Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación

A LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación no Art. 111 bis no punto 5 establece Las Administraciones educativas y los equipos directivos de los centros promoverán el uso de las tecnologías de la información y la comunicación (TIC) en el aula como medio didáctico apropiado y valioso para llevar a cabo las tareas de enseñanza y aprendizaje.

A Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 establece que os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten.

Realizamos o PD segundo a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 atendo aos obxectivos do punto segundo:

  1. Facilitar a integración e o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais nos procesos formativos e optimice a xestión dos recursos humanos e materiais do centro.

  2. Promover o uso das ferramentas de avaliación e diagnose dos centros educativos respecto á competencia dixital.

  3. Mellorar a competencia dixital dos membros da comunidade educativa para transformar os centros en organizacións educativas dixitalmente competentes nos procesos de ensino-aprendizaxe, de xestión e de relación.

  4. Definir o equipo responsable de dinamización do Plan Dixital e a súas funcións.

Contextualización

O IES Carlos Casares é un centro situado na periferia de Vigo, na saída da cidade o que lle confire un carácter especial. Recolle alumnado, sobre todo da zona de Bembrive, Cabral e Candeán, pero é moito o alumnado que vén do centro da cidade. Na ESO a ratio de alumnado adoita ser de 30 alumnos/as por aula. En Bacharelato temos o problema do trasporte, pois ao non estar financiado pola Consellería de Educación, xera problema para algúns alumnos e alumnas que teñen complicado desprazarse. Aínda así, son moitas as reservas de praza que recibimos anualmente para 1º de Bacharelato, tendo grupos moi numerosos tamén neste nivel.

O edificio ten unha distribución moi particular, pois conta con cinco niveis de andares e non hai ascensor, o cal fai imposible o desprazamento para alumnado e profesorado con discapacidade. Todas as aulas teñen ordenador do profesorado e taboleiro dixital, hai unha boa conexión a internet e, a raíz da pandemia, o profesorado fixo un esforzo para adaptarse ás tecnoloxías e utilizalas nas súas clases. Foron moitos os cursos e formacións que fixemos para conseguir que o profesorado acadase un nivel que lle permitise facer fronte aos novos retos tecnolóxicos.

O IES Carlos Casares é un centro moi activo no que se refire á participación en diferentes programas da Consellería. Así, participamos en CPIncúe, CPInnova, Club de Ciencia, Meteoescolas e temos un PFPP composto por múltiples liñas (Formación en ferramentas dixitais, Inclusión, Igualdade, Prácticas Restaurativas e Educación Responsable).

Proceso de elaboración

Para a elaboración do PD no curso 21-22 fórmase un equipo constituído pola directora do centro,  Asunción Montenegro; o profesorado que forma o equipo TIC, Almudena Rouco e Fernando Fuentes, do departamento de Tecnoloxía, e dous profesores de diferentes departamentos para ter a visión máis ampla posible da situación do centro, Víctor Rodríguez de Debuxo e Marta Faya de Lingua Castelá.

O proceso seguido consiste en informar ao profesorado nos claustros celebrados no seu momento das diferentes accións que se van levar a cabo: Cuestionarios Selfie, test CDD, informe DAFO e Obxectivos.

A través da aula virtual do centro se informa e solicita colaboración nas diferentes etapas a todo o profesorado do centro. O equipo do plan dixital prioriza e resume en cada un dos documentos solicitados a información recopilada a través de reunións presenciais no centro ou por medio de documentos colaborativos en rede.

O equipo reuniuse en numerosas ocasións para facer valoracións dos resultados obtidos a partir dos Cuestionarios Selfie, dos test CDD e para elaborar o informe DAFO.

Ao inicdo curso 2022-23, foi necesario cambiar a membros do equipo: o director do centro pasa a ser Víctor Rodríguez, a anterior directora Asunción Montenegro e a profesora Marta Faya cambian de centro, polo que incorporamos a don Ignacio Iriondo de Tecnoloxía. A profesora Almudena Rouco se mantén no equipo.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida foron o informe SELFIE, o test CDD, a análise DAFO, así como as contribucións feitas polo claustro de profesorado e a experiencia do equipo TIC e os membros do equipo do plan dixital no día a día do centro.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1)Non empregan a tecnoloxía para traballar en grupo. 2)Non aprende a comprobar a información de Internet. 3)Non aprende a dar crédito ao traballo de persoas que encontra en Internet. 4)Non emprega tecnoloxía no centro e na casa úsana principalmente para o ocio. Alumnado Si
Debilidade 1)Baixa competencia dixital. 2)Falta de debate co alumnado e as familias sobre as vantaxes e desvantaxes da tecnoloxía dixital. 3)Falta de acompañamento por parte das familias no uso de ferramentas dixitais e redes sociais. Familias Si
Debilidade 1)Dependencia da voluntariedade/dispoñibilidade do profesorado para seguimento/mantemento equipamentos. 2)Pouca flexibilidade do espazo nas aulas informáticas. Infraestruturas Si
Debilidade 1)Falta de valoración na corrección gráfica na presentación de traballos dixitais. 2)Escaso emprego das ferramentas dixitais como ferramentas de creación (artística-científica). Oferta Si
Debilidade 1)Non avaliamos os nosos progresos na materia de ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. 2)Falta debate sobre as vantaxes e desvantaxes do emprego da tecnoloxía para o aprendizaxe. Organización de centro Si
Debilidade 1)Dificultade para a adopción da tecnoloxía. 2)Falta motivación e colaboración. 3)Non hai intercambios de experiencias dentro dos centros sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. 4)Mellora da creación de contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. 5)Concepción das ferramentas dixitais como elemento de transformación do traballo docente. (Potenciando a interdisciplinariedade, o traballo colaborativo, en rede, por proxectos...) Persoal docente Si
Fortaleza 1)Reciben ferramentas para aprender a actuar de forma responsable en Internet. Alumnado Non
Fortaleza 1)Dispoñen de dispositivos tecnolóxicos na casa. Familias Si
Fortaleza 1)Dispomos de dispositivos dixitais para a docencia. 2)Contamos con asistencia técnica coas tecnoloxías dixitais. 3)Acceso a Internet. Infraestruturas Si
Fortaleza 1)Ofertamos materias tecnolóxicas e dixitais en todos os niveis posibles Oferta Non
Fortaleza 1)Colaboración equipo directivo-profesorado no desenvolvemento do plan dixital. 2)Formación interna para profesorado. 3)Equipo TIC. Organización de centro Si
Fortaleza 1)Acceso e debate de DPC na ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. 2)Creación e emprego de tecnoloxías e recursos dixitais e en liña. 3)Seguridade no manexo da tecnoloxía para a comunicación coas familias e nas clases. Persoal docente Si
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1)Falta de motivación para a participación da comunidade educativa. 2)Dependencia do plan dixital da existencia de profesorado con formación e disposición no centro. Falta de motivación para a participación da comunidade educativa. 3)Dotacións insuficientes e estándar sen ter en conta as particularidades/preferencias do centro, a veces incompatible con outros recursos. 4)Non hai dotación de equipamento para o profesorado. 5)Non hai dotación para o alumando sen non se acolle o centro ao programa EDixgal. 6)Equipamento obsoleto que non permite empregar determinados recursos. 7)Falta de planificación na dotación, mantemento e renovación equipamentos. 8)Distribución inadecuada de equipos: portátiles fixos nas aulas obrigan ao profesorado a iniciar sesións continuamente, expoñendo as súas contrasinais, facilitan a infección por virus, dificultan o mantemento... 9)Espazo escolar insuficiente. Administración educativa Si
Ameaza 1)Illamento do centro. Dificulta a realización de actividades formativas para familias e alumnado fora do horario escolar. Contorna Si
Ameaza 1)Sensación de improvisación e premura no desenvolvemento do plan dixital. 2)Falta materias formación dixital en cursos iniciais. Lexislación Non
Oportunidade 1)Ampla oferta formativa. Administración educativa Non
Oportunidade 1)Disposición e colaboración para mellora da formación dixital de alumnado e familias. ANPA Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizado o informe DAFO, onde se poñen de manifesto tanto aqueles aspectos a mellorar no centro, como aqueles que debemos manter ao contar cunha boa valoración por parte da comunidade educativa, chega o momento de establecer os obxectivos que abordaremos de cara ao vindeiro curso.

Estes obxectivos quedarán plasmados, dentro do Plan Dixital, nas táboas do Plan de Acción. Ademais dos citados obxectivos, incluiremos tamén as accións que imos a levar a cabo para acadar eses obxectivos así como uns indicadores numéricos que nos simplificarán a tarefa da avaliación.

Á hora de seleccionar os obxectivos que imos a incluír no Plan Dixital, tivemos en conta:

  • O equipamento co que contamos neste momento e as necesidades futuras atendendo ao cambio metodolóxico que pretendemos iniciar no noso centro.

  • A motivación do profesorado cara á inclusión de novas tecnoloxías e formación nas mesmas.

  • As necesidades de formación das familias e o alumando.

  • A demanda de actividades interdisciplinares.

    Unha vez detectados os aspectos a mellorar (debilidades) establecemos unha prioridade baseada nos seguintes criterios:

  • Demanda da comunidade educativa.

  • Urxencia/necesidade para a consecución de outros obxectivos.

  • Áreas de mellora prioritarias.

  • Repercusión na comunidade educativa.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Dotar ao alumnado de 1ESO de equipamento e competencias dixitais, con apoio ás familias (C8: Dispositivos dixitais para o aprendizaxe)
O02PD Dotar ao profesorado do centro de equipamento (C2: Dispositivos dixitais para a ensinanza)
O03PD OBXECTIVO 3: Realizar actividades de aprendizaxe dixitais e interdisciplinarios que fomenten a creatividade do alumnado: (F3 e F6)
O04PD Empregar a Aula Virtual (Moodle) como instrumento de cualificación (G1), avaliación e co-avaliación (G7)

Seguimento

Procedemento

Na sala de profesorado do centro adicarase un taboleiro para expor as táboas dos obxectivos propostos neste plan dixital, nas que parecen detalladas as accións que se van levar a cabo, xunto co responsable e a temporalización das mesmas. O responsable de cada unha delas debe anotar na data prevista de fin da súa acción o estado da mesma: Realizada, aprazada ou pendente, así o equipo do plan dixital poderá valorar a realización das mesmas e propor accións correctoras se fose o caso. Unha vez ao mes revísarase a evolución do plan.

1º Trimestre

Obxectivo 1 e 2 : Realízase a solicitude de equipamento para profesorado e alumnado. Ao recibir unha resposta negativa por parte da administración o resto de accións quedan pendentes a excepción da acción AO1.3: Formar ao alumnado: uso equipo, maqueta Abalar e Aula Virtual que é realizada cos equipos dispoñibles no centro dentro da materia de Tecnoloxía e dixitalización.

O resto de obxectivos son aprazados debido a falta de equipamento para levalos a cabo.

2º Trimestre

As accións están aprazadas

3º Trimestre

As accións están aprazadas

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Nos obxectivos do plan aparecen detalladas as accións que se van levar a cabo, xunta ca súa temporalización, polo que será necesario realizar:

  • dentro da avaliación procesual, unha avaliación mensual do desenvolvemento das mesmas. O equipo encargado do plan dixital xunta cas persoas responsables de cada acción analizarán o estado da execución da mesma, valorarán os resultados e, de ser o caso, proporán posibles modificacións das accións e posibles melloras.

  • como avaliación final, se contempla en cada obxectivo unha acción final de valoración, análise de resultados e proposta de mellora.

Valoración xeral

O Plan Dixital proposto para este curso era moi ambicioso, abarcando catro obxectivos.

A falta de resposta por parte da administración educativa aos dous primeiros obxectivos, falta de dotación de equipamento para alumando e profesorado, produce un desánimo no profesorado implicado. Tense o sentimento de que só se trata de cubrir papel, que non hai unha implicación real da administración que queira dar resposta as necesidades do centro. O que xunto ca gran cantidade de proxectos que se desenvolven no centro, que sobrecarga de horas de traballo ao profesorado, fai que o esforzo se dirixa a eses outros proxectos que si parecen aportar ao centro, polo que non se afrontan os seguintes obxectivos do plan dixital, quedando todos pendentes.

Proposta de mellora

É necesario unha implicación da administración dotando ao centro das demandas feitas no plan dixital, doutro xeito é imposible levalo adiante.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan dixital está dispoñible para toda a comunidade educativa na web do centro:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iescarloscasares/node/636