Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Breve xustificación  do Plan Dixital en relación á normativa vixente

Decreto autonómico no que se recolle a obriga de inclusión do PD no Proxecto Educativo:
Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recolle dito artigo é o seguinte: “Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

2. Contextualización do Plan Dixital no centro e contribución ao Proxecto Educativo.

Segundo a LOMLOE, o PDC é un instrumento de planificación que deberá estar integrado no PEC co fin de desenvolver a competencia dixital da comunidade educativa, promovendo a innovación e sacando o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, así coma dos recursos educativos dixitais. É dicir, a contribución do PDC ao PEC e á PXA debe verse dende a perspectiva de como pode reforzar este plan o uso adecuado das novas tecnoloxías en toda a comunidade educativa.

Entendemos que as posibilidades didácticas e pedagóxicas que o acceso e a xestión da información e do coñecemento nos ofrecen, conceden á competencia dixital un peso específico como eixe transversal dentro da actividade docente. Así mesmo, a natureza complexa e globalizadora desta competencia, contribúe ó desenvolvemento do resto das competencias clave, especialmente a competencia en comunicación lingüística, a competencia social e cidadá e a competencia para aprender a aprender.

Sabemos que dispor de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar a información así como para poder transformala en coñecemento é unha prioridade e que esta importancia das novas tecnoloxías xustifica a confección deste PDC como documento de referencia que recolla e regule todos os aspectos que engloben a transformación dixital do noso centro educativo. Podemos dicir que este terá como referente a mellora nos tres ámbito de actuación da transformación dixital educativa: no ámbito da organización e xestión do centro, no da información e a comunicación, así como no ámbito referido ós procesos de ensino-aprendizaxe.

3. Proceso de elaboración.

O Plan Dixital do CEIP Noalla Telleiro foi redactado e aprobado en claustro e consello escolar en xuño de 2022.

O primeiro paso foi obter un informe de situación real do centro, de ahi que en decembro se pasara a enquisa a través da ferramenta SELFIE (ver anexo), da Comisión Europea.

En febreiro tivo lugar o Test da Competencia Dixital Docente (ver anexo), para obter un informe sobre a competencia dixital dos docentes do noso centro.

Cos datos obtidos, fíxose unha análise DAFO no que puidemos obter diferentes puntos de vista tendo en conta as fortalezas e debilidades internas e as ameazas e oportunidades externas que observamos tralos informes.

A principios deste curso 2023-2024 o equipo de Dinamización do Plan Dixital do Centro quedou formado polos seguintes docentes: Diz Iglesias, José Manuel (Secretario do centro) Meijón Couselo, Miguel Ángel (Director do centro) e José Ramiro Varela Ferradáns (Coordinador do PDC), que fixeron a concreción do plan establecendo uns obxectivos concretos para este curso.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

1. SELFIE
    A través da web oficial da Unión Europea, empregouse a esta aplicación de diagnose de persoal docente e alumnado. A través do rexistro nesta páxina, ademais das cuestións predeterminadas, incluíronse preguntas xerais e concretas para o centro.

 

2. TEST CDD
    A través da aplicación FProfe desenvolveuse entre a comunidade docente unha enquisa do nivel de competencia dixital do profesorado.

3. OUTRAS FONTES
   Análise cuantitativo e cualitativo do centro, matríz dos tres porqués e CANVA co equipo TICs e Claustro de profesorado.

Interno
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Escaso acceso a internet nas casas. Familias Non
Debilidade Baixa competencia dixital das familias Familias Non
Debilidade Acceso a internet lento e pouco fiable Infraestruturas Si
Debilidade Escaso soporte técnico. Infraestruturas Si
Debilidade Dificultade para o acceso a bibiotecas en liña de calidade. Oferta Si
Debilidade Escasos espazos físicos no centro para o traballo dixital Organización de centro Si
Debilidade Pouca comunicación e coordinación con outros centros. Organización de centro Si
Debilidade Estratexia dixital Outras Si
Debilidade Copyright e Licencias de Uso Outras Non
Debilidade Pouco tempo para explorar Persoal docente Si
Debilidade Escasa creación de contidos dixitais Persoal docente Si
Debilidade Escasa avaliación dixital do proceso Persoal docente Si
Debilidade Pouca utilización dos entornos virtuais Persoal docente Si
Debilidade Pouca valoración das capacidades dixitais do alumnado formado fóra do centro Persoal docente Si
Debilidade Escasa tecnoloxía asistencial para alumnado con necesidades específicas Persoal docente Si
Debilidade Escasa competencia na resolución técnica de problemas informáticos ou dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non teñen dispositivos propios Persoal docente Si
Debilidade Desenvolvemento da estratexia dixital pouco efectiva Persoal docente Si
Debilidade Pouco debate sobre a utilización das tecnoloxías. Persoal docente Non
Debilidade Escasa competencia na resolución técnica de problemas informáticos ou dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Colaboración do Alumnado Alumnado Si
Fortaleza Aparellos Dixitais Infraestruturas Si
Fortaleza Acceso a internet Infraestruturas Si
Fortaleza Recursos educativos en aberto Oferta Si
Fortaleza Recursos Educativos Online Oferta Si
Fortaleza Comunicación do Centro Organización de centro Non
Fortaleza Novas modalidades de ensinanza. Persoal docente Si
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de fondos Administración educativa Si
Oportunidade Programas para mellorar o comportamento seguro en internet Administración educativa Si
2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez feita a análise dos datos obtidos mediante SELFIE, Test CDD e contribución do equipo TICs e Claustro de centro plásmase na matriz DAFO que aquí aparece onde resaltan unha serie de consideracións que deberán ser tidas en conta á hora de deseñar os obxectivos e liñas de acción. Estas son:

  • Necesidade de desenvolver unha estratexia dixital no centro.

  • Formación en seguridade e licenzas de uso de contidos dixitais.

  • Traballo e rexistro das incidencias técnicas.

  • Compartir recursos educativos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a competencia dixital do profesorado.
O02PD Elaborar un repositorio de recursos dixitais.
O03PD Elaborar productos finais co uso da tecnoloxía e coa participación do alumnado no proceso.

Seguimento

Procedemento

O equipo de Plan Dixital realizará alo menos unha xuntanza trimestral para seguimento e avaliación das liñas de acción e avaliación das liñas de traballo.

O mentor Adix do centro supervisará dúas veces ao trimestre a evolución do Plan Dixital para o seu seguimento e adaptación.

A persoa coordinadora do Plan Dixital realizará o seguimento do Plan Dixital empregando a ferramenta Educalidade para a súa avaliación e seguimento baixo a supervisión da persoa Directora do centro.

1º Trimestre

Obxectivo 1: Creación dun equipo de traballo: realizado

Obxectivo 1: Realización dunha enquisa para ver necesidades do profesorado: realizado

Obxectivo 2: Creación dun equipo de traballo. Realizado

Obxectivo 2: Realización dunha enquisa de recursos dixitais que demande o profesorado. Realizado.

Obxectivo 3: Creación equipo de traballo. Realizado.

Obxectivo 3: Realización de xuntanzas para conectar aprendizaxes. Realizado.

2º Trimestre

Obxectivo 1: Formación dos mestres en Croma. Realizado.

Obxectivo 3: Elaboración de productos dixitais. Realizado.

Obxectivo 3: Realización de xuntanzas para conectar aprendizaxes. Realizado.

3º Trimestre

Obxectivo 2: Elaborar un repositorio de recursos dixitais e darlle visibilidade. Realizado.

Obxectivo 3: Elaboración de productos dixitais. Realizado.

Obxectivo 3: Realización de xuntanzas para conectar aprendizaxes.Realizado.

Obxectivo 3: Visualización dos productos elaborados na web. Realizado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O presente Plan Dixital de Centro ten que seguir un procedemento de seguimento ou de desenvolvemento dos obxectivos marcados para comprobar a consecución dos mesmos. Para ese fin, unha vez por trimestre indicarase a frecuencia das súas realizacións, o estado de execución das accións, a valoración dos resultados e as posibles modificacións ou propostas de mellora, de ser o caso. E tamén se levará a cabo unha avaliación final, valorando principalmente a consecución dos obxectivos e as propostas de mellora.

 

Serán indicadores significativos o grado de consecución dos obxectivos para poder facer os axustes e as melloras oportunas, dentro dos prazos previstos e das condicións de aplicación, e o informe de avaliación final do progreso incluirase na memoria anual do centro.

 

Tamén é preciso avaliar novamente e de xeito global a competencia dixital do centro, empregando novamente a ferramenta SELFIE. Esta avaliación sería ideal facela antes de rematar o curso académico, de xeito que permitise a súa revisión e actualización do PDC.

Valoración xeral

Pensamos que os obxectivos que se perseguían  cando se elaborou o presente plan se acadaron nunha porcentaxe moi alta. O seguimento e a participación nas distintas accións por parte dos mestres foi maioritario. Case todos participaron na formación para mellorar a súa competencia dixital e moitos utilizaron na aula os recursos traballados para realizar productos dixitais. Trasladaron a práctica ao alumnado, facéndoos así partícipes e utilitarios destes recursos.

Proposta de mellora

No vindeiro curso estrearemos aula de Polos Creativos que están agora, en xuño, habilitando con mobiliario e, entre outras ferramentas, novas tecnoloxías dixitais das que non dispoñemos o suficiente coñecemento (impresora 3D, robots...). O Plan dixital estará enfocado na formación, utilización e posta en práctica na aula destas novas máquinas. Haberá logo que coma neste ano crear un grupo de traballo a principios de curso, formarse nalgunha destas tecnoloxías e despois levar os coñecementos á aula para crear cos alumnos productos finais.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Enviouse un correo a todos os mestres do claustro e membros do consello escolar donde aparecen as instruccións para poder visualizar o Plan Dixital. Tamén está colgado o enlace na páxina web do centro para que toda a comunidade educativa o poida visualizar.