Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL:

A elaboración do presente Plan Dixital responde á necesidade de establecer estratexias dixitais nos centros educativos, cumprindo o disposto na seguinte lexislación de referencia:

  • Art.111 bis, Art. 121 e Art. 123 da LO/2006, do 3 de maio, de Educaión (LOE).

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacherelato no curso académico 2021-2022.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL. CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO:

Neste sentido, o desenvolvemento do Plan Dixital pretende contribuír ao Proxecto Educativo do centro a través da mellora da capacidade comunicativa e organizativa do centro, favorecendo a relación entre os distintos membros e sectores da comunidade educativa, a través de obxectivos plantexados como:

- emprego de ferramentas corporativas para compartir documentación de centro (web, aula virtual, abalarmóbil, correo corporativo…)

- difusión do Plan Dixital entre a comunidade educativa

A continuación, detállase a contribución do Plan Dixital ao proxecto educativo do centro e aos diferentes plans e programas de innovación educativa que están a desenvolverse na actualidade:

a) Contribución ao desenvolvemento do Currículo e adquisición das Competencias Clave:

  • Creación de punto informático en cada aula dotado alomenos con 2 portátiles para uso do alumnado (para realización de tarefas dixitais na aula ao rematar na libreta, búsqueda de información individual ou en pequeno grupo, búsqueda en diccionarios dixitais, promoción de traballos colaborativos entre o alumnado como documentos de texto e presentacións para ir completando por quendas…)

  • Emprego da Aula Virtual polo alumnado para realización de tarefas de reforzo, ampliación e autoavaliación relacionadas co currículo.

  • Emprego do repositorio de contidos do centro por parte do profesorado para compartir propostas de interese (organizadas por materia e nivel).

b) Contribución ao PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares):

os obxectivos plantexados no Plan Dixital supoñen un apoio para os diferentes obxectivos do PLAMBE, nas seguintes liñas:

b.1) alfabetización informacional

b.2) formación de usuarios

b.3) fomento da lectura e desenvolvemento do Plan Lector

b.4) atención á diversidade en relación á biblioteca escolar

c) Contribución a RADIO NA BIBLIO

d) Contribución ao PROGRAMA PLURILINGÜE

e) Contribución aos CONTRATOS PROGRAMA (CPinclúe e CPinnova)

f) Contribución ao PLAN DE IGUALDADE

g) Contribución ao PFPP 2023-24

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O proceso de elaboración do Plan Dixital seguiu os seguintes pasos:

  • realización do test de autoavaliación SELFIE. (100% profesorado, alumnado de 5º e 6º).

  • análise dos resultados obtidos e detección de necesidades. (100% profesorado). Pódense consultar no documento adxunto nos "Anexos"

  • realización do CDD “test de competencia dixital docente”. (100% profesorado).

  • análise dos resultados obtidos e detección de necesidades. (100% profesorado). Pódense consultar no documento adxunto nos "Anexos"

  • realización da formación para a elaboración dun DAFO en relación á análise dos datos obtidos tras a realización do SELFIE e do CDD. (100% profesorado).

  • elaboración do DAFO amosando a situación de partida do centro en relación á análise dos datos obtidos tras a realización do SELFIE e do CDD. (100% profesorado).

  • realización da formación para o deseño do Plan de Acción (obxectivos, descriptores, accións, indicadores de logro e seguimento) previo á elaboración do Plan Dixital en base ao DAFO do centro. (100% profesorado).

  • elaboración do Plan de Acción (deseño de obxectivos, descriptores, accións, indicadores de logro e seguimento) previo á elaboración do Plan Dixital en base ao DAFO do centro. (100% profesorado).

  • redacción final do Plan Dixital. (Coordinador).

  • posta en común e revisión do Plan Dixital en claustro, previa á súa presentación para aprobación no Consello Escolar. (Claustro).

Paralelamente, o coordinador do Plan Dixital asistiu ás xuntanzas por videoconferencia co Asesores ADIX da zona e realizou en tempo e forma a entrega das tarefas propostas polos mesmos.

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade - Limitación ao non dispoñer de móbiles e contas de correo en Educación Primaria Alumnado Si
Debilidade - Dificultade para apoio ao alumnado no uso de TIC - Falta de control parental Familias Si
Debilidade - PCs anticuados, obsoletos... Infraestruturas Non
Debilidade - Falta dunha estratexia dixital a longo prazo Organización de centro Si
Debilidade - Nivel de competencia básico - Emprego de software e plataformas non corporativas - Falta de tempo para personalizar contidos - Medo ao cambio Persoal docente Si
Fortaleza - Interés pola aprendizaxe con tecnoloxías - Boa capacidade de adaptación ao traballo con TIC Alumnado Si
Fortaleza - Actitude colaborativa co centro - Dispón do equipamento básico (PC e conexión) na moioría dos casos Familias Si
Fortaleza Aula de informática móbil (carro carga con portátiles) Infraestruturas Si
Fortaleza - Aula de informática con suficientes PC - Boa conexión a internet Infraestruturas Si
Fortaleza - Equipamento de Radio na Biblio - PLAMBE - Contratos Programa - Centro Plurilingüe Oferta Si
Fortaleza - Fomento do emprego das TIC a nivel de centro Organización de centro Si
Fortaleza - Bo clima entre o profesorado - Interese pola mellora da docencia con TIC - Coñecemento do emprego da Aula Virtual Persoal docente Si
Fortaleza - Auxiliar de Conversa Persoal non docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza - Falta de renovación de equipamento Administración educativa Non
Ameaza - Currículo extenso - Exceso de burocracia - Limitacións na difusión a causa da protección de datos Lexislación Si
Oportunidade - Oferta de formación do profesorado - Aposta pola innovación educativa Administración educativa Si
Oportunidade - Apoio do Concello, Auditorio... Contorna Si
Oportunidade - Fomento da tecnoloxía e formación Lexislación Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Empregouse igualmente o modelo para interpretación do informe SELFIE a través dunha “análise cualitativa” favorecido polo equipo de asesores/as ADIX.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Empregar ferramentas corporativas para compartir documentos entre o profesorado
O02PD Actualización e emprego do repositorio de recursos creado para o centro.
O03PD Dotar de máis contidos a Aula Virtual en terceiro, cuarto, quinto e sexto curso de EP.
O04PD Dar a coñecer e temporalizar a estratexia dixital do centro.
O05PD Garantir e impulsar o uso das aulas de informáticas (fixa e móbil) por todo o alumnado.
O06PD Impulsar o emprego das TIC vinculadas aos programas de innovación educativa do centro.

Seguimento

Procedemento

Realizarase unha avaliación trimestral do desenvolvemento do Plan Dixital, centrándose nos seguintes aspectos:

a) Valoración do estado de execución das accións plantexadas para a consecución de cada obxectivo:

- cumprimento e adecuación da temporalización programada

- grao de realización da acción

- adecuación dos recursos empregados en cada acción

- implicación dos responsables da súa realización.

1º Trimestre

As accións plantexadas para o 1º trimestre foron realizadas na súa totalidade, de forma axeitada á temporalización inicial, que consideramos foi obxectivamente ben plantexada. Os recursos empregados foron axeitados para a consecución dos obxectivos. A implicación dos responsables da execución das accións no 1º trimestre foi grande, completando o 100% das accións plantexadas.

2º Trimestre

As accións plantexadas para o 2º trimestre foron realizadas na súa totalidade, agás a introdución de datos da caseta meteorolóxica na web de Meteogalicia. Pero o resto de accións están sendo postas en práctica seguindo a temporalización inicial. Os recursos empregados foron axeitados para a consecución dos obxectivos. A implicación dos responsables da execución das accións no 2º trimestre foi boa.

3º Trimestre

As accións plantexadas para o 3º trimestre foron realizadas na súa totalidade, agás a introdución de datos da caseta meteorolóxica na web de Meteogalicia. Pero o resto de accións están sendo postas en práctica seguindo a temporalización inicial. Os recursos empregados foron axeitados para a consecución dos obxectivos. A implicación dos responsables da execución das accións no 3º trimestre foi boa.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

AVALIACIÓN PROCESUAL

realizarase unha avaliación trimestral do desenvolvemento do Plan Dixital, centrándose nos seguintes aspectos:

a) Valoración do estado de execución das accións plantexadas para a consecución de cada obxectivo:

- cumprimento e adecuación da temporalización programada

- grao de realización da acción

- adecuación dos recursos empregados en cada acción

- implicación dos responsables da súa realización.

 

b) Análise dos resultados obtidos durante a realización das accións:

- adecuación dos resultados ao logro do obxectivo proposto

- adecuación da temporalización ao logro do obxectivo proposto

- impacto no alumnado/profesorado/familias

c) propostas de mellora:

- detección de necesidades, puntos débiles, fortalezas...

- proposta de modificacións das accións para a mellora da súa adecuación ao logro dos obxectivos


 

AVALIACIÓN FINAL:

realizarase unha avaliación anual do desenvolvemento do Plan Dixital, a final de curso, centrándose en:

a) Valoración do logro dos obxectivos propostos tomando como referencia o “indicador” de cada obxectivo:

- valoración das modificacións introducidas para a mellora dos resultados

- análise do grao de cumprimento do “valor” de logro de cada obxectivo

 

 

b) Propostas de mellora:

- valoración da repercusión do desenvolvemento do Plan Dixital na aula e no centro

- detección de necesidades, puntos débiles, fortalezas...

- plantexamento de continuidade ou modificación de obxectivos (visión a longo prazo).

Valoración xeral

a) Valoración do logro dos obxectivos propostos tomando como referencia o “indicador” de cada obxectivo:

- valoración das modificacións introducidas para a mellora dos resultados: NON se produciron modificacións substanciais das accións previstas para a consecución dos obxectivos.

- análise do grao de cumprimento do “valor” de logro de cada obxectivo: tras a avaliación trimestral do grao de cumprimento dos obxectivos, reflectido pola consecución dos indicadores de logro de cada acción proposta, podemos valorar que se acadou un grao de cumprimento do plan ALTO.

 

 

Proposta de mellora

- valoración da repercusión do desenvolvemento do Plan Dixital na aula e no centro: consideramos que a posta en práctica das accións desenvolvidas neste Plan Dixital reporta unha repercusión ACEPTABLE na mellora da calidade da docencia.

 

- detección de necesidades, puntos débiles, fortalezas...:

se ben parte do profesorado ten soltura co manexo de determinados recursos en rede e apps informáticas de gran utilidade para a docencia, outros temos que formarnos para o seu uso ou para comprender a súa versatilidade. Como fortaleza podemos sinalar a posibilidade de autoformarnos dentro do centro coa axuda do profesorado máis competente dixitalmente.

- plantexamento de continuidade ou modificación de obxectivos (visión a longo prazo):

cremos importante poder sacar maior partido ás Pantallas Interactivas recibidas, polo que sería conveniente recibir nova formación ou fomentar as prácticas de experiencias con este recurso entre o profesorado. Igualmente, precisamos volcar o resto de fondos bibliográficos á plataforma KOHA o antes posible para non ter os fondos repartidos entre esta plataforma e o MEIGA.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital, tras ser informado ao Claustro e aprobado en Consello Escolar, será difundido entre a comunidade educativa polas seguintes vías:

 

- Web do centro: no apartado “Documentos de Centro” será colgada a versión en pdf do presente documento.

- AbalarMóbil: as familias e o profesorado serán informados favorecendolles o enlace á publicación do documento.