Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.3.Breve xustificación do mesmo

Tendo en conta a contextualización normativa, o Plan Dixital ten relación cos seguintes textos:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17/6/2021, da Secretaría Xeral de Educación e FP, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 21-22.

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18/6/2021, da Secretaría Xeral de Educación e FP, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 21-22.

  • Resolución do 3/9/2021, da Secretaría xeral de Educación e FP, pola que se ditan instrucións para o deseño e elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

1.2.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro

O centro está ben integrado no seu entorno, constituíndo un importante lugar de referencia para os habitantes do lugar. Nestes últimos cursos vense de dar un cambio importante na procedencia do alumnado, xa que este proven na súa maior parte doutras zonas de influencia, así temos que máis do 60 % do noso alumnado na actualidade procede doutras parroquias de Cangas e incluso do Concello de Moaña. Deste xeito podemos afirmar que a oferta cultural e deportiva á que accede o noso alumnado e moito maior xa que ademais das actividades que se poden realizar en Aldán (basicamente deportivas) sumaremos culturais (conservatorio e escola de música de Cangas, escola de teatro, escolas de danza...) e moitas outras deportivas (clubes deportivos de tenis, fútbol, baloncesto, balonmán, voleibol, tenis de mesa...).

Polo que respecta á actividade económica das familias predominan as ocupacións no sector terciario e o nivel económico estaría nun estadio medio.

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro

O Plan Dixital do centro atópase en continuo contacto e serve de referencia para todo o relacionado coas tics. Así podemos afirmar que o equipo de profesorado que conforma o equipo tics asesora en todo momento ao todo o profesorado en relación ás dubidas e problemas que xorden no uso diario das tics.

No que se refire á traxectoria do centro no ámbito das novas tecnoloxías destacar a participación nos seguintes programas: 

Programa E-Dixgal, 

Introdución á robótica desde o curso 17-18, 

Observa_acción no curso 19-20 na modalidade de Dixitalización, 

Programación en scratch

Ademais destes, o centro ten unha ampla traxectoria en participación en distintos programas nos últimos cursos: 

Contratos Programa Innova, 

Plans Proxecta, 

Erasmus +, 

PLAMBE desde o curso 08-09, 

Programa Radio na Biblio, 

Voz Natura, 

Pluriinfantil

Polos creativos desde o curso 2022/2023

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24

A contribución do Plan Dixital á PXA do curso vindeiro está especificada no punto 3.1. referido a Obxectivos, indicadores e accións. Estes fan referencia a temáticas sobre a elaboración dunha estratexia dixital, formar ao profesorado nas normas sobre dereitos de autoría e licenzas de uso ou a proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de EP para analizar a fiabilidade da información.

O proceso de elaboración atópase no anexo I

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos utilizados para recoller os datos cos que se elaborou o DAFO foron o informe SELFIE e o test CDD

Interno
40 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H1. O alumnado non conta coa oportunidade de aprende a actuar de forma segura en internet. Alumnado Si
Debilidade H4. O alumnado non ten estratexias para comprobar si a información que atopa en internet é fiable e precisa. Alumnado Si
Debilidade H6. O alumnado non ten estratexias para dar crédito ao traballo doutras persoas que atopou en internet. Alumnado Si
Debilidade H13. O alumnado non sabe resolver problemas técnicos que xorden coas tics. Alumnado Non
Debilidade H11. O alumnado aprende a codificar ou programar. Alumnado Non
Debilidade C7. Non existen sistemas de protección de datos. Infraestruturas Non
Debilidade A1. Non contamos con estratexia dixital. Oferta Si
Debilidade C12. Non contamos cun plan estructurado para axudar ao profesorado Organización de centro Non
Debilidade A5. Non respectamos as normas sobre dereitos de autoría e licenzas de uso. Persoal docente Si
Debilidade B2. Non debatimos sobre vantaxes e desvantaxes do uso das tics. Persoal docente Non
Debilidade F3. Non fomentamos o suficiente a creatividade coas tic. Persoal docente Non
Debilidade F6. Non fomentamos a participación en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Debilidade G3. Non utilizamos as tics para favorecer o feed-back co alumnado. Persoal docente Non
Debilidade G7. O equipo directivo non nos axuda a utilizar as tics para fines de avaliación. Persoal docente Non
Debilidade A4. Non temos tempo para explorar a mellora da metodoloxía con tics. Persoal docente Non
Debilidade B1. Non avaliamos os progresos do ensino aprendizaxe con tics. Persoal docente Non
Debilidade G1. Non se utillizan as tics para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade G9. Non utilizamos datos dixitais para mellorar a aprendizaxe de alumnos concretos. Persoal docente Non
Debilidade E2. Non creamos suficientes recursos dixitais para reforzar a metodoloxía. Persoal docente Non
Debilidade G5. Non utilizamos as tics para que o alumnado reflexione sobre a aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza H7. O alumnado aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza H8. O alumnado aprende a comunicarse utilizando tics. Alumnado Non
Fortaleza C10. Dispoñemos de dispositivos portátiles para levar a casa. Alumnado Non
Fortaleza H10. O equipo directivo fomenta o uso en diferentes materias. Alumnado Non
Fortaleza C8.Dispoñemos de dispositivos dixitais a disposición do alumnado. Alumnado Si
Fortaleza H3. O alumnado aprende a actuar de maneira responsable en internet. Alumnado Non
Fortaleza C1. Boa infraestrutura dixital para o ensino aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza C2. Dispositivos dixitais para o ensino. Infraestruturas Non
Fortaleza G8. Facilitamos que o alumnado utilice as tics para documentar a súa aprendizaxe. Organización de centro Non
Fortaleza D2. Participamos no DPC no ensino aprendizaxe das tics. Persoal docente Non
Fortaleza A3. Contamos co apoio do e. directivo nas novas modalidades de ensino. Persoal docente Non
Fortaleza D3. O equipo directivo anima a intercambiar experiencias no centro coas tics. Persoal docente Non
Fortaleza E1. Buscamos recursos dixitais en internet. Persoal docente Non
Fortaleza E5. Utilizamos recursos educativos abertos. Persoal docente Non
Fortaleza D1. O equipo directivo reflexiona co profesorado sobre o DPC. Persoal docente Non
Fortaleza E4. Utillizamos as tics para comuniación coa comunidade educativa. Persoal docente Si
Fortaleza F1. Utilizamos as tics para adaptar a metodoloxía a ANEAE. Persoal docente Non
Fortaleza F4. Realizamos algunhas actividades dixitais que implican ao alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza F5. As veces utilizamos as tics para facilitar a colaboración entre o alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza E3. Utilizamos entornos dixitais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Non
40 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C5. Insuficiente asistencia técnica cando xorden problemas coas tics. Administración educativa Non
Oportunidade C3. Contamos con acceso a internet para o ensino aprendizaxe Administración educativa Non
Oportunidade B4. Colaboramos con outros centros e/ou outras organización no uso das tics. Outras Si
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, Test CDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Elaborar a estratexia dixital do centro (A1*)
O02PD Formar ao profesorado nas normas sobre dereitos de autoría e licenzas de uso (A5*)
O03PD Implementar charlas informativas/formativas, destinadas ás familias sobre temáticas relacionadas co uso das tics (B4, E4, H1,H4, H6)
O04PD Mantemento do equipamento informático, actualizar os dispositivos dixitais do alumnado e das aulas (C8*)
O05PD Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de EP para analizar a fiabilidade da información (H4*)

Seguimento

Procedemento

No seguimento da realización do plan dixital teranse en conta:

Unha avaliación procesual unha vez ao trimestre no que se valorará:

  • O estado da execución das accións.
  • A análise e valoración dos resultados.

  • De ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

Unha avaliación final ao rematar o curso académico no que se valorará:

A valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

O estado da avaliación quedará reflectido nas táboas do plan de acción recollidas no apartado 3.1

Ademais as reunións trimestrais programadas co mentor ADIX.

1º Trimestre

Avaliación das seguintes accións a desenvolver:

O01PD: Elaborar a estratexia dixital do centro. Parcial.
AO1.1: Reflexionar sobre a competencia dixital en cada ciclo en relación coas tics. Realizado.
AO1.2: Reunións mensuais dos responsables tics de ciclo. Realizado.
O resto das accións están programadas para o resto do curso.

O02PD: Formar ao profesorado nas normas sobre dereitos de autoría e licenzas de uso. Parcial.
AO2.1: Elaborar unha guía de referencia que serva de consulta, na que se recompile información, bibliografía e webgrafía. Realizado.
O resto das accións están programadas para o resto do curso. 

O03PD: Implementar charlas informativas/formativas, destinadas ás familias sobre temáticas relacionadas co uso das tics. Parcial
AO3.1: Solicitar a través do Plan Director unha charla informativa sobre o uso das tics para as familias. Realizado.
O resto das accións están programadas para o resto do curso.

O04PD: Mantemento do equipamento informático, actualizar os dispositivos dixitais do alumnado e das aulas. A realizar ao longo de todo o curso.
AO4.1: Revisar todos os equipos das aulas, profesorado e alumnado. Realizado.
AO4.2: Formatear os equipos edixgal cando sexa necesario. Realizado. 
Seguiremos revisando e formateando os equipos ao longo do curso

O05PD: Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de EP para analizar a fiabilidade da información. Parcial
AO5.1: Deseñar e elaborar unha guía didáctica adaptada ao noso alumnado en relación aos tipos de información para distinguir a información fiable. Realizado.
O resto das accións están programadas para o resto do curso.

2º Trimestre

Avaliación das seguintes accións a desenvolver:

O01PD: Elaborar a estratexia dixital do centro. Parcial.
Neste trimestre non había programada ningunha acción para este obxectivo.
O resto das accións están programadas para o resto do curso.

O02PD: Formar ao profesorado nas normas sobre dereitos de autoría e licenzas de uso. Parcial.
Neste trimestre non había programada ningunha acción para este obxectivo.
O resto das accións están programadas para o resto do curso. 

O03PD: Implementar charlas informativas/formativas, destinadas ás familias sobre temáticas relacionadas co uso das tics. Parcial
Neste trimestre non había programada ningunha acción para este obxectivo.

O resto das accións están programadas para o resto do curso. 

O04PD: Mantemento do equipamento informático, actualizar os dispositivos dixitais do alumnado e das aulas. A realizar ao longo de todo o curso.
AO4.2: Revisar todos os equipos das aulas, profesorado e alumnado. Realizado.
AO4.3: Formatear os equipos edixgal cando sexa necesario. Realizado. 
Seguiremos revisando e formateando os equipos ao longo do curso

O05PD: Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de EP para analizar a fiabilidade da información. Parcial
AO5.1: Deseñar e elaborar unha guía didáctica adaptada ao noso alumnado en relación aos tipos de información para distinguir a información fiable. Realizado.

AO5.2: Elaborar unha guía básica de criterios para identificar a información veraz, así como rúbricas para o alumnado. Realizado
O resto das accións están programadas para o resto do curso.

3º Trimestre

Avaliación das seguintes accións a desenvolver:

O01PD: Elaborar a estratexia dixital do centro. Parcial.

AO1.1: Reflexionar sobre a competencia dixital en cada ciclo en relación coas tics. Realizada.

AO1.2: Reunión dos responsables tics de ciclo. Realizada.

AO1.3: Reunión do profesorado presentación do borrador da estratexia dixital. Pendente

AO1.4: Aprobación en claustro e CE do documento. Pendente

 

O02PD: Formar ao profesorado nas normas sobre dereitos de autoría e licenzas de uso. Acadado.

AO2.1: Elaborar unha guía de referencia que serva de consulta, na que se recompile información, bibliografía e webgrafía. Realizada.

AO2.2: Crear recursos para o alumnado que cumpran a normativa. Realizada.

 

O03PD: Implementar charlas informativas/formativas, destinadas ás familias sobre temáticas relacionadas co uso das tics. Acadado.
AO3.1: Solicitar a través do Plan Director unha charla informativa sobre o uso das tics para as familias. Realizada.

AO3.2: Realizar a charla programada. Realizada.

A maiores se realizou outra charla para o alumnado sobre ciberacoso e ciberseguridade.

 

O04PD: Mantemento do equipamento informático, actualizar os dispositivos dixitais do alumnado e das aulas. A realizar ao longo de todo o curso. Acadado.

AO4.1.: Contratar a unha empresa para o mantemento dos equipos informáticos. Realizada.
AO4.2: Revisar todos os equipos das aulas, profesorado e alumnado. Realizada.
AO4.3: Formatear os equipos edixgal cando sexa necesario. Realizada. 
 

O05PD: Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de EP para analizar a fiabilidade da información. Acadado.
AO5.1: Deseñar e elaborar unha guía didáctica adaptada ao noso alumnado en relación aos tipos de información para distinguir a información fiable. Realizada.

AO5.2: Elaborar unha guía básica de criterios para identificar a información veraz, así como rúbricas para o alumnado. Realizada.

AO5.3. Actualizar a compilación de páxinas web para que o alumnado acceda a recursos fiables nas súas investigacións. Realizada.
 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Unha avaliación procesual unha vez ao trimestre no que se valorará:

  • O estado da execución das accións.
  • A análise e valoración dos resultados.

  • De ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

Unha avaliación final ao rematar o curso académico no que se valorará:

A valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

O estado da avaliación quedará reflectido nas táboas do plan de acción recollidas no apartado 3.1

Ademais as reunións trimestrais programadas co mentor ADIX.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Valoración xeral

.

Desde o Equipo Tics facemos a seguinte valoración por obxectivos: 

O01PD: Elaborar a estratexia dixital do centro. 

Pensamos que este obxectivo é moi ambicioso. Precisamos de máis tempo polo que continuaremos o curso que ven coa elaboración da estratexia dixital do centro. Necesitamos reflexionar sobre o uso das tics nos distintos ciclos, ferramentas axeitadas, recursos…

 

O02PD: Formar ao profesorado nas normas sobre dereitos de autoría e licenzas de uso

Este obxectivo pensamos que foi acadado xa que case todo o profesorado  ten en conta os dereitos de autoría e as licenzas de uso. Creouse unha presentación onde se atopa unha chea de información sobre esta temática.

 

O03PD: Implementar charlas informativas/formativas, destinadas ás familias sobre temáticas relacionadas co uso das tics.

Este obxectivo tamén se cumpríu xa que se organizaron dúas charlas sobre o ciberacoso e a ciberseguridade. A charla destinada ás familias non contou cun porcentaxe demasiado alto de asistencia, en torno a un 15 %, polo que probablemente se repitirá o curso que ven.

Polo que respecta á realizada nas aulas do 3º ciclo destacar que foi un éxito. Aproveitouse esta formación para a exposición, por parte do alumnado deste 3º ciclo, desta problemática ao alumnado do 2º ciclo.

Destacar a moi boa disposición do axente da Garda Civil, así como as excelentes exposicións que realizou en ámbalas charlas.

 

O04PD: Actualizar os dispositivos dixitais das aulas

Este obxectivo tamén se cumpriu. Este curso asinouse un contrato de mantemento cunha empresa informática, deste xeito a reparación do equipamento así como a instalación da maqueta abalar nos equipos das aulas foi unha tarefa que se realizou ao longo do curso.

 

O05PD: Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de EP para analizar a fiabilidade da información

Este obxectivo cumpriuse. Recolléronse e elaboráronse materiais sobre esta temática para o seu uso na aula.

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Proposta de mellora

As propostas de mellora do curso vindeiro encamiñaranse a:

- Acadar o obxectivo 1 referido a elaborar a estratexia dixital do centro.

- Incluír no PFPP do centro formación sobre o proxecto Agueiro e a aplicación Abalar Box.

- Seguir coa actualización do equipamento informático.

- Programar actividades dixitais para o alumnado.

- Substituir o uso do panel symbaloo polo panel Genially por non ter esta publicidade.

- Adquirir unha conta do centro na aplicación Youtube premium para evitar a publicidade.

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital será publicado na páxina web do centro