Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Ademais realizaranse tres reunións do equipo do plan dixital para realizar unha avaliación procesual, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao trimestre e unha ó comezo de curso. Nestas reunións os aspectos a valorar, que serán, como mínimo: o estado da execución das accións, preguntados os responsables das mesmas previamente, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Realizouse o seguemento trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.
Analiazamos que os obxectivos do PD correspondentes ao 1º e 2º trimestre se desenvolven según o programado inicialmente no plan, excepto as seguintes accións :
Realizouse o seguemento trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.
Analiazamos que os obxectivos do PD correspondentes ao curso se desenvolven según o programado inicialmente no plan, excepto as seguintes accións :
Avaliación
O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital está explicitado nas táboas onde se ve o procedemento e indicadores , ou sexa como e cando se avaliarán os obxectivos.
Na memoria anual do centro se detallarán os obxectivos conseguidos ou non, constituíndo a avaliación final do proxecto mediante os correspondentes instrumentos, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao ano, e os aspectos a valorar, que serán, como mínimo, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Algúns dos obxectivos alcanzáronse de xeito parcial debido á baixa participación do profesorado nos foros de debate e nalgúns grupos de traballo. Con todo, as microformacións realizadas ao longo do curso tivero moi boa acollida polo claustro. Ademais os novos coñecementos adquiridos aplicáronse en diferentes actividades co alumnado utilizando o equipamento do Polo Creativo.
Para valorar o grao de consecución do obxectivo 3 (Mellorar a competencia dixital media do claustro con microformacións internas e externas) debido á imposibilidade de volver a facer o test CDD ao claustro optouse por utilizar como indicador a comptencia dixital docente acreditada pola xunta. O 37,9 % do profesorado acadou o nivel B1 e o 27,6 % o nivel B2. Cabe destacar que gran parte dos docentes con nivel B1 tiñan parcialmente superado o nivel B2 a falta de poucas horas de formación.
No caso do obxectivo 7 (Compartir, colaborar e mellorar protocolos dixitais con outros centros educativos) xurdiu a oportunidade de participar no Programa de intercambio de experiencias Observa Acción. Neste curso 2022-2023 realizáronse a primeira e segunda fase do programa. Na primeira fase leváronse a cabo observacións holísticas e focalizadas entre docentes do propio centro co obxetivo de mellorar as competencias profesionais docentes a través da colaboración cooperación e intercambio de boas prácticas. Na segunda fase as observacións realizáronse entre o noso centro (IES Xunqueira II) e o IESP de Ames durante dúas visitas programadas. Despois da posta en común e as reflexións sobre as xornadas de observación xurdiu a idea de compartir protocolos e modelos de aulas entre ambos centros. Todo o profesorado participante valorou positivamente esta oportunidade de observar a outros compañeiros e compañeiras non só para coñecer outras metodoloxías de traballo, se non tamén para ser conscientes e reflexionar sobre a propia práctica docente.
Unha das principais propostas de mellora para o vindeiro ano é crear un proxecto común, de eixo dixital, que sirva de fío conductor para as actividades que se realizarán no Polo Creativo. Neste sentido xa estamos traballando coas aportacións do claustro para idear proxectos que impliquen a colaboración entre diferentes materias e departamentos para evitar as liñas de traballo paralelas e fomentar o traballo colaborativo.
Por outra banda, para facilitar o seguemento dos obxectivos pensamos que sería máis apropiado utilizar indicadores únicos e centrar uns obxectivos claros na liña do centro.
Outra das propostas que consideramos importantes é engadir un novo obxectivo no Plan Dixital que consistiría en elaborar un inventario do centro, aproveitando a futura plataforma de inventario de AMTEGA .
Comunicación e difusión
A estratexia para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa inclúe:
¿ Publicación na páxina web do centro.
¿ Publicación do enlace da páxina web nas RRS do centro.
¿ Difusión das anteriores polas canles de comunicación do centro: foros (profesorado e PAS), correo electrónico (alumnado) e mensaxes do espazo Abalar (persoas responsables).