Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Ademais realizaranse tres reunións do equipo do plan dixital para realizar unha avaliación procesual, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao trimestre e unha ó comezo de curso. Nestas reunións os aspectos a valorar, que serán, como mínimo: o estado da execución das accións, preguntados os responsables das mesmas previamente, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- Se realizaron 2 reunións cos titores de cada nivel, Xefatura de Estudos e Departamento de Orientación para analizar as necesidades de cada grupo e planificar as necesidades específicas de formación.
- Se crearon os cursos de titoría na Aula Virtual e se matricularon ós docentes nos Equipos de Coordinación tanto en E.S.O como en Bacharelato. Comezouse a traballar no foro de xeito colaborativo no relativo á información e aspectos relevantes de cada Grupo.
- Realizouse a actividade formativa sobre materiais de apopio para alumnado con necesidades especiais por parte da Xefatura do Departamento de Orientación.
- Puxéronse en funcionamento actividades de titoría colaborativas entre os alumnos de 1º e 3º da E.S.O., realizando actividades conxuntas en dúas ocasións.
- Se creou un sistema de reserva de aulas con recursos específicos na Aula Virtual
- Se fixo unha enquisa de detección de necesidades formativas entre os integrantes do Claustro e se realizou a primeira Formación no Espazo de Polos Creativos en relación á gravación de vídeos e técnica CROMA.
- Inventariouse o 100% do material enviado por AMTEGA nos últimos 5 anos e localizouse todo a excepción de 2 ítems pendentes.
Realizouse o seguemento trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.
Analiazamos que os obxectivos do PD correspondentes ao 1º e 2º trimestre se desenvolven según o programado inicialmente no plan, excepto os seguintes obxectivos:
- O01PD, O02PD, O03PD e O05PD .
Realizouse o seguemento trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.
Analiazamos que os obxectivos do PD correspondentes ao curso se desenvolven según o programado inicialmente no plan, excepto as seguintes accións a data de 05/06/2024
O01PD, O02PD e O04PD
Avaliación
O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital está explicitado nas táboas onde se ve o procedemento e indicadores , ou sexa como e cando se avaliarán os obxectivos.
Na memoria anual do centro se detallarán os obxectivos conseguidos ou non, constituíndo a avaliación final do proxecto mediante os correspondentes instrumentos, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao ano, e os aspectos a valorar, que serán, como mínimo, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Os obxectivos plantexados o presente curso académico foron menos ambiciosos que outros anos, mais permitiu acadalos todos e deixar as bases asentadas para un posterior enquiquecemento do plan dixital de centro.
Considérase importante de cara ó vindeiro ano prestar atención ós seguintes aspectos:
- Poñer en práctica a actual estratexia dixital de centro, difundir o documento entre o claustro, realizar o seguemento do grao de cumpliemnto e atender ás propostas de mellora que xurdan.
- Facer unha revisión do formato e recursos da páxina web do centro.
- Actualmente se dispón duntotal de 20 convertibles a disposición do alumnado de Bacharelato, portátil xa que se atopan en carro de carga. Tendo en conta que se trata dun centro de 4 liñas resulta insuficiente atendendo a cantidade de actividades didácticas que esixen o uso de ordenadores portátiles, polo que se precisa mellorar esta dotación.
- Tendo en conta que se vai levar a cabo a instalación de paneis dixitais nas aulas os cales veñen complementados con ordenador portátil, existe a oportunidade de solicitar a retirada dos PC's dos departamentos completamente obsoletos e moitos inservibles e reubicar aqueles operativos que xa non serán precisos en aulas. Actualizar o inventario coas novas ubicacións dos equipamentos.
- Paltexar para o videiro curso académic a formación pedagóxica do profesorado no uso das novas tecnoloxías.
Comunicación e difusión
A estratexia para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa inclúe:
- Publicación na páxina web do centro.
- Publicación do enlace da páxina web nas RRS do centro.
- Difusión das anteriores polas canles de comunicación do centro: foros (profesorado e PAS), correo electrónico (alumnado) e mensaxes do espazo Abalar (persoas responsables).