Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
As persoas participantes na elaboración do Plan Dixital reunímonos cada trimestre para falar e valorar o desenvolvemento do mesmo.
Reunións progamadas co mentor ADIX.
O01PD Mellorar a competencia dixital do profesorado. Parcialmente acadado.
AO1.1: Plan de formación en centro que inclúe competencia dixital. Fixemos unha primeira formación con relator sobre a metodoloxía DUA. Faremos outra no segundo trimestre.
O02PD Aprender linguaxe de programación e codificación polo alumnado. Parcialmente acadado.
AO2.1: Xogar cos xogos de programación dúas veces ao trimestre. Traballamos coa aplicación SCRATCH, coas OSMO Coding e cos ratos robot,
O04PD Aplicar tecnoloxía asistencial a alumnado con NEE. Parcialmente acadado.
AO4.1: Adquirir dispositivos e aplicacións adaptadas ás dificultades do alumnado. Os dispositivos xa foran adquiridos, pero estamos pendentes de valorar as aplicacións a mercar.
O resto das accións son para realizar ao longo do curso.
O02PD Aprender linguaxe de programación e codificación polo alumnado. Parcialmente acadado.
AO2.1: Xogar cos xogos de programación dúas veces ao trimestre. Traballamos coa aplicación SCRATCH, coas OSMO Coding e cos ratos robot. Tamén estivemos aprendendo as normas dos xogos de mesa relacionados co pensamento computacional.
O05PD Participar no Caranvexornal TV.
AO5.1: Elaborar unha edición do programa de TV escolar por parte do alumnado. Elaboramos o noso caranvexornal no mes de abril e publicámolo no blog do caranvexornal do concello.
AO5.2: Visualizar os distintos informativos publicados polos centros educativos de Moaña. Cada xoves, na hora de ler, visualizamos os informativos que publica cada centro do concello de Moaña.
O03PD Mellorar a seguridade no manexo da internet. Acadado
AO3.1: Solicitar charlas a expertos do ámbito das telecomunicacións para o alumnado. Tivemos charlas dentro do Plan Director para o alumnado de 5º e 6º de primaria, así como tamén a tiveron 3º e 4º de primaria, contactando cunha familia que traballa neste eido e viu ao cole a dar a charla.
AO3.2: Solicitar charlas a expertos do ámbito das telecomunicacións para o profesorado.Contactamos coa familia dunha alumna que traballa neste eido e viu darnos unha charla.
AO3.3: Solicitar charlas a expertos do ámbito das telecomunicacións para as familias.Contactamos coa familia dunha alumna que traballa neste eido e viu darnos unha charla.
O04PD Aplicar tecnoloxía asistencial a alumnado con NEE. Acadado
AO4.1: Adquirir dispositivos e aplicacións adaptadas ás dificultades do alumnado. Os dispositivos xa foran adquiridos, e descargouse a aplicación CLAROREAD, para traballar co alumnado. Tamén dispoñemos da aplicación Pictoaplicaciones para o seu manexo por parte deste alumnado.
Avaliación
As persoas participantes na elaboración do Plan Dixital reunímonos cada trimestre para falar e valorar o desenvolvemento do mesmo.
Reunión ao finalizar o curso do equipo do Plan Dixital e co profesorado.
Reunións progamadas co mentor ADIX.
As persoas participantes na elaboración do Plan Dixital valoramos positivamente o resultado obtido este curso.
Non hai propostas de mellora
Comunicación e difusión
O Plan de Acción Dixital está recollido na páxina web do centro.
Podemos acceder a el a través do seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdequintela/