Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora
Das accións que tiñamos previstas para o 1º trimestres foron todas realizadas
Seguimos traballando no desenvolvemento do Plan Dixital
Algunhas das accións previstas foron realizadas e outras están en proceso, quedando algunhas para desenvolver de cara ao curso seguinte
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:
- No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final, a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Valoramos positivamente o desenvolvemento do Plan Dixital neste curso, xa que se puideron completar unha gran parte das accións que estaban programadas.
Seguiremos traballando no desenvolvemento do Plan Dixital. Coa dotación das novas pizarras dixitais procurarase mellorar o manexo das mesmas, logrando un maior aproveitamento dos recursos dixitais que hai no centro; outra das melloras será a solicitude da adquisición de novos materiais tecnolóxicos, como tablets ou ordenadores
Comunicación e difusión
Para a difusión deste Plan Dixital a toda a Comunidade Educativa dispoñemos de varias vías de comunicación: notas informativas que se enviarán ás familias mediante o alumnado do Centro, notificación a través de AbalarMóbil e a comunicación e publicación na web do Centro.