Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O Equipo de Dinamización do Plan Dixital realizará unha xuntanza por trimestre para facer o seguimento das accións e obxectivos do PDl, recollendo as conclusións de dito seguimento nos campos de texto habilitados para cada trimestre.
A persoa mentora ADIX realizará visitas periódicas para analizar xunto coa persoa coordinadora do Plan Dixital o desenvolvemento do mesmo.
A persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións do plan baixo a supervisión da persoa directora e en colaboración co outro membro do Equipo de Dinamización do Plan Dixital.
O01PD. Aumentar a comunicación dixital coas familias. (E4) Parcialmente conseguido.
AO1.1: Reunión coas familias para uso da ferramenta ABALAR. Acadado
AO1.2: Reunión coas familias para uso da ferramenta Aula Virtual. Acadado
AO1.3: Reunión coas familias para uso da páxina web da escola. Acadado
O02PD. Aumentar o uso de ferramentas coorporativas (Aula Virtual, web, ABALAR) entre o claustro da escola. (A2) Parcialmente conseguido.
AO2.1: Reunión co profesorado para uso da ferramenta ABALAR. Acadado.
AO2.2: Reunión co profesorado para uso da ferramenta Aula Virtual. Acadado.
AO2.3: Reunión co profesorado para uso da páxina web da escola. Acadado.
O resto das accións son para realizar ao longo do curso.
As accións que faltan por desenvolver son para conseguir a final de curso.
As accións deseñadas para este trimestre foron acadadas durante o primeiro.
O01PD. Aumentar a comunicación dixital coas familias. (E4). Acadado
AO1.4: Enquisa para as familias sobre o uso e utililidade das ferramentas ao longo do curso. Acadado
O02PD. Aumentar o uso de ferramentas coorporativas (Aula Virtual, web, ABALAR) entre o claustro da escola. (A2) Acadado
AO2.4: Enquisa para ao profesorado sobre o uso e utlilidade das ferramentas ao longo do curso. Acadado
O03PD. Realizar o mantemento e actualización dos dispositivos dixitais existentes na escola (C5, C8). Acadado.
AO3.1: Manter actualizado o listado con todo o material dixital existente na escola. Acadado
AO3.2: Valorar as necesidades existentes de cada recurso dixital. Acadado
AO3.3: Facer o mantemento necesario dos dispositivos. Acadado. Consideramos que debemos seguir traballando este obxectivo para mellorar o mantemento da nosa escola.
O04PD. Aprender a utilizar as pantallas táctiles interactivas coas que dotaron ás aulas de referencia. Acadado.
AO4.1. Formación do profesorado a través dun PFPP. Acadado
AO4.2. Uso do Pantalla táctil interactiva das aulas de referencia. Acadado
Avaliación
Para avaliar o seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución dos obxectivos do Plan de Acción levarase acabo unha avaliación procesual e unha avaliación final. A avaliación procesual realizarase como mínimo unha vez ao trimestre para valorar o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, poder establecer as modificacións pertinentes para conseguir alcanzar os obxectivos. Tamén se realizará unha valoración final, como mínimo unha vez ao ano para valorar o logro dos obxectivos e establecer unha serie de propostas de mellora para o vindeiro curso.
En xeral, a valoración foi positiva por parte do profesorado. Cumpríronse todos os obxectivos propostos este curso.
O vindeiro curso continuar co obxectivo do uso de abalar e páxina web para familias e profesorado. Buscar alternativa para subir a documentación na aula virtual para facelo máis accesible.
Continuar o obxectivo pendente de mantemento dos equipos e do material dixital da escola.
E outra proposta de mellora seria elaborar recursos dixitais.
Comunicación e difusión
O Plan será presentado ao Claustro e ao Consello escolar para a súa aprobación. Estará a disposición de toda a comunidade educativa na páxina web da escola no apartado documentos.