Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Realizaranse avaliacións trimestrais nos derradeiros 15 días do trimestre e unha avaliación final na derradeira semán de xuño. O obxectivo das avaliacións trimestrais será controlar a evolución do desenvolvemento das distintas accións mentres que a avaliación final avaliará o grao de consecución dos obxectivos fixados no plan dixital e as posibles accións de mellora do mesmo.
No documento anexo "Avaliación" detállase o procedemnto de avaliación do noso plan
- Non nos resultou posible configurar o switch configurable debido a falta de tempo, ningún dos dous profes de informática do centro dispuxo de tempo que poidera usar para revisar a documentación do aparato e preparar a súa configuración, dado que ademais ten que facerse nún momento no que non se estea a usar Internet no centro.
- A realización do manual está en proceso.
- As outras dúas acción do primeiro trimestre están realizadas
- Temos decicido deixar a acción de configurar o switch para xuño, cando non teñamos o alumnado nas clases e sexa menos problemático andar a trastear coa rede
- O manual de aceso e uso da plataforma para os alumnos e profes xa está feito e distribuido
- O manual de preparación de probas de avaliación na plataforma xa está tamén feito de distribuido entre os profesores
Neste terceiro trimestre quedanos por facer:dos obxectivos do plan dixital dúas cousas, a configuración do switch que precisa de ter rematado o curso e de poder cortar a conexion do centro unhas horas ( no mellor dos casos) e rematar a estructura de carpetas no noso espazo de traballo, xa temos o proxecto de como vai a ser pero aínda temos que traballalo mais.
Con respecto os demáis obxectivos do noso plan dixital, pensamos que están todos acadados
Avaliación
Realizaranse avaliacións trimestrais nos derradeiros 15 días do trimestre e unha avaliación final na derradeira semán de xuño. O obxectivo das avaliacións trimestrais será controlar a evolución do desenvolvemento das distintas accións mentres que a avaliación final avaliará o grao de consecución dos obxectivos fixados no plan dixital e as posibles accións de mellora do mesmo.
Podemos asegurar que a meirande parte dos obxectivos que nos prupuximos no plan dixital foron cumplidos, agás aqueles que por demanda de tempo ou condicións espaciais non se poderon levar a cabo co curso funcionando e tentaremos rematalos en setembro antes da chegada do alumnado. Cumpre seguir mantendo o seguimento sobre o uso por parte do profesorado dos medios que dispón no seu espazo de traballo a fundación e seguir animando a todos a manter un uso axeitado e continuado dos medios tecnolóxicos dos que dispoñemos. Nese sentido róndanos pola cabeza a idea de adicar o próximo plan dixital a seguridade tanto da rede do centro como dos equipos dos profesores
Con respecto o propio plan non temos mais propostas que a necesidade de ter mais tempo asignado o desenrolo do mesmo e engadir o ano que ven un apartado para promover a formación de todo o personal do centro en seguridad básica.
Comunicación e difusión
Protocolo ou estratexia para a comunicación en xeral: recollemos os distintos protocolos de comunicación no anexo chamado Comunicación do Plan que se atopa no apartado anexos.
Ademais do referido no anexo se utilizará como ferramenta de comunicación do noso Plan a aplicación: https:// www.edu.xunta.gal/educalidade