Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP de Laredo está situado fronte a Ría de Vigo, preto da Ponte de Rande, a poucos metros do peirao de Chapela (concello de Redondela) e da praia de Arealonga, unido a ela por un paseo axardinado a beira do mar, Cunha climatoloxía de temperaturas suaves, sen neve e choivas frecuentes e intensas na tempada de outono e menos frecuentes no inverno. Esta situado preto do mar o que facilita as labores de intervención no mesmo. Os nosos alumnos/as pertencen a familias de clase media obreira. O barrio ao que pertencen, organiza de forma habitual eventos sociais, culturais, gastronómicas de índole deportiva, así como ao estar a comunidade moi atomizada, existe moito activismo na impartición de diversos cursos (talleres, teatro, actividades deportivas,..) nel podemos destacar o Club de Remo Chapela o Club Balonmán Chapela e o Chapela C.F…O medio onde está sito o centro favorece a multiplicidade de actividades vivenciais de fácil difusión a comunidade. Os pais dos nosos alumnos/as teñen un nivel cultural medio.

Breve xustificación lexislativa
• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría
Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o
desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso
académico 2021-2022
• Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría
Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o
desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 20212022
• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e
Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e
implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos
da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

CEIP (Infantil e Primaria).

• Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

• Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para recoller esta información empregáronse os resultados obtidos no test Selfie, test CDD e elaborouse unha análise DAFO que guiarán o proceso de redacción do Plan de Acción do Plan Dixital.

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Pouca dotación tecnolóxica Infraestruturas Si
Debilidade A4OP: Falta de tempo para organizarse e explorar as TIC Organización de centro Si
Debilidade B3:Colaboración profesional: Usar tecnoloxías dixitais para colaborar con compañeiros profesionais. Persoal docente Si
Debilidade ATIC 1 :O noso profesorado empeza a utilizar as tecnoloxías dixitais cando empezan os compañeiros Persoal docente Si
Debilidade DPC4: No último ano houbo profesorado que non participou na formación do emprego das tecnoloxías. dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Colaboración das familias na formación TIC dos fillos/as Familias Non
Fortaleza A: Contamos con estratexia dixital e implementámola na nosa programación. Persoal docente Si
Fortaleza F4/5:0 profesorado realiza actividades motivadoras e colaborativas usando as TIC . Persoal docente Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C5:0 noso centro dispón de asistencia técnica contratada e non ofrecida pola Conselleria para os problemas técnicos coas tecnoloxías dixitais. Lexislación Non
Oportunidade PFPP: Formación profesional continua Administración educativa Si
Oportunidade D2:Participación no Desenvolvemento Profesional Continuo. Administración educativa Si
Oportunidade Plan Dixital: Formación do Plan Dixital. Administración educativa Non
Oportunidade D2:Participación no Desenvolvemento Profesional Continuo. Escola de Familias ANPA Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o TEST CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto cunha reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro e o conxunto do Claustro, obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS a nivel externo que aparecen recollidas na presente ANÁLISE DAFO.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD - Actualizar os coñecementos do profesorado en relación coas TIC de xeito que estén capacitados para integrar no proceso ensinanza aprendizaxe as TIC ao final do curso 23/24.
002PD - Millorar a competencia didáctica do profesorado permitíndolles acadar máis dominio das ferramenta e habilidades necesarias para a integración das tecnoloxías no proceso ensinanza aprendizaxe.
003PD -Promocionar a creatividade e a innovación: Fomentar o uso de ferramentas tecnolóxicas , aportadas polos Polos Creativos ,que permitan aos estudantes crear contido orixinal.

Seguimento

Procedemento

Realizouse o test Selfie e Test CDD. A partires dos resultados do DAFO o equipo de dinamización do plan dixital priorizou as necesidades detectadas nas diversas áreas do marco europeo para organizacións educativas dixitalmente competentes e diagnosticou diversos items a mellorar. A partires desta reflexión redactáronse varios obxectivos específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a un marco temporal, é dicir, temporizados. Foronse realizando diferentes accións ( formacións, grupos de traballo,...) para acadar os obxectivos.

1º Trimestre

Reunión de seguemento co coordinador ADIX.

No obxectivo 1 na acción 1.2 non se pudo realizar queda pendente para o 2º trimestre.

Realizamos formación de Pantallas Dixitais no centro.

2º Trimestre

Reunión de seguemento co coordinador ADIX.

Todos os obxectivos cumpridos , tamén o que quedara pendente do primeiro trimestre .

Formación no CFR de Polos Creativos relacionada con E-Textil.

Fixemos actualizacion da aula virtual corporativa, uso de diferentes APPS educativas  para traballar nas aulas. 

Con relación os Polos creativos fixemos elaboración e deseño de materialis relacionados co proxecto do cole que utilizamos para facer unha feira.

3º Trimestre

Reunión de seguemento co coordinador ADIX.

Todos os obxectivos do plan Dixital deste ano quedan cumpridos.

Con relación a Polos neste trimestre traballamos moito a costura relacionándoa coa poesía. 

Elaboración de memoria e propostas de mellora.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

As formacións por parte do CFR foron axeitadas aínda que precisamos máis formación en canto a Polos creativos para o ano que ven.

Continuamos creando unha sólida estructura en competencia TIC no claustro.

Botamos en falta o material de Polos Creativos.

Agradecemos a axuda e apoio do noso ADIX en todo o relacionado co Plan Dixital.

Proposta de mellora

Facer máis formación de Polos Creativos. Seguir promovendo a implicación do profesorado.

Tentar que o alumnado de 6º EP faga máis presentación en CANVA. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado polo Claustro e o Consello Escolar, o Plan Dixital estará a disposición da comunidade educativa na páxina web do centro . Empregándose as vías de comunicación habituais.