Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

Nome: CEIP Plurilingüe Mestre Ramiro Sabell Mosquera. Código de centro: 36016954.

Dirección: Barrio Barral s/n 36860 Ponteareas. Teléfono: 8860110579/886110581.

Correo electrónico: ceip.mestre.ramiro@edu.xunta.gal

Páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmestreramiro/ Ud. Activas no centro: 6 aulas de infantil e 13 de primaria.

Nº de membros no claustro: 34

Contribución do PD ao Proxecto Educativo do Centro

O CEIP Plurilingüe Mestre Ramiro Sabell Mosquera atópase no Barrio Barral s/n da vila de Ponteareas (localidade duns vintedous mil habitantes). Atópase ubicado nunha zona semi-urbana. Os alumnos que asisten ao centro pertencen as parroquias de Arcos , Fontenla, Canedo, San Mateo e un sector do núcleo urbano.

O índice socioeconómico e cultural das familias que forman a comunidade educativa é medio. A poboación obtén os seus ingresos do sector servizos e da construción e os centros de traballo acostuman estar en Ponteareas ou arredores (Vigo, Porriño, Salceda).

As familias son de tipo nucleares, aínda que a maioría convive con avós ou familiares próximos que lles proporcionan axuda no coidado dos nenos.

O plan dixital é un instrumento de planificación integrado no Proxecto Educativo que persegue fundamentalmente o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como pechamento didáctica nos procesos de ensino-aprendizaxe.

A referencia fundamental para que os centros desenvolvan o seu potencial dixital a través dun Plan é o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg), desenvolvido polo Centro Común de Investigación (JRC, Joint Research Centre), da Comisión Europea. Este marco é parte do estudo Furthering Innovative Education, posto en marcha pola Dirección Xeral de Educación Cultura da Comisión Europea e o Centro Común de Investigación–Instituto de Estudos de Prospectiva Tecnolóxica (IPTS).

Este plan está concibido como un documento vivo que contén os acordos alcanzados no centro con respecto aos obxectivos xerais do plan, as estratexias de dinamización e xestión dos recursos tecnolóxicos e a inclusión das TIC nas diferentes concrecións curriculares. Supón un compromiso por parte de toda a comunidade educativa. Cada un na medida das súas posibilidades e o seu nivel actual de formación.

Breve xustificación do mesmo

Os centros educativos forman parte dun mundo en cambio permanente e dunha sociedade e mercado laboral cada vez máis dixitalizado e por esa razón, os centros educativos deben dar respostas a esas necesidades e demandas da sociedade e mercado laboral para poder formar cidadáns do futuro coas competencias necesarias para desenvolverse nun contorno dixitalizado. O uso da tecnoloxía nas diversas prácticas que teñen lugar nunha organización escolar, desde as relacionadas coas cuestións organizativas, ata as propias dos procesos de ensino e aprendizaxe é xa ineludible.

A educación é un recurso clave para asegurar a igualdade social, a promoción das persoas e máis xenericamente a mellora das condicións de vida de comunidades e persoas. Así pois, a Estratexia Europa 2020 recoñece a necesidade dunha transformación dos sistemas de educación e formación que garante a adquisición de competencias dixitais, que pola súa vez permitan aproveitar as oportunidades.

Por outra parte, as organizacións educativas teñen a necesidade de revisa-las súas estratexias co obxectivo de mellora-la súa capacidade para promove-la innovación e saca-lo máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos educativos dixitais.

Marco Normativo:

Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Proceso de elaboración

En primeiro lugar conformouse o equipo de dinamización do Plan Dixital conformado por:

Jose A. Da Cuña Gómez (director), Santiago lópez Groba (coordinador),Leticia Valle García, Mónica Carvalho González, Jose A. Rodríguez Vázquez, Eduardo Reiris Mouriño, Jose Carlos González Sánchez, Sergio López Montero, Mª Victoria Freijedo Fernández.

Fases na elaboración do Plan Dixital:

Novembro 2021. Posta en marcha e contacto co asesor ADIX. Decembro 2021. Realización do test SELFIE.

Febreiro 2022. Realización por parte do profesorado do centro do Test CDD. Marzo 2022. Reflexión, análise e confección do DAFO do centro.

Abril-Maio 2022. Definir obxectivos do para o plan de acción.

Xuño 2022. Redacción do Plan Dixital versión 1.0.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE.

Test CDD.

Memorias equipo Tic cursos anterioes.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Pouca formación en ofimática. Alumnado Si
Debilidade Pouca formación. Pouca capacidade económica. Familias Si
Debilidade Non existe unha rede wifi na que se poidan conectar libremente o alumnado. A cobertura da wifi non chega a todo o centro. Infraestruturas Non
Debilidade Pouca experiencia Edixgal. Oferta Si
Debilidade Sobrecarga de accións e proxectos que chegan ao centro. Organización de centro Non
Debilidade Pouca formación. Rexeitamento ao sistema linux e o software libre. Persoal docente Si
Debilidade Pouca formación. Rexeitamento ao sistema linux e o software libre. Persoal non docente Si
Fortaleza Interese polas Tics. Alumnado Si
Fortaleza Predisposición a colaborar. Familias Si
Fortaleza Todas as aulas están dixitalizadas. Sala de informática nova e actualizada. Boa conexión de internet. Infraestruturas Non
Fortaleza Como mínimo cada grupo de primaria ten unha hora asignada no seu horario para ir a aula de informática. Oferta Non
Fortaleza Posúe unha estratexia dixital. Iniciamos o proxecto Edixgal no curso 22- 23 Organización de centro Non
Fortaleza Boa predisposición a aprender. Persoal docente Si
Fortaleza Boa predisposición a aprender. Persoal non docente Si
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Sobrecarga de accións e proxectos. Moita burocracia. Administración educativa Non
Ameaza Pouca capacidade económica. ANPA Non
Ameaza Falta de comunicación entre os centros. Contorna Non
Ameaza Cambios de lei continuos. Lexislación Non
Oportunidade A Consellería aposta pola innovación educativa baseadas nas tics. Administración educativa Non
Oportunidade Apoia a innovación educativa baseada nas novas tecnoloxías. ANPA Non
Oportunidade A maioría dos centros do noso contorno participan no Edixgal. Contorna Si
Oportunidade É unha oportunidade para a mellora da calidade educativa. Lexislación Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Mellorar a competencia dixital dos docentes acorde a las necesidades del centro.
O2PD Mellorar a comunicación familia-escola a través das plataformas dixitais da consellería de ensino.
O3PD Implantar tres aulas Edixgal en quinto de Primaria.
O4PD Fomentar o uso da aula virtual en terceiro, cuarto e sexto de primaria.

Seguimento

Procedemento

Cada unha das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos que
axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi alcanzado e se é necesario realizar
variacións no formulario destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen.

1º Trimestre

Con respecto ao Obxectivo nº 1. Está organizado un seminario de formación no centro sobre resolución de conflictos tics e manexo básico de Libreoffice. Aínda non hai data de realización. Previsiblemente no segundo trimestre.

Con respecto ao Obxectivo nº 2. Recolleuse no NOF de centro a obriga, de usar o correo oficial e o abalarmóbil para as comunicacións entre familia-escola. Os correos oficiais están a disposición das familias na páxina web do centro. 

Con respecto ao Obxectivo nº 3. Implantaronse 3 aulas Edixgal nas aulas de quinto de primaria, en setembro chegaron os equipos do alumnado e en decembro o dos mestres. Tamén chegaron os carros de carga, pero non fan a súa función xa que está pendiente unha adpatación que ten que facer a empresa HP.Todos os mestres que imparten na etapa fixeron a formación. 

Con respecto ao Obxectivo nº 4. Todos os cursos de terceiro, cuarto e sexto teñen asignada unha hora semanal na aula de informática, e están facendo un mínimo de unha tarefa por semana na aula virtual.

 

2º Trimestre

Con respecto ao Obxectivo nº 1. Realizouse a formación de centro. Queda pendente a realización de titoriais, para formar ao resto do personal para a solución de avarías máis comúns.

Con respecto ao Obxectivo nº 2. Todo o persoal docente está suscrito ao abalar e o correo corporativo está a disposiución das familias. Hai que seguir fomentando o seu uso coa comunidade educativa, xa que de momento usao moi poucas familias.

Con respecto ao Obxectivo nº 3. Implantaronse 3 aulas Edixgal nas aulas de quinto de primaria. En decembro chegaron os equipos dos mestres. Durante o segundo trimestre chegaron 53 equipos de alumnos para os nenos/as que serán de 5º de primaria no curso 23-24. Os carros seguen sen cargar.

Con respecto ao Obxectivo nº 4. Todos os cursos de terceiro, cuarto e sexto teñen asignada unha hora semanal na aula de informática, e están facendo un mínimo de unha tarefa por semana na aula virtual. 

3º Trimestre

Con respecto ao Obxectivo nº 1. Rematouse a formación e realizouse a memoria correspondente.

Con respecto ao Obxectivo nº 2. Todo o persoal docente está suscrito ao abalar e o correo corporativo está a disposiución das familias. Hai que seguir fomentando o seu uso coa comunidade educativa, xa que de momento usao moi poucas familias.

Con respecto ao Obxectivo nº 3. Implantaronse 3 aulas Edixgal nas aulas de quinto de primaria. En decembro chegaron os equipos dos mestres. Durante o segundo trimestre chegaron 53 equipos de alumnos para os nenos/as que serán de 5º de primaria no curso 23-24. Os adaptadores para os carros de carga xa están instalados.

Con respecto ao Obxectivo nº 4. Todos os cursos de terceiro, cuarto e sexto teñen asignada unha hora semanal na aula de informática, e están facendo un mínimo de unha tarefa por semana na aula virtual. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cada unha das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos que
axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi alcanzado e se é necesario realizar
variacións no formulario destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen.
Coa análise destes indicadores, elaborarase un informe avaliativo final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores.

Valoración xeral

En xeral os catro obxectivos propostos alcanzáronse. 

Proposta de mellora

A finais do curso 22-23, instaláronse nas aulas de infantil e en 1º e 2º novos paneis dixitais, queda pendente a instalación no resto de aulas do centro. Sería convinte facer formación para o uso dos mesmos.

Para o curso 23-24 estamos interesados en pedir o programa "Polos Creativos". 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O PD está publicado na páxina web do centro (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmestreramiro/) , na sección Secretaria/Documentos de centro. Pódese acceder ao mesmo premendo a seguinte ligazón: https://drive.google.com/drive/folders/1dX2c2JE_NJIP28t8Dh8hlUJVxwYzzKC4?usp=sharing