Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O Equipo de Dinamización do PD realizará, polo menos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións do Plan a través da valoración do estado da execución das accións.
O seguimento trimestral quedará reflectido na aplicación Educalidade a que ten acceso a persoa coordinadora do PD de forma que queden rexistrados os avances deste plan baixo a supervisión da persoa directora.
A persoa mentora Adix realizará, como mínimo, unha visita por trimestre para analizar coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do devandito plan Dixital.
Tras a charla cos profesores sobre as necesidades do uso da ferramenta Abalarmóbil, a maioría mostrouse disposto a usala cando fose necesario para manter unha comunicación fluida coas familias e telas informadas en todo momento.
No claustro do segundo trimestre xa se observou que só aqueles mestres con certo domino das TICs e dunha idade media eran os que máis usaban a ferramenta para a comunicación coas familias. Desde o dpto. de Coordinación Tics volvemos a informar da necesidade de utilizar esta aplicación, ademais da súa importancia no ámbito de protección de datos posto que é o único medio seguro, ademáis do correo corporativo, para respetar os dereitos das familias e o alumnado á hora de transmitir información relativa ao seu desempeño no proceso de aprendizaxe e ás súas necesidades educativas.
Non houbo un cambio moi significativo con respecto ao trimestre anterior. Hai que ter en consideración que hai un grupo importante de mestres cercanos á idade de xubilación e é moi difícil que se adapten ao uso de certos aspectos das novas tecnoloxías (prefiren o uso do correo electrónico en moitos casos, as chamadas directas ás familias ou as circulares informativas).
Avaliación
Cada unha das accións propostas neste plan van guiadas por uns indicadores específicos que determinaran, a medida que avance o mesmo durante o curso, se os obxectivos foron alcanzados ou se é necesario realizar variacións no enfoque destas accións durante o curso para que as propostas feitas materialícense.
Levarase a cabo unha avaliación procesual na reunión do Departamento de Coordinación TICs que se fai ao finalizar cada trimestre, e será aquí cando se tomen as medidas correctores por si un obxectivo non se houbera alcanzando ou, sendo alcanzado, non logra o fin inicial proposto.
Ao final do curso académico levarase a cabo una avaliación final por parte do Departamento de Coordinación TICs, valorando os logros obtidos e realizando novas propostas de mellora para o curso seguinte. Tamén se elaborará unha enquisa de satisfacción entre o profesorado para comprobar como calaron as medidas tomadas.
Aínda que as intencións iniciais eran bastante positivas por parte, tanto do profesorado como da dirección e o departamento de Coordinación Tics, non se tiveron en conta factores como a idade dos docentes, a evolución do curso ou os intereses do alumnado coas novas tecnoloxías. Todo isto fai que non se poida facer unha valoración 100% positiva debido a que non se alcanzaron os obxectivos propostos na súa totalidade. Hai aínda moito camiño por percorrer e todo parte dunha mellor formación do profesorado para que podamos sacar o maior proveito ás ferramentas que se puxeron á nosa disposición. Como xa se comentou, a posibilidade de realizar todos os cursos de formación en competencias dixitais choca con moitos factores que algunhas veces están fóra do alcance do profesorado ou que deberían ter en consideración que é o mellor para o alumno nalgunhas materias.
A principal proposta é unha mellor adecuación do plan á realidade das aulas. Nin todos os profesores están preparados para impartir clases aproveitando ao máximo as novas tecnoloxías, nin todo o alumnado está pola labor de darlle un uso serio as ferramentas postas ao seu alcance. Todo parte dunha formación do profesorado moito máis efectiva e para iso primero deberíase ter en consideración a súa situación, adicar máis tempo e recursos a súa formación e que estos recursos fosen moito máis dinámicos posto que os cursos de competencias dixitais desenvoltos en Fprofe teñen moitas carencias. Son cursos que se limitan a facer que o mestre lea e aprenda conceptos teóricos e se base en exemplos dados para que desenvolva as súas propias competencias. A única labor dos docentes destos cursos é mandar facer un proxecto en base a esas explicacións teóricas (únicamente teóricas), e logo correxilo unha e outra vez ata que o propio docente é quen lograr aprender por fin como se fan as cousas. Estes cursos deberían ser presenciais e, sobre todo, activos e dinámicos, non só a mera presentación de conceptos, leis e normativas sobre o uso das competencias dixitais. Así é imposible motivar ao profesorado para que mellore as competencias dixitais e, por extensión, este non está ben preparado para motivar ao alumno a un uso axeitado e ao aproveitamento dos medios dixitais postos a súa disposición na aula. Fai falta un cambio nos cursos de formación se queremos que estos se traduzcan en algo positivo para os docentes e para o alumnado.
Comunicación e difusión
Unha vez aprobado o Plan Dixital polo Consello Escolar, este será incluído no Plan Xeral de Centro e no Proxecto Educativo de CPR Plurilingüe Abrente, e tamén publicado na web oficial do colexio (www.colexioabrente.com) no apartado relativo á informacións do centro Info.
Do mesmo xeito, se fará chegar a todo o profesorado para dar a coñecer as actuacións que se levarán a cabo e así dar a coñecer aos responsables de cada acción.