Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O obxectivo principal da elaboración deste Plan Dixital é a de mellorar a Competencia Dixital do noso alumnado integrando as novas tecnoloxías (ordenadores, tablets, Monitores Dixitais,...) nos diferentes niveis, áreas e/ou materias impartidas no Centro; de xeito que o noso alumnado poida buscar, analizar, relacionar, compartir,... información e empregala no seu proceso de ensino e aprendizaxe. Todo este proceso de implantación realizarase de xeito que se poidan integrar as ferramentas dixitais dentro de todos os Plans e Proxectos que se desenvolven no Centro, tales como o Proxecto Educativo, o Plan de Acción Titorial, o Proxecto de Centro,... Neste sentido, o Centro xa conta con algunha actividade de innovación dixital, a participación en Snappet dun curso de Primaria dende hai 6 anos, a creación de contidos dixitais das diferentes conmemoracións celebradas no Centro,...

Ademais parece necesario mencionar a importancia que ten a redacción deste Plan para a mellora da Competencia dixital docente (CDD) a cal pódese definir como a "integración de coñecementos, destrezas, habilidades e actitudes que deben poñerse simultáneamente en xogo para desempeñar as funcións docentes implementando as Tecnoloxías da información e comunicación". Dita CDD queda regulada polo DECRETO 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco Galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais o cal establece que hai que contemplar a presenza das TIC dende unha dobre perspectiva. Por outra parte, como obxecto de aprendizaxe, na medida na que, xunto coa lectoescritura e o cálculo, forman parte da alfabetización básica. Por outra, os docentes e o alumnado deben empregalas como medios ou ferramentas para desenvolver calquer outro tipo de aprendizaxe.

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Para a elaboración do presente Plan Dixital, contouse coa participación de todo o Claustro do Centro, que mantivo reunións periódicas para a análise do contexto, para a elaboración do DAFO e dos obxectivos para o curso 24-25; así coma a súa participación de xeito individual na valoración do SELFIE e na enquisa de Competencia individual de cada mestra e mestre.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
Interno
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Ven as tecnoloxías como unha forma de entretemento, non coma unha ferramenta de aprendizaxe. Alumnado Si
Debilidade Equipamento desfasado Infraestruturas Si
Debilidade Falta de tempo para a coordinación interna para desenvolver os proxectos interdisciplinares. Organización de centro Si
Debilidade Pouco interese dalgún profesorado nas tecnoloxías Dixitais Persoal docente Si
Debilidade Falta de Competencia Dixital. Persoal docente Si
Debilidade Boa formación para o profesorado, pero non se benefician desa oportunidade. Persoal docente Si
Fortaleza Dispón dunha sesión semanal de TIC¿s Aplicadas, para o desenvolvemento da súa Competencia Dixital. Alumnado Si
Fortaleza Boa colaboración das familias nas actividades propostas Familias Non
Fortaleza Aulas dotadas de PDIs ou Monitores Dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza Wifi en todo o Centro Infraestruturas Si
Fortaleza Actividades e recursos online mediante a web do Centro e a Aula Virtual Oferta Si
Fortaleza Contratos-Programa Oferta Si
Fortaleza Snappet. Oferta Si
Fortaleza Centro dinámico no emprego das Tecnoloxías Dixitais Organización de centro Si
Fortaleza Profesorado participativo nas actividades propostas. Persoal docente Si
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non envía o equipamento tecnolóxico preciso para desenvolver a Competencia Dixital no Centro. Administración educativa Si
Ameaza Pouca dotación económica. Administración educativa Si
Ameaza Zona rural con pouca cobertura a internet, o que dificulta o acceso das familias e do alumnado Contorna Non
Ameaza Exceso de burocracia Lexislación Non
Ameaza Cambios lexislativos recurrentes Lexislación Non
Ameaza As familias teñen baixa formación e interese no uso das TIC como un elemento máis de aprendizaxe Outras Non
Oportunidade Boa formación a través dos PFPP Administración educativa Non
Oportunidade Interese das administracións en impulsar o emprego das Tecnoloxías Dixitais nos Centros Educativos Administración educativa Si
Oportunidade Creación dun Plan Dixital sinxelo que integre a toda a Comunidade Educativa no emprego das Tecnoloxías Dixitais Contorna Non
Oportunidade Fomento do uso das Tecnoloxías Dixitais no ensino. Lexislación Si
Oportunidade Boa resposta da empresa de mantemento do equipamento informático Outras Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar dixitalmente a coordinación docente nos proxectos interdisciplinares.
O02PD Conseguir que o alumnado empregue as TIC para o seu proceso de aprendizaxe
O03PD Actualizar e renovar os dispositivos dixitais do Centro
O04PD Implentar o uso das TICs na práctica docente.
Mellorar a competencia dixital docente

Seguimento

Procedemento

No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

- No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final, a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Acadáronse os obxectivos marcados.

Proposta de mellora

Ampliar e actualizar os indicadores de cada obxectivo.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión deste Plan Dixital a toda a Comunidade Educativa dispoñemos de varias vías de comunicación: notas informativas que se enviarán ás familias mediante o alumnado do Centro, notificación a través de AbalarMóbil e a comunicación e publicación na web do Centro.