Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
No seguimento da realización do plan dixital teranse en conta:
Unha avaliación procesual unha vez ao trimestre no que se valorará:
- O estado da execución das accións.
-
A análise e valoración dos resultados.
- De ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Unha avaliación final ao rematar o curso académico no que se valorará:
A valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
O estado da avaliación quedará reflectido nas táboas do plan de acción recollidas no apartado 3.1
Ademais as reunións trimestrais programadas co mentor ADIX.
Avaliación das seguintes accións a desenvolver:
O02PD: Formar ao profesorado nas normas sobre dereitos de autoría e licenzas de uso. Pendente.
AO2.1: Concertar dúas sesións de formación sobre os dereitos de autor/a e os tipos de licenza de uso. Realizado.
O resto das accións están programadas para o resto do curso.
O03PD: Debatir sobre vantaxes e desvantaxes do uso das tics. Pendente.
AO3.1: Debatir sobre o uso das ferramentas tecnolóxicas en cada ciclo educativo (vantaxes e desvantaxes das mesmas). Realizado.
O resto das accións están programadas para o resto do curso.
O04PD: Actualizar os dispositivos dixitais das aulas. Pendente
AO4.1: Determinar as necesidades de cada equipo. Realizado.
AO4.2: Solicitar e instalar os discos duros solidos e a ampliación da memoria RAM dos equipos máis obsoletos. Realizado.
O resto das accións están programadas para o resto do curso.
O05PD: Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de EP para analizar a fiabilidade da información. Pendente
AO5.1: Deseñar e elaborar unha guía didáctica adaptada ao noso alumnado en relación aos tipos de información para distinguir a información fiable. Pendente
AO5.2: Elaborar unha guía básica de criterios para identificar a información veraz, así como rúbricas para o alumnado.Pendente
O resto das accións están programadas para o resto do curso.
As actas de reunión co mentor ADIX ver anexo V
Avaliación das seguintes accións a desenvolver:
O01PD: Elaborar a estratexia dixital do centro. Pendente.
AO1.1: Reflexionar sobre a competencia dixital en cada ciclo en relación coas tics. Realizado
AO1.2: Reunión dos responsables tics de ciclo. Realizado
O resto das accións están programadas para o resto do curso.
O02PD: Formar ao profesorado nas normas sobre dereitos de autoría e licenzas de uso. Pendente.
AO2.2: Elaborar unha guía de referencia que serva de consulta na que se recompile información, bibliografía e webgrafía. Aprazada para o terceiro trimestre porque estabamos facendo unha formación sobre este tema.
O resto das accións están programadas para o resto do curso.
O03PD: Debatir sobre vantaxes e desvantaxes do uso das tics. Acadado.
AO3.2: Procurar información e debatir sobre os tipos de ferramentas TICs idóneos para cada ciclo, concretar a competencia dixital do alumnado en cada nivel e solicitar para as aulas os recursos necesarios. Realizado.
O05PD: Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de EP para analizar a fiabilidade da información. Pendente
AO5.1: Deseñar e elaborar unha guía didáctica adaptada ao noso alumnado en relación aos tipos de información para distinguir a información fiable. Pendente
AO5.2: Elaborar unha guía básica de criterios para identificar a información veraz, así como rúbricas para o alumnado.Pendente
AO5.3: Realizar unha compilación de páxinas web para que o alumnado acceda a recursos fiables nas súas investigacións.Realizado.
As actas de reunión co mentor ADIX ver anexo VI
Avaliación das seguintes accións a desenvolver:
O01PD: Elaborar a estratexia dixital do centro. Pendente.
AO1.3: Reunión do profesorado presentación do borrador da estratexia dixital. Pendente.
AO1.4: Aprobación en claustro e CE do documento. Pendente.
O02PD: Formar ao profesorado nas normas sobre dereitos de autoría e licenzas de uso. Realizado.
AO2.2: Elaborar unha guía de referencia que serva de consulta na que se recompile información, bibliografía e webgrafía. Realizado.
AO2.3: Crear recursos para o alumando que cumpran a normativa. Realizado.
O04PD: Actualizar os dispositivos dixitais das aulas. Acadado.
AO4.3: Instalar a maqueta abalar libre nos equipos das aulas. Realizado.
O05PD: Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de EP para analizar a fiabilidade da información. Pendente
AO5.1: Deseñar e elaborar unha guía didáctica adaptada ao noso alumnado en relación aos tipos de información para distinguir a información fiable. Pendente
AO5.2: Elaborar unha guía básica de criterios para identificar a información veraz, así como rúbricas para o alumnado.Pendente
AO5.3: Realizar unha compilación de páxinas web para que o alumnado acceda a recursos fiables nas súas investigacións.Realizado.
As actas de reunión co mentor ADIX ver anexo VII
Avaliación
Unha avaliación procesual unha vez ao trimestre no que se valorará:
- O estado da execución das accións.
-
A análise e valoración dos resultados.
- De ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Unha avaliación final ao rematar o curso académico no que se valorará:
A valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
O estado da avaliación quedará reflectido nas táboas do plan de acción recollidas no apartado 3.1
Ademais as reunións trimestrais programadas co mentor ADIX.
En primeiro lugar destacar que o coordinador do Equipo dinamizador do Plan Dixital estivo de baixa desde o mes de xaneiro ata final de curso polo que foi moi difícil desenvolver o plan de acción. Tendo isto en conta, facemos a seguinte valoración por obxectivos:
O01PD: Elaborar a estratexia dixital do centro.
Pensamos que este obxectivo era moi ambicioso. Precisamos de máis tempo polo que continuaremos o curso que ben coa elaboración da estratexia dixital do centro. Destacar a axuda do noso mentor ADIX facilitándonos documentos relativos á distribución dos criterios de avaliación e contidos dixitais do currículo de primaria. Tomando como base eses documentos, o curso que ven elaboraremos a estratexia dixital do noso centro.
O02PD: Formar ao profesorado nas normas sobre dereitos de autoría e licenzas de uso
Este obxectivo pensamos que foi acadado en parte xa que un porcentaxe de profesorado non ten en conta os dereitos de autoría e as licenzas de uso. Creouse un curso na aula virtual do centro onde se atopa unha chea de información sobre esta temática.
O03PD: Debatir sobre vantaxes e desvantaxes do uso das tics
Este obxectivo cumpriuse
O04PD: Actualizar os dispositivos dixitais das aulas
Este obxectivo tamén se cumpriu. Este curso asinouse un contrato de mantemento cunha empresa informática, deste xeito a reparación do equipamento así como a instalación da maqueta abalar nos equipos das aulas foi unha tarefa que se realizou ao longo do curso.
O05PD: Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de EP para analizar a fiabilidade da información
Este obxectivo cumpriuse parcialmente. Non nos deu tempo a elaborar unha guía didáctica adaptada ao alumnado sobre información fiable e veraz pero si recopilamos información para levalo a cabo no próximo curso. Si realizamos unha compilación de páxinas web fiables sobre distintas materias.
As propostas de mellora do curso vindeiro encamiñaranse a:
- Acadar o obxectivo 1 referido a elaborar a estratexia dixital do centro.
- Mellorar a porcentaxe de profesorado e alumnado que teña en conta os dereitos de autoría e as licenzas de uso.
- Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de EP para analizar a fiabilidade da información.
Comunicación e difusión
Este Plan Dixital será publicado na páxina web do centro