeito máis ambicioso.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade - Falta de habilidades dixitais. - Fora da escola contan con pouca axuda. - Na casa non sempre dispoñen dos dispositivos axeitados. Alumnado Si
Debilidade - Pouca formación. - Falta de dispositivos axeitados. - Falta de estratexias para afrontar o uso inadecuado das novas tecnoloxías. Familias Si
Debilidade - Equipamentos obsoletos con moita antigüidade. - Falta de fondos. Infraestruturas Si
Debilidade Actualización de contidos das novas tecnoloxías. Oferta Si
Debilidade - Demasiada burocracia. - Falta de tempo para implementar máis estratexias dixitais. Organización de centro Si
Debilidade - O profesorado ten un nivel de competencia de explorador. - Falta de tempo para o desevolvemento de competencias - Pouca formación a nivel dixital. - Moita burocracia. Persoal docente Si
Fortaleza - Capacidade de aprendizaxe e adaptación alta. - Comportamento responsable no uso das novas tecnoloxías. Alumnado Si
Fortaleza - Capacidade de aprendizaxe e adaptación alta. - Comportamento responsable no uso das novas tecnoloxías. Familias Si
Fortaleza - O centro conta con suficientes dispositivos dixitais. - O acceso a internet mellorou moito nos últimos anos. - Asistencia técnica. Infraestruturas Si
Fortaleza - O centro oferta informática para o alumnado. Oferta Non
Fortaleza - O centro promove a participación en actividades formativas. - O centro emprega servizos corporativos. Organización de centro Non
Fortaleza - Compromiso por parte do profesorado para mellorar as súas competencias Persoal docente Si
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza - Demasiada burocracia e papeleo. - Falta de fondos para implementación de plans máis axilmente. Administración educativa Si
Ameaza - Non ofertar as actividades axeitadas. - Non contar con recursos suficientes. ANPA Si
Ameaza Pouca promoción e falta de sintetización. - Lexislación demasiado densa. Contorna Non
Ameaza - Demasiada burocracia e papeleo. - Falta de fondos para implementación de plans máis axilmente. Lexislación Non
Ameaza Actividades que soen implicar unha aportación económica. - Falta de orzamento. Outras Non
Oportunidade - Recursos e plans relacionadas coas novas tecnoloxías. - Oferta de formación específica. Administración educativa Non
Oportunidade - Apoio con actividades no ámbito extraescolar. - Promoción escola de pais/nais. ANPA Si
Oportunidade - Promocionar o uso das novas tecnoloxías. Contorna Si
Oportunidade - Regulación específica Lexislación Si
Oportunidade - Aproveitar actividades e recursos ofertados Outras Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, o centro poderá xerar un informe sobreDebilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) que lle permitirá a análise de situación e a definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións. 

O Informe Individual do test CDD permitirá ao centro educativo avanzar nascompetencias profesionais docentes relacionadas co ámbito dixital, permitindo planificar unha formación persoal que atenda ao nivel de partida de cada docente. Así mesmo, o informe de centro permitirá planificar a liña de formación a través dos PFPP. 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Fomar ao profesorado en competencias pedagóxicas docentes: ámbito 2 (recursos dixitais) e 3 (ensino aprendizaxe)
O02PD Establecer entornos de colaboración en rede e intercambios de experiencias por ciclos e etapas
O03PD Desenvolver a competencia dixital no alumnado ao longo das etapas (infantil e primaria): accións para o acadar con éxito a transición a educación secundaria
O04PD Promover a longo do curso a competencia profesional docente nos 4 puntos: comunicación, reflexión, colaboración e desenvolvemento profesional
O05PD Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO
O06PD Integrar o uso do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando o aprendizaxe interactivo e mellorando a participación e comprensión do alumnado

Seguimento

Procedemento

Para a verificación ao longo do curso 2023 2024 seguiremos un procedemento de observación de evidencias e análise das mesmas mediante rúbricas ou listas de cotexto (como instrumentos de avaliación). Neste sentido, temos que destacar as seguintes situacións de avaliación que permitirán o seguimento das accións e obxectivos:

- Evidencias no entorno Agueiro (OBX 1, 2, 3, 6)

- Resolución de problemas en competencia dixital nun contexto dado (OBX 1, 2, 3, 4, 5, 6)

- Resolución de problemas metodolóxicos empregando unha ou diferentes ferramentas dixitais (OBX 1, 2, 4)

- Establecemento de debates sobre a temática (OBX 3, 4)

1º Trimestre

SEGUIMENTO DO OBXECTIVO 001 Fomar ao profesorado en competencias pedagóxicas docentes: ámbito 2 (recursos dixitais) e 3 (ensino aprendizaxe)   

  1. Formación de 2 sesións nas que abordamos unha síntese que se acompaña na documentación anexa baixo o título "sesión 1" e "sesión 2".
  2. O resultado foi a creación de páxinas en agueiro e unha coleción individual. Nelas reflectía o profesorado a súa experiencia cos recursos dixitais que emprega habitualmente. A avaliación deste traballo baseouse nunha rúbrica na que a media obtida foi superior ao 8,5. 
  3.  Presentouse a nova actividade de obradoiro no entorno EVA para poder contribuir a través de metodoloxías activas a un maior coñecemento da competencia dixital.

SEGUIMENTO DO OBXECTIVO 002 Establecer entornos de colaboración en rede e intercambios de experiencias por ciclos e etapas 

  1. Nas elaboracións de páxinas en agueiro facilitouse a proposta de contribuir en base a súa experiencia na etapa e no ciclo. 
  2. O remate a este obxectivo chegará no terceiro trimestre cunha resolución adaptada a cada ciclo e nivel en forma de reflexión para a mellora da competencia dixital

O03PDDesenvolver a competencia dixital no alumnado ao longo das etapas (infantil e primaria): accións para o acadar con éxito a transición a educación secundaria   

  1. A este aspecto no alumnado de sexto estase a traballar de xeito moi activo no ámbito dixital e dun xeito sincrónico e asincrónico en relación ao desenvolvemento de contidos. Esta proposta permite unha redución da fenda dixital no alumnado que amosa un maior desfase curricular.
  2. A fenda dixital do alumnado amosase como unha problematica que se está a traballar facendo fincapé na dispoñibilidade por parte do profesorado, de ordenadores portátiles que poden levar as súas casas.
  3. No caso de quinto podemos concluir que o uso de ordenadores vai encamiñandose cada vez máis.
  4. Queda pendiente centrar o proceso de transición de cuarto curso para o proximo ano.

 O04PDPromover a longo do curso a competencia profesional docente nos 4 puntos: comunicación, reflexión, colaboración e desenvolvemento profesional  

  1. O xeito de desenvolver propostas en agueiro, onde vaian incluir reflexións na avaliación por pares no segundo trimestre vai concluir o exposto neste trimestre.

  O05PDActualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO  

  1. Comunicouse ao profesorado a chegada deste proceso e a petición da súa colaboración para os seguintes meses
  2. Estableceuse unha primeira aproximación no grupo TIC sobre esta temática e achegamos a conclusión de empregar Google Forms.

  O06PDIntegrar o uso do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando o aprendizaxe interactivo e mellorando a participación e comprensión do alumnado    

  1. Na formación do segundo día expúxose a forma de empregar estes novos paneis coas contas google creadas a tal fin. Deste xeito queremos reducir a implicación de datos persoais e contas persoiais nos paneis novos.
  2. Expúxose as posibilidades do emprego de aplicativos dentro da PDI e cómo poden axudarnos no día a día
  3. Observouse un gran aproveitamento do profesorado, destes recursos.
2º Trimestre

SEGUIMENTO DO OBXECTIVO 001 Fomar ao profesorado en competencias pedagóxicas docentes: ámbito 2 (recursos dixitais) e 3 (ensino aprendizaxe)   

O desenvolvemento deste obxectivo foi derivado nunha actividade en EVA: un obradoiro onde temos que elaborar unha coleción en agueiro de 3 páxinas segundo a síntese acompañada neste enlace: https://1drv.ms/b/s!AijbfTg9v7xdh-dlO2QLF-ErOthTNA?e=epFKp6


SEGUIMENTO DO OBXECTIVO 002 Establecer entornos de colaboración en rede e intercambios de experiencias por ciclos e etapas 

  1. Non se estableceu maior desenvolvemento desta proposta. Estamos a traballar nunha maior involucración cara o terceiro trimestre orientada a elaborar unha colaboración como síntese do curso 2023 2024 na contorna de agueiro, por ciclos.

O03PDDesenvolver a competencia dixital no alumnado ao longo das etapas (infantil e primaria): accións para o acadar con éxito a transición a educación secundaria   

  1. Desenvolveronse propostas para o traballo na transición metodolóxica e dixital do alumnado de cuarto para o curso de quinto (EVA)

 O04PDPromover a longo do curso a competencia profesional docente nos 4 puntos: comunicación, reflexión, colaboración e desenvolvemento profesional  

  1. Creación das colecións incorporando reflexións como pode observarse na demanda establecida. 
  2. A avaliación por pares do profesorado no obradoiro EVA desenvolverase no terceiro trimestre

  O05PDActualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO  

  1. Creamos unha base en google forms para que o profesorado poda contribuir dende as aulas cando sexa o momento.

  O06PDIntegrar o uso do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando o aprendizaxe interactivo e mellorando a participación e comprensión do alumnado    

  1. Observouse unha maior implicación do profesorado no uso da PDI para recursos dixitais. Acompañaremos das evidencias na memoria final e na memoria do PFPP
3º Trimestre

Listaxe de obxectivos 

O01PDFomar ao profesorado en competencias pedagóxicas docentes: ámbito 2 (recursos dixitais) e 3 (ensino aprendizaxe). Interación nun obradoiro no que tiñan unha tarefa de reflexión e xestión de recursos dixitais para expoñer en paralelo, incorporar unha estrutura dun plan de ensino aprendizaxe e aplicar propostas orientadas a analise de metodoloxías activas e cómo se aplicarían nas súas aulas

O02PDEstablecer entornos de colaboración en rede e intercambios de experiencias por ciclos e etapas. O profesorado contribuiu creando contidos no repositorio h5p.  

O03PDDesenvolver a competencia dixital no alumnado ao longo das etapas (infantil e primaria): accións para o acadar con éxito a transición a educación secundaria. Aplicación de recursos creados con h5p para aproveitamento e interación do alumnado. En segundo ciclo aplicando exercicios coas tablets e ordenadores de cesión do centro, para comprender a contorna de abalar SO

O04PDPromover a longo do curso a competencia profesional docente nos 4 puntos: comunicación, reflexión, colaboración e desenvolvemento profesional. Establecido a través da derradeira actividade formativa de avaliación por pares, análisis de metodoloxías e creación de recursos nun espazo común na aula virtual (contidos H5P Lumi)

O05PDActualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO : mantense a proposta de formulario xa creado, quedando a espera de instrucións sobre a aplicación do inventario.

O06PDIntegrar o uso do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando o aprendizaxe interactivo e mellorando a participación e comprensión do alumnado. Incrementamos a utilización do mesmo e incorporamos aplicativos como multitimer para establecer controis temporais e de logros.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

O presente plan dixital do CEIPP Quintela en Redondela, acadou unha velocidade moito maior e asumibel coas transformacións establecidas ao inicio do curso: redución a 6 obxectivos dos 13 inicialmente establecidos e a creación dun PFPP sobre ferramentas dixitais e metodoloxías activas.

Estos fitos, marcaron un cambio no plan de aplicación do profesorado e incrementaron as demandas formativas por conta propia polo interese das presentacións expostas. Diferentes mestres iniciaron a formación na acreditación da competencia dixital empregando varias das experiencias impartidas dende o curso pasado e facilitando a súa dedicación temporal a este respecto.

O alumnado respondeu con entusiasmo as propostas dixitais ofrecidas e as metodoloxías aplicadas, dun xeito experimental, acadaron unha percepción de éxito e interese na continuidade da súa aplicación.

Proposta de mellora

Debemos mellorar os seguintes aspectos:

  1. profundizar na investigación en metodoloxías activas e a súa aplicación con ferramentas dixitais de uso puntual, como apoio, non como eixo.
  2. incrementar a aplicación de regulamentos en LOPD, pegada dixital e demáis elementos esenciais para o alumnado e os docentes
  3. manter o pfpp e as adicacións temporais establecidas para seguir mellorando o ritmo de transformación plantexado

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O presente Plan Dixital de Centro é de obrigado cumprimento por parte de todos os membros da comunidade escolar deste centro. Realizaranse as revisións periódicas que se consideren oportunas para adaptalo as novas circunstancias ou a modificacións lexislativas. Estará sempre supeditado á lexislación vixente e terá unha vixencia anual, sendo susceptible de perfeccionamento ou mellora que o constitúan ou concorran algunhas das seguintes causas:

Cambio de normativa legal na que se fundamenta.

Publicación e divulgación.

O CEIP Plurilingüe Quintela publicará e divulgará este documento por diferentes medios a toda a comunidade educativa.

O Equipo Directivo será o encargado de difundilo polas seguintes canles:

Depósito de copias na Dirección e Secretaría a disposición de calquera interesado/a que forme parte da comunidade educativa ou outros organismos, segundo o criterio da Dirección do centro.

Publicación na páxina web do centro.http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipquintela/ O presente Plan Dixital de Centro do CEIP Plurilingüe Quintela para o curso académico 2023/2024, foi presentado ao Claustro e Consello Escolar do CEIP Plurilingüe Quintela

- https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36018410