Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Hoxe é Mer, 8 Xan 2025 |
Seguimento
Para o seguimento mantendranse reunións periódicas do equipo do Plan Dixital, así como reunións co mentor Adix.
- Martes 10 de outubro. Reunión co coordinador de Adix ( Rodri). Revisión e implantación do Plan Dixital do curso 23/24.
- Martes 24 de outubro. Reunión do equipo do Plan Dixital. Solicitar o grupo de traballo e comezar a modificar os obxectivos do Plan Dixital.
- Martes 31 de outubro. REunión do equipo do Plan Dixital. Modificar datos do Plan Dixital.
- Martes 23 de xaneiro. Reunión co coordinador Adix( Rodri). Repaso do seguimento das accións do PD.
- Martes 23 de xuño. Reunión final da revisión do Plan Dixital.
- Luns 24 de xuño. Actualización e peche do Plan Dixital
Avaliación
-
No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
-
No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Ao longo do curso 23/24 continuamos en constante formación. Facendo unha valoración xeral, atopamos unha disparidade de coñecemento dixital que intentaremos solventar nos vindeiros cursos.
Centrádonos no noso alumnado e tendo moi presentes as características do Tea e a dispacidade intelectual atopámonos cunha dificultade á hora de acadar certos obxectivos nos que incide directamente o estado emocional, físico, farmacolóxico, etc.
Afondado na Aula Virtual, observamos que sería interesante valorar a opción de mellorar a páxina web do centro. Posto que a nosa idea sería facer un enlace directo dende a páxina web á Aula Virtual facendo así que o acceso sexa mais doado.
Comunicación e difusión
A dirección do centro e o equipo de coordinadores do PD nas reunións que se celebren no claustro semanal, estblecerán un tempo determinado para tratar o tema PD.
Os docentes de cada aula darán acceso aos asistentes técnicos educativos a implementación, uso e participación no PD.
Hoxe é Mer, 8 Xan 2025 |