Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

  Datos básicos do centro

    Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

 O noso centro está ubicado no municipio de O Grove ( Pontevedra ), no lugar de Balea, na parroquia de San Vicente do Mar. Atópase delimitado polo concello de Sanxenxo. Ten unha extensión de 21,89 km² cunha poboación de 10.518 habitantes. A poboación distribúese entre as parroquias de San Martiño de O Grove e San Vicente do mar. A poboación, maioritariamente adícase ao sector servizos, ás actividades relacionadas coa industria da pesca: pesca, bateas, conservas,…, e en menor medida, a construción.

A contribución do Plan dixital no Proxecto educativo enmárcase na liña de incrementar e optimizar o  uso das TIC aplicadas ao proceso de ensino e aprendizaxe polo que para o vindeiro curso 2022-23 o Plan dixital será un referente á hora de establecer a programación xeral anual de dito curso.

 Ademais, dende o curso 2020/21 participamos no Proxecto Edixgal,  tamén estamos inmersos na liña dixital do PFPP para actualizarnos en materia de novas tecnoloxías. O vindeiro curso 2022/23 continuaremos no Proxecto Edixgal e seguiremos coa formación para seguir mellorando na competencia dixital. 

 O CEIP AS BIZOCAS participa en diferentes programas: Digicraft , Plan Proxecta e  Proxectos de Centro.

Breve xustificación do mesmo

A contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro é a seguinte:

Articulado concreto dos Decretos autonómicos no que se recolle a obriga de inclusión do PD no Proxecto Educativo:
 

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte: “Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

      Proceso de elaboración

  1. Proceso de autoavaliación do SELFIE
  2. A realización do TCDD
  3. O desenvolvemento do Análise DAFO
  4. O establecemento dos Obxectivos do Plan de acción.
  5. A redacción do Plan dixital do centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información foron o test CDD e o informe SELFIE.

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Un pequeno porcentaxe das familias carecen dun dominio básico das tecnoloxias dixitais. Familias Non
Debilidade No centro non contamos cunha estratexia dixital. Infraestruturas Si
Debilidade Non dispoñemos de pantallas táctiles en tódalas aulas". Infraestruturas Si
Debilidade No noso centro non dispoñemos de tempo para explorar a competencia dixital. Infraestruturas Si
Debilidade No centro non avaliamos os nosos progresos en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxias dixitais. Organización de centro Non
Debilidade Deberíamos mellorar o uso tecnoloxias dixitais para colaborar con outras organizacións. Persoal docente Si
Fortaleza No centro o alumnado aprende a codificar e programar. Alumnado Si
Fortaleza A maioría das familias teñen un dominio básico no uso das novas tecnoloxías. Familias Non
Fortaleza Na maior parte da contorna do centro a conexión a rede é boa . Infraestruturas Non
Fortaleza Coloraboramos con outros centros e/ou organizaciónns para apoiar o uso de tecnoloxias dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Os mestres/as do centro coordínanse para o emprego de tecnoloxias dixitais na avaliación . Persoal docente Si
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Nalgunhas zonas da contorna a conexión a rede é limitada e xera problemas para realizar certas tarefas" Contorna Non
Ameaza Deberíamos mellorar o uso das tecnoloxías dixitais para colaborar con outras organizacións Outras Si
Oportunidade Na maior parte da contorna do centro a conexión a rede é boa. Contorna Non
Oportunidade Colaboramos con outros centros e/ou o organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. Outras Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez feita a análise dos factores internos e externos tomouse a decisión de comezas polos seguintes obxectivos para o presente curso 2022/2023:

  • Coñecer os perigos da navegación e o uso seguro de internet
  • Dotar o profesorado de estratexias que permitan actuar de xeito seguro en internet.
  • Inventariar e optimizar os dispositivos dixitais do centro
  • Promover o uso de ferramentas dixitais de software libre no proceso de ensino-aprendizaxe
  • Implementar os entornos virtuais de aprendizaxe

 

 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O2PD Dinamizar a aula vitual do centro
O3PD Empregar os recursos dixitais na actividade de ensino/aprendizaxe cotiá do centro
01PD Inventariar e optimizar os dispositivos dixitais do centro

Seguimento

Procedemento

O procedemento seguido para comprobar o estado do Plan Dixital e a súa implementación foi o seguinte:

  • Xuntanzas de coordinación ( mínimo unha vez por trimestre)
  • Visitas do ADIX (a persoa mentora Adix realizará unha ou máis visitas por trimestre para analizar coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do proxecto)
  • Cumprimentación da ferramenta EDUCALIDADE. (A persoa coordinadora do PD terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances deste plan baixo a supervisión da persoa directora)
1º Trimestre

AO 1.1: Constituir un equipo de traballo. Relizada

AO 2.1: Constituir un equipo de traballo. Realizada

AO 2.2: Compartir actividades e experiencias de cara a dinamización da Aula Virtual. Realizada

AO 3.1.Constituir un equipo de traballo. Realizado

AO 3.2: Realizar formación para o emprego dos paneis . Realizada

 

 

 

2º Trimestre

AO 1.2: Realizar un inventario de tódolos dispositivos dixitais do centro e posibles melloras dos mesmos. Pendente

AO 1.3. Elaborar un cartel/ documento informativo coa ubicación dos dispositivos dixitais do centro.Realizada

A0 2.3. Empregar a Aula Virtual por parte do alumnado para realizar tarefas propostas polo profesorado. Realizada

AO 3.3: Formar ao alumnado do 3º ciclo no uso dos robots e outros recursos TIC do centro. Realizada

AO 3.4: Realizar formación no material audivisual de polos creativos .Realizada

3º Trimestre

A0 2.3. Empregar a Aula Virtual por parte do alumnado para realizar tarefas propostas polo profesorado. Realizada

AO 3.4: Realizar formación no material audivisual de polos creativos . Realizada

AO 3.5: Levar a cabo actividades relacionadas coas TIC con alumnos doutros cursos . Realizada

Avaliación

Procedemento para a avaliación

As accións propostas neste plan teñen uns indicadores que axudarán a determinar se o obxectivo proposto está sendo acadado ou se é preciso realizar variacións no seu desenvolvemento durante o curso.

O procedemento de seguimento  do plan e da consecución de obxectivos será o seguinte:

  • Avaliación procesual: a súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • Avaliación final: ao final de curso. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Coa valoración destas accións, elaborarase un informe final no que se recollerán os resultados,  aspectos negativos/positivos e as propostas de mellora para o vindeiro curso

Valoración xeral

A valoración xeral é positiva acadando nun alto porcentaxe os obxectivos. Realizáronse tódolas accións previstas (excepto unha) e a predisposición e colaboración de todo o profesorado foi boa.

Proposta de mellora

-            Completar a dotación do equipamento ( Paneis dixitais, equipos informáticos, material polos creativos ..) e  a partir desta actualizar o inventario de material (pendente da aplicación da Conselleria)

-            Crear un banco de recursos nas Aulas Virtuais e/ou  na web do centro.

-            Mellorar o mantemento do equipos informáticos do centro.

-            Priorizar  na Dinamización TIC do centro a creación de material audiovisual en galego.

-            Contar con máis mestres/as no equipo TIC  e  maior dispoñibilidade horaria

-            Concretar actividades e obxectivos  de cara a consecución da competencia dixital en cada nviel ou ciclo.  

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Presentarase  o Claustro e ao Consello Escolar para ser  aprobado no mesmo. O Plan Dixital publicarase na páxina web do centro  , co fin de darlle unha difusión entre toda a comunidade educativa.

PLAN DIXITAL