Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Introducción

1.1. Datos básicos do centro

- Nome do centro:CEIP SOBREIRA-VALADARES,

- Dirección: Estrada da Escola da Sobreira, 89, 36215, Vigo, Pontevedra.

- Correo: ceip.sobreira.valadares@edu.xunta.gal ¿ Páxina web: www.edu.xunta.gal/centros/ceipsobreiravaladares

- Etapas educativas: EI e EP

- Nº de alumnado: 214

- Nº de profesorado: 17

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

As familias do noso alumnado son traballadores do sector primario e do sector servizos maioritariamente, aínda que hai unha porcentaxe de familias traballadoras na Universidade de Vigo.

-Ao longo do curso pasado o equipo Tics do centro puxeron en funcionamento a Aula Virtual dando a alta a todo o profesorado e alumnado, desde infantil até 6º de Primaria.

- Neste curso 2023 – 2024, coma nos cursos anteriores preténdemos:

- Desenvolver a competencia dixital do alumnado, procurando unha formación de usuario básica, traballando os contidos das áreas de Lingua Galega, Lingua Castelá e Coñecemento do Medio.

- Seleccionar recursos educativos axeitados para cada materia, e así integrar as TICs nas programacións de aula, empregando as pizarras dixitais e libromedias.

- Dotar ás aulas de material tecnolóxico actualizado, repoñendo ordenadores e novas tablets para o uso educativo do alumnado.

- Colaborar na elaboración dos produtos finais en soporte dixital, audiovisual…

- Facilitar aos compañeiros recursos dixitais de interese para traballar nas aulas as diferentes conmemorarións que veñen sinaladas no calendario escolar.

1.3. Breve xustificación do mesmo

A contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

- Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

- Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade
Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
- Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

1.4. Proceso de elaboración

O equipo TICs foi o encargado de levar a cabo o Plan Dixital xunto co Equipo Directivo. As reunións tiveron lugar no centro durante as reunión dos equipos de dinamización como en horas de garda.

O proceso de elaboración das distintas tarefas do Plan Dixital tivo como principal dificultade a organización. No noso caso, as reunións concertadas dos equipos de dinamización non foron suficientes. Este inconveniente fixo que nos tiveramos que reunir distintos membros do equipo en horas de garda.

Unha vez obtidos os resultados do SELFIE, levouse a cabo un análise e detección de necesidades prioritarias tanto para o centro como para os mestres. Así seleccinaronse uns obxectivos de mellora que esperamos permitan convertir as TICs nunhas ferramentas eficaces no proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Para a realización do DAFO, o equipo centrouse en aqueles aspectos que consideraban máis necesarios e a vez asequibles de acadar. Por ese motivo, a pesar de haber máis debilidades e ameazas, consideramos que as seleccionadas son as prioritarias como iniciación de mellora.

Os obxectivos seleccionados para acadar os aspectos sinalados no DAFO seguen esa directriz, poder ser acadados tendo en conta as fortalezas e necesidades do claustro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida foi o informe SELFIE

Interno
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de tempo para levar a cabo unha formación a nivel interno aproveitando as fortalezas no manexo das TICs dos propios compañeiros. Organización de centro Non
Debilidade Desenvólvense poucas actividades para formar o alumnado nun comportamento responsable cando fan uso de Internet, así como actividades que impliquen o uso da tecnoloxía para motivar o alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza O centro conta con recursos dixitais que están a disposicón tanto do profesorado como dos estudantes. Infraestruturas Si
Fortaleza O profesorado está en continua formación na aplicación de tecnoloxías dixitais. Oferta Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de formación e asesoramento en como levar a cabo e poñer en práctica unha estratexia dixital de centro. Administración educativa Non
Ameaza O acceso a Internet da lugar a numerosas incidencias que interrumpen nas labores diarias da administración do centro como no persoal docente. Outras Si
Oportunidade Continuar coa formación en avaliación empregando recursos dixitais naqueles cursos que sexa axeitado e práctico. Administración educativa Non
Oportunidade O profesorado ten acceso a cursos para continuar formándose como parte do seu Desenvolvemento Profesional Continuo. Outras Si
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez analizados os datos recollidos no DAFO, facemos unha reflexsión que nos axude a recdactar os obxectivos a acadar e, en base a eles, elaboramos o noso Plan de Acción

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Fomentar o uso da aula virtual do centro subindo a ela recursos educativos ao longo do curso 23/24
O02PD Mellorar o acceso a Internet.
O03PD Crear un espazo no centro para acoller a aula STEM
O04PD Concienciar o alumnado dos perigos da Rede.
O05PD Inventariar os equipos informáticos dos que dispón o centro

Seguimento

Procedemento

Para levar a cabo o procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos teremos en conta
- Unha avaliación trimestral: No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súarealización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- Unha avaliación o final do curso escolar: No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán,entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre

O equipo do Plan Dixital reuniuse dúas veces para consensuar e coordinar as accións previstas para este trimestre. En xeral conseguimos levar a cabo a maioría delas e o resto están bastanta avanzadas.  Quedou pendente o inventario de equipos como proxectores e PDIs. Tamén estamos á espera das instrucións da consellería para comezar coa formación dos mestres anotados no PFPP de Polos Creativos (6 en total) e da recepción de materiais. A coordinadora xa comezou en outubro a súa formación. 

A dirección do centro ten solicitada con data do 20 de outubro unha charla informativa para o alumnado de 5º e 6º para previr o ciberacoso e o acoso escolar (polo momento sen resposta)

A aula virtual do do centro está sendo empregada principalmente polos cursos altos de primaria (4º, 5º e 6º)

Agardamos tamén resposta para a mellora da velocidade de internet.

 

2º Trimestre

Seguimos agardando a resposta dende Plan Director para a charla sobre ciberacoso dirixida ao alumnado de 5º e 6º.

No mes de marzo a dirección do centro solicitou un aumento da velocidade de internet xa que parace que a wifi vai lenta. Desde a asesoría abalar responden pedíndonos que elaboremos un plano do colexio marcando as zonas sen cobertura. Eu, como coordinadora, fago as comprobacións de cada zona empregando o velocímetro da xunta o 12 de marzo, elaboro o mapa e remítollo á dirección do centro con data de 22 de marzo para que o reenvíe á asesoría. Agardamos resposta. Queda feita unha plantilla para futuras comprobacións na que se inclúe o número de etiqueta de cada repetidor wifi das aulas que o teñen instalado no teito.

O profesorado inscrito no PFPP xa comezou a formación en Polos Creativos. Paralelamente, eu fago a miña propia formación como nova coordinadora. Dado que aínda non recibimos ningún material, decidimos mercar dous pequenos robots para comezar a facer actividades de programación cos rapaces.

3º Trimestre

Con data de 26 de abril realízase no cole a charla de para a prevención do ciberacoso por parte da Policía Nacional dirixida ao alumnado de 5º e 6º.

Remata o PFPP relativo a Polos Creativos para o grupo de traballo do centro, no que empezaron anotadas 8 mestras e finalizaron catro. A coordinadora queda a espera dunha última sesión para rematar a súa formación como nova coordinadora de Polos Creativos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para levar a cabo o procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos teremos en conta:
- Unha avaliación trimestral: no contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- Unha avaliación o final do curso escolar: No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Publicación do Plan Dixital no apartado de TICs da páxina web do centro.