Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Realizarase un seguimento por trimestre, onde se mostrarán os indicadores que se acadaron.
Accóns que se realizaron para algúns dos obxectivos:
- Reflexionar e poñer en práctica talleres sobre o emprego da tecnoloxía e o seu uso de forma ética. Charlas "Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais" para alumnado da ESO o 31 de octubro.
- Mellorar as competencias profesionais docentes do profesorado do IES de Teis. O centro participa nun PFPP e dous PFFP.
- Mellorar o equipamento e dotación das aulas para responder ás necesidades do alumnado, materias e módulos do IES de Teis. Dotouse a aula 107 de ordenadores novos e en condicións, portátiles para o ciclo de caracterización de Imaxe Persoal con armario de carga e armario de carga para os cursos de Capacitación con 21 Pcs.
- Reducir o emprego de papel en documentos de xestión entre o profesorado e o centro. Desde o Departamento de Informática, o máis numeroso do centro, toda a información co alumnado e familias envíase por AbalarMobil e aula virtual, incluso os apercibimentos de perda de avaliación continua. So se imprimen notas do alumnado que o solicita.
- Incementar o número de persoas participantes nas accións formativas de Competencia Dixital da Ciudadanía. Realizouse un curso básico de competencia Dixital Ciudadana.
Obxectivos acadados neste trimestre:
- Empregar as canles institucionais para difundir traballo nas aulas
- Colaborar entre diferentes niveis educativos na realización de pequenos proxectos ou proxectos colaborativos fóra do centro. ESte obxectivo, aínda que está xa acadado, séguese traballando en proxectos na área de polos creativos, e tamén nos proxectos de fin de grado entre a familia de informática e imaxe persoal, este proxectos finalizarán a finais de xuño.
- Continuar co deseño de actividades que melloren a competencia dixital, que promovan o pensamento crítico, a resolución de problemas, o traballo en equipo e a mellora da comunicación na acción POLOS CREATIVOS. Este obxectivo segue traballándose no seo dos polos creativos, onde traballa profesorado e alumnado diverso.
01-Empregar as canles institucionais para difundir traballo nas aulas. Este obxectivo está completamente acadado. Tentará para o próximo curso seguir traballando no mesmo desde a perspectiva da difusión en redes sociais. Está completamente ACADADO.
02- Colaborar entre diferentes niveis educativos na realización de pequenos proxectos ou proxectos colaborativos fóra do centro. Este obxectivo foi acadado con credes, co que foi COMPLETEMENTE ACADADO.
03- Continuar co deseño de actividades que melloren a competencia dixital, que promovan o pensamento crítico, a resolución de problemas, o traballo en equipo e a mellora da comunicación na acción POLOS CREATIVOS. Este obxectivo quedou completamente ACADADO.
04- Reflexionar e poñer en práctica talleres sobre o emprego da tecnoloxía e o seu uso de forma ética. Acccións como Xornadas de Ciberseguridade o 5 de abril, Navega con Rumbo o 23 de maio, Taller de Ciberseguridade para ciclos o 30 de abril. Para as aulas da ESO participouse na Inicio a Pegada dixital, Navega con Rumbo e charlas de seguridade pola Policía. En ciclos formativos participouse no Dev-Fest e xornadas de ciberseguridade. Así que o Obxectivo queda completamente ACADADO.
05- Mellorar as competencias profesionais docentes do profesorado do IES de Teis. Neste obxectivo, acadouse o incrementar o número de PFFP, que este ano foi de 2, un na familia de Imaxe Persoal e outro na familia de Informática. Pero queda pendente, incrementar ou manter o número de certificados no PFPP do centro e realizar as micropíldoras de formación ao claustro en recreos dos 3 trimestres. PARCIALMENTE ACADADO.
06- Mellorar o equipamento e dotación das aulas para responder ás necesidades do alumnado, materias e módulos do IES de Teis. Mellorouse a dotación relacionada cos carros de carga móbiles, incrementando un carro de carga con 20 portátiles para o ciclo de Caracterización e un carro de carga con 21 portátiles para os cursos de Capacitación Dixital Docente. Completamente ACADADO.
07- Reducir o emprego de papel en documentos de xestión entre o profesorado e o centro. Dos 3 items a traballar acadáronse completamente 2, quedando a parte de recoller o Anexo V por medio dun aula virtual en borrador e probas, pero non chegou a poñerse en produción. Parcialmente ACADADO.
08- Incementar o número de persoas participantes nas accións formativas de Competencia Dixital da Ciudadanía. Realizouse un curso básico de competencia Dixital Ciudadana e outro de nivel intermedio. Completamente ACADADO.
Avaliación
Realizaranse varios momentos de avaliación do plan:
1) Inicio do segundo trimestre
2) Finais do curso 23/24
En cada unha destas avaliación particiais, mediranse os indicadores de logro que foron indicados en cada un dos obxectivos.
Unha avaliación final a finais do curso 2023/24, despois da que se elaborará o próximo calendario de accións.
A valoración xeral do PDC é moi positiva. Quedan varios obxectivos parcialmente acadados, pero o grao de consecución do plan é excelente. O próximo curso traballaremos para rematar e acadar os items que quedaron de forma parcial.
Para o curso 24-25 preténdese realizar novas enquisas ao profesorado, pois o profesorado variou e a realidade desde o curso 21-22 no que se realizaron as últimas enquisas.
Como mellora se propón para o curso próximo realizar de novo as enquisas ao profesorado, xa que como é un centro grande e hai moita mobilidade de profesorado, sería interesante partir da realidade do curso 24-25. Tamén sería un xeito de ver si se melloraron items que na enquisa de hai 3 anos tiñan valores máis baixos.
Comunicación e difusión
A comunicación e difusión realizarase a través da páxina Web, na aula virtual de Documentación de Centro. Tamén se realizará a través dos órganos do centro:
- Claustro de profesorado
- CCP
- Xefes de departamento en reunións de departamentos
- Correo aos membros do claustro
As accións realizadas difundiranse a través das redes sociais do centro, a páxina Web do mesmo.