Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
No contexto da avaliación procesual levaremos a cabo nas reunións trimestrais da CCP, na que esta a totalidade do claustro, o seguimento das accións que se programaron nas táboas do plan de acción. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Para conseguir o obxectivo O01PD, comezamos ca configuración dos grupos en XADE. Xa que esta aplicación non está adaptada aos CEE, tivemos que axustar os grupos dun modo manual que non se corresponde ca realidade deste centro.
En relación co obxectivo O02PD, demos de alta o novo alumnado e configuramos as novas aulas para que poidan acceder os alumnos e alumnas a aula virtual.
Por último, no obxectivo O03PD, puxémonos en contacto con webs dinámicas e coa nosa asesora abalar para que nos habilitaran a páxina web en Drupal 9.
Cos obxectivos O01PD e O02PD, realizamos funcións de mantemento, solucionando calquera erro ou incidencia que poida xurdir para garantir a utilidade da aplicación AbalarMóbil e a aula virtual do centro.
En canto o obxectivo O03PD, mantivemos varias reunións coa asesora abalar do noso centro para ter unha orientación a hora de crear a nova páxina web. Nestas reunións falamos de como crear diferentes menús, lapelas e a visualización da páxina.
Cos obxectivos O01PD e O02PD, realizamos funcións de mantemento, solucionando calquera erro ou incidencia que poida xurdir para garantir a utilidade da aplicación AbalarMóbil e a aula virtual do centro.
No relaciondo co O03PD, puxémonos en contacto con webs dinámicas para cancelar a antiga páxina e facer visible a nova de drupal 9. A partires de ese momento xa fomos publicando e engadindo contido.
Avaliación
A avaliación de este documento levárase a cabo de dous xeitos:
- No contexto da avaliación final que terá lugar na reunión da CCP final de curso, valorando a consecución dos obxectivos plantexados, recollendo as propostas de mellora que se incluirán na memoria final do dito plan e servirán como punto de partida para a actualización do plan dixital no curso seguinte. Dita memoria será aprobada no claustro de final de curso.
Comunicación e difusión
Para dar a coñecer o noso plan dixital a comunidade educativa, farémolo a través de 3 vías:
- Mediante a páxina web do centro no apartado de documentos.
- Nun apartado dentro da PXA.
- Dispoñible para toda a comunidade unha copia de maneira física no taboleiro de anuncios e na dirección do centro.